{"id":10845,"date":"2006-02-03T06:56:00","date_gmt":"2006-02-03T05:56:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:17:23","modified_gmt":"2024-11-12T15:17:23","slug":"estilo-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/02\/03\/estilo-ribadeo\/","title":{"rendered":"Estilo Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/estilo%20Ribadeo.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/estilo%20Ribadeo.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\n&#8230; l\u00f3xico, si, claro. Pero non vai moito que me enterei a\u00ednda que o vira o ano pasado nunha propaganda do Concello citado de pasada. Resulta que os h\u00f3rreos como os da foto, tomada en Vilasel\u00e1n, os dese estilo, ch\u00e1manse &#8216;h\u00f3rreos estilo Ribadeo&#8217;. Certamente, te\u00f1en unha feitura que se diferencia claramente dos da Terra Cha ou dos das r\u00edas baixas, as\u00ed como dos cadrados que se atopan xa ben metidos en Asturias. Nembargante, na zona hai invasi\u00f3n tam\u00e9n de otros &#8216;estilo Mondo\u00f1edo&#8217;, menos numerosos pero abundantes, que parecen m\u00e1is pobres e endebles. Cales foron antes, non o sei: non vin con abonda profundidade a clasificaci\u00f3n do tal &#8216;Frankowski&#8217; onde se fai esa distinci\u00f3n. Pero parece claro que o que pod\u00eda fac\u00edo do estilo rico, o &#8216;Ribadeo&#8217;. E \u00e9 que Ribadeo ten fama dende vai tempo de &#8216;raigame e abolengo&#8217;, vila de influenza na corte (naturalmente, en relaci\u00f3n coa s\u00faa importancia poboacional) e ela mesmo con aires de grandeza. Os numerosos escudos, dos que se fixo un v\u00eddeo xa vai anos (Paco Rivas lembro que participaba dalg\u00fan xeito, a\u00ednda que non do principal) as\u00ed como o n\u00famero de casonas testemu\u00f1an esa importancia.<br \/>\nEstou a preparar unha pequena presentaci\u00f3n sobre Ribadeo, que titulo &#8216;Ribadeo falls&#8217; (Ribadeo desmor\u00f3nase) sobre as casas do casco vello que necesitan ama\u00f1o. Cando este\u00f1a lista, po\u00f1erei un post avisando e enviareina a quen quera, algo m\u00e1is de 20 fotos nun arquivo de non moito m\u00e1is de 1Mb con algo de letra, licenza CC e en principio, en formato nativo de Open Office (&#8230; se algu\u00e9n o quere pasar despois a outro formato usando o Open Office&#8230;)<br \/>\n* Unha nota sobre Frankowski, para quen este\u00f1a interesado: H\u00f3rreos y Palafitos de la Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica (1918) de Eugeniusz Frankowski<br \/>\n&#8212;<\/p>\n<p>De Hern\u00e1n Naval, espera de ser colgado no sitio web de Hern\u00e1n:<\/p>\n<p>  <meta equiv=\"CONTENT-TYPE\" content=\"text\/html; charset=utf-8\"><title><\/title><meta name=\"GENERATOR\" content=\"OpenOffice.org 1.1.3  (Linux)\"><meta name=\"CREATED\" content=\"20060203;7170400\"><meta name=\"CHANGED\" content=\"16010101;0\">            <\/p>\n<table style=\"color: rgb(0, 0, 0);\" border=\"1\" cellpadding=\"2\" cellspacing=\"0\" width=\"642\">\n<col width=\"124\">\n<col width=\"508\">\n<tbody>\n<tr valign=\"top\">\n<td width=\"124\">\n<p><span style=\"font-size:85%;\">Data: 4-5-6\/11\/94<\/span><\/p>\n<\/td>\n<td width=\"508\">\n<p><span style=\"font-size:85%;\">Fonte: Congreso de Bandas Populares de Galiza <\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"636\">\n<p><span style=\"font-size:85%;\">T\u00edtulo: POLA MODERNIZACI\u00d3N<\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"636\">\n<p><span style=\"font-size:85%;\">Autor: HERN\u00c1N NAVAL PARAPAR<\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"636\">\n<p><span style=\"font-size:85%;\">Descrici\u00f3n: Pode servir como idea do texto o seguinte comentario \u201eDEBERIA SER TEXTO OBRIGADO DE ESTUDO NOS CONSERVATORIOS E ESCOLAS DE M\u00daSICA ASI COMO DE LECTURA OBRIGADA PARA DIRECTORES DE BANDA. E O RESUME DA SITUACI\u00d3N QUE NON VARIU DENDE O ANO 94 E DENDE A MORTE DE HERNAN NINGUEN QUIXO VARIAR TAMPOUCO\u201c <\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"636\">\n<p><span style=\"font-size:85%;\">Comentarios: &#8211;<br \/>\n<\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>POLA MODERNIZACI\u00d3N<\/p>\n<p>Hern\u00e1n Naval<\/p>\n<p>Nos \u00e1mbitos do