{"id":10918,"date":"2005-12-07T17:17:00","date_gmt":"2005-12-07T16:17:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:20:05","modified_gmt":"2024-11-12T15:20:05","slug":"falemos-de-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2005\/12\/07\/falemos-de-ribadeo\/","title":{"rendered":"Falemos de Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>Al\u00f3 polo mes de abril publicouse o meu artigo &#8216;O Ribadeo que Queremos&#8217;. Dende aquela, outros continuaron na mesma li\u00f1a. A\u00ednda o pasado d\u00eda 3 de decembro, en &#8216;La Comarca&#8217;, A. Torrente (ex-presidente da AAVV de Vilasel\u00e1n) continu\u00e1baa co artigo &#8216;Peligro, no reaccionen&#8217;. Se deixamos de lado os escritos de Balbino P\u00e9rez contra min, contra Jos\u00e9 Mar\u00eda Rodr\u00edguez, contra Adega, etc, poderemos adicarnos a falar de Ribadeo, dos problemas do pobo e non dos do alcalde, que son diferentes. Xa dixen m\u00e1is veces que non querer\u00eda que pol\u00e9micas persoais alteraran a discusi\u00f3n sobre temas importantes de Ribadeo. E as\u00ed o deixo, despois de ver que o derradeiro artigo de Balbino ampl\u00eda o n\u00famero de acusados para diminu\u00edr a acusaci\u00f3n (\u00e9 dicir, unha rectificaci\u00f3n vestida de insistencia e diluci\u00f3n de culpas), e publ\u00edcase nun corpo do peri\u00f3dico que comeza con tipos grandes &#8216;La piscifactor\u00eda de Rinlo deber\u00e1 seguir paralizada&#8217;. Por certo, que na informaci\u00f3n baixo ese t\u00edtulo ded\u00facese que Acuinor pode ser indemnizada. Poder\u00e1 selo polo mesmo Concello que lle eu para adiante?<\/p>\n<p>Se miramos outras obras, e tras ver a proliferaci\u00f3n de gr\u00faas en Ribadeo, a continua ocupaci\u00f3n da beirar\u00faa e r\u00faas anexas do edificio que se est\u00e1 a facer na Avda. de Galicia, a nova de que por fin comezan a chamar a construtores pola posible filtraci\u00f3n do PXOM, a multiplicaci\u00f3n de urbanizaci\u00f3ns que se prev\u00e9n despois do acordo sobre as catro primeiras no Concello, etc, cabe reflexionar. Podemos  preguntar: quen \u00e9 o gardan do PXOM? (como o fixo un amigo meu) Porque ser\u00eda o responsable dunha posible filtraci\u00f3n. Por que sigue ese plan sen ter uns criterios de base despois de ser pedidos xa antes do ver\u00e1n e contestar o alcalde que algo de eso ter\u00eda xa para setembro? Porque ser\u00eda o l\u00f3xico que os tivera. Por que o alcalde adianta que non espera retardos no plan polas procuras xudiciais? \u00c9 que sabe o resultado das procuras? \u00c9 que foi levar o caso \u00f3 xulgado porque a algu\u00e9n lle deu por a\u00ed? Para despistar?<\/p>\n<p>Mentres a mesma Xunta parece po\u00f1erse en garda contra a marbellizaci\u00f3n da costa, aqu\u00ed durante o ver\u00e1n non fixo sen\u00f3n aumentar a proposta de novas urbanizaci\u00f3ns. Tardar\u00e1 en chegar esa correa de transmisi\u00f3n dende Santiago? Pode que, xa que ven de Compostela esa onda, te\u00f1amos que esperar pola autov\u00eda ou a circunvalaci\u00f3n, inclu\u00edda a sa\u00edda para a estrada de Vilela. \u00c9 dicir, \u00f3 pr\u00f3ximo mandato municipal.<\/p>\n<p>As\u00ed, a cuesti\u00f3n parece estar na comunicaci\u00f3n: an\u00fancianse cartos para o Parque de San Francisco, pero que se vai a facer? V\u00e1ise contar coa xente de Ribadeo? C\u00e1ndo se vai consultar? Outro exemplo: despois de deber contestaci\u00f3ns escritas \u00e1s preguntas formuladas dende as asociaci\u00f3ns, esqu\u00e9cense de contestalas nos plenos.  Esperemos que non sexa esa a aposta comunicativa do Concello para o resto de mandato, se ben as sinais non son optimistas.<\/p>\n<p>De calquera xeito, na actualidade, pretender contrastar datos co Concello pode resultar complicado. Sobre irregularidades urban\u00edsticas non sei moito, s\u00f3 vexo e anoto cousas que me chaman a atenci\u00f3n. Sobre o tema da movida, vexo, oio, escoito e te\u00f1o algo m\u00e1is de informaci\u00f3n: considero que segue a haber irregularidades despois de m\u00faltiples denuncias (que se seguen dando). O anterior, tanto en concesi\u00f3n de novas licencias mesmo contra o aprobado polo propio Concello, como en permitir locais sen dobre porta, sen sa\u00edda de emerxencia adecuada, sen illamento, &#8230; e negando informaci\u00f3n \u00f3s veci\u00f1os afectados. Terminou o &#8216;plan&#8217; de revisi\u00f3ns comezado xa vai tempo polo Concello? Non ser\u00e1 porque non fora reclamado.<\/p>\n<p>Neste batiburrillo de cousas que \u00e9 hoxe por hoxe Ribadeo, o abrir li\u00f1as que non levan a ning\u00fan sitio parece unha boa t\u00e9cnica de despiste. Por exemplo, non comprendo a que ven que salte \u00e1 palestra o tema do traslado de posto de traballo dun concelleiro: a controversia sae a flote cando xa est\u00e1 f\u00f3ra de prazo de reclamaci\u00f3ns, polo que parece non reclamou antes, &#8230;<\/p>\n<p>&#8230; Mentres o anterior sucede, o novo recheo serve de almac\u00e9n base para area: esa era a s\u00faa necesidade e a s\u00faa pr\u00e9sa. Contra algo diso se fixo unha manifestaci\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Al\u00f3 polo mes de abril publicouse o meu artigo &#8216;O Ribadeo que Queremos&#8217;. Dende aquela, outros continuaron na mesma li\u00f1a. A\u00ednda o pasado d\u00eda 3 de decembro, en &#8216;La Comarca&#8217;, A. Torrente (ex-presidente da AAVV de Vilasel\u00e1n) continu\u00e1baa co artigo &#8216;Peligro, no reaccionen&#8217;. Se deixamos de lado os escritos de Balbino P\u00e9rez contra min, contra [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,33,13,9],"class_list":["post-10918","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-o-ribadeo-que-queremos","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10918","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10918"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10918\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10918"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10918"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10918"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}