{"id":10868,"date":"2006-01-11T17:44:00","date_gmt":"2006-01-11T16:44:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:18:11","modified_gmt":"2024-11-12T15:18:11","slug":"dende-o-descoecemento","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/01\/11\/dende-o-descoecemento\/","title":{"rendered":"Dende o desco\u00f1ecemento"},"content":{"rendered":"<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/peiraoocupado.0.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/peiraoocupado.0.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\nAdxunto hoxe un texto enviado para a s\u00faa publicaci\u00f3n (aproximadamente igual, non igual de todo, que xa lle atopei alg\u00fan erro). As d\u00faas fotos, a corta invernal no parque, coas \u00e1rbores romas e o primeiro cargamento en ocupar o novo recheo. Por certo, non se ve no PXOM&#8230;<br \/>\n<a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/cortesparque.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/cortesparque.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><\/p>\n<p>              <span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\"><\/span><\/p>\n<p><span style=\"color: rgb(0, 0, 0); font-weight: bold;\"><span style=\"font-size:100%;\">Dende o desco\u00f1ecemento.<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\"><span style=\"font-size:100%;\">&#8216;Cando era feliz e indocumentado&#8217;&#8230; frase feita para denotar un tempo sen preocupaci\u00f3ns, que leva a considerar a falta de co\u00f1ecementos como unha fonte de felicidade, nuo mesmo sentido que &#8216;ollos que non ven, coraz\u00f3n que non sinte&#8217;. Tal parece que as autoridades quixeran esmerarse nesa indocumentaci\u00f3n para proporcionar felicidade \u00e1 xente sobre a que rexen. A cousa \u00e9 que queremos (non todos, non sempre&#8230;) saber que pasa co que nos rodea, e queremos sabelo a\u00ednda a costa de complicarnos algo a vida: a liberdade \u00e9 as\u00ed.<\/span><\/span>  <\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"es-ES\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\"><span style=\"font-size:100%;\">A presentaci\u00f3n do PXOM ribadense na Xunta o pasado d\u00eda 2 de xaneiro de 2006 deixoume unha sensaci\u00f3n de rapidez inaudita en relaci\u00f3n \u00e1s actuaci\u00f3ns do concello. Ben sabido \u00e9 aquelo de que as cousas de Palacio van despacio, e outras informaci\u00f3ns relativas \u00f3 PXOM non desmerecen \u00f3 dito. <\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"es-ES\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\"><span style=\"font-size:100%;\">Case parece contradicir as mi\u00f1as palabras un artigo que vexo no semanario. Nel aparecen diversas afirmaci\u00f3ns e frases laudatorias dun ou outro xeito respeto \u00e1 rapidez e bondade do plan. Non deixo de cavilar nalgunhas das cousas que di. Para comezar, entendo que hai unha confusi\u00f3n, entre &#8216;un lugar m\u00e1is humano&#8217; e un lugar con m\u00e1is humanidade, \u00e9 dicir, con m\u00e1is xente. Humanizar non \u00e9 cambiar o aspecto de algunha r\u00faa ou circunscribir a circulaci\u00f3n rodada a certas \u00e1reas. Pode selo tam\u00e9n, pero non s\u00f3. E tampouco meter m\u00e1is xente en relativamente menos espazo significa humanizar; m\u00e1is ben todo o contrario.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"es-ES\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\"><span style=\"font-size:100%;\">Tam\u00e9n son citados &#8216;criterios de urbanismo moderno&#8217;; mentras, foron pedidos os criterios de urbanizaci\u00f3n de Ribadeo, sen resposta polo momento. Non me refiro \u00e1s leis que hai que cumprir de xeito obrigado na redacci\u00f3n dun plan, sen\u00f3n no modelo, na finalidade que se est\u00e1 a pensar cando se est\u00e1 redactar, ou se non o redacta un, as instrucci\u00f3ns que se deron para quen faiga a redacci\u00f3n e nas que se pensa para a s\u00faa aplicaci\u00f3n.