{"id":10921,"date":"2005-12-03T22:48:00","date_gmt":"2005-12-03T21:48:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:20:11","modified_gmt":"2024-11-12T15:20:11","slug":"amigos-e-msica-en-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2005\/12\/03\/amigos-e-msica-en-ribadeo\/","title":{"rendered":"Amigos e m\u00fasica en Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/Filharmonia.jpg\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/Filharmonia.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Pola mi\u00f1a culpa, non puiden asistir a unha reuni\u00f3n de asociaci\u00f3ns contra o ru\u00eddo en Santiago. Foi unha m\u00e1goa que tentarei suplir. En troques, tiven un d\u00eda no que non s\u00f3 estiven acompa\u00f1ado pola familia, sen\u00f3n que puiden disfrutar da compa\u00f1\u00eda de b\u00f3s amigos, e para rematar, de m\u00fasica.<\/p>\n<p>A foto corresponde \u00e1 actuaci\u00f3n da <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Real%20Filharmon%C3%ADa%20de%20Galicia\">Real Filharmon\u00eda de Galicia<\/a> no auditorio ribadense, interpretando a <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Rogelio%20Groba\">Rogelio Groba<\/a> (&#8216;Catro bagatelas&#8217;) e <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Luigi%20Boccherini\">Luigi Boccherini<\/a> (Retirada nouturna en Madrid, Concerto para cello n.9 en SiM e Sinfon\u00eda n.6 en Re<sub>m<\/sub>, Op.12 &#8216;A casa do diavolo&#8217;) nun concerto sen cata que foi moi aplaudido, resist\u00edndose o conxunto a agasallar \u00e1 s\u00faa vez cun bis. A conta de celbrarse o concerto no, na \u00e9poca de <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Hern%C3%A1n_Naval\">Hern\u00e1n<\/a>, chamado &#8216;Auditorio de Playmobil&#8217;, aqu\u00ed engado o meu artigo para o libro do 5\u00ba cabodano de Amadores, unha celebraci\u00f3n preparada por Hern\u00e1n cun libro que comezou a artellar Choup\u00edn e houbo dificultades para pagar&#8230;<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>Sonr\u00ede para hacer felices a los dem\u00e1s<\/p>\n<p>As\u00ed rezaba o lema dun programa de corte relixioso fai cerca de trinta anos. Algo as\u00ed pode ser tam\u00e9n o lema de Amadores e a Banda: tocar para disfrute dos m\u00e1is. \u00d3 mellor non queda ben como lema, pero \u00e9 unha realidade feita a base de traballo e esforzo diario. E colaboraci\u00f3n, moita colaboraci\u00f3n.<\/p>\n<p>Igual que se celebra o cabodano do momento do parto, na banda cel\u00e9brase o da presentaci\u00f3n. Nembargantes, houbo unha xestaci\u00f3n e tam\u00e9n hai que lembrala. E en calquer caso, a moita xente: dende o primeiro momento, Choupo, e Tino, como os liantes do cotarro, pero tam\u00e9n Ernesto, facendo desinteresadamente o lenzo que puxo o tel\u00f3n de fondo na presentaci\u00f3n, C\u00e9sar, sucesor del en moitas ocasi\u00f3ns, del R\u00edo, cedendo instrumentos para o seu usufructo pola banda, Hern\u00e1n, por suposto &#8230; e moitos outros, como Pepe, co seu esforzo cont\u00ednuo como pipa, que a parte de pagar as cuotas para manter econ\u00f3micamente a sociedade po\u00f1en o seu traballo e dan o que te\u00f1en para colaborar nesta empresa.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n houbo os seus desencontros e miserias na vida destos anos. Non se trata de esquecelos, que quen esquece est\u00e1 disposto a volver a cometer os mesmos erros, senon de superalos nesta celebraci\u00f3n.