{"id":10923,"date":"2005-12-02T21:56:00","date_gmt":"2005-12-02T20:56:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:20:24","modified_gmt":"2024-11-12T15:20:24","slug":"eduardo-baamonde-piscifactora-boas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2005\/12\/02\/eduardo-baamonde-piscifactora-boas\/","title":{"rendered":"Eduardo Baamonde, piscifactor\u00eda, &#8230; boas novas en Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/igrexadenoite.jpg\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/igrexadenoite.jpg\" \/><\/a><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Tanta Miga e a s\u00faa barriga. Ese \u00e9 o t\u00edtulo do libro de Eduardo Baamonde para nenos, cuns estupendos debuxos e unha historia interesante, que se presentou esta tarde na Casa das Letras ribadense. Para ver e ler.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/presentaEduardoBaamonde.jpg\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/presentaEduardoBaamonde.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Na presentaci\u00f3n o autor lembrou a <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Suso_Pe%C3%B1a\">Suso Pe\u00f1a<\/a>, o seu propio cari\u00f1o por Ribadeo e a historia persoal que deu p\u00e9 \u00f3 libro, ambientado en Ribadeo pero que pod\u00eda estalo en calquera outro sitio como o autor remarcou: se est\u00e1 ambientado aqu\u00ed \u00e9 por Suso e a relaci\u00f3n de Eduardo e Ribadeo. Na foto, un momento da presentaci\u00f3n, falando Mariluz \u00c1lvarez lastra, Concelleira de Cultura do concello de Ribadeo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Sobre o outro tema, a nota de prensa de Adega sobre a paralizaci\u00f3n da piscifactor\u00eda ordenada polo xulgado, que supo\u00f1o que ser\u00e1 comentada na prensa e radio con profusi\u00f3n:<\/p>\n<p>&#8220;<span class=\"content\"><em>Sobre este auto nada temos n\u00f3s que engadir m\u00e1is que a consideraci\u00f3n de que desta vez faise xustiza co noso patrimonio natural: a lexislaci\u00f3n de espazos naturais \u00e9 unha lexislaci\u00f3n de obrigado cumprimento para todos e, dende este punto de vista, ningunha raz\u00f3n pode haber para ubicar esta instalaci\u00f3n sobre un espazo da Rede Natura con h\u00e1bitats prioritarios cando sobra espazo en Ribadeo e mesmo en Rinlo para estas instalaci\u00f3ns, ubicaci\u00f3ns que, cando menos, ter\u00edan que ser avaliadas no seu momento. Agardamos que esta paralizaci\u00f3n serva para que a administraci\u00f3n, no seu conxunto, tome iniciativas m\u00e1is decididas de cara a protecci\u00f3n deste espazo de \u201cAS CATEDRAIS\u201d, tanto dende Medio Ambiente, como dende Ordenaci\u00f3n do Territorio ou Pesca: nun momento que se nos anuncian unhas directrices e un Plan de Ordenaci\u00f3n do Litoral orientado \u00e1 protecci\u00f3n de todo litoral fronte a aquelas instalaci\u00f3ns que podan ter outra ubicaci\u00f3n fora do mesmo, non deixar\u00eda de ser paradoxal que os espazos protexidos do litoral non quedasen exentos deste tipo de instalaci\u00f3ns. Pola nosa parte queremos confiar en que esas Directrices e ese Plan de Ordenaci\u00f3n do Litoral que o Sr. Touri\u00f1o anunciaba onte no Parlamento (e que nos consideramos unha moi boa iniciativa, -ademais de absolutamente necesaria \u00e1 vista dos desprop\u00f3sitos da anterior administraci\u00f3n ao respecto) impliquen a revisi\u00f3n a fondo dese Plan Sectorial de Parques de Tecnolox\u00eda Alimentaria que nos deixou aprobado o anterior goberno en funci\u00f3ns (de forma temeraria sen unha m\u00ednima avaliaci\u00f3n de impacto ambiental) no sentido de que os espazos protexidos, &#8211; Parques naturais, Rede Natura, Monumentos Naturais, etc-, queden exentos de calquera uso que non te\u00f1a que ver coa conservaci\u00f3n ou recuperaci\u00f3n de tais espazos protexidos. Po \u00faltimo quixeramos pedirlle, -unha vez m\u00e1is-, ao Concello de Ribadeo, e a unha e a outra parte do goberno bipartito, que, en lugar de seguir insistindo nesta ubicaci\u00f3n, se po\u00f1an a traballar na busca doutra ubicaci\u00f3n fora da Rede Natura. \u00c9 de Xustiza.<\/em>&#8221;<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span class=\"content\"><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Para rematar, far\u00eda unha reproduci\u00f3n dunha p\u00e1xina do libro de Eduardo, pero na p\u00e1xina d\u00faas hai unha desas prohibici\u00f3ns de tipo draconiano para a reproduci\u00f3n, e non se me ocorreu no seu momento (a presentaci\u00f3n) pedirlle autorizaci\u00f3n \u00e1 xefa da editorial Ba\u00eda. Para compensar, a ver se esta noite meto por fin Ribadeando, o libro, en <a href=\"http:\/\/gl.wikisource.org\/wiki\/Portada\">Galifontes ou Wikifontes <\/a> (mellor que en <a href=\"http:\/\/gl.wikibooks.org\/\">Galilibros<\/a> ,a parte de que algu\u00e9n queira mercalo por internet deix\u00e1ndome unha nota aqu\u00ed mesmo, por exemplo \ud83d\ude42 ) En substituci\u00f3n, a igrexa de Ribadeo nunha foto oscura pero que coido que pode verse.<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;Tanta Miga e a s\u00faa barriga. Ese \u00e9 o t\u00edtulo do libro de Eduardo Baamonde para nenos, cuns estupendos debuxos e unha historia interesante, que se presentou esta tarde na Casa das Letras ribadense. Para ver e ler. &nbsp;&nbsp; &nbsp;Na presentaci\u00f3n o autor lembrou a Suso Pe\u00f1a, o seu propio cari\u00f1o por Ribadeo e [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,21,103,93,26,95,13,9],"class_list":["post-10923","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-economia","tag-fotos","tag-fotos-ribadeo","tag-medio","tag-piscifactoria","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10923","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10923"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10923\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10923"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10923"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10923"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}