{"id":10853,"date":"2006-01-27T11:27:00","date_gmt":"2006-01-27T10:27:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:17:37","modified_gmt":"2024-11-12T15:17:37","slug":"rosala-alasor","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/01\/27\/rosala-alasor\/","title":{"rendered":"Rosal\u00eda a\u00edlasoR"},"content":{"rendered":"<p>Quen non lembra aquela poes\u00eda na que Rosal\u00eda d\u00ed:<br \/>\n&#8216;Adi\u00f3s, r\u00edos\/<br \/>\nadi\u00f3s, fontes \/<br \/>\nadi\u00f3s, regatos pequenos\/<br \/>\nadi\u00f3s, vista dos meus ollos\/<br \/>\nnon sei c\u00e1ndo nos veremos&#8217;&#8230;<br \/>\nRosal\u00eda po\u00f1\u00eda as verbas en boca de algu\u00e9n que emigraba e daba un derradeiro ad\u00e9us, pois non sab\u00eda se \u00eda voltar. Os versos vi\u00f1\u00e9ronme \u00e1 cabeza cun titular: &#8216;Los promotores mari\u00f1anos opinan que <strong>la masificaci\u00f3n no es posible<\/strong>&#8216; (a negri\u00f1a \u00e9 mi\u00f1a). E \u00e9 o caso de que podemos aplicar as verbas de Rosal\u00eda \u00e1 inversa, a unha terra que se vai alonxando de n\u00f3s do mesmo xeito que o emigrante se alonxaba da s\u00faa terra. E non vai a cousa s\u00f3 polo urbanismo asoballador:<br \/>\n&#8216;Sogama cambiar\u00e1 de modelo para reducir al m\u00ednimo la incineraci\u00f3n&#8217; &#8230; Abaixo po\u00f1o un artigo meu publicado vai un decenio en relaci\u00f3n co tema. Pero de seguro que non cambiaron polo que eu escribira e fora publicado o 12\/6\/96.<br \/>\nHoxe son novas as menores reservas de petr\u00f3leo Repsol, que fixeron caer fortemente a s\u00faa cotizaci\u00f3n en bolsa \u00f3 anunciarse que estiveran sobrevaloradas. Para min a cousa est\u00e1 non en Repsol, sen\u00f3n en que \u00e9 unha demostraci\u00f3n m\u00e1is de que estamos a esgotar os nosos recursos naturais, e, outra vez, vemos s\u00f3 econom\u00eda monetaria.<br \/>\nE segue a ser nova a enc\u00edclica papal. Est\u00e1me entrando o remusguillo de leela; se chega o caso, xa darei conta do tema.<br \/>\nRemato con d\u00faas citas, ambas tomadas dun artigo de Ram\u00f3n Chao e aplicables \u00e1 pol\u00edtca mundia (como el o fixo), \u00e1 pol\u00edtica local (como ser\u00eda desexable) e tam\u00e9n a nivel de pensamento particular:<br \/>\n&#8211; Ningu\u00e9n \u00e9 abondo poderoso como para ser sempre o m\u00e1is poderoso (Tuc\u00eddides. Apl\u00edquese a Bush ou a calquera alcalde, entre outras posibilidades)<br \/>\n&#8211; O problema da proliferaci\u00f3n \u00e9 que se se fixo unha excepci\u00f3n unha vez, non hai raz\u00f3n para que os dem\u00e1is non faigan o mesmo (Principe Faisal. Apl\u00edquese a que deixen por exemplo, ter a bomba at\u00f3mica a Israel e outros queran tela, ou a que permitan abrir un establecemento nun lugar prohibido, ou constru\u00edr nun lugar indebido, &#8230;)<br \/>\n&#8212;<\/p>\n<h3><center><\/p>\n<p>\u00bfQue vas facer con este papel?<\/p>\n<p><\/center><\/h3>\n<p>Imaxino que pasar\u00e1s un rato le\u00e9ndoo e logo o destinar\u00e1s \u00e1 basura, onde o m\u00e1is probable e que quede por moito tempo. As cousas son as\u00ed, e o peri\u00f3dico \u00e9 ef\u00edmero. Se pensamos na cantidade de basura que producimos e a comparamos, por exemplo, co noso propio peso, veremos que producimos e que levamos producido en xeral moita m\u00e1is basura que o que somos na actualidade. Compr\u00e9ndese facil o problema das basuras: Non hai sitio para elas.<\/p>\n<p>A realidade pode verse nembargantes como moito m\u00e1is complexa. Noutros tempos non se produc\u00edan basuras en grandes cantidades. Hoxe estamos nunha \u00e9poca na que a producci\u00f3n de bens materiais se acrecentou moito, pero tam\u00e9n, ano a a no, a cantidade de basura. A\u00ednda \u00e9 grande a porcentaxe de personas que lembra, por exemplo, o comprar o azucre a granel. O prestixio do envase, e a posibilidade dunha ganancia maior fixeron que eso xa non se vexa. Por suposto, houbo outras causas como os alegatos \u00e1 hixiene\/sanidade, pero creo que non hab\u00eda moita mortandade por inxerir azucre en mal estado. As\u00ed as cousas, \u00bfc\u00e1ntos anos fai que non ves ofrecido azucre dese xeito?.