{"id":10871,"date":"2006-01-08T21:15:00","date_gmt":"2006-01-08T20:15:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:18:17","modified_gmt":"2024-11-12T15:18:17","slug":"nova-do-hoxe","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/01\/08\/nova-do-hoxe\/","title":{"rendered":"A nova do hoxe"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/3.jpg\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/3.jpg\" \/><\/a>Que producen tres d\u00edas seguidos festivos ou semi? que o xornal traia como m\u00e1ximo expo\u00f1ente da actualidade hoxe en Ribadeo a procura do ganador do soldo de premio de ACISA. Coido que non \u00e9 moito. \u00danome \u00e1 tendencia traendo tres fotos que poden parecer insulsas, pero que coido que van direitas a retraer \u00e1 memoria a un vello Ribadeo que xa non existe. Te\u00f1o m\u00e1is sacada conxuntamente con esas, pero con tres chega, alomenos polo momento. A substracci\u00f3n de r\u00eda para o comercio que fai a lonxa m\u00e1i so edificio &#8216;decorado&#8217; pode que apra lembrar m\u00e1is a\u00ednda o que se perdeu non contrastan en absoluto coa nave industrial na outra beira do recheo ou a perspectiva de recheo como base de vista tur\u00edstica da outra foto. E, como base, os aparcamentos, alg\u00fan m\u00e1is de 50 dos catrocentros previstos. Un preg\u00fantase, dentro dunha duc\u00eda de anos, o novo recheo que suprimiu 100m de peirao para os barcos, ter\u00e1 un aspecto semellante? \u00d3nde se vai ir botando a nova area que se saque da r\u00eda, despois de encher (para aforrar custes, botar achegado) a praia en Burela, Os Bloques, o (xa vello) recheo e o novo, rec\u00e9n feiti\u00f1o? Porque a\u00ednda que non dispo\u00f1\u00eda de c\u00e1mara no momento, a situaci\u00f3n de marea estes d\u00edas di claramente que o dragado efectuado xa non se nota moito, e os tes\u00f3ns est\u00e1n tan crecidos como antes de facelo, inclu\u00eddo o m\u00e1is afectado, fronte \u00f3 mesmo Mirasol. Abondan os comentarios despois de ver as fotos.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/2.jpg\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/2.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/1.jpg\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/1.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>De <a href=\"http:\/\/hernannaval.com\/\">Hern\u00e1n Naval, espera de ser colgado no sitio web de Hern\u00e1n<\/a>:<\/p>\n<table border=\"1\" bordercolor=\"#000000\" cellpadding=\"2\" cellspacing=\"0\" style=\"width: 642px;\">\n<colgroup>\n<col width=\"124\"><\/col>\n<col width=\"508\"><\/col>\n<\/colgroup>\n<tbody>\n<tr valign=\"top\">\n<td width=\"124\">Data: 23\/10\/1993<\/td>\n<td width=\"508\">Fonte: La Comarca del Eo<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"636\">T\u00edtulo: De interese para afeizoados<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"636\">Autor: Hern\u00e1n Naval Parapar<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"636\">\n<p align=\"justify\">Descrici\u00f3n: Este artigo daba  conta de    todo o proceso de creaci\u00f3n dun centro pioneiro que no seu    momento foi moi criticado dende alguns sectores. De feito, a    escola estrela educativa do concello e o seu director ser\u00edan    desprezados sucesivamente pola oposici\u00f3n naquel intre e    logo no governo.<\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"636\">Comentarios: comentario<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p align=\"center\" lang=\"es-ES\"><span style=\"color: black;\"><span style=\"font-family: &quot;times new roman&quot; , serif;\"><span style=\"font-size: 130%;\"><u>De interese para afeizoados, estudantes e&#8230; pol\u00edticos<\/u><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"center\" lang=\"es-ES\"><span style=\"color: black;\"><span style=\"font-family: &quot;times new roman&quot; , serif;\"><span style=\"font-size: 130%; font-size: 16pt;\"><u><strong>SOBRE A ESCOLA MUNICIPAL DE M\u00daSICA<\/strong><\/u><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"right\" lang=\"es-ES\"><span style=\"color: black;\"><span style=\"font-family: &quot;times new roman&quot; , serif;\"><span style=\"font-size: 130%; font-size: 16pt;\"><u>Hern\u00e1n Naval<\/u><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"color: black;\"><span style=\"font-family: &quot;times new roman&quot; , serif;\"><span style=\"font-size: 100%;\">O comezo do calendario de aplicaci\u00f3n da Lei Org\u00e1nica de Ordenaci\u00f3n Xeral do Sistema Educativo (LOXSE) nos Conservatorios de M\u00fasica o pasado curso acad\u00e9mico, suscitou en diversos sectores a normal inquedanza perante calquer reforma educativa ou pol\u00edtica. Menos normal, menos xustific\u00e1bel, foi o rexeitamento sen an\u00e1lise de moitos profisionais do ensino da m\u00fasica. Tantos, que alg\u00fans Conservatorios simplemente non aplicaron o calendario de substituci\u00f3n do plano de estudos de 1966 (ben vello, \u00bfnon si?) e segueron a impartir e realizar exames oficiais e libres de asignaturas que ti\u00f1an ficado eliminadas ou substituidas. Incurriron, xa que logo, en ilegalidade, e as administraci\u00f3ns educativas central e auton\u00f3mica, no canto de sancionar aos centros infractores, enmendaron a pr\u00f3pria lei para que neste curso que comeza, tais centros, \u00e1 vista da normalidade acad\u00e9mica habida nos conservatorios vici\u00f1os, aplicasen a LOXSE sen prexu\u00edcios negativos. Ent\u00e9ndese, por m\u00e1is que non se comparte, a oposici\u00f3n dalguns centros e dalguns profisionais do ensino privado da m\u00fasica ao novo plano educativo, toda vez que \u00e9ste obriga a unha auto-reciclaxe profisional eminentemente pedag\u00f3xica, que ao cabo revertir\u00e1 m\u00e1is na  formaci\u00f3n musical de nenos e mozos que nas rentas de cada un. Recuperada a paz musical educativa, e agora que en Ribadeo se abre unha Escola Municipal de M\u00fasica ao abeiro da nova lexislaci\u00f3n, decullaremos algo d\u00e9sta, brevemente, nas li\u00f1as que seguen, ao tempo que significaremos alguns aspectos administrativos e acad\u00e9micos da Escola, xa que hai quen califica de inserci\u00f3n publicitaria eleitoral o anuncio do prazo de matr\u00edcula oficial no centro&#8230;<\/span><\/span><\/span> <\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"es-ES\"><span style=\"color: black;\"><span style=\"font-family: &quot;times new roman&quot; , serif;\"><span style=\"font-size: 100%;\">O Pleno do Concello de Ribadeo aprobou por unanimidade, en xaneiro de 1992, a criaci\u00f3n dun Conservatorio de M\u00fasica en Ribadeo; inmediatamente, solicitouse a autorizaci\u00f3n de apertura \u00e1 Consellaria de educaci\u00f3n. Tiven a honra de coordenar, meses despois, a elaboraci\u00f3n dun necesariamente minucioso expedente, seguindo tard\u00edas instruci\u00f3ns da Conseller\u00eda. Mais o in\u00edcio de aplicaci\u00f3n da LOXSE nos Conservatorios o curso pasado, como se apontou enriba, fixo que o Consello da Xunta conxelase a apertura de novos centros. Daquela estaban solicitados, adem\u00e1is do de Ribadeo, a\u00ednda que con expedientes elaborados con menos ponderaci\u00f3n que o de aqu\u00ed, os de Padr\u00f3n e Ribeira. Que Ribadeo cumpr\u00eda superiores condici\u00f3ns infraestruturais para a apertura do seu Conservatorio non o dicimos n\u00f3s, senon os responsabeis t\u00e9cnicos da Consellaria; con todo, non se autorizou a apertura de nengun, p\u00e9sie ao sigue antip\u00f3cico dos governos municipais das outras vilas citadas.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"es-ES\"><span style=\"color: black;\"><span style=\"font-family: &quot;times new roman&quot; , serif;\"><span style=\"font-size: 100%;\">Aspeito crucial da filosof\u00eda da LOXSE en materia musical \u00e9 a segregaci\u00f3n f\u00edsica dos \u00e1mbitos de estudo dos graos elemental e medio ou profisional. Querse que paulatinamente os Conservatorios asuman funcions exclusivas de formaci\u00f3n de profisionais do ensino, da criaci\u00f3n ou da interpretaci\u00f3n p\u00fablica. Isto \u00e9, os actuais Conservatorios de grao elemental asumen unhas leoninas condici\u00f3ns de profesorado, locais e equipamento (seis especialidades instrumentais diferenciadas que permitan a posta en marcha duna orquestra de c\u00e1mara, s\u00e1 de concertos pr\u00f3pria, etc.) para pasaren a ser de grao m\u00e9dio-profisional, ou se reconvirten en Escolas como a que aqu\u00ed se cria de principio baixo tutela municipal. A funci\u00f3n destas Escolas \u00e9 meridiana: fomentar a afeiz\u00f3n desde a pr\u00f3pria pr\u00e1tica musical e preparar aos alunos m\u00e1is dotados e vocacionais para o acceso aos estudos profisionais: en calquer caso, mediante exame de ingreso nun Conservatorio de grao m\u00e9dio. Transitoriamente os Conservatorios, mesmo os de grao m\u00e9dio, deber impartir os ciclos elementais da LOXSE musical, nos que desaparecen as convocatorias de setembro e as de exames libres.