pensamento avanzado sempre se estimou sintom\u00e1ticamente progresista a capacidade humana, individual ou colectiva, para modernizarse, sobre todo cando a cotidianeidade nos colle dist\u00e1ncia e entramos na zona de perigo do aillamento e da ancoraxe na anacronia. Andando a artellar este Congreso, un xornalista perguntounos se seria o obxectivo do encontro dar coa direcci\u00f3n de sa\u00edda dunha suposta encrucillada na que se atopar\u00edan as Bandas populares na Galiza; respostamos que antes de optar hai que saber entre que optar, e que ent\u00f3n o que pretenderia o Congreso seria levar ao colectivo \u00e1 encrucillada antes que sacalo dela. O feito nada anecd\u00f3tico de que non se te\u00f1a rexistrado nen unha soa comunicaci\u00f3n libre (sabemos do proxecto dunha baseada nunha esp\u00e9cie de enquisa s\u00f3cio-cultural que ao cabo non se concretou porque as Bandas requeridas a informar non cumpriron co compromiso de entregar en tempo os impresos da enquisa) (*), o dado, dicimos, ou mesmo que a montaxe da exposici\u00f3n documental paralela o Congreso fose m\u00e1is laboriosa do que puder aparentar ao non enviaren moittas Bandas o material solicitado, d\u00e1 triste conta do mundo taif\u00e1tico (\u201ca n\u00f3s ax\u00fadanos a Deputaci\u00f3n, pasamos da Federaci\u00f3n\u201d) ou auto-complacente (\u201cfixemos vinte festas en Agosto\u201d) en que viven na Galiza finisecular as Bandas Populares de M\u00fasica. Un mundo \u2013disc\u00falpesenos- valorecido.<br \/>\nN\u00f3s temos un ideario alternativo, que esta pon\u00e9ncia quer sintetizar; se quixemos \u2013e por iso pelexamos- organizar en Ribadeo este Congreso non foi por raz\u00f3ns de promoci\u00f3n tur\u00edstica, sen\u00f3n porque pensamos que deste barco, que viaxa con tanto retraso, d\u00e9bense salvar todos os pasaxeiros, mesmo quen, feliz e indocumentadamente, pense que vive no mellor dos mundos posibeis&#8230; Asumimos esa intenci\u00f3n modernizadora mentada; desde os seus presupostos, e reco\u00f1ecendo con amargura que nisto das Bandas Galiza si d\u00e1 as costas a Europa, lanzamos estas nosas propostas co aval emp\u00edrico do humildemente feito en Ribadeo desde hai menos dun lustro.<\/p>\n<p>Dignificar as actuaci\u00f3ns das Bandas<br \/>\nDescrebamos unha estampa. \u00c1s dez da ma\u00f1\u00e1n dun caluroso dia de ver\u00e1n, perto de cuarenta persoas de idades comprendidas entre os dez e os sesenta (!), uniformemente vestidos con camisa branca e garabata cor vi\u00f1o e armados de aboiados metais Rott e desvencixadas madeiras Noblet, adoptan unha formaci\u00f3n militar de catro en fondo; fero o adem\u00e1n, un seu Director ordea o ataque do paso-dobre (con gaitas obrigatto) O Chopo. A foto recolle ent\u00f3n o comezo dunha xornada laboral para esas d\u00facias de persoas na que non importar\u00e1 o feito de que menores de idade realicen traballos que a UNICEF condearia ou que o produto final do traballo, a m\u00fasica, sexa, en boa l\u00f3xica, de escasa calidade. Porque vir\u00e1n hora e pico de dianas e alboradas por r\u00faas, estradas e se se t\u00e9rcia corredoiras da vila ou parr\u00f3quia en festa,, para visitar a casa de don Fulano que deu moito para as festas (m\u00e1is vilego e disimuladamente nobre \u00e9 desprazarse at\u00e9 o asilo de ancianos, pobres); apurarase o tempo nos \u00faltimos tramos, para chegar en tempo \u00e1 consagraci\u00f3n da misa cantada (pode ser campestre) para \u201ctocar\u201d a Marcha Real&#8230;Hai xa beizos que comezan a sangrar cando sae a procesi\u00f3n, que con sorte dar\u00e1 a volta \u00e1 igrexa pero que con m\u00e1 sorte dar\u00e1lle d\u00faas voltas ao povo. Pero non hai problema, porque antes das pezas da misa (\u201csesi\u00f3n vermouth\u201d; hai pretenciosos que lles chaman concerto), os m\u00fasicos, os de dez e os de sesenta, ter\u00e1n tempo para un grolo de ribeiro. Naturalmente, o xoven trompeta fallar\u00e1 no s\u00f3 de El sitio de Zaragoza porque machacou o beizo no flamante pasarr\u00faas, e o ca\u00f1onazo do bombo e redobre da caixa estar\u00e1n acompa\u00f1ados de sereas de autos de choque. A xantar, e a beber. Zarzuela \u00e1s oito, ou antes, para o cultivo eg\u00f3latra dos eruditos mel\u00f3manos locais, nada m\u00e1is, porque axi\u00f1a comezar\u00e1n os pases de verbena at\u00e9 case o mencer&#8230;; \u00e9 impos\u00edbel tocar ben aqu\u00ed chegados, e \u00e9 unha sorte, porque como se faga s\u00f3 regular hai que desfilar ao son et\u00edlico dun paso-dobre de andar arredor do campo da festa&#8230;\u00e1s catro da ma\u00f1\u00e1!.