{"id":10851,"date":"2006-01-28T22:33:00","date_gmt":"2006-01-28T21:33:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:17:33","modified_gmt":"2024-11-12T15:17:33","slug":"un-artigo-non-publicado-anda-2-entrada","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/01\/28\/un-artigo-non-publicado-anda-2-entrada\/","title":{"rendered":"Un artigo non publicado a\u00ednda. A 2\u00aa entrada de hoxe."},"content":{"rendered":"<p><title><\/title>Adxunto un artigo que ti\u00f1a que ter sa\u00eddo hoxe, pero non o vin publicado. De que vai? Lee e xa o descubres ti mesmo. e despois, outra raci\u00f3n dun artigo sobre Hern\u00e1n. Ma\u00f1\u00e1, m\u00e1is. Que? &#8230; veralo.<meta name=\"GENERATOR\" content=\"OpenOffice.org 1.1.3  (Linux)\"><meta name=\"CREATED\" content=\"20051219;7465300\"><meta name=\"CHANGED\" content=\"20060125;8061000\">            <\/p>\n<p><em>Un tes\u00f3n, unha r\u00eda, unha vida.<\/em><\/p>\n<p align=\"justify\">Remata de chegar \u00e1s mi\u00f1as mans a proposta da Plataforma para a Defensa da R\u00eda para o establecemento dun plan de protecci\u00f3n. E preveo que sigan a chegar boas palabras e malos actos moito tempo m\u00e1is. Nembargantes, como a situaci\u00f3n ten que cambiar (ou cambiamos n\u00f3s, que \u00e9 outra posibilidade), paso a leelo e p\u00f3\u00f1ome en situaci\u00f3n: a fin de mes est\u00e1 previsto un cumio galaico-astur e a Plataforma pretende entregar \u00e1s autoridades unha versi\u00f3n revisada da proposta que est\u00e1 a difundir agora. \u00c9 dicir, o leelo e criticalo \u00e9 parello a unha esmola para a r\u00eda. E quero a r\u00eda, ou sexa que de esmola, nada: contribuci\u00f3n.<\/p>\n<p align=\"justify\">P\u00eddese a declaraci\u00f3n de espazo protexido, e unha comisi\u00f3n permanente e con participaci\u00f3n cidad\u00e1 para o seguemento e control da s\u00faa conservaci\u00f3n. \u00c9 dicir, leis, pero asegurando o seu cumprimento. Claro, do anterior se desprende que se debe renunciar a calquera recheo, e m\u00e1is cando parece que a beira asturiana xa est\u00e1 farta de que sexa a parte galega quen faga recheo tras recheo.<\/p>\n<p align=\"justify\">Como as leis necesitan unha concreci\u00f3n despois de promulgadas, nas propostas incl\u00faense medidas derivadas a curto e medio prazo. Por exempl, e fronte a presi\u00f3n urban\u00edstica que se deixa sentir na redacci\u00f3n do Plan xeral de ordanaci\u00f3n urbana, prop\u00f3nse a ampliaci\u00f3n ata 500m da prohibici\u00f3n de cosntru\u00edr, ou o saneamento de puntos concretos que lle fai falta, ou algunha medida para po\u00f1er en valor o propio que ten como espazo natural.<\/p>\n<p align=\"justify\">Son un total de 20 medidas para facer posible unha r\u00eda mantible no tempo como unha xoia que temos, sen emporcallar e sen facela desaparecer baixo recheos ou sinxelamente, sen facela desaparecer da vista.<\/p>\n<p align=\"justify\">\u00c9 certo que o borrador presentado non fala moito dos tes\u00f3ns, pero na actualidade e tras as derradeiras obras, a s\u00faa capacidade de recuperaci\u00f3n \u00e9 asombrosa, como se pode ver d\u00eda tras d\u00eda mesmo fronte a Mirasol, o que parece dicir que non corren perigo mentras a draga pase algunha tempada f\u00f3ra da r\u00eda.