{"id":10850,"date":"2006-01-29T11:24:00","date_gmt":"2006-01-29T10:24:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:17:31","modified_gmt":"2024-11-12T15:17:31","slug":"4c-da-con-sol-en-ribadeo-vse-ben","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/01\/29\/4c-da-con-sol-en-ribadeo-vse-ben\/","title":{"rendered":"4\u00baC, d\u00eda con sol en Ribadeo: v\u00e9se ben Manhattan"},"content":{"rendered":"<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/ocoatapar.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/ocoatapar.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/ocotapado.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/ocotapado.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\n<a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/derrubemes.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/derrubemes.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\nUn amigo vai aproveitar o d\u00eda para sacar fotos. De seguro que lle van sa\u00edr moi ben, pois co fr\u00edo e claridade hai unha limpeza no aire propia para a fotograf\u00eda.<br \/>\nA ver se o tempo aclara tam\u00e9n as ideas do batiburrillo urban\u00edstico: en Viveiro piden \u00e1 Xunta a suspensi\u00f3n de licencias, que eles non poden  exercer por pasar pouco tempo dende a anterior, e polo que parece, def\u00e9ndeo  o PP&#8230; en Ribadeo,  en troques, comeza a aplicaci\u00f3n da revisi\u00f3n das vivendas do casco vello, que a\u00ednda que a primeira vista est\u00e1 ben, para obrigar a cuidar as casas do mesmo, despois xa non est\u00e1 tan claro porque obriga a revisar todas as casas, a\u00ednda as rec\u00e9n reformadas, pagando polo m\u00e9todo un b\u00f3 pico, pois non \u00e9 libre.<br \/>\nPara fundir o tema, os de Rinlo pasaron onte un tempo sen luz: xa se sabe, Ribadeo, terra sen luz no inverno dende vai tempo, e as melloras ve\u00f1en lento.<br \/>\nDas fotos, pouco que dicir. Eu tituleinas &#8216;derrubemes&#8217;, &#8216;ocoatapar&#8217; e &#8216;ocotapado&#8217;, que coido que son t\u00edtulos abondo ilustrativos e que as identifican moi ben.<br \/>\nUnha \u00e9 para comparar o derrubio que hou na carretera do faro un mes despois de producirse. Algu\u00e9n nota a diferenza?<br \/>\nOutra \u00e9 un oco na r\u00faa Calvo Sotelo que pronto ser\u00e1 tapado e aproveito para po\u00f1erlo porque pronto non ser\u00e1 posible tomar esa foto: xa ten posto o cartel de construcci\u00f3n, a\u00ednda que non pareza na foto.<br \/>\nA terceira, na baixada a mirasol dende a carretera, o muro de formig\u00f3n contin\u00faa nas novas edificiaci\u00f3ns de xeito que parece Manhattan, a\u00ednda que non o sexa, nin cativo. O cartel contrasta: ven a dicir que \u00e9 un adecentamento e facilitamento das labores do porto, e ref\u00edrese \u00e1 caseta que hai m\u00e1is abaixo a medio constru\u00edr para evitar que calquera coche pase pola zona do porto. As tres fotos falan de construci\u00f3n. Coido que tam\u00e9n de destruci\u00f3n.<br \/>\n&#8212;<br \/>\nUnha lectura vella:<br \/>\n&#8216;Sonr\u00ede para hacer felices a los dem\u00e1s&#8217;, feito por min para o libro do 5\u00ba cabodano da bsmr. &#8230; non o dou posto de xeito.<\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">Sonr\u00ede para hacer felices a los dem\u00e1s<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">As\u00ed rezaba o lema dun programa de corte relixioso fai cerca de trinta anos. Algo as\u00ed pode ser tam\u00e9n o lema de Amadores e a Banda: tocar para disfrute dos m\u00e1is. \u00d3 mellor non queda ben como lema, pero \u00e9 unha realidade feita a base de traballo e esforzo diario. E colaboraci\u00f3n, moita colaboraci\u00f3n.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">Igual que se celebra o cabodano do momento do parto, na banda cel\u00e9brase o da presentaci\u00f3n. Nembargantes, houbo unha xestaci\u00f3n e tam\u00e9n hai que lembrala. E en calquer caso, a moita xente: dende o primeiro momento, Choupo, e Tino, como os liantes do cotarro, pero tam\u00e9n Ernesto, facendo desinteresadamente o lenzo que puxo o tel\u00f3n de fondo na presentaci\u00f3n, C\u00e9sar, sucesor del en moitas ocasi\u00f3ns, del R\u00edo, cedendo instrumentos para o seu usufructo pola banda, Hern\u00e1n, por suposto &#8230; e moitos outros, como Pepe, co seu esforzo cont\u00ednuo como pipa, que a parte de pagar as cuotas para manter econ\u00f3micamente a sociedade po\u00f1en o seu traballo e dan o que te\u00f1en para colaborar nesta empresa.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">Tam\u00e9n houbo os seus desencontros e miserias na vida destos anos. Non se trata<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">de esquecelos, que quen esquece est\u00e1 disposto a volver a cometer os mesmos erros, senon de superalos nesta celebraci\u00f3n.