<\/p>\n<p>A andadura da banda, primeiro, Banda de Ribadeo, logo Banda Municipal de Ribadeo (BMR), non foi sinxela. Diferencias e dificultades de todo tipo foron pas\u00e1ndose mellor ou peor, ate chegar a hoxe en d\u00eda. E as\u00ed podemos atopar a esta agrupaci\u00f3n herdeira de outras anteriores, pero \u00f3 tempo, netamente diferente a elas na s\u00faa concepci\u00f3n. Se nalg\u00fan momento se viu a banda como unha nova \u00e9poca doutra banda anterior, pronto quedou anulada dita visi\u00f3n, tanto pola variaci\u00f3n de m\u00fasicos (novamente o Choupo, esta vez como nexo e testimonio de outra \u00e9poca), como polo tipo de m\u00fasica, a voluntade fortemente discutida de non combinar a interpretaci\u00f3n coa marcha e moitos outros pequenos detalles.<\/p>\n<p>Son opci\u00f3ns as\u00ed escollidas, que configuran unha banda, repito novamente, diferente, pero que ten moi en conta, e disfruta das ventaxas que lle sup\u00f3n, a tradici\u00f3n musical en Ribadeo.<\/p>\n<p>Noutro lugar se atopa un listado de m\u00fasicos. Moitos deles, a maior\u00eda, seguen facendo a s\u00faa labor ensaio tras ensaio para que podamos escoitalos concerto tras concerto. Outros, como Enrique, Clara, Goyi, Charo ou eu mesmo, por diversas raz\u00f3ns estamos fora da formaci\u00f3n, pero seguimos apoiando e disfrutando dela. Outros en fin, volven ocasionalmente, cando poden, \u00e1 disciplina que manda a batuta.<\/p>\n<p>A banda, dende o principio, foi unha familia, a\u00ednda que pola extensi\u00f3n actual variaran moitas cousas dende os comezos ate a actualidade. Esas e outras &#8220;moitas cousas&#8221; est\u00e1n inclu\u00eddas tam\u00e9n na historia: Olvidos de instrumentos por parte dos m\u00fasicos para actuaci\u00f3ns fora de Ribadeo (maiormente, clarinetes), necesidade dun servicio de orden que permitira ter a algunha actuaci\u00f3n, como na Plaza Real barcelonesa, noites enteiras en autob\u00fas no medio dunha nevada ou polo contrario, actuaci\u00f3ns cos ollos medio cerrados e sudando a gota gorda. Autobuses que se estropean e que fixeron chegar co tempo xusto ou a\u00ednda con retraso a algunha actuaci\u00f3n, e coches particulares, suced\u00e1neos de autob\u00fas, nos que o ambiente non deixaba de ter o mesmo calor que naquel.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n, accidentes. Pequenas cousas polo momento, das que poden dar conta C\u00e9sar ou Javi. Ou roturas inoportunas (\u00bfc\u00e1ndo non son inoportunas as roturas?) de resortes ou mecanismos, ama\u00f1ados sobre a marcha polo &#8220;equipo t\u00e9cnico&#8221; da agrupaci\u00f3n, a veces a\u00ednda con sofisticados instrumentos como gomas el\u00e1sticas ou navallas.<\/p>\n<p>Son mont\u00f3ns e mont\u00f3ns de an\u00e9cdotas as que van conformando a cultura da banda, acompa\u00f1ando \u00e1s pezas tocadas, \u00f3 saber facer musical, a adicaci\u00f3n, &#8230; Esas cousas, que configuran a vida interna do conxunto, a que non se ve normalmente dende fora, van acompa\u00f1adas doutros detalles que si se notan pola audiencia.<\/p>\n<p>O que a banda sa\u00edra con carpetas dese\u00f1adas con coidado, a\u00ednda que baratas, a inclusi\u00f3n da manga corta de camisa no uniforme, carteis que son para coleccionar e que se poden ver en m\u00e1is dun lugar como decoraci\u00f3n de gusto, d\u00edpticos con informaci\u00f3n que tam\u00e9n forma, sa\u00eddas e recollidas do esceario en orde, a ilusi\u00f3n a flor de pel que rezuma nas actuaci\u00f3ns, en particular na casa, &#8230;<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>Tam\u00e9n, as pol\u00e9micas mantidas na prensa e na r\u00faa, parte delas creadas cunha idea non musical, conforman xa a historia da banda e de Amadores. Ou a Escola de M\u00fasica &#8220;Carlos \u00c1lvarez Fern\u00e1ndez-Cid&#8221;, ou os bolet\u00edns editados, ou &#8230; a historia da banda \u00e9 corta no tempo, pero dilatada en feitos. E segue.