{"id":10899,"date":"2005-12-18T22:51:00","date_gmt":"2005-12-18T21:51:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:19:14","modified_gmt":"2024-11-12T15:19:14","slug":"2-entrada-de-hoxe-biografa-de-hernn","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2005\/12\/18\/2-entrada-de-hoxe-biografa-de-hernn\/","title":{"rendered":"2\u00aa entrada de hoxe: a biograf\u00eda de Hern\u00e1n (Hern\u00e1n Fernando Naval Parapar)"},"content":{"rendered":"<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/rostro.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/rostro.jpg\" alt=\"\" \/><\/a>    <\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">&#8211; Realizada por Fernando Rodr\u00edguez e Antonio Gregorio. Imaxe dun cartel realizado por Chenchu (a\u00ednda non lle dixen nada&#8230; agora paso a eso)<br \/>\n<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">Biograf\u00eda de Hern\u00e1n Fernando Naval Parapar<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">Naceu en Viveiro e foi feliz en Ribadeo. Ese poder\u00eda ser un resume minimalista da s\u00faa vida. Pero non podemos cinguirnos a un breve comentario que adem\u00e1is carecer\u00eda da amplitude abonda para ter unha base m\u00ednima de obxectividade. O que se presenta a continuaci\u00f3n \u00e9 pr\u00e1cticamente unha fusi\u00f3n de partes textos anteriores referidos \u00e1 s\u00faa biograf\u00eda, que esperamos ter feito coa visi\u00f3n suficiente para que sexa a base de lectura e comprensi\u00f3n da s\u00faa obra e a s\u00faa persoa.<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">&#8212;<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">Hern\u00e1n Naval Parapar nace en Viveiro (Lugo) o cinco de agosto de 1962. \u00c9 profesor titulado de trompeta e solfexo nos conservatorios de Lugo, A Coru\u00f1a, Santiago e Madrid. A s\u00faa actividade profesional desenvolveuse no campo da m\u00fasica: foi profesor do conservatorio da s\u00faa vila natal ata 1991, fundou e dirixiu a coral Polif\u00f3nica de San Cibrao entre 1987 e 1989, per\u00edodo no que estreou varias obras corais. Desde 1992 dirixiu a Banda de Ribadeo (logo Municipal e logo a\u00ednda Sinf\u00f3nica, quedando co t\u00edtulo de Banda Sinf\u00f3nica Municipal de Ribadeo), municipio no que residiu no \u00faltimo decenio da s\u00faa vida. Con ella, dirixiu concertos did\u00e1cticos e tocou en lugares como Madrid, Barcelona ou Lisboa.<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">Tras comezar a traballar na Academia de M\u00fasica Carlos A. Fern\u00e1ndez-Cid, que abriu as portas da s\u00faa man \u00f3 ser contratado por Amadores da M\u00fasica, foi tam\u00e9n promotor da Escola Municipal de Ribadeo, a que dirixiu desde a s\u00faa fundaci\u00f3n en 1993. Co apoio e patrocinio do Excmo Concello, a Escola Municipal de M\u00fasica de Ribadeo foi o primeiro centro das s\u00faas caracter\u00edsticas fundado en Galicia (ano 1993), centro que no momento do seu pasamento contaba con 230 alumnos. Foi Vicepresidente da Asociaci\u00f3n Galega de Escolas Municipais de M\u00fasica (AGEMM) ata o seu pasamento, as\u00ed como director da Big-band desta asociaci\u00f3n, coa que participou no VI Festival de M\u00fasica dos Xoves Europeos que se celebrou en Trondheim (Noruega) do 31 de maio \u00f3 4 de xu\u00f1o do ano 2000 (organizado pola EMU-European Musicschools Union). Foi tam\u00e9n promotor da Banda da Federaci\u00f3n Galega e segundo director da mesma, dirixindo a Agrupaci\u00f3n xunto co seu director titular Marcel van Bree, o d\u00eda da s\u00faa estrea no Auditorio de Galicia, e cun arranxo feito por el mesmo do Segundo Movemento da Sinfon\u00eda n\u00ba 2 \u201cNas monta\u00f1as de Galicia\u201d de Andr\u00e9s Gaos.<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">No campo da m\u00fasica, son tam\u00e9n da s\u00faa autor\u00eda son dalgunhas obras corais e instrumentais estreadas (Lonxe do mar, Mar por m\u00e9dio, Portbou-Saraxevo,&#8230;), das cales d\u00faas (Portbou-Saraxevo e Lonxe do Mar) foron gravadas pola BSMR baixo a s\u00faa direcci\u00f3n. Conserva ademais varias obras sen estrear.