<br \/>\nS\u00ed, estamos a marcar esaxeradamente os caract\u00e9res do cadro. Efectivamente, hai Bandas que te\u00f1en modernizado a s\u00faa indumentaria, os instrumentos son cada vez mellores, e andando t\u00f3case moito, demasiado, Baixo a dobre \u00e1guia. Se cadra s\u00f3 na provincia de Pontevedra se mant\u00e9n a tradici\u00f3n de tocar nas verbenas&#8230;M\u00e1is a secuencia esquem\u00e1tica dunha actuaci\u00f3n dunha Banda galega en ver\u00e1n un d\u00eda de festa segue a ser: tocar para despertar, tocar para honrar santo patr\u00f3ns, tocar para enxugar o aperitivo, tocar para bailar. A Banda, na Galiza, toca para que a escoiten as menos das veces.<br \/>\nAbster\u00e9monos absolutamente de enxuiciar o porqu\u00e9 de car\u00e1cter econ\u00f3mico que podan esgrimir as agrupaci\u00f3ns que mante\u00f1en estes h\u00e1bitos contractuais, e non nos interesan as hist\u00f3rias de diferencias na retribuci\u00f3n deste \u201ctraballo\u201d entre m\u00fasicos dunhas Bandas e doutras en virtude dunha leal\u00edsima compet\u00e9ncia. Oque est\u00e1 claro \u00e9 que a situaci\u00f3n non pode constituir alicente art\u00edstico para neng\u00fan xoven; e se o constitue en princ\u00edpio, acabar\u00e1 dexenerando economicamente e provocando a co\u00f1ecida sangr\u00eda: x\u00f3venes m\u00fasicos feitos en Bandas van parar \u00e1s orquestri\u00f1as de baile, donde ga\u00f1an moito m\u00e1is (felizmente, isto ocorre cada vez menos). Como for, nen art\u00edstico nen econ\u00f3mico o alicente, o m\u00fasico \u00e1brese coa primeira excusa (os estudos, a mili, a moza&#8230;).<br \/>\nInfelizmente, hai instituci\u00f3ns p\u00fablicas que fomentan a persist\u00e9ncia deste m\u00e9todo de actuaci\u00f3n das Bandas; as Deputaci\u00f3ns, verbigratia, participando en distintos tantos por cento (segundo os respectivos conv\u00e9nios provinciais) na financiaci\u00f3n das actuaci\u00f3ns das Bandas nas celebraci\u00f3ns festivas de vilas e aldeas, seguindo en moitos casoso constatados crit\u00e9rios clientelistas (Lugo) tanto na seleici\u00f3n de lugares como de agrupaci\u00f3ns. Pola contra, non promoven a actuaci\u00f3n das Bandas dentro das programaci\u00f3ns culturais de concellos (deses concellos que tan pomposamente exiben ao seu t\u00e9cnico de cultura ou animador sociocultural) ou asociaci\u00f3ns nas que participan, en inverno, \u00e9poca de letargo ou morte c\u00edclica de moitas bandas, e en local pechado.<\/p>\n<p>Reducir as actuaci\u00f3ns incidentais<br \/>\nEis a nosa alternativa: reducir at\u00e9 o razo\u00e1bel as actuaci\u00f3ns de car\u00e1cter incidental, protocolario e mesmo exclusivamente l\u00fadico. Ningu\u00e9n obxecta nada a unha entrada en marcha na praza donde logo se vai oferecer un concerto a un p\u00fablico sentado ou alomenos non aturdido por neng\u00fan tiovivo, pero soprar da Alameda \u00e1 Quintana, labirinticamente, \u00e9 un exceso, por moi vistoso que lles resulte aos turistas xacobeos&#8230;O cauteloso mantenimento de certas tradici\u00f3ns (independentemente do seu valor antropol\u00f3xico) aconsella que toque a Banda na procesi\u00f3n (curta, por favor) do Patr\u00f3n da Vila, na de Corpus se as donas contra o c\u00e1ncer logran desatar presi\u00f3n social, e todo o m\u00e1is no Santo Enterro como sincero agradecimento ao p\u00e1rroco por che deixar a igrexa para os teus concertos durante o ano (ali donde a deixan), pero tocar sete procesi\u00f3ns en tres d\u00edas na Semana Santa de Viveiro (e na de Lugo, en en Ferrol&#8230;) \u00e9 un disparate, por moita solfa que requira a devoci\u00f3n popular e te\u00f1a o atractivo tur\u00edstico que te\u00f1a a Paix\u00f3n do Noso Se\u00f1or.<br \/>\nCando o Rei de Espa\u00f1a visite Ribadeo a Banda ha tocar a Marcha Real, pero non cada vez que se alce un c\u00e1liz&#8230;Co Hino galego inaug\u00farase unha r\u00faa ou claus\u00farase un Congreso, pero fai que \u00e1 t\u00faa Banda a escoiten, en concerto, os peat\u00f3ns ou os congresistas, porque ensaias co cultivo cultural nos miolos.