<\/p>\n<p>Por unha banda, f\u00f3ronse impo\u00f1endo os envases, ate chegar \u00e1s veces a situaci\u00f3ns esperp\u00e9nticas, como a do perfume nun frasco pequeno, metido nunha bolsa de dise\u00f1o, envasado nunha caixa, envolta en papel de regalo, metida nunha bolsa para transportalo. Pola outra, o afastamento dun modo de vida achegado \u00e1 natureza fai que cada vez podamos aproveitar menos cousas. \u00c9 dicir, aumentamos o problema e diminu\u00edmos a posibilidade de soluci\u00f3n. Con elo xurde unha dificultade engadida cara \u00e1 b\u00fasqueda de soluci\u00f3ns: o aproveitamento dos nosos propios residuos cada vez se vai m\u00e1is da nosa esfera personal para pasar a ser de soluci\u00f3n comunitaria e allea (l\u00e9ase &#8220;societaria&#8221; ou, tam\u00e9n, &#8220;empresarial&#8221;).E iste comentario \u00e9  a nivel privado, familiar, sen met\u00e9rmonos no mundo da empresa, onde se consideran outros aspectos en diferente grao, como a primac\u00eda do compo\u00f1ente econ\u00f3mico.<\/p>\n<p>Nestas estamos, tratando de solucionar o problema con regulaci\u00f3ns diversas que normalmente non son mui ben acatadas, ou son &#8220;puenteadas&#8221; de diversos xeitos polas empresas. No caso dos particulares alt\u00e9rnanse momentos de acatamento pleno con outros de auto-disculpa plena. Aplicando o principio de &#8220;a grandes problemas, grandes remedios&#8221;,  tr\u00e1tanse de buscar soluci\u00f3ns globais, como no caso de Galicia. Ch\u00f3came, dende o meu punto de vista de inexperto en basuras e\/ou merda que se busque unha soluci\u00f3n na que a base \u00e9 incinerar para producir enerx\u00eda, e ademais dun xeito centralizado, a trav\u00e9s dunha empresa participada por unha el\u00e9ctrica.<\/p>\n<p>\u00bfPor que? Queimar destr\u00fae recursos que costou aproveitar, centralizar implica transportar e algo patrocinado (=> subvencionado) por unha instituci\u00f3n p\u00fablica v\u00e1ise a destinar para &#8230; \u00bfsolucionar un problema?<\/p>\n<p>Pode que sexa algo lonxe da realidade pensar nesas obxecci\u00f3ns, ou noutras como a contaminaci\u00f3n na mesma Cerceda (por certo, \u00bfc\u00e1ndo parar\u00e1 de &#8220;chover das Pontes&#8221; esa auga que deixa queimadas as plantas?). Eu mesmo penso que hai que deixar como boa a soluci\u00f3n que os t\u00e9cnicos den por mellor. Pero hai veces que non me f\u00edo moito do resultado, como cando hai mezcla de pol\u00edtica e econom\u00eda. Ollo. Non estou a dicir que cheire mal esa uni\u00f3n, pero as cousas, claras, e, polo momento, eu non as vexo as\u00ed. Ademais, cando o problema \u00e9 complexo, como no tema das basuras, t\u00e9cnicamente pode haber ideas contrapostas nas que prime unha ou outra caracter\u00edstica do proxecto, estando unhas e outras ben fundamentadas pero suplindo xubxectivamente lagoas no co\u00f1ecemento profundo, cient\u00edfico do tema. Evidentemente, isto embrolla m\u00e1is as cousas e as afasta da comprensi\u00f3n\/decisi\u00f3n popular. As\u00ed, a  xente non contamos con m\u00e1is apoios nos que fundar a nosa decisi\u00f3n de rexetar ou apoiar o proxecto que os que dan os sentimentos ou, en todo caso de xeito posterior, o olfato, dando lugar a demagoxias de todo tipo, a m\u00e1is do debate serio e consciente.<\/p>\n<p>Mentras, \u00bfhai unha campa\u00f1a seria para reducir o problema, para reducir a cantidade de basura?. Non a vexo. Eso me fai dudar a\u00ednda un pouqui\u00f1o m\u00e1is da li\u00f1a que se pretende seguir para buscar unha soluci\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Quen non lembra aquela poes\u00eda na que Rosal\u00eda d\u00ed: &#8216;Adi\u00f3s, r\u00edos\/ adi\u00f3s, fontes \/ adi\u00f3s, regatos pequenos\/ adi\u00f3s, vista dos meus ollos\/ non sei c\u00e1ndo nos veremos&#8217;&#8230; Rosal\u00eda po\u00f1\u00eda as verbas en boca de algu\u00e9n que emigraba e daba un derradeiro ad\u00e9us, pois non sab\u00eda se \u00eda voltar. Os versos vi\u00f1\u00e9ronme \u00e1 cabeza cun titular: [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[8,21,26,9],"class_list":["post-10853","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-blog","tag-economia","tag-medio","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10853","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10853"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10853\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10853"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10853"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10853"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}