{"id":10852,"date":"2006-01-28T15:26:00","date_gmt":"2006-01-28T14:26:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:17:34","modified_gmt":"2024-11-12T15:17:34","slug":"o-tempo-en-ribadeo-1-entrada-de-hoxe","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/01\/28\/o-tempo-en-ribadeo-1-entrada-de-hoxe\/","title":{"rendered":"O tempo en Ribadeo. 1\u00aa entrada de hoxe."},"content":{"rendered":"<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/pasadizo.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/pasadizo.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\n<a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/arborespoelados.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/arborespoelados.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\nCun d\u00eda como o de hoxe, o de onte, o desta tempada en Ribadeo, parece mentira que est\u00e9 recalent\u00e1ndose o planeta.<br \/>\nxa estabamos fr\u00edos, non non deixa pois fr\u00edos que en Tapia o mesmo concello pretenda recurrir a nova normativa do principado para evitar a concentraci\u00f3n de edificaci\u00f3ns das costas. Nin que o proxecto de planta de asfaltos en Barres poda perxudicar a ribadeo e apra eso se est\u00e9 a mover a asociaci\u00f3n contraasfaltos, nin tampouco que Fitur pretenda vender unhas excelencias naturais e culturais que se est\u00e1n vendo ameazadas de xeito cont\u00ednuo. Non, xa estamos fr\u00edos. Tan fr\u00edos como as \u00e1rbores do Xard\u00edn de Sela tras o corte (que denunciara xa vai anos) e que os deixou secos, fr\u00edos. e o pasadizo? Unha vista que non sei canto durar\u00e1, e se ben se mira, \u00e9 curiosa. Ou non?<br \/>\n&#8212;<\/p>\n<table border cellpadding =2 cellspacing=\"0\" width=\"657\" style=\"color:#000000;\">\n<col width=\"127\">\n<col width=\"520\">\n<tbody>\n<tr valign=\"top\">\n<td width=\"127\">\n<p><span style=\"font-size:85%;\">Data:20\/9\/96 <\/span><\/p>\n<\/td>\n<td width=\"520\">\n<p><span style=\"font-size:85%;\">Fonte: El Progreso<\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"651\">\n<p><span style=\"font-size:85%;\">T\u00edtulo:ACUSAN A ANDINA DE MENTIR AL PLENO    EN EL CASO HERN\u00c1N<\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"651\">\n<p><span style=\"font-size:85%;\">Autor: Pablo Villapol, a partir de nota de prensa    do BNG<\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"651\">\n<p><span style=\"font-size:85%;\">Descrici\u00f3n: Non ser\u00eda a \u00faltima    vez que o fixera<\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"651\">\n<p><span style=\"font-size:85%;\">Comentarios:<br \/>\n<\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p align=\"center\"><u>\u201c<span style=\"font-size:180%;\"><strong>LA VIDA SIGUE IGUAL\u201d<\/strong><\/span><\/u><\/p>\n<p align=\"right\"><span style=\"font-size:100%;\"><strong>HERN\u00c1N NAVAL<\/strong><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">Tampouco o cartesiano pero apaixoado, o riguroso pero nunca dogm\u00e1tico Nikolaus Harnoncourt ia substraerse \u00e1s trangresi\u00f3ns que dos severos cors\u00e9s que tantas veces envolven os concertos cl\u00e1sicos se producen cada primeiro de ano no <em>Musikverein<\/em> de Viena. Harnoncourt, o pioneiro da interpretaci\u00f3n de m\u00fasica barroca con instrumentos orixinais&#8230;Harnoncourt, unha referencia cando se menta a Monteverdi ou as cantatas de Bach&#8230;.Harnoncourt, o Premio Erasmo de Humanidades (ai, as humanidades!) en 1980&#8230;Harnoncourt, os\u00f3brio Harnoncourt&#8230;Non o dubidou: coa orquestra \u00e1s costas, sen batuta, dirixiu as palmas do encopetado p\u00fablico do Musikverein na <em>Marcha Radetzky.<\/em><\/p>\n<p align=\"justify\">Tampouco enpregou batuta o director que estivo \u00e1 fronte da Orquestra Sinf\u00f3nica de Lugansk (Ucrania), orquestra de longo nome, tan longo como o alento do seu trompeta&#8230;O mestre ucraniano non utilizou batuta en todo o concerto. Abof\u00e9 que non lle fac\u00eda falta. Haberia que se referir a el, t\u00f3picamente, como un \u201cilustre colega\u201d de Harnoncourt, pero o alem\u00e1n deixou a compa\u00f1\u00eda de teatro de marionetas na que traballaba cando ti\u00f1a dezaoito anos, para se adicar a m\u00fasica.