{"id":10847,"date":"2006-02-01T07:41:00","date_gmt":"2006-02-01T06:41:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:17:27","modified_gmt":"2024-11-12T15:17:27","slug":"voltas-coa-ra-de-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/02\/01\/voltas-coa-ra-de-ribadeo\/","title":{"rendered":"A voltas coa r\u00eda de Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/tesonluz2_peq.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/tesonluz2_peq.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\nA pol\u00e9mica sirveuse na cumpre interauton\u00f3mica: r\u00eda de Ribadeo? non, r\u00eda do Eo, Touri\u00f1o dixit. E en Ribadeo xa est\u00e1n co tema de en troques de traballar pola r\u00eda, traballar polo nome. Na sociedade actual, o que se representa ten unha importancia maior do que se fai. Pero \u00e9 triste comprobalo unha e outra vez.<br \/>\nEu defendo o nome de Ribadeo para a r\u00eda, por moitas raz\u00f3ns, pero coido que o mellor que podo facer por ela non \u00e9 chamala, sen\u00f3n facer cousas por ela e repetir o nmoe que eu coido que debe ter en cada unha delas. Par\u00e9ceme o xeito de progresar e adem\u00e1is, de que o que un pensa vaia adiante.<br \/>\nestes d\u00edas adem\u00e1is estou sensibilizado polo tema dos nomes: nunha lista sobre aprendizaxe-e defend\u00edn precisamente ese nome (o correspondente castel\u00e1n) para refer\u00edrmonos \u00f3 que en ingl\u00e9s se chama e-learning, e vaia a que se armou. Tanto que cunha especie de nota de despedida deixei a discusi\u00f3n, pero usando, eso si, &#8216;aprendizaxe-e&#8217; no t\u00edtulo da mensaxe&#8230;<br \/>\nAs\u00ed que, voltando co tema da r\u00eda de Ribadeo, non se chegou a moito, se deixamos a unha beira o emprego dun nome que non lle corresponde e a futura creaci\u00f3n dunha comisi\u00f3n (&#8230; xa dixen outro d\u00eda o que pensaba das comisi\u00f3ns &#8216;con mandato xeral&#8217;). Non se dixo nada de limpala, de non facer recheos, de protexer os tes\u00f3ns, &#8230;<br \/>\n&#8212;<br \/>\n* Un artigo escrito por min en xaneiro do 2005 a conta das I xornadas sobre a r\u00eda celebradas na Veiga (si, en A Veiga de Ribadeo, que de a\u00ed lle ven o nome \u00f3 actual Vegadeo como se pode comprobar a\u00ednda no su templete da m\u00fasica no parque) e que nestes momentos non sei se foi publicado ou non.<br \/>\n<center><strong>Vin a r\u00eda con patos.<\/strong><\/center><br \/>\nS\u00e1bado 22 de xaneiro. Cami\u00f1o \u00e1 Veiga, vexo a r\u00eda a medio encher con patos agrupados al\u00f3, no extremo da marisma descuberta. Nun d\u00eda despexado, unha paisaxe id\u00edlica viaxando para unha das charlas das xornadas sobre a r\u00eda (Jornadas sobre la R\u00eda del Eo, Vegadeo) despois de pasar preto da praia que forma o novo recheo no peirao ribadense.<br \/>\n\u00d3 entrar no local, foi unha sorpresa a ausencia de xente de Ribadeo. A causa non a sei, pero non deixa de ser chamativo que a principal localidade da r\u00eda est\u00e9 pr\u00e1cticamente ausente do patio de butacas (polo dem\u00e1is cunhas corenta ou cincoenta persoas).<br \/>\nAntes de comezar a charla, dame tempo de recoller o material, vexo o patrocinio do &#8216;Oscos-Eo&#8217; e alg\u00fans folletos, entre os que est\u00e1n un adicado \u00f3 Convenio Ramsar e outro titulado &#8216;observando aves en la r\u00eda del Eo&#8217;  a m\u00e1is do d\u00edptico das xornadas e outras informaci\u00f3ns. Dende que no IES Porta da Auga, hai xa dez anos, se fixera un v\u00eddeo sobre a r\u00eda, atopo nesas oito p\u00e1xinas sinxelas en tama\u00f1o A5 do &#8216;observando&#8217; a informaci\u00f3n de m\u00e1is entidade sobre o tema \u00e1 que tiven acceso. Na portada, un esbozo pict\u00f3rico da r\u00eda na que se notan as instalaci\u00f3ns portuarias de Ribadeo, aparecendo a\u00ednda a d\u00e1rsena norte de Mirasol. Penso: \u00e9 posible que sexa a \u00faltima publicaci\u00f3n na que vexo ese detalle.<br \/>\nNos papeis aparece a visita en barca \u00e1 r\u00eda, indo ata Castropol en autob\u00fas, o que me lembra as fotos de barcos atracados \u00f3 peirao veigue\u00f1o. Indago e atopo o dato: a visita non se asomou \u00e1 darsena que se est\u00e1 a rechear.<br \/>\nDeixando polo momento o Convenio Ramsar, comeza a charla &#8216;Los espacios protegidos. La R\u00eda del Eo&#8217;. O conferenciante, da Conseller\u00eda de Medioambiente asturiana, comeza aclarando que far\u00e1 unha revisi\u00f3n hist\u00f3rica dos espacios naturais a nivel nacional e asturiano para centrar o tema da r\u00eda. Polo medio, sae  que non se creou unha figura de protecci\u00f3n para a r\u00eda por desacordo entre os gobernos galego e asturiano; en consecuencia, o f\u00edn tampouco se fala sobre a r\u00eda. Preguntado \u00f3 final polo &#8216;desacordo&#8217;, hai unha resposta entre acusadora e evasiva: \u00e9 absurdo crear unha figura para a parte asturiana e non para a parte galega. Parece que a perspectiva pol\u00edtica ou econ\u00f3mica das instituci\u00f3ns das d\u00faas beiras non coincide. Tema pechado. Outras preguntas que inciden de xeito m\u00e1is lateral sobre o tema non aportan m\u00e1is datos.<br \/>\nVolto coa sensaci\u00f3n de que a nivel pol\u00edtico nos organismos auton\u00f3micos non se te\u00f1en as ideas moi craras (\u00e9 dicir, nas que se crea e defendibles por eso mesmo), nin aqu\u00ed nin al\u00f3, sobre a r\u00eda. E que non coinciden as perspectivas nos diversos estratos, instituci\u00f3ns e empresas por unha beira e pobo pola outra.<br \/>\nMentras, veremos nuns meses como ata uns 70.000 m3 de area do tes\u00f3n son pasados a solo para cami\u00f3ns mentras a lonxitude de peirao se reduce en 100 m. Animo a ver o progreso das obras (non de Ribadeo) &#8230; para poder lembrar e tentar de non repetir o mesmo erro outra vez m\u00e1is.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A pol\u00e9mica sirveuse na cumpre interauton\u00f3mica: r\u00eda de Ribadeo? non, r\u00eda do Eo, Touri\u00f1o dixit. E en Ribadeo xa est\u00e1n co tema de en troques de traballar pola r\u00eda, traballar polo nome. Na sociedade actual, o que se representa ten unha importancia maior do que se fai. Pero \u00e9 triste comprobalo unha e outra vez. [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-10847","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10847","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10847"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10847\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10847"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10847"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10847"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}