<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">F\u00f3ra do campo da m\u00fasica, foi presidente da asociaci\u00f3n cultural \u201cSementeira\u201d de Viveiro entre 1985 e 1992. Durante o cargo a asociaci\u00f3n publicou \u201cAbril no Pastor D\u00edaz\u201d, un caderno con poemas in\u00e9ditos de varios escritores galegos (Pilar Pallar\u00e9s, Manuel Mar\u00eda, Novoneyra&#8230;), que Hern\u00e1n Naval prologou e editou. Nesta \u00e9poca promoveu diversas campa\u00f1as, como a de salvamento do \u201ePastor D\u00edaz\u201c. Durante este per\u00edodo foi tam\u00e9n vicepresidente da Federaci\u00f3n Galega de Asociaci\u00f3ns Culturais. Posteriormente, foi directivo en Ribadeo da A.C. Francisco Lanza.<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">Hern\u00e1n Naval ten contribuido, como relator, conferenciante e articulista, \u00e1 divulgaci\u00f3n dun novo discurso sobre o papel socio-cultural das Bandas amaters e \u00e1 formaci\u00f3n da xuventude, organizando en Ribadeo, en 1994, un importante Congreso de Bandas de M\u00fasica Populares de Galicia e participando en diversos foros.<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">As s\u00faas afecci\u00f3ns literarias datan da s\u00faa mocidade. Ten publicados uns dous centenares de artigos en diversos medios: El Progreso, La Voz de Galicia, A Nosa Terra, Alborada (revista do Centro galego de Barcelona), Doce Notas (revista de ensino musical de \u00e1mbito nacional)&#8230;Os seus escritos pertencen a campos tan diferentes como a pol\u00edtica, a m\u00fasica, a cr\u00edtica cultural ou mesmo a cr\u00edtica de televisi\u00f3n. Tam\u00e9n escribiu diversos relatorios para congresos de educaci\u00f3n musical, alg\u00fans deles pendentes de publicaci\u00f3n. Proxectaba reunir nun libro os artigos \u201cmenos circunstanciais\u201d que escribiu sobre m\u00fasica.<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">A s\u00faa \u00fanica publicaci\u00f3n literaria \u00e9 a obra teatral Comunicando (Traxicomedia con parabellum. Nun acto), que acadou un acc\u00e9sit no concurso de teatro breve do colectivo Buril de Burela (1989); a obra publicouse no n\u00famero oitenta e tres dos \u201eCadernos da Escola Dram\u00e1tica Galega\u201c. Manuel F. Vieites, en La nueva dramaturgia gallega, reco\u00f1ece que \u201cinsin\u00faa interesantes perspectivas\u201d. Outras obras do autor, in\u00e9ditas, son Final coherente (acc\u00e9sit no mesmo concurso de teatro breve en 1988) e o conxunto D\u00edptico en modo menor, composto polas obras Bolero e Con morbo.<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">Ten escritos dous relatos breves in\u00e9ditos e uns vintecinco poemas, que lle gustar\u00eda ter completado cunha d\u00facia m\u00e1is e logo publicado, posto que afirmou estar moi satisfeito con alg\u00fans deles.<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">En pol\u00edtica, dende os seus tempos de estudiante foi militante nacionalista e actividata. Foi candidato \u00f3 Senado nas elecci\u00f3ns xerais do ano 2000 polo BNG. <\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">Morre dun ataque \u00f3 coraz\u00f3n na noite do 16 \u00f3 17 de maio de 2001.<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">Pequeno (e sabemos que incompleto) curriculum vitae:<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">5\u00ba de Solfexo polo Conservatorio Profisional de M\u00fasica de A Coru\u00f1a.<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">5\u00ba de Trompeta polo Conservatorio Superior de M\u00fasica de Madrid.<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">5\u00ba de Piano polo Real Conservatorio Superior de M\u00fasica de Madrid.<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">3\u00ba de Harmon\u00eda polo Conservatorio de Madrid<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">2\u00ba de Historia da M\u00fasica polo polo Conservatorio de Madrid.<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">2\u00ba de Est\u00e9tica Musical polo Conservatorio de A Coru\u00f1a<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">2\u00ba de Conxunto Coral polo Conservatorio Profesional de M\u00fasica de Santiago de Compostela.