{"id":10872,"date":"2006-01-07T11:50:00","date_gmt":"2006-01-07T10:50:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:18:18","modified_gmt":"2024-11-12T15:18:18","slug":"despois-de-reis-raias","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/01\/07\/despois-de-reis-raias\/","title":{"rendered":"Despois de reis&#8230; rai\u00f1as?"},"content":{"rendered":"<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/pintada.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/pintada.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\nCoa igualdade que se di de sexos (para min, de persoas), polo da cuota sexual (verdade que soa mal?) tocar\u00eda o d\u00eda das rai\u00f1as. Como coido que \u00e9 unha tonter\u00eda plantexalo as\u00ed, a ver que parece outro plantexamento: dende comezos de ano xa morreron varias mulleres por agresi\u00f3n de parella&#8230; Coido qu hai alg\u00fans que son animais, pero non racionais, e menos a\u00ednda, con sentimentos doces cara \u00e1 s\u00faa perella. e se algunha vez os te\u00f1en, haber\u00eda que preguntarse que clase de comedia \u00e9 esa.<br \/>\nD\u00edas atr\u00e1s comentei unha pintada. Velaqu\u00ed est\u00e1, na entrada da r\u00faa Calvo Sotelo, \u00e1 vista da peatonal (Rodr\u00edguez Murias) e na parede dun banco. Non vou disculpar ou defender a pintada, nin o car\u00e1cter anarquista de quen a fixo (a\u00ed est\u00e1 a A nun c\u00edrculo para atestiguar algo deso), sen\u00f3n seguir un pouco m\u00e1is o de &#8216;o roubo \u00e9 unha propiedade&#8217;. Xa al\u00f3 por \u00e9pocas antiguas ti\u00f1amos cousas como os feitos de Robin dos bosques, quit\u00e1ndollo \u00f3s ricos para darllo \u00f3s probes (contan as cr\u00f3nicas\/lenda), basenado o concepto de roubo nun rasvase de riqueza de base a propiedade de cartos. Coido que hai algo de semellanza entre a sentencia do muro e a que eu propuxen o otro d\u00eda, se ben a mi\u00f1a pode interpretarse tam\u00e9n de outros xeitos, como propiedade atribu\u00edble a determinadas persoas, por exemplo. Pero non desbarremos. Po\u00f1er roubo e propiedade en p\u00e9 de igualdade pode levarnos m\u00e1is al\u00f3, xa que se as naci\u00f3ns colonialistas desposu\u00edron \u00f3s colonizados longo tempo (=roubo), as riquezas destes deberan ser tam\u00e7en, alomenos, daqueles. e calquera riqueza ter\u00eda unha base de roubo, de explotaci\u00f3n ou substraci\u00f3n, no sentido marxista. Vai anos que se intenta dicir que na actualidade a riqueza non ten que ver coa producci\u00f3n, pois o funcionamento financeiro elude eses pasos &#8216;m\u00e1is rastreros e complicados&#8217;. Porque os cartos te\u00f1en pasado a ser un producto m\u00e1is, pero m\u00e1is &#8216;limpo&#8217;e productivo, t\u00e9\u00f1ense apartado da realidade e funcionan de xeito independente, coa m\u00e1xima de di\u00f1eiro chama di\u00f1eiro. Mentras, se algu\u00e9n non ten cartos en abundancia, non se entera do proceso m\u00e1is que para constatar a erosi\u00f3n das s\u00faas propias propiedades, literalmente roubadas polo &#8216;sistema financieiro&#8217;. Coido que por hoxe \u00e9 abondo de reflexi\u00f3n, despois dunha \u00e9poca consumista como a do Nadal, e pode levar a un batiburrillo do que non sexa doado sa\u00edr. Por eso, sinxelamente, apro aqui.<br \/>\n&#8230; Para levarme a sorpres ade que antonte houbo unha agresi\u00f3n: uns rapaces (polo que parece, alg\u00fan maior de idade) estaban a xogar no Cant\u00f3n cunha pelota que foi a parar a un coche enfrente. O conductor protestou e a cosua acabou en agresi\u00f3n&#8230; tentarei de enterarme dos detalles, porque tal parece unha desas cousas que sempre ocorren nunha cidade m\u00e1is ben lonxe e deshumanizada (si, o contrario da humanizaci\u00f3n que se pregoa dende o concello)<br \/>\n&#8212;<br \/>\nDe <a href=\"http:\/\/hernannaval.com\/\">Hern\u00e1n Naval, espera de ser colgado no sitio web de Hern\u00e1n<\/a>:<\/p>\n<table border cellpadding =2 