<\/p>\n<p align=\"justify\">Alg\u00fans celebramos que o concerto de ano novo da Filarm\u00f3nica de Viena de 2001 destilase menos alm\u00edbar que outras veces, mesmo menos ternura \u201cnestas datas tan sinaladas\u201d. Harnoncourt rescatou os claroscuros, a nudez e os tintes dram\u00e1ticos que tam\u00e9n se agachan en moitas p\u00e1xinas dos Strauss. Porque non todo vai ser banda sonora de <em>Sissi<\/em>&#8230;Escoitando o <em>marcatto sovi\u00e9tico<\/em> infrinxido \u00e1 <em>Marcha Radetzsky<\/em> estoutro d\u00eda no Auditorio Municipal de Ribadeo lembrei que Radetzky foi un mariscal que pretend\u00eda bombardear Mil\u00e1n&#8230;<\/p>\n<p align=\"justify\">Os cr\u00edticos musicais dos xornais madrile\u00f1os lembraron istos d\u00edas como nas axendas de concertos de decembro de case todo o estado engorda cada ano o n\u00famero de convocatorias <em>ao xeito vien\u00e9s<\/em>, en emulaci\u00f3n do que fai a Orquestra Filarm\u00f3nica de Viena cada 1 de xaneiro desde 1939. (<em>O Mesias<\/em> de Haendel e a <em>Novena<\/em> de Beethoven tam\u00e9n se reiteran cada Nadal nos atris de moitos conxuntos europeos ib\u00e9ricos e europeos). Se cadra o meu estimado concelleiro Manuel Val\u00edn sufriu un lapsus memor\u00edstico cando subministrou a este semanario a informaci\u00f3n sobre o concerto a ofrecer pola orquestra ucraniana apontando que \u201ccon este concerto, a delegaci\u00f3n de Cultura quere achegar \u00f3 p\u00fablico ribadense o tradicional programa con valses e polcas\u201d(<strong>La Comarca del Eo<\/strong>, 23\/XII\/00), incidindo na intenci\u00f3n ao declarar despois do concerto, que cumprira o seu obxectivo (<strong>A Mari\u00f1a\/El Progreso<\/strong>, 27\/XII\/00). Esqueceu que tal era a pretensi\u00f3n da Banda Municipal at\u00e9 1995, cando a s\u00faa concellal\u00eda programou un concerto dunha tal <em>Strauss Festival Orchestra<\/em> cun programa moi semellante ao que a Banda dera nos nadais de 1993 e 1994. Co cirio que montei, non sei como se esqueceu. Esqueceuse el e, como ningu\u00e9n di nada, debeuse esquecer <em>tododios<\/em>. Todos, menos eu.<\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:100%;\">Cada ano por estas datas \u2013\u201ctan sinaladas\u201d- a Festival Strauss Orchestra visita d\u00facias de vilas e cidades do estado. Enteira ou a cachos. Faio coma esas bandas de trinta que se dividen en d\u00faas de quince para se repartir os itinerarios dos pasarruas e pasacorredoiras. Istos d\u00edas mesmo toca en Madrid. Nos \u00faltimos anos, a carreira da Orchestra Strauss Festival \u00e9 seguido por orquestras da antiga URSS. Co Muro de Berl\u00edn, no 90 caeu tam\u00e9n o magn\u00edfico mundo musical dal\u00e9n. Desde ent\u00f3n, as mellores cordas da vella Uni\u00f3n Sovi\u00e9tica e dos paises do leste europeo copan boa parte dos atr\u00eds das orquestras ocidentais. E nos \u00faltimos anos, repetimos, como cachos do muro, orquestras reducidas dal\u00f3 ve\u00f1en por aqu\u00ed por relativamente pouco di\u00f1eiro. O ano 99, en Ribadeo, antes do Nadal, tocou unha de Kiev. Este que rematou, d\u00faas. Ucranianas. A primeira, en novembro, tocou pezas de Franck Pourcel o dia que finou Franck Pourcel. Eu non aponto para ningu\u00e9n. E a segunda tocou valses e polcas de Strauss, e at\u00e9 uns pasases de Shostakovich, dous d\u00edas despois de que a Banda celebrase por oitavo ano consecutivo o seu <em>Aqu\u00ed como en Viena<\/em>, cada no con menos Strauss e m\u00e1is Shostakovich, que remedio.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">Tras o \u00faltimo dos concertos dos ucranianos, o meu concellal declarou que a xente \u201csaiu encantada\u201d. Querido amigo: deberas saber que<em> vox populi<\/em> non quer dicer necesariamente <em>vox Dei.<\/em> Estou de acordo coa colaboraci\u00f3n internacional, pero unha delegaci\u00f3n de Cultura non \u00e9 unha ONG. Acabas antes outorg\u00e1ndolle unha subvenci\u00f3n a M\u00e9dicos sen fronteiras, e coas trescentas mil dos que lle tocaron o r\u00e9quiem a Frank Pourcel e as trescentas mil dos do director sen batuta pero con moito fervor dramat\u00farxico ama\u00f1\u00e1bamos o que ti sabes. Feliz ano.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Cun d\u00eda como o de hoxe, o de onte, o desta tempada en Ribadeo, parece mentira que est\u00e9 recalent\u00e1ndose o planeta. xa estabamos fr\u00edos, non non deixa pois fr\u00edos que en Tapia o mesmo concello pretenda recurrir a nova normativa do principado para evitar a concentraci\u00f3n de edificaci\u00f3ns das costas. Nin que o proxecto de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[51],"class_list":["post-10852","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-hernan-naval"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10852","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10852"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10852\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10852"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10852"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10852"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}