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">A andadura da banda, primeiro, Banda de Ribadeo, logo Banda Municipal de Ribadeo (BMR), non foi sinxela. Diferencias e dificultades de todo tipo foron pas\u00e1ndose mellor ou peor, ate chegar a hoxe en d\u00eda. E as\u00ed podemos atopar a esta agrupaci\u00f3n herdeira de outras anteriores, pero \u00f3 tempo, netamente diferente a elas na s\u00faa concepci\u00f3n. Se nalg\u00fan momento se viu a banda como unha nova \u00e9poca doutra banda anterior, pronto quedou anulada dita visi\u00f3n, tanto pola variaci\u00f3n de m\u00fasicos (novamente o Choupo, esta vez como nexo e testimonio de outra \u00e9poca), como polo tipo de m\u00fasica, a voluntade fortemente discutida de non combinar a interpretaci\u00f3n coa marcha e moitos outros pequenos detalles.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">Son opci\u00f3ns as\u00ed escollidas, que configuran unha banda, repito novamente, diferente, pero que ten moi en conta, e disfruta das ventaxas que lle sup\u00f3n, a tradici\u00f3n musical en Ribadeo.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">Noutro lugar se atopa un listado de m\u00fasicos. Moitos deles, a maior\u00eda, seguen facendo a s\u00faa labor ensaio tras ensaio para que podamos escoitalos concerto tras concerto. Outros, como Enrique, Clara, Goyi, Charo ou eu mesmo, por diversas raz\u00f3ns estamos fora da formaci\u00f3n, pero seguimos apoiando e disfrutando dela. Outros en fin, volven ocasionalmente, cando poden, \u00e1 disciplina que manda a batuta.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">A banda, dende o principio, foi unha familia, a\u00ednda que pola extensi\u00f3n actual variaran moitas cousas dende os comezos ate a actualidade. Esas e outras &#8220;moitas cousas&#8221; est\u00e1n inclu\u00eddas tam\u00e9n na historia: Olvidos de instrumentos por parte dos m\u00fasicos para actuaci\u00f3ns fora de Ribadeo (maiormente, clarinetes), necesidade dun servicio de orden que permitira ter a algunha actuaci\u00f3n, como na Plaza Real barcelonesa, noites enteiras en autob\u00fas no medio dunha nevada ou polo contrario, actuaci\u00f3ns cos ollos medio cerrados e sudando a gota gorda. Autobuses que se estropean e que fixeron chegar co tempo xusto ou a\u00ednda con retraso a algunha actuaci\u00f3n, e coches particulares, suced\u00e1neos de autob\u00fas, nos que o ambiente non deixaba de ter o mesmo calor que naquel.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">Tam\u00e9n, accidentes. Pequenas cousas polo momento, das que poden dar conta C\u00e9sar ou Javi. Ou roturas inoportunas (\u00bfc\u00e1ndo non son inoportunas as roturas?) de resortes ou mecanismos, ama\u00f1ados sobre a marcha polo &#8220;equipo t\u00e9cnico&#8221; da agrupaci\u00f3n, a veces a\u00ednda con sofisticados instrumentos como gomas el\u00e1sticas ou navallas.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">Son mont\u00f3ns e mont\u00f3ns de an\u00e9cdotas as que van conformando a cultura da banda, acompa\u00f1ando \u00e1s pezas tocadas, \u00f3 saber facer musical, a adicaci\u00f3n, &#8230; Esas cousas, que configuran a vida interna do conxunto, a que non se ve normalmente dende fora, van acompa\u00f1adas doutros detalles que si se notan pola audiencia.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">O que a banda sa\u00edra con carpetas dese\u00f1adas con coidado, a\u00ednda que baratas, a inclusi\u00f3n da manga corta de camisa no uniforme, carteis que son para coleccionar e que se poden ver en m\u00e1is dun lugar como decoraci\u00f3n de gusto, d\u00edpticos con informaci\u00f3n que tam\u00e9n forma, sa\u00eddas e recollidas do esceario en orde, a ilusi\u00f3n a flor de pel que rezuma nas actuaci\u00f3ns, en particular na casa, &#8230;<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">Tam\u00e9n, as pol\u00e9micas mantidas na prensa e na r\u00faa, parte delas creadas cunha idea non musical, conforman xa a historia da banda e de Amadores. Ou a Academia de M\u00fasica &#8220;Carlos \u00c1lvarez Fern\u00e1ndez-Cid&#8221;, ou os bolet\u00edns editados, ou &#8230; a historia da banda \u00e9 corta no tempo, pero dilatada en feitos. E segue.<\/span><\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un amigo vai aproveitar o d\u00eda para sacar fotos. De seguro que lle van sa\u00edr moi ben, pois co fr\u00edo e claridade hai unha limpeza no aire propia para a fotograf\u00eda. A ver se o tempo aclara tam\u00e9n as ideas do batiburrillo urban\u00edstico: en Viveiro piden \u00e1 Xunta a suspensi\u00f3n de licencias, que eles non [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-10850","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10850","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10850"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10850\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10850"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10850"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10850"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}