cellspacing=\"0\" width=\"642\" style=\"color:#000000;\">\n<col width=\"124\">\n<col width=\"508\">\n<tbody>\n<tr valign=\"top\">\n<td width=\"124\">\n<p><span style=\"font-size:85%;\">Data: 4\/9\/98<\/span><\/p>\n<\/td>\n<td width=\"508\">\n<p><span style=\"font-size:85%;\">Fonte: La Voz de Galicia<\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"636\">\n<p><span style=\"font-size:85%;\">T\u00edtulo: DIAL\u00c9CTICA VERSUS POPULISMO<\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"636\">\n<p><span style=\"font-size:85%;\">Autor: HERN\u00c1N NAVAL PARAPAR<\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"636\">\n<p><span style=\"font-size:85%;\">Descrici\u00f3n: Un punto clave neste artigo \u00e9    a importancia dunha ampla e correcta educaci\u00f3n musical.<\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"636\">\n<p><span style=\"font-size:85%;\">Comentarios:<br \/>\n<\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p align=\"center\"><span style=\"font-size:130%;\"><u><strong>DIAL\u00c9CTICA VERSUS POPULISMO<\/strong><\/u><\/span><\/p>\n<p align=\"right\"><u><strong>Hern\u00e1n Naval<\/strong><\/u><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\"> Na densa e socialmente anal\u00edtica biograf\u00eda que do compositor alem\u00e1n Hans Eisler ten escrito Albrecht Betz (Hans Eisler. M\u00fasica dun tempo que se est\u00e1 a facer agora mesmo. Ed Tecnos. Madrid, 1994) o autor di que \u201ca realidade foi para Eisler, no seu m\u00e1is amplo sentido, a realidade pol\u00edtica\u201d. E para n\u00f3s, que profesamos a paix\u00f3n polo autor de <em>Catorce xeitos de descreber a ch\u00favia.<\/em><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\"> Cando hai seis anos andabamos a intensificar ensaios e atender a cuesti\u00f3ns organizativas para apresentar ao p\u00fablico a Banda de Ribadeo (m\u00e1is logo, Banda Municipal de Ribadeo) debuxamos un horizonte di\u00e1fano: iriamos co tempo, coa realidade daquela e de hoxe, asumindo e concebendo dial\u00e9cticamente, un ide\u00e1rio.<\/span><\/p>\n<p align=\"center\"><span style=\"font-size:85%;\"><strong>Un ide\u00e1rio<\/strong><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\">En rematando o s\u00e9culo unha banda amateur de nenos e x\u00f3venes non se ha guiar, como cerne esquem\u00e1tico do seu facer p\u00fablico, por unha esp\u00e9cie de xornada laboral \u2013que ten implicado explotaci\u00f3n de menores- que comeza coas dianas e alboradas por b\u00e1rrios e congostras, a domic\u00edlio, mesmo clientelares; as bembas do Trompeta, como as de Armstrong, cando chega a hora da procesi\u00f3n longa ou curta, pr\u00e9via <em>Marcha Real<\/em> ao alzar, para de inmediato tocar a <em>sesi\u00f3n vermouth<\/em>, antes <em>pezas da misa<\/em>, e se a xente fala e do tiovivo ou do tinglado dos carros el\u00e9ctricos ven boureo ou mesmo ladridos de pop polo aparello megaf\u00f3nico, mellor as\u00ed na p\u00edfia do <em>Sitio de Zaragoza<\/em> ou da <em>Leyenda<\/em>&#8230;non repara ningu\u00e9n m\u00e1is que o irredut\u00edbel. \u00c1 tarde, f\u00fatbol, volta ao terreo de xogo no descanso, antes doutro concerto que, xa postos, deber\u00e1 chamarse <em>sesi\u00f3n vi\u00f1os<\/em>; e no sul, verbena&#8230;1998, agardando o embarque para o s\u00e9cula XXI: en Galiza a\u00ednda hai Bandas, mesmo boas, que pratican cada ver\u00e1n este atavismo. Ser\u00e1 antropol\u00f3xicamente interesante, pero culturalmente \u00e9, como m\u00ednimo, anodino, e moitas veces perxudicial para a instrucci\u00f3n musical dos protagonistas.