<\/p>\n<p align=\"justify\">Vai sendo hora de que nos decatemos que a r\u00eda ten unha vida propia, que defende con tes\u00f3n das agresi\u00f3ns que sufre, pero que como calquera ser vivo pode enfermar debido a elas. Es eso est\u00e1 pasando. \u00c9 hora de cuidar un espazo que polo momento sirv\u00e9unos a n\u00f3s e non elixir o mal cami\u00f1o de tentar de crecer econ\u00f3micamente a costa do medio ambiente, dun xeito desordenado e sen futuro. A r\u00eda \u00e9 algo parello a unha gali\u00f1a dos ovos de ouro: algu\u00e9n se imaxina aunha gali\u00f1a as\u00ed estabulada nunha granxa con outras moitas semellantes?<\/p>\n<p>&#8212;<br \/>\n   <meta equiv=\"CONTENT-TYPE\" content=\"text\/html; charset=utf-8\"><title><\/title><meta name=\"GENERATOR\" content=\"OpenOffice.org 1.1.3  (Linux)\"><meta name=\"CREATED\" content=\"20060128;22405800\"><meta name=\"CHANGED\" content=\"16010101;0\">            <\/p>\n<table border=\"1\" bordercolor=\"#000000\" cellpadding=\"2\" cellspacing=\"0\" width=\"622\">\n<col width=\"120\">\n<col width=\"492\">\n<tbody>\n<tr valign=\"top\">\n<td width=\"120\">\n<p>Data: 2002<\/p>\n<\/td>\n<td width=\"492\">\n<p>Fonte: do autor. Publicado en \u201eLa Comarca del Eo\u201c<\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"616\">\n<p>T\u00edtulo: Lacrimosa dies illa<\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"616\">\n<p>Autor: Fernando Rodr\u00edguez Ra\u00f1o<\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"616\">\n<p>Descrici\u00f3n: En lembranza de Hern\u00e1n.<\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"616\">\n<p>Comentarios:<\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>     <meta equiv=\"CONTENT-TYPE\" content=\"text\/html; charset=utf-8\"><title><\/title><meta name=\"GENERATOR\" content=\"OpenOffice.org 1.1.3  (Linux)\"><meta name=\"CREATED\" content=\"20060128;22405800\"><meta name=\"CHANGED\" content=\"16010101;0\">            <\/p>\n<h1 class=\"western\" align=\"center\">LACRIMOSA DIES ILLA\u201d<\/h1>\n<p><span style=\"font-size:130%;\"><strong>por Fuji<\/strong><\/span><\/p>\n<p>\u201c<em>Lacrimosa dies illa<\/em>&#8230;.si, foiche ben certo, tam\u00e9n de dor, carraxe,sorpresa&#8230; traxedia implac\u00e1bel e irrepar\u00e1bel&#8230;<\/p>\n<p align=\"justify\">Pois a\u00ednda me levou o seu tempo atinarlle co t\u00edtulo, non, tranquilos; nen \u00e9 un tratado sobre a gaita de fol en ingl\u00e9s nen a \u201cpachanga\u201d que soar\u00e1 nas orquestras o vindeiro vrao&#8230;.<\/p>\n<p align=\"justify\">\u00c9 un fragmento <em>(\u201cLacrimosa\u201d)<\/em> do texto latino que se usaba nas misas de defuntos <em>(\u201cR\u00e9quiem\u201d)&#8230; <\/em>Mozart o inimit\u00e1bel (Wolfang Amadeus, Salzburgo 1756 \u2013 Viena 1791) deixounos en herdanza, entre outras moitas cousas, o que co\u00f1ecemos coma o seu <em>R\u00e9quiem <\/em>(R\u00e9quiem en re menor para solistas, coro e orquestra KV 626; pero solistas sen medo esc\u00e9nico por suposto) ; m\u00fasica estremecedora donde as haxa; escrita por encargo; e, que por iron\u00edas da historia ( ou da vida vaian vost\u00e9s a saber), trocouse na banda sonora do seu propio funeral&#8230;.