<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>* E tam\u00e9n a colaboraci\u00f3n de Hern\u00e1n, cedida de xeito libre para dito libro:<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>&gt;AS\u00cd QUE PASEN CINCO ANOS<\/p>\n<p>Aviso inicial para leitores sagaces: este artigo comeza e acaba en p\u00e1xina par, isto \u00e9, aberto o libro, ollemos \u00e1 esquerda. Non en balde foi un membro do comit\u00e9 Central do PCP que xestionou a participaci\u00f3n da banda que ate hoxe dirixo no Festival Internacional de Bandas Amadoras (amaters) de Loures (Portugal) en Novembro de 1995. E de tocar na mesm\u00edsima Lisboa ocupeime eu. Non vaia pensar ningu\u00e9n, tras a leitura da pen\u00faltima plana deste heterox\u00e9neo libri\u00f1o, que s\u00f3 se accede \u00e1 gl\u00f3ria pasteleira dende unha das beiras. Lembro con saudade unha viaxe a Madrid con Eduardo Guti\u00e9rrez en Decembro do 94 para conseguirmos que a banda tocase na capital do Estado un mes despois (no Audit\u00f3rio de La Vaguada, no Hotel Fox\u00e1 e&#8230; na Praza Maior!) sen arruinarnos de todo. O que leva chovido! (que lles pregunten aos de M\u00farcia&#8230;).<\/p>\n<p>Este meu artigo, esta mi\u00f1a canci\u00f3n, leva letra, mesmo desde o t\u00edtulo, de arrebatado bolero paixoal: &#8220;de lo que pudo haber sido y no fue&#8221;.<\/p>\n<p>Queria rememorar cun ponto de ponderaci\u00f3n o congreso de Bandas de M\u00fasica Populares de Galiza que organizamos en ribadeo en novembro do 94, pero entroume a amargura: s\u00f3 o concello -daquela- puxo o hombreiro econ\u00f3mico institucional de xeito non limosneiro; os compo\u00f1entes da Banda sinf\u00f3nica de Galiza que dirixiu Marcel van Bree cobraron con moitos meses de retraso as s\u00faas dietas, e se non \u00e9 polo concello -daquela- e pola Federaci\u00f3n de Bandas, hab\u00eda ter que pagar eu do meu peto a publicaci\u00f3n das pon\u00e9ncias. Miren agora este libro, pero insisto, a min l\u00e9anme, con cartos ou sen eles, de p\u00e1xina para a p\u00e1xina par. De t\u00f3dolos xeitos, o pior \u00e9 que as propostas conceituais de renovaci\u00f3n e de modernizaci\u00f3n que lanzamos naquel congreso, coa bagaxe ribadense como prototipo, est\u00e1nna despensa mental, sen perspectivas de consumo, da maior\u00eda dos participantes for\u00e1neos; e van m\u00e1is de dous anos.<\/p>\n<p>Quer\u00eda publicar, como se prometeu nas notas do programa do \u00faltimo Aqui como en Viena, a lista de paso-dobres interpretados pola Banda desde o seu debu o 25 de xaneiro de 1992, pero se hai entre os colaboradores do libro que se auto-limita o esp\u00e1cio para non falar de n\u00f3s, da Banda actual, e si das de antano, conmigo pode a pereza -e o esp\u00e1cio- e non hai lista que valga, porque, p\u00e9sie ao que digan, \u00e9 case tan longa como a de Schindler, que musicalmente prefiro.<\/p>\n<p>Releo o anterior e desc\u00fabrome algo influ\u00eddo polo exuberante barroquismo liter\u00e1rio dalg\u00fans articulistas precedentes (impares) que te\u00f1en alg\u00fan pequeno problema coas comas, os gui\u00f3ns, as frases parent\u00e9ticas e as &#8220;aspas&#8221; (ouh!, as aspas), pero neng\u00fan co esp\u00e1cio. P\u00e9sie a que quedei coa directiva de &#8220;amadores &#8230;&#8221; en coidar eu da edici\u00f3n do volume, non te\u00f1o vocaci\u00f3n e menos capacidade para actuar de censo, nen sequer fronte a un \u00e9mulo do profesor Quintana que tam\u00e9n circula entre estas p\u00e1xinas (e menos mal que, como asertan v\u00e1rios, a m\u00fasica \u00e9 unha linguaxe universal, unha linguaxe universal, unha linguaxe universal, etc.). Po\u00f1erlle a man a algun artigo seria, por suposto, excederme nas mi\u00f1as atribuci\u00f3ns, que hai que confunde con &#8220;atributos&#8221;; o dos atributos non son eu.