{"id":10848,"date":"2006-01-31T07:14:00","date_gmt":"2006-01-31T06:14:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:17:29","modified_gmt":"2024-11-12T15:17:29","slug":"outro-mundo-posible-factible-e-facmolo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/01\/31\/outro-mundo-posible-factible-e-facmolo\/","title":{"rendered":"Outro mundo \u00e9 posible: \u00e9 factible e fac\u00e9molo"},"content":{"rendered":"<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/palmpeq.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/palmpeq.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\n<a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/abetopeq.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/abetopeq.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><\/p>\n<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/peladopeq.0.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/peladopeq.0.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\nSabes quen \u00e9 Pedro Casald\u00e1liga? Pois un bispo que anda polo Brasil e a quen a igrexa (non a Igrexa) deulle abondo de paus por cousas da &#8216;teolox\u00eda da liberaci\u00f3n&#8217;, a pobreza, a ocupaci\u00f3n de fincas e demais. Non te\u00f1o moi claro o comportamento de xente como el en relaci\u00f3n \u00e1 xerarqu\u00eda, pero o t\u00edo loitou e caeme ben. Poisonte le\u00edn un artigo del de onde se pode sacar o t\u00edtulo, algo as\u00ed como a &#8216;versi\u00f3n 2 da revoluci\u00f3n altermundialista&#8217;. &#8216;Esiximos e facemos outra democracia&#8217;, &#8216;a esperanza s\u00f3 se xustifica nos que cami\u00f1an&#8217;, son outras d\u00faas frases sacadas do artigo, que van moi ben por exemplo co feito de que s\u00e1bado se celebrara a asamblea do Tes\u00f3n cunha aprticipaci\u00f3n m\u00ednima, pero a\u00ednda as\u00ed, tirando apra adiante \u00f3 decidir asociarse con outras semell\u00e1ntes, neste caso polo tema do descanso nouturno e ante o ru\u00eddo que invade ese espazo.<br \/>\nO anterior na li\u00f1a do que eu penso: por eso, as \u00e1rbores do parque de Ribadeo, que agora, en inverno, te\u00f1en diferente fisonom\u00eda que no ver\u00e1n, pero non todos: uns, folla perenne, botan \u00f3 mal tempo boa cara, e outros qu\u00e9danse pelados, epro en todo caso, no ver\u00e1n voltar\u00e1n rexurdir. As persoas tam\u00e9n somos algo as\u00ed, rexurdindo despois do pasado.<br \/>\nHoxe, novas sobre a cumbre galaico-asturiana: &#8216;parole, parole, &#8230;&#8217; o que se pode leer sobre a r\u00eda: formarase unha comisi\u00f3n. No meu tempo de novo dic\u00edase que cando queiras non facer nada, nomea unha comisi\u00f3n. Punto. Pero aqu\u00ed, se non \u00e9 a un prazo \u00e9 a outro, van ter que tomar medidas. Esperemos que sexa a curto prazo.<br \/>\nA nivel m\u00e1is achegado (m\u00e1is achegado que Galicia-Asturias?) Balbino e Xos\u00e9 Carlos seguen a darse casta\u00f1a: non \u00e9 nova. E agora van multar os cans pola merda no parque e en r\u00faas. Coido que deberan multar a moita xente antes, por merda, por ru\u00eddos, por animais. Ou ser\u00e1 que comezan polos cans para ensaiar e logo ir\u00e1n polas persoas?. Comezo a desbarrar despois de ver un m\u00ednimo das novas de hoxe. \u00c9 momento de parar.<br \/>\n&#8212;<br \/>\nDe <a href=\"http:\/\/hernannaval.com\/\">Hern\u00e1n Naval, espera de ser colgado no sitio web de Hern\u00e1n<\/a>:<br \/>\n<meta equiv=\"CONTENT-TYPE\" content=\"text\/html; charset=utf-8\"><title><\/title><meta name=\"GENERATOR\" content=\"OpenOffice.org 1.1.3  (Linux)\"><meta name=\"CREATED\" content=\"20060131;7364800\"><meta name=\"CHANGED\" content=\"16010101;0\">            <\/p>\n<table border=\"1\" bordercolor=\"#000000\" cellpadding=\"2\" cellspacing=\"0\" width=\"567\">\n<col width=\"109\">\n<col width=\"448\">\n<tbody>\n<tr valign=\"top\">\n<td width=\"109\">\n<p>Data:<\/p>\n<\/td>\n<td width=\"448\">\n<p>Fonte: La Comarca del Eo<\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"561\">\n<p>T\u00edtulo: Lembrando feitos<\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"561\">\n<p>Autor: Antonio Gregorio Montes<\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"561\">\n<p>Descrici\u00f3n: Unha das moitas pol\u00e9micas \u00e1s que deu orixe a figura de Hern\u00e1n, esta vez despois do seu pasamento. Contestaci\u00f3n a un escrito do grupo PP no governo municipal de Ribadeo en contra doutro anterior de Suso L\u00f3pez.<\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"561\">\n<p>Comentarios:<\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>     <meta equiv=\"CONTENT-TYPE\" content=\"text\/html; charset=utf-8\"><title><\/title><meta name=\"GENERATOR\" content=\"OpenOffice.org 1.1.3  (Linux)\"><meta name=\"CREATED\" content=\"20060131;7364800\"><meta name=\"CHANGED\" content=\"16010101;0\">             <\/p>\n<p align=\"justify\">O primeiro ano tras as elecci\u00f3ns do 96 foi o da volta a insistencia da Deputaci\u00f3n \u00e1 sa\u00eddas por diversos concellos, mal pagadas e con pasarr\u00faas, das que se aceptou algunha para tratar de non quedar mal diante do Concello, e a pesar da ben co\u00f1ecida postura en contra da directiva.