<br \/>\nEn fin, tr\u00e1tase de dar co ponto de equil\u00edbrio que conxugue unha tradici\u00f3n interpretada con patr\u00f3ns culturais (e os seus feitos consumados) coa modernidade e o progreso social.<\/p>\n<p>A funci\u00f3n social das Bandas de concertos<br \/>\nE unha Banda moderna e progresista \u00e9 a que \u00e9 capaz de se erixir en todo intre en colectivo axente cultural, con iniciativa instrutiva e intelix\u00e9ncia nas formas.<br \/>\nA situaci\u00f3n administrativa da maioria das Bandas populares ant\u00f3llasenos id\u00f3nea e male\u00e1bel, por m\u00e1is que sempre perfeit\u00edbel, para os prop\u00f3sitos que neste ponto queremos expo\u00f1er. Na maior parte dos casos unha entidade civil de tipo asociativo promove o conxunto e recaba o apoio, mesmo absoluto, da instituci\u00f3n local. (Non entra nos prop\u00f3sitos desta pon\u00e9ncia a an\u00e1lise, sequer superficial, das f\u00f3rmulas administrativas posibeis para dotar \u00e1s Bandas de Director \u2013presumimos un\u00e1nime a opini\u00f3n de que ha ser profisional- e equipamento instrumental m\u00ednimo; particularmente defendemos a maior implicaci\u00f3n pos\u00edbel dos concellos, o Director con dedicaci\u00f3n exclusiva e obrigas did\u00e1cticas e ensa\u00edstico-concert\u00edsticas, etc.)<br \/>\nA asociaci\u00f3n como cerne da Banda serve para a s\u00faa organizaci\u00f3n e administraci\u00f3n, pero tam\u00e9n hase marcar, l\u00f3xicamente, uns obectivos culturais e sociais al\u00e9n de que cuarenta persoas amenicen festas. O esencial, ao noso entender: a actividade concert\u00edstica p\u00fablica, de car\u00e1cter gratuito, como elemento de difusi\u00f3n cultural e traslaci\u00f3n a p\u00fablicos emerxentes (non sempre ao \u201cmaduro\u201d p\u00fablico de Banda) dun traballo docente pr\u00e9vio con persoas espec\u00edficamente interesadas no co\u00f1ecimento emp\u00edrico do fen\u00f3meno musical t\u00e9cnicamente, por m\u00e1is que a maior\u00eda desas persoas desexe manterse en todo intre no \u00e1mbito do afeizoado praticante ou do dilettantismo, e que senter\u00e1n, co concerto ben organizado e o p\u00fablico agradecido, o valor do seu traballo de estudo e de pr\u00e1tica, case sempre \u00edmprobo; non cobrar\u00e1n moito por un concerto asi, ou non cobrar\u00e1n nada, pero a satisfaci\u00f3n intelectual auto-subscitada ser\u00e1 abrumadoramente maior que a gratificaci\u00f3n econ\u00f3mica de d\u00faas ou tres mil pesetas por andar un kil\u00f3metro tocando at\u00e9 a casa de don Felisindo que deu moito para as festas e ao que non lle gusta a m\u00fasica.<br \/>\nHoxe, estimamos, a conceici\u00f3n dunha Banda ha ser a dunha moderna Banda de concertos. Concertos encardinabeis nas programaci\u00f3ns culturais dos concellos ou de m\u00e1is altas instituci\u00f3ns, concertos promovidos pola pr\u00f3pia Banda, concertos en r\u00e9xime de interc\u00e1mbio con outros conxuntos de similares pretensi\u00f3ns s\u00f3cio-culturais&#8230;<br \/>\nA situaci\u00f3n cultural de Galiza non permite que a maior\u00eda dos seus habitantes te\u00f1a acceso regular a concertos en vivo de m\u00fasica cl\u00e1sica. Excusaremos neng\u00fan longo excurso ao respeito. Sinalar ent\u00f3n que as Bandas concebidas como apontamos sono para ocupar un lugar interm\u00e9dio, culturalmente, entre as programaci\u00f3ns de concertos cl\u00e1sicos que podan ter lugar na Coru\u00f1a, en Compostela ou en Vigo, e a penosa situaci\u00f3n ao comezo da nosa intervenci\u00f3n descrita. Isto \u00e9, institucions e asociaci\u00f3ns deben programar con regularidade e periodicidade razo\u00e1bel concertos de Bandas de M\u00fasica nunhas determinadas condici\u00f3ns: en local pechado se non \u00e9 ver\u00e1n (mesmo en \u00e9poca estival, alg\u00fans concertos, por raz\u00f3ns do programa, deben ter lugar en recintos pechados: audit\u00f3rios, igrexas, sal\u00f3ns de casas de cultura con suficiente aforo para o p\u00fablico e cen\u00e1rio para a Banda, etc.), imprimindo programa de man con notas informativas e formativas, publicit\u00e1ndoos intensa e elegantemente, coidando a orde en todo intre. Estar\u00e1se incidindo socialemnte, formando e sensibilizando a un p\u00fablico predisposto a escoitar e non s\u00f3 a folgar de calquer xeito.