{"id":10846,"date":"2006-02-02T07:11:00","date_gmt":"2006-02-02T06:11:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:17:26","modified_gmt":"2024-11-12T15:17:26","slug":"ribadeo-e-alhama","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/02\/02\/ribadeo-e-alhama\/","title":{"rendered":"Ribadeo e Alhama"},"content":{"rendered":"<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/casavella.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/casavella.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\nEstes d\u00edas son novas a aplicaci\u00f3n da lei relacionada co tabaco (a\u00ednda!) na hostaler\u00eda, que en xeral est\u00e1 xa con b\u00f3 cami\u00f1o, Cancio (o Delegado de pesca) que plantea que os barcos de pesca leven turistas para sacarse unhas pelas, balbino que opina que o ascensor panor\u00e1mico de baixada a Porcill\u00e1n ser\u00e1 un monumento m\u00e1is, o Plantaforma que di que non hai vontade de defender a r\u00eda, que a Xunta quere frenar o botell\u00f3n prohibindo a venta de alcholo &#8216;polas noites&#8217;, &#8230; ou un vilalb\u00e9s condenado a c\u00e1rcere por negarse a facer a proba de alcoholemia.<br \/>\nPero, para min, o m\u00e1is representativo para \u00e9 o que parece que xa deixou de ser nova: o caso de Alhama. Non \u00e9 novo no blog, pero volvo cunha amplitude maior. Alhama \u00e9 un pobo de Murcia que ti\u00f1a previsto un plan cunha urbanizaci\u00f3n moi grande, coido que unhas 15000 vivendas. Unha concellal (muller, si, o partido non importa) rachou a disciplina de partido e a urbanizaci\u00f3n foise \u00f3 traste. Como xa aboara en plan &#8216;adianto&#8217; 1,8M\u20ac e pensaba aboar 4M\u20ac m\u00e1is, o Concello resulta que agora non ten nin para pipas, pero librouse dunha monstruosidade para a que, por exemplo, non se sab\u00eda onde \u00eda sa\u00edr a auga. A lecci\u00f3n \u00e9 que un concello endebedado estaba vendendo a s\u00faa alma \u00f3 dia\u00f1o para vivir por riba das s\u00faas posibilidades. Ribadeo ten unha d\u00e9beda que a Mesa de asociaci\u00f3ns est\u00e1 tratando de saber e non lle din, e ten plantexadas non unha macro urbanizaci\u00f3n sen\u00f3n ata 19 urbanizaci\u00f3ns, das que as 4 primeiras \u00edan polas 500 vivendas. A semellanza parece evidente. Falta saber se en Ribadeo haber\u00e1 alg\u00fan valente.<br \/>\n&#8212;<br \/>\nUnha entrada relacionada con Hern\u00e1n:<br \/>\nData:  17\/11\/90<br \/>\nFonte: La Comarca del Eo<br \/>\nT\u00edtulo:  A L\u00daA  (Reticencias)<br \/>\nAutor: HERNAN NAVAL<br \/>\nDescrici\u00f3n: a secci\u00f3n reticencias era unha secci\u00f3n fixa na comarca e este artigo foi un dos primeiros en participar desta secci\u00f3n&#8230; iron\u00eda, alegor\u00edas, filosof\u00eda, pol\u00edticas, poes\u00eda&#8230;que dicir. Entenderiano catro gatos e os que non o entenderan dir\u00edan ..es buen chico pero si se dedicara a dirigir la banda&#8230;.neste artigo se define coma axitador cultural: creo que \u00e9 a mellor definici\u00f3n que se pode dar da s\u00faa persona.<br \/>\nComentarios:-<\/p>\n<p>A L\u00daA<br \/>\nHERN\u00c1N NAVAL<br \/>\n A marxe as singularidades do debut da banda ribadense nos l\u00edmites territoriais da trascendencia que non se bateran, temo que 1992 vaia ser, s\u00f3, o ano da pompa e circunstancia recriadora da ignominia do V Centenario de que un indigno tocaio meu, remoto predecesor de Hormaechea, marchase de copas a M\u00e9xico. A prop\u00f3sito xa campea, xunto \u00e1 necedade, o provincianismo. \u00bfPor qu\u00e9 non lle disputar a Baiona a oriundez de Crist\u00f3bal Col\u00f3n?<br \/>\n De se realizar a ideia que en virtude da mi\u00f1a condici\u00f3n de vicepresidente da Federaci\u00f3n de Asociaci\u00f3ns Culturais galegas (entidade fundada e presidida durante os seus primeiros pasos polo agora alcalde de Ribadeo) me transmitiu hai meses o presidente da Asociaci\u00f3n Cultural \u201cLeiras Pulpeiro\u201d, de Mondo\u00f1edo, que pretende a organizaci\u00f3n polas asociaci\u00f3ns da comarca dunhas Olimpiadas Populares da Mari\u00f1a (bolos, chave, billarda&#8230;) paralelas \u00e1s de Barcelona, non conf\u00edo en que estas ga\u00f1asen caracteres m\u00e1is grandes nas p\u00e1xinas da historia que o mostacho de Maragall.