<\/p>\n<p align=\"justify\">&#8230; Eu ti\u00f1a un amigo (sempre foi al\u00e9n da amizade: mentor, pai, profesor, gu\u00eda, psic\u00f3logo, confesor, educador, m\u00fasico, director, poeta, escritor&#8230;.) co que compart\u00eda certa afeci\u00f3n polo compositor salzsburgu\u00e9s. Tam\u00e9n compart\u00eda cervexas cando cadraba, nicotina case sempre, alguns gostos literarios, e ata coche en certas ocasions&#8230; pero iso eche outra historia&#8230;<\/p>\n<p align=\"justify\">A cuesti\u00f3n \u00e9 que co\u00f1ec\u00edn a este amigo moit\u00edsimo antes que \u00f3 se\u00f1or W.Amadeus&#8230;. e a este \u00faltimo co\u00f1ec\u00edno gracias \u00f3 meu amigo. Coma tam\u00e9n co\u00f1ec\u00edn o gosto pola literatura (musical e da outra) pola historia (musical e da outra); o gosto pola m\u00fasica (das verbas e da outra: fac\u00e9ndoa, escoit\u00e1ndoa ou sinxelamente l\u00e9ndoa); pola vida e intenci\u00f3n dos compositores ( non botan vost\u00e9s de menos os textos nos programas de man da Banda?); polo cine; os caf\u00e9s cos amigos (e amigas),&#8230;E por moitas outras cousas a trav\u00e9s do seu esforzo impag\u00e1bel na educaci\u00f3n de xeraci\u00f3ns de m\u00fasicos (alg\u00fans deb\u00e9moslle o noso pasado, presente e futuro); de moi variado p\u00fablico de t\u00f3dalas idades (mi\u00f1a nai non soubo quenes eran Sibelius e Shostakovich ata que apareceron nos atr\u00eds da Banda, eu tampouco); dos mesmos pais e compa\u00f1eiros de m\u00fasicos (non sempre estudar m\u00fasica tivo o reco\u00f1ecemento social dos \u00faltimos seis meses )&#8230;..<\/p>\n<p align=\"justify\">S\u00ed, educaci\u00f3n no senso mais amplo desta verba. No senso da formaci\u00f3n global do individuo reflectida coma suma dos pequenos detalles diarios, nos que po\u00f1\u00eda toda a s\u00faa intenci\u00f3n e coidado. \u00d3 mesmo tempo que era plenamente conscente da s\u00faa influenza no desenrolo de cada m\u00fasico, non s\u00f3 coma m\u00fasico sen\u00f3n (o que \u00e9 mais importante) coma persoa&#8230;<\/p>\n<p align=\"justify\">Evolucionar, medrar e aprender; iso foi o que fixemos coa nosa Banda m\u00fasicos, p\u00fablico e director at\u00e9 o 17 de Maio&#8230;E cometer erros por suposto, o longo de case dez anos, pero iso \u00e9 a maneira mais importante de aprender cousas importantes. Todo isto a trav\u00e9s da m\u00fasica; en ocasi\u00f3ns da s\u00faa m\u00fasica; en ocasi\u00f3ns da dos grandes mestres; en ocasi\u00f3ns da mais comercial e co\u00f1ecida.(como era aquilo do heterodoxo quefacer dos seus m\u00fasicos&#8230;?). E, case sempre, con mais imaxinaci\u00f3n que medios. Contra vento e marea, ou se se quere ser menos ret\u00f3rico: contra instituci\u00f3ns e sectores da opini\u00f3n p\u00fablica se era necesario.<\/p>\n<p align=\"justify\">Mozart estivo presente varias veces nos atr\u00eds da Banda. Os mais veteranos lembrar\u00e1n a s\u00faa expresiva <em>\u201cM\u00fasica F\u00fanebre Mas\u00f3nica\u201d,<\/em> ou o <em>\u201cAve verum Corpus\u201d<\/em>, at\u00e9 a Banda desfilou (de vez en cando non nos queda mais remedio) \u00f3 ritmo dunha marcha que pertence a  <em>\u201cFrauta M\u00e1xica\u201d<\/em> do compositor. M\u00e1xicas tam\u00e9n as nosas frautas na primeira obra do disco, p\u00f3stumo coma o <em>R\u00e9quiem<\/em>, da Banda Sinf\u00f3nica Municipal de Ribadeo que fai pouco saiu a r\u00faa.