<\/p>\n<p>O repertorio<br \/>\nNaturalmente, non serve o repert\u00f3rio m\u00e1is tradicional, os mesmos paso-dobres e as mesmas par\u00e1frases de zarzuela desde hai m\u00e9dio s\u00e9cula ou m\u00e1is. Afortunadamente, son xa ben delas as Bandas galegas que nos \u00faltimos anos se te\u00f1en aberto a outras m\u00fasicas interpretabeis por elas: as versi\u00f3ns de bandas sonoras, as obras orixinalmente escritas para orquestras de vento, obras absolutamente modrnas, etc. Pero coidamos que non abonda co descobrir que en Holanda est\u00e1n as mellores editoriais de m\u00fasica para Banda e que a trav\u00e9s de Val\u00e9ncia p\u00f3dennos chegar os cat\u00e1logos. Hai que pulir o criterio. E non estamos a apelar a unha ren\u00fancia absoluta \u00e1 tradici\u00f3n, donde a peana dos maxistrais paso-dobres Ponteareas ou Lugo-Ferrol est\u00e1 blindada, sen\u00f3n ao seleitivo desterro de moita raps\u00f3dia populista e moito bail\u00e1ble chabacano. Iso, non cair no populismo, \u00e9 un reto que as Bandas debern asumir con aud\u00e1cia. A experiencia est\u00e1 a demostrar que a intelixente combinaci\u00f3n en programa das m\u00fasicas citadas (de cine, orixinal para Banda, moderna) coas trancripci\u00f3ns de obras sinf\u00f3nicas, mantendo en menor proporci\u00f3n p\u00e1xinas moi seleitas do repert\u00f3rio considerado tradicional, cria paseni\u00f1amente un novo publico para a Banda, fundamentalmente xoven (canto tempo a xuventude \u2013como p\u00fablico, non como m\u00fasicos part\u00edcipes- se mostrou reticente coas Bandas!), sen perder en absoluto ao sector tradicional, sempre arelante de, por exemplo, un schotis.<br \/>\nEn coer\u00e9ncia coa opini\u00f3n antes expresada de qque hoxe as Bandas, na Galiza, deben cumprir unha sobranceira funci\u00f3n de dinamizaci\u00f3n social e formaci\u00f3n cultural de emisores e receptores, a pres\u00e9ncia en aumento nos programas de concerto das Bandas da m\u00fasica cl\u00e1sica universal, maiormente a trav\u00e9s de trancripci\u00f3n das p\u00e1xinas sinf\u00f3nicas, \u00e9 case unha obriga \u00e9tica, pol\u00edtica: estamos a falar da educaci\u00f3n.<\/p>\n<p>As Bandas nos m\u00e9dios de comunicaci\u00f3n<br \/>\nAt\u00e9 este momento, resistimos a tentaci\u00f3n de adobar a nosa mensaxe con recurrentes exemplos extraidos da experiencia ribadense (a pol\u00e9mica das procesi\u00f3ns, os concertos de programaci\u00f3n est\u00e1bel na igrexa, o que vimos de dicer sobre o repertorio); a\u00ednda que queiramos darlle car\u00e1cter de tese \u00e1s nosas palabras, folgan, por m\u00e1is que estemos dispostos a comunicar ponderadamente as nosas expereincias a quen por elas se interese. Agora, sen embargo, v\u00e1iseme permitir que conte, sequer polo atallo, o noso paso pola Televisi\u00f3n de Galiza. Como outras Bandas, a de Ribadeo foi convidada a participar nunha emisi\u00f3n do programa \u201cGalicia enteira\u201d, cando \u00e9ste se emit\u00eda en directo. Hai disto un ano exactamente. De contado, mostramos o noso total desinterese, toda vez que o noso estilo non conxugaba en demas\u00eda, m\u00e1is ben en nada, co do programa. Os responsabeis d\u00e9ste libraron unha aut\u00e9ntica batalla diplom\u00e1tica para conquerir que acudisemos; n\u00f3s, e representantes do Concello, quen tampouco eran proclives \u00e1 participaci\u00f3n por raz\u00f3ns semellantes \u00e1s nosas. Aceptamos ao cabo, mesmo vici\u00f1almente presionados. Cando comunicamos a nosa intenci\u00f3n de tocar, nos pouco m\u00e1is de tres minutos oferecidos, a versi\u00f3n de Johan de Meij da banda sonora de Memorias de Africa de John Barry, volveron os problemas. Que o programa cenificaba unha esp\u00e9cie de festa no povo ao que se dedicaba a emisi\u00f3n, que o que ent\u00f3n pegaba era un paso-dobre ou outro aire ledo, que Out of africa era preciosa pero que non pegaba na tele, etc. Claro que a peza por n\u00f3s escollida non pegaba, pero era representativa do noso quefacer, que tampouco pega nese programa e, se me apuran, en neng\u00fan