<br \/>\n O que quero dicir \u00e9 que no 92 vai ser farto dif\u00edcil competir publicitariamente con \u201cla Pinta, la Ni\u00f1a y la Santa Mar\u00eda\u201d e m\u00e1is co Cobi de Mariscal, e que por iso ha pasar desapercibido, alomenos aqu\u00ed, de non remedi\u00e1rmolo os axitadores culturais, ao que xa apelo, o primeiro centenario do nascimento en Berl\u00edn do pensador Walter Benjamin. Porque do que hab\u00eda ser o preludio desa efem\u00e9ride, o cincoenta cabodano do suicidio de Benjamin por sobre-dose de morfina nunha s\u00f3rdida pensi\u00f3n de Port-Bou a noite dun 26 de setembro de 1940, asediado pola Gestapo e ao non obter refuxio das autoridades franquistas, acord\u00e1ronse catro fil\u00f3sofos ociosos na Universidade de Barcelona. Na de Barcelona, precisamente.<br \/>\n Part\u00edcipe de heterodoxia l\u00facida da Escola de Frankfurt, e marxista: xudeu que hoxe avergo\u00f1ar\u00edase perante os adoqu\u00edns anagados de sangue palestina de Xerusal\u00e9n.<br \/>\n Benjamin fasc\u00edname porque \u00e9 xenial harmonizando poes\u00eda e filosof\u00eda: \u201cDos dous ti\u00f1a que ser eu, \u00e1 forza, o primeiro en ver o outro. Pois de terme rozado ela cunha fa\u00edsca da s\u00faa ollada, eu ter\u00eda voado polos aires como un dep\u00f3sito de munici\u00f3ns (Einbahnstrasse). Alfaguara ven de re-editar a versi\u00f3n espa\u00f1ola de Berliner Kindheit um neunzehnhumdert (Infancia en Berl\u00edn hacia 1900), incursi\u00f3n auto-biogr\u00e1fica cuxa leitura agora, no intre da unificaci\u00f3n, pode resultar un profil\u00e1ctico exercicio de orgullo por pasaxes pret\u00e9ritos perante o futuro incerto. O cap\u00edtulo A l\u00faa comeza as\u00ed: \u201dA luz que flue da l\u00faa non vai dirixida ao cen\u00e1rio da nosa existencia diurna\u201d.<br \/>\n Di\u00e1fana a l\u00faa na noite de Ribadeo desde hai un tempo. Moderando por un instante a persistente alegor\u00eda, dir\u00eda que desde que hai m\u00e1is de tres anos unha maior\u00eda dos eleitores decidiron con criterio benjaminiano&#8230; Mellor retorno o proceso metaf\u00f3rico, non digan: desde que unha maior\u00eda non suficiente decidiu que \u201ca l\u00faa tivera un xogo f\u00e1cil con este existir\u201d (Walter, dixit). Hoxe, un dedo limpio e forte aponta outra vez \u00e1 l\u00faa: o porto exterior, por exemplo. E como no proverbio chin\u00e9s, o idiota olla o dedo&#8230;<br \/>\n Ser\u00eda mester en meio ano folgar a precariedade, sobrar a escasez, facer absoluto do que agora \u00e9 relativo&#8230; para mellor ver a l\u00faa a\u00ednda, e para que nengunha desesperanza xurda en n\u00f3s como a que xurdiu en Walter Benjamin polo fenecido Berl\u00edn da s\u00faa nenez: \u201cSen embargo, xa estaba desperto, cando tratei de entregarme a estas palabras. E s\u00f3 ent\u00f3n, o espanto, co que a l\u00faa acababa de me cubrir, semellaba ani\u00f1ar en min para sempre e sen esperanza. Pois a diferencia doutros, este despertar non fixou a s\u00faa meta no so\u00f1o, sen\u00f3n que me descubriu que o governo da l\u00faa, que experimentara sendo neno, agardaba at\u00e9 outro evo\u201d.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Estes d\u00edas son novas a aplicaci\u00f3n da lei relacionada co tabaco (a\u00ednda!) na hostaler\u00eda, que en xeral est\u00e1 xa con b\u00f3 cami\u00f1o, Cancio (o Delegado de pesca) que plantea que os barcos de pesca leven turistas para sacarse unhas pelas, balbino que opina que o ascensor panor\u00e1mico de baixada a Porcill\u00e1n ser\u00e1 un monumento m\u00e1is, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[51],"class_list":["post-10846","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-hernan-naval"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10846","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10846"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10846\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10846"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10846"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10846"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}