<\/p>\n<p align=\"justify\">A\u00ednda que o <em>\u201cR\u00e9quiem\u201d<\/em> lle pertenza en esp\u00edrito e concepci\u00f3n \u00f3 mestre <em>Amadeus <\/em>non chegou a reflectilo na partitura por enteiro.. A morte sorprendeuno con nocturnidade e mala intenci\u00f3n, detendo a s\u00faa pluma nos primeiros compases da \u201cLacrimosa\u201d&#8230; Foi un aluno seu, (Franz Xavier S\u00fcsmayer) quen rematou a obra do seu mestre, atinadamente en opini\u00f3n da cr\u00edtica, a\u00ednda que os nost\u00e1lxicos pensemos que Mozart s\u00f3 hai un. Escoiten, escoiten a <em>Lacrimosa,<\/em> ese salouco desgarrador que nace case inaud\u00edbel  e remata nun berro de profunda dor&#8230;.<\/p>\n<p align=\"justify\">O feito de que non rematara a s\u00faa obra alimenta a lenda do <em>R\u00e9quiem.<\/em> Hai un romanticismo profundo nesa idea do disc\u00edpulo tomando o relevo do mestre (establezan a comparaci\u00f3n que lles pete). Pero a realidade hist\u00f3rica \u00e9rquese aqu\u00ed en asasina sen piedade dese romanticismo impl\u00edcito na idea. Xusto no intre no que descubrimos os motivos que levaron a S\u00fcsmayer a tomalo relevo&#8230; Estes foron somentes econ\u00f3micos. O <em>R\u00e9quiem<\/em> constituiu un encargo, dun conde apenado pola morte da s\u00faa dona, feito no seu momento a Mozart&#8230;(viva o materialismo hist\u00e9rico!, perd\u00f3n, hist\u00f3rico)&#8230;<\/p>\n<p align=\"justify\">&#8230;O que se nos asemella certo e inevitable, \u00e9 que xam\u00e1is chegaremos a co\u00f1ecer a opini\u00f3n do xove Mozart sobre a s\u00faa pr\u00f3pria obra mestra&#8230;<\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\"><em><strong>&#8230;Fernando Rodr\u00edguez Ra\u00f1o foi tromb\u00f3n primeiro e solista da Banda Sinf\u00f3nica Municipal de Ribadeo baixo a batuta de Hern\u00e1n Naval, tromb\u00f3n terceiro con Mariano Rivas e actualmente toca o que pode ou lle deixan&#8230;<\/strong><\/em><\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Adxunto un artigo que ti\u00f1a que ter sa\u00eddo hoxe, pero non o vin publicado. De que vai? Lee e xa o descubres ti mesmo. e despois, outra raci\u00f3n dun artigo sobre Hern\u00e1n. Ma\u00f1\u00e1, m\u00e1is. Que? &#8230; veralo. Un tes\u00f3n, unha r\u00eda, unha vida. Remata de chegar \u00e1s mi\u00f1as mans a proposta da Plataforma para a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[51],"class_list":["post-10851","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-hernan-naval"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10851","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10851"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10851\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10851"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10851"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10851"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}