programa da TVG. Aceptamos ir, logo esiximos que se nos aceptase a obra a tocar. Aceptaron malamente. Obviarei detalles organizativos lamentabeis. A Banda saiu ao final cos cr\u00e9ditos sobre-impresionados. Se cadra o \u00fanico posotivo da experiencia foi que os apresentadores se visen obrigados a apresentar \u00e1 Banda e a obra, enon simplemente deixar tocar \u00e1 m\u00fasica da festa, desa s\u00faa festa, con baile de convidados e todo cando o programa se dedicou a outras vilas. Poucos meses despois fumos convidados a facer un play back no programa \u201cLuar\u201d. O problema non \u00e9 tanto o play back como \u201cLuar\u201d, como a propia TVG, esa ordinariez audio-visual. Educadamente dixemos non. Non sei se nos volver\u00e1 chamar para m\u00e1is nada.<br \/>\nFalamos ao comezo da dignificaci\u00f3n das actuaci\u00f3ns das Bandas, e a s\u00faa presencia na TVG non est\u00e1 a ser, case nunca, digna. Pero excusamos laiarnos diso se afinal, por uns segundos cat\u00f3dicos, facemos o que nos manden. A modernizaci\u00f3n pola dignificaci\u00f3n depende de n\u00f3s.<br \/>\nNon hai na TVG \u2013e non hai na TVE e moito menos nas cadeas privadas- un espacio espec\u00edfico, dentro da franxa cultural, dedicado \u00e1s Bandas, como ocorre con R\u00e1dio Galega, da que inmediatamente diremos algo. O desinterese do m\u00e9dio \u00e1udio-visual p\u00fablico da Autonom\u00eda polo que \u00e9 a m\u00e1is importante das manifestaci\u00f3ns culturais populares no \u00e1mbito musical \u2013as Bandas, s\u00ed, as Bandas de M\u00fasica Populares- \u00e9 total e absoluto e estase a demostrar no seguimento, nulo!, que est\u00e1 a facer a TVG do Congreso que estamos a celebrar en Ribadeo; nen a rolda de prensa oferecida&#8230; en Santiago!&#8230; hai quince d\u00edas acudiron&#8230; Un ponto diferente \u00e9 o caso da Radio Galega (donde s\u00ed se dixo algo, a\u00ednda que veloc\u00edsimamente, da apresentaci\u00f3n do Congreso en Rolda de Prensa), por m\u00e1is que conceitualmente, polo xeral, sexa igoal de ramplona a s\u00faa programaci\u00f3n que a Televisi\u00f3n auton\u00f3mica. As Bandas de M\u00fasica Populares de Galiza deben, colectivamente, expresar o seu agradecimento a don Avelino Abuin de Tembra (e aos x\u00f3venes que hoxe continuan co seu espacio dominical) polo seu labor de anos de difusi\u00f3n da m\u00fasica de Banda, pola s\u00faa apolox\u00eda das Bandas&#8230;; este Congreso se cadra sexa a tribuna desde a que manifestar esta consideraci\u00f3n.<\/p>\n<p>As grabaci\u00f3ns<br \/>\nA prop\u00f3sito. Todos lembramos os constantes lamentos de Abuin pola escasez de grabaci\u00f3ns de Bandas disponibeis e mesmo pola escasa calidade da maior\u00eda das que hai. Moitas das emisi\u00f3ns radiof\u00f3nicas eran de expresa grabaci\u00f3n para o programa, case sempre en locais (s\u00e1s de festas, igrexas, centros sociais&#8230;) da mesma vila da Banda. Afortunadamente, moi recentemente te\u00f1en mellorado algo as condici\u00f3ns: \u00e1 pr\u00f3pia RTG disp\u00f3n dun estudo de gravaci\u00f3n que pode albergar unha Banda en case \u00f3ptimas condici\u00f3ns ac\u00fasticas e t\u00e9cnicamente ben dotado, e algunhas Bandas (moi poucas) te\u00f1en descoberto o mundo do compact-disc fronte ao da casette abrasiva de bar de carretera&#8230;<\/p>\n<p>O problema da financiaci\u00f3n<br \/>\nAo f\u00edo dos custosos compact-disc imos falar dos cartos brevemente. Brevemente, porque o problema \u2013que \u00e9 o que son os cartos para as Bandas, un problema- \u00e9 absolutamente pol\u00edtico. E xurde axi\u00f1a unha cuesti\u00f3n de sintonia. Estamos a defender, desde que comezamos a falar (e desde que hai anos comezamos a bregar propagand\u00edsticamente polas Bandas), a modernizaci\u00f3n. Ociosa tarefa, sob risco de cair na puerilidade, se parella \u00e1 modernizaci\u00f3n das Bandas non vai a modernizaci\u00f3n, de direcci\u00f3n pol\u00edtica, do pa\u00eds, e por extensi\u00f3n, a de toda a sociedade galega en todos o s \u00e1mbitos culturais. Dic\u00edamolo ao comezo: modernizarse \u00e9 avanzar. Sinceramente, dubidamos que a actual situaci\u00f3n de correlaci\u00f3n pol\u00edtica sexa favor\u00e1bel \u00e1s Bandas: non hai m\u00e1is que reparar no xeito de investidura do Presidente&#8230;Na memoria de todos est\u00e1, supo\u00f1emos, a gran movilizaci\u00f3n reivindicativa das Bandas galegas a finais de 1991. Te\u00f1en transcorridos tres anos e ten habido com\u00edcios auton\u00f3micos por m\u00e9dio: ten mudado algo a situaci\u00f3n?, debe a Federaci\u00f3n de Bandas exibir a mesma demanda financieira? Reservandonos algunhas valoraci\u00f3ns particulares ao respeito (mesmo dados de concreci\u00f3n improcedente nesta intervenci\u00f3n), apelamos aos congresistas \u00e1 reflexi\u00f3n colectiva, no deebate de despois, sobre eses e outros interrogantes.