<\/span><\/p>\n<p align=\"center\"><span style=\"font-size:85%;\"><strong>A educaci\u00f3n<\/strong><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\">E velaqu\u00ed: a educaci\u00f3n. Un proxecto funisecular de Banda amater \u00e9 educativo ou non \u00e9 nada. A criaci\u00f3n e posta en funcionamento a finais de 1993 da Escola Municipal de M\u00fasica de Ribadeo, p\u00fablica, hoxe con douscentos alunos, \u00e9 l\u00f3xica consecuencia do conceito co que ano e m\u00e9dio antes se apresentara a Banda, a\u00ednda que semelle incoerente que primeiro houbese banda e logo se fixese a Escola. A Banda foi unha iniciativa civil afortunada pero limitada; a s\u00faa conceitualizaci\u00f3n como moderna Banda de concertos correspondeulle a quen asina esta nota, <em>ergo<\/em>, hab\u00eda que montar a Escola. Como garant\u00eda de futuro para a Banda. Para que a Banda medrase evolutivamente at\u00e9 se converter en Banda Sinf\u00f3nica. Para que Ribadeo ofrecese a nenos, x\u00f3venes e adultos a posibilidade de obter unha formaci\u00f3n musical pr\u00e1tica, mesmo al\u00e9n da Banda (na Escola imp\u00e1rtense todas as especialidades instrumentais, inclu\u00eddas todas as de corda frotada; \u00e1 Banda \u2013Sinf\u00f3nica- te\u00f1ense incorporado violoncellos e contrabaixos). En 1993 governaba en Ribadeo o BNG.<\/span><\/p>\n<p align=\"center\"><span style=\"font-size:85%;\"><strong>Un alto custe<\/strong><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\"> Este abrazo de modernidade e da educacion trouxo custes, mesmo persoais. Bater con quen queria que no canto de d\u00faas procesi\u00f3ns anuais de inelud\u00edbel compromiso toc\u00e1semos sete, con quen leva a conta do n\u00famero de paso-dobres que tocamos, con quen nos quer\u00eda ver de cote no est\u00e1dio&#8230;Como Eisler, houbemos combater, e combatemos, o <em>\u201cprofesionalismo provinciano\u201d<\/em>, non s\u00f3 por raz\u00f3ns de gosto, sen\u00f3n porque o optimismo doctrinal imediato non chega \u00e1s cuesti\u00f3ns b\u00e1sicas e as m\u00e1is das veces produce s\u00f3 aborrimento\u201d (Betz).<\/span><\/p>\n<p align=\"center\"><span style=\"font-size:85%;\"><strong>Pouca zarzuela<\/strong><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\"> Convencidos do conceito, insistimos, e ao cabo logramos facer produtivas as contradici\u00f3ns sociais coas que topamos, o que \u00e9 condici\u00f3n pr\u00e9via da arte dial\u00e9ctica. Oitenta m\u00fasicos como sinal democr\u00e1tico de participaci\u00f3n, de concitaci\u00f3n social. Moito Shostakovich, que lle vai moito \u00e1 Banda, e pouca zarzuela espa\u00f1ola; <em>moita nova m\u00fasica para Banda<\/em>, e apenas neng\u00fan refrito folclorista con s\u00f3 de fliscorno. Obxectar calquer cen\u00e1rio. Esixir sil\u00e9ncio cando tocamos.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\"> Oll\u00e1monos con humildade, m\u00e1is con satisfaci\u00f3n, no CD que gravamos hai un ano. Teria sido moito m\u00e1is f\u00e1cil seguer o cami\u00f1o populista, ou mesmo tirar polo cami\u00f1o do m\u00e9dio, instalados no ensino est\u00e9ril e no aborrido provincialismo. Pero como Eisler, capaz de descreber musicalmente o xeito de chover at\u00e9 de catorce maneiras distintas, estamos convencidos de que \u201ctratar a un p\u00fablico novo como ao vello significa facelo xordo \u00e1 arte nova\u201d.<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Coa igualdade que se di de sexos (para min, de persoas), polo da cuota sexual (verdade que soa mal?) tocar\u00eda o d\u00eda das rai\u00f1as. Como coido que \u00e9 unha tonter\u00eda plantexalo as\u00ed, a ver que parece outro plantexamento: dende comezos de ano xa morreron varias mulleres por agresi\u00f3n de parella&#8230; Coido qu hai alg\u00fans que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[51],"class_list":["post-10872","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-hernan-naval"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10872","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10872"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10872\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10872"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10872"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10872"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}