{"id":10883,"date":"2005-12-30T11:25:00","date_gmt":"2005-12-30T10:25:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:18:45","modified_gmt":"2024-11-12T15:18:45","slug":"en-apoio-de-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2005\/12\/30\/en-apoio-de-ribadeo\/","title":{"rendered":"En apoio de Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>Esperei varios d\u00edas, pero parece que a nova vai lenta. Coido que a oposici\u00f3n parece que frontal do alcalde \u00f3 posto de control para a entrada de Mirasol est\u00e1 nun certo punto morto. Como quedou dito xa dende a nosa (mi\u00f1a e de moitam\u00e1is xente, a parte do Tes\u00f3n e a Plataforma) oposici\u00f3n \u00f3 recheo xa consumado en Mirasol, o Concello ten armas para parar o tema. Non vexo que o est\u00e9 facendo, pero polo menos esta vez sa\u00edu del a oposici\u00f3n, e non se lle presionou para que o fixera. As raz\u00f3ns que esgrime, utilitarias, coido que non van moi al\u00f3: son as t\u00edpicas raz\u00f3ns comerciais que sair\u00e1n adiante por alg\u00fan tipo de presi\u00f3n, pero non por xustiza. Nembargantes, non esquec\u00edn a\u00ednda como argumento a raz\u00f3n que coido que \u00e9 principal: os dereitos do pobo a un espaco que \u00e9 seu e que se lle quere comer. Son m\u00e1is ou menos as mesmas raz\u00f3ns que se argumentaron no caso dos recheos, ou no caso do parque que se quere reformar (parece que Patrimonio polo momento os ten firmes), ou noutros casos inmateriais como a representatividade dos portavoces veci\u00f1ais e a palabra nos plenos, &#8230; coido que isto merece un artigo m\u00e1is amplio que tam\u00e9n saia na prensa escrita. Voltarei sobre este e outros temas.<br \/>\n&nbsp;<\/p>\n<p>Un artigo sobre <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Hern%C3%A1n%20Naval\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Hern\u00e1n Naval<\/a> [ver lista total na serie de artigos posteados co t\u00edtulo xen\u00e9rico de Hern\u00e1n (Hern\u00e1n Naval), escritos e prensa, o 17\/18 de decembro].<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<table border=\"1\" bordercolor=\"#000000\" cellpadding=\"2\" cellspacing=\"0\" style=\"width: 642px;\">\n<colgroup>\n<col width=\"124\"><\/col>\n<col width=\"509\"><\/col>\n<\/colgroup>\n<tbody>\n<tr valign=\"top\">\n<td width=\"124\">Data: &#8211;\/10\/02<\/td>\n<td width=\"509\">Fonte: Web \u201eA Nosa terra\u201c<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"636\">T\u00edtulo: Seitarismo ou sensibilidade<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"636\">Autor: Xos\u00e9 M. Sarille<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"636\">Descrici\u00f3n: Entre Hern\u00e1n e Ucha, un arquitecto    ferrol\u00e1n. Unha comparaci\u00f3n por mor da instituci\u00f3n    dun premio.<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"636\">Comentarios: a d\u00eda de hoxe, en procura de autorizaci\u00f3n para o posteado. Chamada \u00e1 Nosa Terra e espero entrar en contacto co autor. En caso contrario, en breve ser\u00e1 retirado.<br \/>\n30\/12\/05: autor contactado e permiso concedido.<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p lang=\"\"><span style=\"font-family: &quot;times new roman&quot; , serif;\"><span style=\"font-size: 130%;\"><em>Seitarismo ou sensibilidade<\/em><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"\"><span style=\"font-family: &quot;times new roman&quot; , serif;\"><span style=\"font-size: 100%;\"><strong>XOS\u00c9 M. SARILLE<\/strong><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"\"><span style=\"font-family: &quot;times new roman&quot; , serif;\"><span style=\"font-size: 100%;\"><strong>H<\/strong>ern\u00e1n Naval foi un m\u00fasico que dirixiu a banda de Ribadeo. F\u00edxoo dunha maneira diferente. Evitaba levar os seus disc\u00edpulos detr\u00e1s das autoridades de turno, para esmolaren un subs\u00eddio da deputaci\u00f3n, por exemplo. Conceb\u00eda \u00e1 banda como unha escola; vista desde o pa\u00eds e sen copias do localismo espa\u00f1ol da pandeireta, que \u00e9 no que caen case todas.<\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"\"><span style=\"font-family: &quot;times new roman&quot; , serif;\"><span style=\"font-size: 100%;\">Organizou unha banda compacta, nova, con cen instrumentistas. Cando morreu, hai moi poucos anos, os alumnos tiveron que separar as tubas e pousar os viol\u00edns para chorar. Hern\u00e1n deixou unha pegada fort\u00edsima na cidade da Mari\u00f1a, mais era nacionalista e este defecto, este pecado ideol\u00f3xico, obriga a que o goberno ribadense, do Partido Popular, esqueza a s\u00faa importancia, permaneza en silencio e non mova un dedo para lembrar a s\u00faa obra, que d\u00eda a d\u00eda vai esmorecendo. Esg\u00f3tase como en todas partes cando se van os grandes: un pouco por falta de paix\u00f3n e un pouco porque non se sabe so\u00f1ar m\u00e1is.