<br \/>\nHai an\u00e1lises sinalados polo \u00f3bvio. Montar unha Banda de nova criaci\u00f3n require recursos financierios que as sociedades promotoras, por si soas, non poden asumir (profesores de educandos, director, instrumental pesado, uniformes, etc), e moitos concellos tampouco. Renovar, desde a modernidade, tam\u00e9n aqu\u00ed, a Percusi\u00f3n dunha Banda de vello \u00e9 algo que non poden acometer todas as interesadas. E cuarente novos uniformes, elegantes e non pail\u00e1ns? (Para aforrar, segueremos os responsabeis de todas as bandas delinquindo ao fotocopiar partituras e materiais que, mercados, poden fundir o presuposto anoual ao respeito \u2013as que te\u00f1en presuposto para partituras- nunha so adquisici\u00f3n). Etc\u00e9tera, etc\u00e9tera, etc\u00e9tera. \u00c9 cara a modernizaci\u00f3n. \u00c9 car\u00edsima. N\u00f3s defendemos a centralizaci\u00f3n total das subvenci\u00f3ns da Consellaria de Cultura \u00e1s Bandas na Federaci\u00f3n, entidade que \u00e9 suscept\u00edbel de calquer cr\u00edtica que non sexa infantil e que adem\u00e1is \u00e9 perfeitamente fiscaliz\u00e1bel por todos n\u00f3s. \u00bfPor qu\u00e9? Porque hai pol\u00edticos que pensan que a modernizaci\u00f3n que alg\u00fans defendemos estaba antes financiada polo KXB e agora pola CONSEO&#8230; \u00c9 broma , o que ocorre \u00e9 que \u00e1s veces importa m\u00e1is a aniquilaci\u00f3n (econ\u00f3mica, social) do discrepante que a pr\u00f3pia Cultura&#8230;<br \/>\nA neutral Federaci\u00f3n debe ser quen concentre e arbitre. (Igoal funci\u00f3n deber\u00e1n cumprir, te\u00f3ricamente, as secci\u00f3ns provinciais da propria Federaci\u00f3n, e acabar con eses clientelares convenios coas Excmas. Deputaci\u00f3ns Provinciais&#8230;).<br \/>\nConcluiremos este inc\u00f3modo e delicado cap\u00edtulo, o dos cartos, reiterando que a f\u00f3rmula asociativa pode se rpara s aBandas m\u00e1is que o obrigado requerimento para legalizar colectivos ou para federalos (ou mesmo para intentar lexitimar in\u00fatilmente escandalosas subvenci\u00f3ns particulares&#8230;), ou o ardide para eludir o pago do IVE. Un esforzo especial por alcanzar un n\u00famero consider\u00e1bel de s\u00f3cios (en Ribadeo, \u201cAmadores da M\u00fasica\u201d case chega aos 800, pero \u00e9 o mel\u00f3mano e auto-estimado Ribadeo&#8230;, e desc\u00falpesenos m\u00e1is unha vez a alusi\u00f3n ao pr\u00f3prio), pode sup\u00f3r unha humilde pero en absoluto despreci\u00e1bel fonte de ingresos.<\/p>\n<p>Apoio cr\u00edtico \u00e1 LOXSE musical<br \/>\nImos dar cabo \u00e1 nosa exposici\u00f3n, xa demasiado longa, cunha brev\u00edsima reflexi\u00f3n sobre a controvertida Lei Org\u00e1nica Xeral do Sistema Educativo no \u00e1mbito musical.<br \/>\nFronte a sectores do profesorado que no intre do comezo do seu calendario de aplicaci\u00f3n paulatina puxeron en marcha os resortes corporativistas para intentar frear non unha ordeaci\u00f3n coa que se discrepaba en aspeitos t\u00e9cnicos, sen\u00f3n unha lei que afectaba aos chiringui\u00f1os particulares dubidosamente docentes pero absolutamente rentabeis (l\u00e9mbrese a pol\u00e9mica sobre a anulaci\u00f3n dos exames libres&#8230;), fronte a istos, dicimos, n\u00f3s, co\u00f1ecidos os rudimentos da lei (en materia musical, insisto, non analizamos nen valoramos a parte da reforma referida ao ensino xeral prim\u00e1rio ou secundario), manifestamos desde un comezo o noso apoio. Na teor\u00eda (con labor difusora en p\u00fablico vivo e nos m\u00e9dios de comunicaci\u00f3n) e na pr\u00e1tica (abrindo, en Ribadeo \u2013perd\u00f3n-, a primeira Escola Municipal de M\u00fasica reco\u00f1ecida pola Consellaria de Educaci\u00f3n, con Decreto de autorizaci\u00f3n no DOG incluido, de Galiza). A raz\u00f3n: axuda \u00e1 modernizaci\u00f3n xeral do ensino da m\u00fasica, singularmente na Galiza terceiro-mundista, e de xeito substantivo no eido das Bandas de M\u00fasica Populares.