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n ti\u00f1a pensado cantar as excel\u00e9ncias da Escola Municipal de M\u00fasica, pero xa hai -no libro- quen lle descobriu unha paternidade oculta e quenexpresamente me recomenda dirixila (e non falo de decretos, falo de algo que se di nesta publicaci\u00f3n).<\/p>\n<p>Neste libro f\u00e1lase por primeira vez de licenciaturas en instrumentos musicais, de t\u00edtulos de director de banda, de mestres, compositores e music\u00f3logos dos que non sabia. E eu con istos pelos (poucos). Est\u00e1 claro que me te\u00f1o que reciclar. No entanto, para qu\u00e9 dar outra vez o co\u00f1azo coa m\u00fasica de c\u00e1mara, coa corda, coa Banda Sinf\u00f3nica&#8230; Estudiarei en recollimento, con este documentado libro na cabeceira e os meus eses: Sibelius, Shostakovitch, Strauss&#8230;; e igoal discurro un m\u00e9todo Stanislavsky (comeza por ese) para a interpretaci\u00f3nmusical. Prometido.<\/p>\n<p>Quer\u00eda falar de como case non fumos a Barcelona en Abril\/95 e de por que non fumos a Ourense en Xullo\/93, pero con tanto patrocinador institucional polo m\u00e9dio ser\u00e1 mellor que cale unha vez m\u00e1is. a min mesmo si que me podo auto-censurar. E non pasar\u00e1 nada porque diga que a tocar ao teatro Col\u00f3n da coru\u00f1a, en agosto do 93, levounos a nacionalista Federaci\u00f3n de Asociaci\u00f3ns Culturais de Galiza, entidade hoxe desaparecida por inanici\u00f3n institucional, entre outras cousas, e que naquel concerto escoitounos e felicitounos a deputada Pilar Garcia Negro.<\/p>\n<p>Destas cousas e dalgunha outras ti\u00f1a decidio falar cando a Xunta Directiva de &#8220;Amadores da M\u00fasica&#8221; ideou tirar este libro conmemorativo do quinto anivers\u00e1rio da Banda. D\u00e9ixoo para o d\u00e9cimo. A ver se no segundo lustro Eli e m\u00e1is eu vivemos tempos musicais de fartura, Cot\u00e9 e m\u00e1is eu fart\u00e1monos de cervexas, lalo e m\u00e1is eu montamos unha \u00f3pera (el xa sabe cando), a Banda -con Eva- e m\u00e1is eu damos unha volta ao mundo de verdade e non s\u00f3 no pentagrama e grabamos o disco dunha pu\u00f1eteira vez. Daquela, \u00e1 nena oculta da fotograf\u00eda da p\u00e1xina anterior chegaranlle os pes ao chan, e agardemos que todos te\u00f1amos os nosos na terra. Asi que pasen (outros) cinco anos.<\/p>\n<p>Todo, claro, se non sego alg\u00fans consellos nen sego a Carlos N\u00fa\u00f1ez e \u00e1 Nova trova Santiague\u00f1a cando interpretan xuntos aquela que di&#8230;<\/p>\n<p>Hern\u00e1n Naval<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pola mi\u00f1a culpa, non puiden asistir a unha reuni\u00f3n de asociaci\u00f3ns contra o ru\u00eddo en Santiago. Foi unha m\u00e1goa que tentarei suplir. En troques, tiven un d\u00eda no que non s\u00f3 estiven acompa\u00f1ado pola familia, sen\u00f3n que puiden disfrutar da compa\u00f1\u00eda de b\u00f3s amigos, e para rematar, de m\u00fasica. A foto corresponde \u00e1 actuaci\u00f3n da [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[81,10,38,103,51,23,9],"class_list":["post-10921","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-banda","tag-cultura","tag-eduardo-gutierrez","tag-fotos","tag-hernan-naval","tag-musica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10921","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10921"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10921\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10921"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10921"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10921"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}