<\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"\"><span style=\"font-family: &quot;times new roman&quot; , serif;\"><span style=\"font-size: 100%;\">A Rodolfo Ucha p\u00e1salle e o contrario que a Hern\u00e1n Naval. O arquitecto ferrol\u00e1n tivo sorte. Construiu nos anos da Segunda Rep\u00fablica e despois mostrouse conforme co r\u00e9xime franquista. Mais como foi un grande modernista, o grupo municipal do BNG, cando era oposici\u00f3n, quixo que se criase o Premio Rodolfo Ucha de Urbanismo.<\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"\"><span style=\"font-family: &quot;times new roman&quot; , serif;\"><span style=\"font-size: 100%;\">A idea foi rexeitada, vaia vostede a saber por que, se non \u00e9 por puro seitarismo contra quen fai a proposici\u00f3n. Porque Ucha se vivise hoxe, seguramente simpatizase co Partido Popular. Os rexidores nacionalistas instituiron o premio neste mandato. Un concurso que \u00e9 bianual e rende homenaxe ao artista.<\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"\"><span style=\"font-family: &quot;times new roman&quot; , serif;\"><span style=\"font-size: 100%;\">Un bota de menos unha rota polos edificios de Ucha. Que se poida co\u00f1ecer a s\u00faa obra mentres se visita o Bairro da Magdalena. Facer democracia, ser pluralista, \u00e9 reco\u00f1ecer a val\u00eda das persoas para al\u00e9n da s\u00faa ideolox\u00eda. Facer o esforzo de incorporar \u00e1 colectividade as contribuci\u00f3ns que axudan ao ben de todos. A negaci\u00f3n desas obras desemboca no raquitismo social, no fastidio e na pobreza de esp\u00edrito. E un gosta de saber que en Ferrol se fan as cousas ben, sen prexu\u00edzos nen patufismos. A Hern\u00e1n Naval xa o reco\u00f1ecer\u00e1n os seus alumnos. Ademais sempre ser\u00e1 m\u00e1is f\u00e1cil apreixar unha galer\u00eda que un vals. A maior beleza do mundo p\u00e9rdese irremediabelmenteno vento..<\/span><\/span><\/p>\n<p>Ligaz\u00f3ns \u00f3 listado de entradas sobre Hern\u00e1n (ata o momento):<br \/>\n&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2005\/12\/hernn-hernn-naval-escritos-e-prensa.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Hern\u00e1n Naval, escritos e prensa VII<\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2005\/12\/hernn-hernn-naval-escritos-e-prensa-vi.html\">Hern\u00e1n Naval, escritos e prensa VI<\/a><br \/>\n&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2005\/12\/hernn-hernn-naval-escritos-e-prensa-v.html\">Hern\u00e1n Naval, escritos e prensa V<\/a><br \/>\n&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2005\/12\/hernn-hernn-naval-escritos-e-prensa-iv.html\">Hern\u00e1n Naval, escritos e prensa IV<\/a><br \/>\n&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2005\/12\/hernn-hernn-naval-escritos-e-prensa_18.html\">Hern\u00e1n Naval, escritos e prensa III<\/a><br \/>\n&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2005\/12\/hernn-hernn-naval-escritos-e-prensa-ii.html\">Hern\u00e1n Naval, escritos e prensa II<\/a><br \/>\n&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2005\/12\/escritos-e-prensa-de-hernn-hernn.html\">Hern\u00e1n Naval, escritos e prensa I<\/a><\/p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Esperei varios d\u00edas, pero parece que a nova vai lenta. Coido que a oposici\u00f3n parece que frontal do alcalde \u00f3 posto de control para a entrada de Mirasol est\u00e1 nun certo punto morto. Como quedou dito xa dende a nosa (mi\u00f1a e de moitam\u00e1is xente, a parte do Tes\u00f3n e a Plataforma) oposici\u00f3n \u00f3 recheo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[51,9],"class_list":["post-10883","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-hernan-naval","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10883","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10883"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10883\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10883"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10883"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10883"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}