<br \/>\nSempre se dixo que as Escolas ou acad\u00e9mias de \u201ceducandos\u201d das Bandas Populares galegas foron durante lustros os verdadeiros Conservatorios de Galiza (teno dito at\u00e9 no Parlamento, recurrentemente, o profesor Xos\u00e9 M.Beiras); delas sairon, sorteando m\u00faltiples dificultades, extraordinarios instrumentistas de vento que logo ti\u00f1an que revalidar os seus co\u00f1ecimentos e a s\u00faa destreza nos Conservatorios oficiais. A LOXSE, agora, permite a formaci\u00f3n reglada dos m\u00fasicos nas Escolas Populares e o seu acceso, chegado o caso, aos estudos profisionais dos Conservatorios de Grao Medio ou Superior coa mesma consideraci\u00f3n que un pianista, que un violoncelista ou que unha soprano. O menor custe en investimento dunha Escola Municipal de M\u00fasica que o dun Conservatorio, pero con planos de ensino a n\u00edvel elemental comparabeis, fai que nos centros primarios que defendemos (sen renunciarmos ao Conservatoriomedio para os aspirantes a profisionalizaci\u00f3n) poda aumentar o plantel de profesorado (canto tempo se andivo con s\u00f3 o Director multi-usos!) e a oferta de especialidades instrumentais (a corda, ouh!, Ribadeo&#8230;), e con maiores m\u00e9dios en equipamento, locais, etc., se a implicaci\u00f3n dos Concellos \u00e9 sobranceira (Ribadeo, Ribadeo&#8230;).<br \/>\nAdemais non se trata de nada novo. O modelo \u00e9 importado. Importado dal\u00ed donde a modernizaci\u00f3n non tardou tanto (Alema\u00f1a, Holanda&#8230;, que emularon a tempo o sistema sovi\u00e9tico triunfante en Cuba: a ver at\u00e9 cando!).<br \/>\nRemato donde comecei, no apelo \u00e1 modernizaci\u00f3n como expresi\u00f3n dun progresismo conceitual. Abandoar as corredoiras e os pantal\u00f3ns con cinta de purpuri\u00f1a. Tocar por sensibilidade cultural colectiva e non para que Cacharro \u2013que non puxo un peso para facer este Congreso- ga\u00f1e outra vez&#8230; Tocar Ponteareas, pero tam\u00e9n a sinfon\u00eda de de Meij que imos escoitar hoxe pola Banda Sinf\u00f3nica de Galiza ou as Variaci\u00f3ns para Orquestra de vento e \u00f3rgano Hammond de Sch\u00f6nberg. Tocar na Televisi\u00f3n se nos garantizan a dec\u00e9ncia. Grabar con calidade se damos artellado un sistema de financiaci\u00f3n mixto (instituci\u00f3ns p\u00fablicas-entes asociativos) que nos permita facelo con Timbais Premier e Tubas Miraphone (\u00e9 un exemplo) nos que saibamos tocar moi ben porque na Escola Municipal de M\u00fasica trab\u00e1llase arreo, con bons profesores, con entusiasmo&#8230;<br \/>\nSer progresista hoxe, ser moderno, \u00e9 adentrarse con aud\u00e1cia, sen perxu\u00edcios e sen complexos, nos territorios sinalados no mapa debuxado nesta pon\u00e9ncia, territ\u00f3rios in\u00e9ditos, polo de agora, para moitas, demasiadas Bandas de Galiza. Este Congreso pode sinalar o comezo do democr\u00e1tico asulagamento deses territorios.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8230; l\u00f3xico, si, claro. Pero non vai moito que me enterei a\u00ednda que o vira o ano pasado nunha propaganda do Concello citado de pasada. Resulta que os h\u00f3rreos como os da foto, tomada en Vilasel\u00e1n, os dese estilo, ch\u00e1manse &#8216;h\u00f3rreos estilo Ribadeo&#8217;. Certamente, te\u00f1en unha feitura que se diferencia claramente dos da Terra Cha [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,51],"class_list":["post-10845","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-hernan-naval"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10845","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10845"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10845\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10845"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10845"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10845"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}