<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">Curso de Historia do Arte e da Cultura no Conservatorio de Santiago.<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">Curso de Ac\u00fastica Musical no Conservatorio de Santiago.<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">Curso de Repentizaci\u00f3n, Transposici\u00f3n e Acompa\u00f1amento no Conservatorio de Santiago<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">Diplomado en Trompeta e m\u00e1is en Piano polo Conservatorio de Santiago.<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">(Todo este expedente acad\u00e9mico pode ser avaliado pola correspondente certificaci\u00f3n oficial, mesmo incluindo calificaci\u00f3ns.)<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">Traxectoria profisional:<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">Trompetista e percusionista da Banda Municipal de M\u00fasica de Viveiro, na que chegou a desempe\u00f1ar funci\u00f3ns de sub-director. Durante alg\u00fan tempo formou parte da Xunta Directiva desta agrupaci\u00f3n. A pertencia desde os 9 anos \u00e1 Banda de Viveiro serviulle para hoxe co\u00f1ecer a t\u00e9cnica e manexo de todos os instrumentos empregados nas bandas populares.<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">Director da Coral Polif\u00f3nica do CIT (Centro de Iniciativas Tur\u00edsticas) de San Cibr\u00e1n (Cervo)<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">Director da Escolan\u00eda do Col\u00e9xio p\u00fablico de EXB  do Vicedo, en formaci\u00f3n.<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">Profesor do Conservatorio de M\u00fasica de Viveiro.<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">Autor dunha s\u00e9rie de obras polif\u00f3nicas para Coro mixto, das que ten estreado as canci\u00f3ns \u201cAbrelle a porta o d\u00eda\u201d (sobre un poema de Dario Xo\u00e1n Cabana) e \u201cSirena\u201d con letra de Mario Benedetti.<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">En breve sair\u00e1 do prelo un poem\u00e1rio do escritor Miguel Sande (en Ed. Galaxia) que incl\u00fae un \u201clieder\u201d composto por Hern\u00e1n Naval sobre o poema final do libro.<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">Ten traballado como arranxista para orquestras de m\u00fasica lixeira<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">Ten publicados artigos sobre M\u00fasica e Cultura en diferentes publicaci\u00f3ns galegas.<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">&#8230;..<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">Bibliograf\u00eda usada:<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">AUTORES RIBADENSES EN LINGUA GALEGA. Cadernos de investigaci\u00f3n do IES Dionisio Gamallo Fierros N\u00ba 3, 2001. nota: A redacci\u00f3n final deste traballo realizouse no ver\u00e1n do 2000; non figuran, l\u00f3xicamente, datos posteriores<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">O SON DO POBO N\u00ba 14 ABRIL-XU\u00d1O 2001<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">LA COMARCA DEL EO, 28 de Maio do 1989 \u2013 Nota informativa sobre o inicio dunha academia privada co obxecto de formar unha Banda de m\u00fasica en Ribadeo firmada por A Comisi\u00f3n Xestora do que logo ser\u00eda Amadores da M\u00fasica.<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">P\u00edldoras:<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">&#8230;\u201cj\u00f3venes alumnos puedan comprender la estructura de una obra&#8230; para lo cual recibir\u00e1n explicaciones de Hern\u00e1n Naval, director de la formaci\u00f3n musical quien tambi\u00e9n ha dise\u00f1ado el gui\u00f3n de la actuaci\u00f3n&#8230;El concierto con fines pedag\u00f3gicos&#8230;se les entregar\u00e1 a los asistentes una gu\u00eda did\u00e1ctica ilustrada y un formulario&#8230;\u201c<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">(LA VOZ DE GALICIA 21 de maio do 1993 Naval dirige hoy a la banda de m\u00fasica ribadense en un concierto did\u00e1ctico)<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">&#8230;.