{"id":10908,"date":"2005-12-17T22:50:00","date_gmt":"2005-12-17T21:50:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:19:45","modified_gmt":"2024-11-12T15:19:45","slug":"sbado-banda-amadores-da-msica-hernn","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2005\/12\/17\/sbado-banda-amadores-da-msica-hernn\/","title":{"rendered":"S\u00e1bado, banda, Amadores da M\u00fasica, Hern\u00e1n, Ribadeo&#8230;"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/Penadoencanto_SantisodeAbres.jpg\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/Penadoencanto_SantisodeAbres.jpg\" \/><\/a>Hoxe, s\u00e1bado, fun \u00e1 xuntanza anual de Amadores. Menos do 4% dos socios estabamos al\u00ed. M\u00e1goa. xa o dixo tam\u00e9n o director da banda, Louren\u00e7o: as\u00f3mbrase da pouca participaci\u00f3n. Como quen oe chover. Daniel, o presi de Amadores, desgranou o ano e despois, con outros criterios, tam\u00e9n o director. Antes, o tesoureiro, Marcos, deu conta das contas. Parece que en xeral foi un ano complicado pero deuse sa\u00eddo del. As relaci\u00f3ns co concello, con altibaixos: Daniel intentando suavizar e Louren\u00e7o dicindo eso, con altibaixos, con atrancos en calquera pequena cousa, e colaboraci\u00f3n dependendo de quen. Supo\u00f1o que pasado ma\u00f1\u00e1 sair\u00e1 algo na prensa. Xa veremos. Eu fixen unha pregunta sobre a p\u00e1xina web que se proxectara anos atr\u00e1s. Polo que parece, existe a intenci\u00f3n, pero polo momento nada m\u00e1is. a da Escola Municipal de M\u00fasica de Ribadeo parece que sair\u00e1 pronto, da man de Louren\u00e7o e Suso L\u00f3pez. Ofrecinlles o que xa est\u00e1 en <a href=\"http:\/\/personal.redestb.es\/agremon\/\">http:\/\/personal.redestb.es\/agremon\/<\/a>. xa est\u00e1 desfasado, e irase cargando aqu\u00ed, como te\u00f1o dito outras veces, pero coido que para ambos proxectos de p\u00e1xina pode servir.<\/p>\n<p>A foto, da &#8216;Pena do encanto&#8217; en <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Santiso_de_Abres_-_San_Tirso_de_Abres\">Santiso de Abres<\/a>, un pouco de auga fresca agradable veci\u00f1o de Ribadeo. Un paseo interesante entre a natureza.<\/p>\n<p>Novas? Un &#8216;espect\u00e1culo de maxia&#8217; que \u00eda abrir os agasallos \u00f3s cativos por parte de Acisa non puido ter lugar por un accidente. O PP di algo as\u00ed como que queren acosar \u00e1 xerente da comarca da Mari\u00f1a Oriental, Azucena Glez. E a aduana, que andaba algo movida en canto \u00f3 servizo de vixianza, parece que se queda tal como est\u00e1 e que a falla no ver\u00e1n debeuse a moivos circunstanciais; vamos, que polo momento non nos quedamos sen outro servizo m\u00e1is despois do xulgado.<\/p>\n<p>Un s\u00e1bado tranquilo en Ribadeo. O resto do mundo? hoxe pasamos del. Se podo, dentro de un pouco cargo algo m\u00e1is de Hern\u00e1n (hoxe foi nova de m\u00fasica)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hoxe, s\u00e1bado, fun \u00e1 xuntanza anual de Amadores. Menos do 4% dos socios estabamos al\u00ed. M\u00e1goa. xa o dixo tam\u00e9n o director da banda, Louren\u00e7o: as\u00f3mbrase da pouca participaci\u00f3n. Como quen oe chover. Daniel, o presi de Amadores, desgranou o ano e despois, con outros criterios, tam\u00e9n o director. Antes, o tesoureiro, Marcos, deu conta [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[98,103,26,23],"class_list":["post-10908","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-acisa","tag-fotos","tag-medio","tag-musica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10908","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10908"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10908\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10908"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10908"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10908"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}