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"es-ES\"><span style=\"color: black;\"><span style=\"font-family: &quot;times new roman&quot; , serif;\"><span style=\"font-size: 100%;\">Na Galiza, a regulaci\u00f3n das condici\u00f3ns de criaci\u00f3n e funcionamento das Escolas de M\u00fasica rec\u00f3llese na Orde da Consellaria de Educaci\u00f3n e Ordenaci\u00f3n Universitaria do 11 de marzo de 1993, publicada no Diario Oficial de Galiza o 22 de Abril. Convidamos a quen cultive reticencias pol\u00edticas a consultar os papeis polo miudo. A orde sinal desde os obxectivos docentes ds \u00c9scolas at\u00e9 os tr\u00e1mites precisos para que un Concello, ou unha entidade privada, obre\u00f1a a autorizaci\u00f3n de apertura e a inscripci\u00f3n no Rexistro de Escolas de M\u00fasica e Danza da Comunidade Aut\u00f3noma de Galiza. As Escolas autorizadas fican sometidas \u00e1 Inspecci\u00f3n da Consellaria de Educaci\u00f3n.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"es-ES\"><span style=\"color: black;\"><span style=\"font-family: &quot;times new roman&quot; , serif;\"><span style=\"font-size: 100%;\">Tam\u00e9n recolle a Orde unha s\u00e9rie de orientaci\u00f3ns metodol\u00f3xicas a seguer, no organizativo e no docente, nas Escolas de novo tipo, como \u00e9sta que nasce agora en Ribadeo da man do Concello. Reit\u00e9rase nestas orientaci\u00f3ns a funci\u00f3n de preparaci\u00f3n de profisionais futuros. Inciden ao detalle na necesidade do ensino da pr\u00e1tica instrumental e vocal de conxunto, algo absolutamente descuidado, no n\u00edvel elemental no plano de estudos de 1966 . Aconsellan a implantaci\u00f3n, de haber matr\u00edcula suficiente, da clase de M\u00fasica e movimento para nenos e nenas entre os catro e os oito anos, asi como a atenci\u00f3n a nenos con necesidades especiais.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"es-ES\"><span style=\"color: black;\"><span style=\"font-family: &quot;times new roman&quot; , serif;\"><span style=\"font-size: 100%;\">As novas Escolas de M\u00fasica, fronte aos Conservatorios elementais tradicionais, gozan legalmente duna s\u00e9rie de vantaxes engadidas: non se estabelece l\u00edmite de idade para a inscripci\u00f3n; o precio da matr\u00edcula, ao non constituir tasa p\u00fablica estabelecida pola Conseller\u00eda de Educaci\u00f3n, ser\u00e1 sempre, con toda probabilidade, ostensiblemente inferior ao dos Conservatorios: ser\u00e1 moi inferior en todo caso, na Escola Municipal de M\u00fasica de Ribadeo.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"es-ES\"><span style=\"color: black;\"><span style=\"font-family: &quot;times new roman&quot; , serif;\"><span style=\"font-size: 100%;\">O plano de estudos de 1966 conleva a obtenci\u00f3n dun Diploma Elemental nas distintas especialidades instrumentais ao concluir os estudos de grao elemental de respectivo instrumento (catro cursos nos casos do Piano e do Violino, tres no dos intrumentos de vento) m\u00e1is o 4\u00ba curso de Solfexo e o 1\u00ba de conxunto coral. Ese Diploma expedido polo Ministerio de Educaci\u00f3n, non faculta para o exerc\u00edcio da profisi\u00f3n musical en nengunha faceta, nen na docente nen na concert\u00edstica; \u00e9 s\u00f3 un reco\u00f1ecimento formal da realizaci\u00f3n dos primeiros estudos de m\u00fasica. Na LOXSE desaparece. A citada Orde da Consellaria faculta \u00e1s novas Escolas de m\u00fasica para expedir as pr\u00f3prias credenciais de estudos realizados, os pr\u00f3prios \u201cdiplomas\u201d aos alunos que concluan o plano de estudos do centro. Nen os diplomas de antes nen os que agora se permite expedir son un t\u00edtulo; s\u00f3 son un reco\u00f1ecimento formal en papel. Non hai diferencia substancial algunha. Os alunos que por especial vocaci\u00f3n ou adicaci\u00f3n querian acceder a estudos profisionais, haber\u00e1n facelo mediante exame de ingreso un Conservatorio Medio ou Superior. Para iso ter\u00e1n de prepararse en Escolas como a de Ribadeo, na que, polo dem\u00e1is, o profesorado ser\u00e1 titulado e a infraestrutura de locais e equipamento plenamente satisfactoria.