<\/p>\n<p align=\"justify\">A finais do 96-principios do 97 Amadores publicou o libro conmemorativo do 5\u00ba aniversario. Buscando financiaci\u00f3n no Concello, d\u00edxosenos que acud\u00edramos a unhas axudas da Xunta, que previamente descartaramos por considerar que non cumpr\u00edamos as caracter\u00edsticas esixidas. A\u00ednda as\u00ed, fix\u00e9molo. As axudas foron denegadas e s\u00f3 a intervenci\u00f3n diante do Alcalde en favor da sociedade fixo posible a concesi\u00f3n dunha cantidade, tras facer menci\u00f3n no libro como colaboradores de entidades da Xunta que se nos dixo que \u00edan axudar.<\/p>\n<p align=\"justify\">O primeiro ver\u00e1n post-elecci\u00f3ns foi tam\u00e9n no que se deu unha situaci\u00f3n particular cun concellal do Equipo de Goberno. Este coincidiu a pasar mentres se montaba o palco na Praza de Abaixo e quedou mirando botando pola lingua de xeito que houbo que frenar algunha xente que estaba facendo a montaxe para non chegar a unha pelexa para a que faltou ben pouco. Tres,&#8230; a modo de exemplo.<\/p>\n<p align=\"justify\">Por outra banda, en relaci\u00f3n \u00e1 Escola, podo falar desde fora, pola relaci\u00f3n que ti\u00f1a co director da banda e por ter fillos alumnos na Escola, pero creo que \u00e9 un erro tratar de pedir a Amadores que certifique sobre a Escola Municipal como se fai no artigo do d\u00eda 16, porque non pode nada m\u00e1is que dar unha versi\u00f3n dende f\u00f3ra. En fin. Dende o ano 96 o Concello perdeu varias veces a subvenci\u00f3n concedida \u00e1 Escola sinxelamente por non pedila en prazo. Asemade, certamente, cambiou o modo de contrataci\u00f3n, co que se puxeron m\u00e1is impedimentos a facela e complicou a organizaci\u00f3n e a calidade segundo o director naquel ent\u00f3n. En fin, non entendo como a algu\u00e9n se lle ocorre preguntar que a ver que cambiou no ano 96, a\u00ednda que s\u00f3 sexa por lembrar que foi a partir de a\u00ed cando houbo xente que veu a necesidade de facer unha APA para a Escola de M\u00fasica e as circunstancias de dito nacemento.<\/p>\n<p align=\"justify\">Dito o anterior, non me resisto a facer alg\u00fan comentario a parte, sin entrar en que pasado un tempo poda ou non opinar m\u00e1is ampliamente sobre os feitos rese\u00f1ados m\u00e1is arriba ou outros de dito periodo.<\/p>\n<p align=\"justify\">Ben, como dic\u00eda, tildar de \u201camigui\u00f1o\u201d a Xes\u00fas (por certo, os amigos en confianza ch\u00e1mano Suso) coido que \u00e9 desco\u00f1ecer a unha persona coa cabeza moi despexada e con capacidade de elixir, entre outras cousas, \u00f3s seus amigos. Pode que non todo o mundo estea de acordo coas s\u00faas elecci\u00f3ns, como \u00e9 natural, pero esa \u00e9 outra historia.<\/p>\n<p align=\"justify\">E \u201cXes\u00fas\u201d, entre outras cousas, no artigo deixa ben claro que o nome de \u201cHern\u00e1n Naval\u201d que lle da \u00e1 Escola \u00e9 para el (na realidade, non s\u00f3 para el) e non o oficial, polo que sentimentos a parte, a correcci\u00f3n sobre a \u201cEscola de M\u00fasica Hern\u00e1n Naval\u201d folga.<\/p>\n<p align=\"justify\">Por \u00faltimo, como actual Presidente da APA da Escola Municipal de M\u00fasica (da que entrei a formar parte da directiva s\u00f3 a comezos deste ano) lembro que segundo os estatutos a\u00ednda vixentes, a APA non ten ningunha finalidade electoralista. \u00d3 contrario, ten que velar polo b\u00f3 funcionamento da Escola p\u00fablica e non partidista que debe ser a Escola Municipal de M\u00fasica. Por eso mesmo, e en previsi\u00f3n de feitos, pido deixar \u00e1 Escola a parte de posibles pelexas pol\u00edticas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Sabes quen \u00e9 Pedro Casald\u00e1liga? Pois un bispo que anda polo Brasil e a quen a igrexa (non a Igrexa) deulle abondo de paus por cousas da &#8216;teolox\u00eda da liberaci\u00f3n&#8217;, a pobreza, a ocupaci\u00f3n de fincas e demais. Non te\u00f1o moi claro o comportamento de xente como el en relaci\u00f3n \u00e1 xerarqu\u00eda, pero o t\u00edo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[51],"class_list":["post-10848","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-hernan-naval"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10848","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10848"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10848\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10848"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10848"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10848"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}