{"id":10924,"date":"2005-11-30T08:09:00","date_gmt":"2005-11-30T07:09:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:20:26","modified_gmt":"2024-11-12T15:20:26","slug":"de-novo-en-agosto","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2005\/11\/30\/de-novo-en-agosto\/","title":{"rendered":"De novo, en agosto"},"content":{"rendered":"<p>Non se trata dun aumento de temperaturas: tr\u00e1tase de que algu\u00e9n na prensa mentou un artigo meu publcado en A Mari\u00f1a de El Progreso o 30 de agosto. Revisei, e non sei por que, pero non estaba no blog, nin o ti\u00f1a no ordenador: t\u00edveno que recuperar do xornal, corrixindo d\u00faas cousas que faltaban e me lembraba. Bo, pois xa vai estar, a continuaci\u00f3n:<br \/>\n&#8212;<br \/>\nRinlo.info \u00e9 un xornal de nenos para maiores.<br \/>\nPero non s\u00f3 eso. \u00c9 un xornal que se vende estes d\u00edas en Rinlo feito por tres cativos e que est\u00e1 tratando de sacar informaci\u00f3n obxectiva no mesmo carozo do enfrontamento que se est\u00e1 a vivir no pobo por mor da instalaci\u00f3n dun criadeiro de rodaballo nunha zona natural protexida.<br \/>\nDespois de estar e falar con xente de Rinlo, tanto xente a favor como en contra, atopo b\u00e1sicamente que a compa\u00f1\u00eda, Acuinor (da que ben pouca informaci\u00f3n obtiven en internet) e o Concello artellaron dende fai xa meses unha defensa das instalaci\u00f3ns no pobo, co que te\u00f1en alomenos tres estructuras a favor, contado a da directiva da asociaci\u00f3n de veci\u00f1os.<br \/>\nPor contra, os ecoloxistas chegaron fai pouco e se ben non te\u00f1en a\u00ednda feitos consumados sobre o terreo, si se atoparon xa co traballo a favor da empresa realizado por esas estructuras, mentres que a xente que est\u00e1 a favor, como boa parte das mariscadoras, est\u00e1 desorganizada; se te\u00f1en tempo, ser\u00e1 unha labor m\u00e1is que te\u00f1an que facer. Se te\u00f1en tempo: esta semana, o tema ronda arredor dos papeis: autorizaci\u00f3ns e documentos que faltan fronte a permisos conseguidos cunha rapidez pouco usual, consecuci\u00f3n dunha orde de paralizaci\u00f3n preventiva das obras contra consecuci\u00f3n dunha orde xudicial de desaloxo dos ecoloxistas.Fai uns d\u00edas tivo lugar en Rinlo a festa do percebe. Repasando a foto de conxunto correspondente (atopable en A Mari\u00f1a) preg\u00fantome se dentro duns anos unha festa as\u00ed ter\u00e1 que usar percebe importado. E \u00e9 que hai moitos datos que conxuntar en relaci\u00f3n \u00e1 instalaci\u00f3n:<br \/>\n\u00bfComo atacan os residuos do criadeiro \u00e1 zona costeira, en particular \u00e1 producci\u00f3n e calidade dos percebes? Falouse da oferta da empresa de 10 postos de traballo nunha primeira fase e outros dez m\u00e1is nunha segunda: a documentaci\u00f3n que se atopa no Concello non da pe para pensar en moitos m\u00e1is de 6 ou 7 en total (entre persoal cualificado, que vir\u00eda de fora, e o non cualificado). \u00bfC\u00f3mo afecta \u00f3 turismo, en forte auxe na zona e \u00f3 futuro dunha vila que pode ter fortes atractivos neste sentido e que se pode potenciar a trav\u00e9s do plan tur\u00edstico para o Concello? Ser\u00edan algunhas das preguntas a contestar, a parte da construcci\u00f3n da planta nun paraxe nautral protexido, que \u00e9 \u00f3 \u00fanico que di ADEGA que se op\u00f3n (segundo eles, uns centos de metros m\u00e1is al\u00f3 non ter\u00eda problema).<br \/>\nHai outras consideraci\u00f3ns que neste caso chaman a atenci\u00f3n. As\u00ed, estar\u00eda tanto o respecto \u00e1 lei, que debe ser igual para todos e igual de respetada. Hai indicios de que o anterior non se cumple, pois hai un expediente dunha instalaci\u00f3n semellante pero m\u00e1is pequena parado no Concello dende abondo antes de que se comezara co papeleo desta instalaci\u00f3n. Respecto \u00f3 segundo apartado, a lei di que a paraxe est\u00e1 protexida de actuaci\u00f3ns a excepci\u00f3n de sa\u00fade p\u00fablica.<br \/>\nCoido que a confrontaci\u00f3n de ideas, nunha mesa redonda por exemplo, ser\u00eda clave para aclarar as posturas e que os veci\u00f1os da zona poideran formarse unha opini\u00f3n cr\u00edtica. Nese sentido est\u00e1n comezadas xesti\u00f3ns para unha mesa redonda con diversos participantes. Atopando que dende a empresa n\u00e9ganse a participar. Nembargantes, onte mesmo, en Rinlo, para min estaba claro que a convocatoria para unha concentraci\u00f3n informativa que se me dixo \u00eda a ter lugar foi unha mera manipulaci\u00f3n para poder sacar unha foto e dicir que os veci\u00f1os apoian as instalaci\u00f3ns. \u00d3 tempo, entereime de chamadas a casas particulares de xente en procura de emprego para presionar que foran po\u00f1erse contra dos ecoloxistas, e o\u00edn falar de \u2018provocaci\u00f3n\u2019 a xente desinformada pero influ\u00ednte \u00f3 ver a catro persoas con camisas negras iguais que se achegaban \u00e1 \u2018concentraci\u00f3n\u2019 ignorando que eran empregados municipais. A zona \u00e9 paraxe protexida e constit\u00fae un h\u00e1bitat fr\u00e1xil colonizado por toxo e queiruga e pret\u00e9ndese meter unha instalaci\u00f3n que destuir\u00eda o h\u00e1bitat e eliminar\u00eda o percebe na zona pr\u00f3xima e diminiur\u00eda a s\u00faa calidade nun entorno maior, e crear\u00eda alg\u00fan posto de traballo, pero se nos quedamos s\u00f3 en eso, illado, non nos enteraremos de nada.<br \/>\n&#8212;<br \/>\nPor certo, dito escrito alude, vaia por Deus! a que estou utilizando os p\u00edcaros. A mesa redonda f\u00edxose, e a parte de cousas que ter\u00eda que comentar do alcalde e non o faigo por estar esperando unha disculpa, non asistiu ning\u00fan representante da empresa.<br \/>\nSe te\u00f1o tempo, sigo (non vai ser doado&#8230;)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Non se trata dun aumento de temperaturas: tr\u00e1tase de que algu\u00e9n na prensa mentou un artigo meu publcado en A Mari\u00f1a de El Progreso o 30 de agosto. Revisei, e non sei por que, pero non estaba no blog, nin o ti\u00f1a no ordenador: t\u00edveno que recuperar do xornal, corrixindo d\u00faas cousas que faltaban e [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-10924","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10924","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10924"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10924\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10924"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10924"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10924"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}