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"es-ES\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\"><span style=\"font-size:100%;\">Fala como se o plan fora feito en Ribadeo por ribadenses, en troques de ser encargado fora. X\u00fantese a eso o xa dito sobre os criterios. Eng\u00e1dase a afirmaci\u00f3n de que o complicado \u00e9 facer o plan e o sinxelo \u00e9 aplicalo (nun momento no que a\u00ednda falta boa parte do cami\u00f1o ata que chegue esa fase de aplicaci\u00f3n) etc, e non estra\u00f1ar\u00e1 que diga que as cousas se est\u00e1n a a facer dun xeito inadecuado.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"es-ES\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\"><span style=\"font-size:100%;\">Seguindo, no mesmo artigo aparece o plan como un desco\u00f1ecido. Por m\u00e1goa, non \u00e9 s\u00f3 eso, sen\u00f3n que est\u00e1 baixo sospeita de filtraci\u00f3ns e segue adiante, sufre variaci\u00f3ns e non se sabe cales son &#8230; Aparecer\u00e1 recollida a reforma do parque no que se presentou? Porque na versi\u00f3n co\u00f1ecida, non. E o ascensor da Atalaia? A fonte da entrada dende A Veiga? A caseta de entrada do porto? O recheo? Cousas que, dun xeito ou outro, est\u00e1n &#8216;xa&#8217; na realidade ou pensadas, estanno sobre o papel que vai dese\u00f1ar o futuro ribadense?. Din que incl\u00fae todo o que a xente reco\u00f1ece que falta en Ribadeo: Claridade tam\u00e9n?<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"es-ES\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\"><span style=\"font-size:100%;\">Unhas palabras sobre a caseta do porto. A petici\u00f3n para que se pare o tema (que certamente hoxe mesmo est\u00e1 parado) parece depender da circulaci\u00f3n, do tr\u00e1fico, das necesidades actuais. Non dos dereitos. As\u00ed, cando se xulgue (e a ver quen vai xulgalo) que a circulaci\u00f3n vai marchando, que o tr\u00e1fico est\u00e1 un pouco m\u00e1is ama\u00f1ado, a\u00ed estar\u00e1 o impedimento para o paso \u00f3 porto. Os dereitos? non reclamados, perdidos. Esta reflexi\u00f3n, dun xeito ou outro, pode estenderse a todo o plan: o Ribadeo do futuro, depende das circunstancias mi\u00fadas ou de algo m\u00e1is profundo?<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"es-ES\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\"><span style=\"font-size:100%;\">Naturalmente haber\u00eda que falar de outras cousas; por exemplo, vai sen financiaci\u00f3n&#8230; normal, non \u00e9 unha lei con acompa\u00f1amento orzamentario. Nembargantes, o custe dos servicios derivados de ampliaci\u00f3ns ou reformas, ten que sa\u00edr de alg\u00fan sitio. \u00c9 certo, hai que falar de moitas m\u00e1is cousas que non se poden facer desaparecer \u00e1 cidadan\u00eda. Porque a\u00ednda hai dereitos.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"es-ES\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\"><span style=\"font-size:100%;\">&#8230; como remate, e relacionado co anterior, unha cita sobre socioeconom\u00eda: &#8216;Os recursos naturais como o petr\u00f3leo, gas, diamantes e outros minerais preciosos fomentan a corrupci\u00f3n, porque os gobernos poden vivir a costa dos beneficios obtidos coa exportaci\u00f3n sen ter que pactar coas s\u00faas propias sociedades.&#8217; Poder\u00eda pasar algo semellante co urbanismo?<\/span><\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Adxunto hoxe un texto enviado para a s\u00faa publicaci\u00f3n (aproximadamente igual, non igual de todo, que xa lle atopei alg\u00fan erro). As d\u00faas fotos, a corta invernal no parque, coas \u00e1rbores romas e o primeiro cargamento en ocupar o novo recheo. Por certo, non se ve no PXOM&#8230; Dende o desco\u00f1ecemento. &#8216;Cando era feliz e [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[65,32,26,13,9],"class_list":["post-10868","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-arquitectura","tag-filosofia","tag-medio","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10868","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10868"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10868\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10868"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10868"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10868"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}