\u201c\u00d3 redor do seu traballo consegueu artellar o rexurdimento da banda de m\u00fasica que sacou da nada ata convertela nunha potente formaci\u00f3n con m\u00e1is de oitenta m\u00fasicos e que pasou a ser banda sinf\u00f3nica. Baixo a s\u00faa batuta, a banda ribadense marcou fitos importantes coma a publicaci\u00f3n dun compacto no ano 97 e ti\u00f1a case ultimada a grabaci\u00f3n do material para dous discos m\u00e1is. Adem\u00e1is, fixo un gran traballo na escola de m\u00fasica, atraendo a centos de rapaces.<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">(O PROGRESO 18 de maio do 2001- \u201cfinou dun infarto o profesor hern\u00e1n naval, director da banda municipal de ribadeo)<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">&#8230;.\u201cHern\u00e1n Naval presidi\u00f3 la agrupaci\u00f3n cultural Sementeira desde 1984 al 92.Durante este per\u00edodo desarroll\u00f3 una intens\u00edsima labor cultural: mantuvo un programa radiof\u00f3nico y dise\u00f1o la campa\u00f1a: Salvemos o teatro \u201cPastor D\u00edaz\u201d en el a\u00f1o 88, entrevist\u00e1ndose entonces en dos ocasiones con el conselleiro de Cultura en esa \u00e9poca Alfredo Conde&#8230;.<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">&#8230;El m\u00fasico viveriense tambi\u00e9n organiz\u00f3 el primer Encontro de asociaci\u00f3ns culturais da Mari\u00f1a que se celebr\u00f3 en el 89 en la ciudad del Landro, fue vicepresidente de la Federaci\u00f3n de Asociaci\u00f3ns Culturais Galegas y colabor\u00f3 en la prensa comarcal. Con sus art\u00edculos de opini\u00f3n apoy\u00f3 muchas iniciativas culturales en A Mari\u00f1a. Hern\u00e1n Naval particip\u00f3 como profesor en la puesta en marcha del conservatorio de m\u00fasica de Viveiro y fue un miembro destacado de la banda municipal&#8230;.<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">EL PROGRESO 27\/5\/2001  \u201csementeira homenajear\u00e1 en viveiro a hern\u00e1n naval, que fue su presidente nueve a\u00f1os\u201d.<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">&#8230;.\u201cAdiant\u00e1ndose aos tempos puso en marcha unha escola pioneira en Galiza, unha Banda Sinf\u00f3nica Municipal que marcar\u00eda un fito no mundo das bandas populares; espertou en todos n\u00f3s, e especialmente na nosa mocidade, unhas inquedanzas musicais, e culturais en xeral, que encher\u00edan de ilusi\u00f3n, sentido e vigor a actividade cultural de Ribadeo, de toda a Mari\u00f1a e m\u00e1is al\u00e1 da nosa comarca&#8230;.<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">extracto do texto da carta que se apresentou \u00f3 concello para que a escola se convertese en \u201eescola hern\u00e1n naval\u201c 2002<\/span><\/span><\/p>\n<p>&#8212; <span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">Atenci\u00f3n: No blog hai m\u00e1is material sobre Hern\u00e1n. Por exemplo, <a href=\"http:\/\/www.blogger.com\/post-edit.g?blogID=15323181&amp;postID=113494311686049323\">aqu\u00ed<\/a> (non \u00e9 o \u00fanico sitio, nin moito menos) &#8212;<br \/>\n<\/span><\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8211; Realizada por Fernando Rodr\u00edguez e Antonio Gregorio. Imaxe dun cartel realizado por Chenchu (a\u00ednda non lle dixen nada&#8230; agora paso a eso) Biograf\u00eda de Hern\u00e1n Fernando Naval Parapar Naceu en Viveiro e foi feliz en Ribadeo. Ese poder\u00eda ser un resume minimalista da s\u00faa vida. Pero non podemos cinguirnos a un breve comentario que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[51],"class_list":["post-10899","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-hernan-naval"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10899","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10899"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10899\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10899"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10899"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10899"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}