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"es-ES\"><span style=\"color: black;\"><span style=\"font-family: &quot;times new roman&quot; , serif;\"><span style=\"font-size: 100%;\">A oferta \u00e9 variada: Piano, Violino, Violoncello, instrumentos de vento, Linguaxe musical, Coro, Harmonia&#8230;.A matr\u00edcula , ben barata. Nada obsta para que estudantes de m\u00fasica que te\u00f1an comezado os seus estudos seguindo o plano de 1966 receban nesta Escola de novo tipo as ensinanzas precisas para concorrir a exames libres de Conservatorios tradicionais.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"es-ES\"><span style=\"color: black;\"><span style=\"font-family: &quot;times new roman&quot; , serif;\"><span style=\"font-size: 100%;\">Para concluir este xa demasiado longo excurso, desexo manisfestar con certa contundencia a mi\u00f1a filiaci\u00f3n cr\u00edtica e construtiva \u00e1 filosof\u00eda da LOXSE en materia musical, expresada desde o comezo do proceso: non \u00e9 o meu un arrimo oportunista a destempo. Durante anos, os profisionais da m\u00fasica deste pa\u00eds reclamaban case ao un\u00edsono a reforma musical no ensino seguindo o modelo dos m\u00e1is avanzados, culturalmente, estilos de Europa. Cando ao cabo veu esta reforma \u2013con lagoas, con imperfeci\u00f3ns, pero ao fin veu- racharonse vestiduras porque se pensou que se rachaban petos. \u201cTodo pasa y todo queda\u201d, dixo Machado: que pasen desconfianzas e que fique a m\u00fasica. Estudar m\u00fasica \u00e9, desde agora, m\u00e1is f\u00e1cil, m\u00e1is divertido e, ao cabo, m\u00e1is produtivo. Tam\u00e9n en Ribadeo.<br \/>\n** Comentario:<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">Hern\u00e1n parece que est\u00e1 comezando aqu\u00ed unha loita. En realidade, \u00e9 a s\u00faa traxectoria vital a que neste momento est\u00e1 levando a cabo unha difusi\u00f3n de ideas en prol da m\u00fasica no pa\u00eds, difusi\u00f3n que neste escrito ten tres frontes definidas:<\/p>\n<ol>\n<li>\n<p align=\"justify\">A pol\u00edtica,  tratando de calar a oposici\u00f3n polas mesmas normas que dictou  o partido no governo en Galicia naquel ent\u00f3n, e oposici\u00f3n  en Ribadeo.<\/p>\n<\/li>\n<li>\n<p align=\"justify\">A pr\u00e1ctica,  trtando de enfocar os estuidos de m\u00fasica como cultura m\u00e1si  que como adicaci\u00f3n profesional, de sa\u00edda moi  restrinxida.<\/p>\n<\/li>\n<li>\n<p align=\"justify\">A de ben local, por  comparaci\u00f3n entre o que ser\u00eda a escola de m\u00fascia  municipal para Ribadeo en relaci\u00f3n a un conservatorio que  entende que aprotar\u00eda principalemnte precios m\u00e1is  altos sen unha recompensa de entidade para o pobo.<\/p>\n<\/li>\n<\/ol>\n<p align=\"justify\">Hai que remarcar que aqu\u00ed expr\u00e9sase ben \u00e1s claras a titularidade da escola e a s\u00faa promoci\u00f3n, sendo un texto do que a sinxela lectura despaixoada poderia evitar a pol\u00e9mica xurdida e o enfrontamento a que a escola leve o nome de hern\u00e1n Naval.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Que producen tres d\u00edas seguidos festivos ou semi? que o xornal traia como m\u00e1ximo expo\u00f1ente da actualidade hoxe en Ribadeo a procura do ganador do soldo de premio de ACISA. Coido que non \u00e9 moito. \u00danome \u00e1 tendencia traendo tres fotos que poden parecer insulsas, pero que coido que van direitas a retraer \u00e1 memoria [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[98,51,56,9],"class_list":["post-10871","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-acisa","tag-hernan-naval","tag-ria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10871","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10871"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10871\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10871"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10871"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10871"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}