{"id":10844,"date":"2006-02-04T08:49:00","date_gmt":"2006-02-04T07:49:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:17:21","modified_gmt":"2024-11-12T15:17:21","slug":"hoxe-toca-educacin","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/02\/04\/hoxe-toca-educacin\/","title":{"rendered":"Hoxe toca&#8230; educaci\u00f3n!"},"content":{"rendered":"<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/homenaxeSusoPenha.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/homenaxeSusoPenha.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\nHoxe trae o peri\u00f3dico que aumentan os casos de expedientes por indisciplinas educativas. Xa estou afeito a escoitalo, e imos con moito retraso respecto a outros lugares. Neste caso, retraso saudable. Nembargantes, que apareza na prensa que se alerta sobre a situaci\u00f3n non me parece ben. Coido que po propio ser\u00eda ir \u00e1s causas e tratar de atallalas, e coido que eso se est\u00e1 a facer de xeito moi deficiente.<br \/>\nO seguinte tam\u00e9n \u00e9 de educaci\u00f3n, e vai precisamente sobre o atallar de xeito social (como se est\u00e1 a facer e a necesidade de facelo) algunha habitude considerada como antisocial: tam\u00e9n trae que se impo\u00f1en (polo momento de xeito non definitivo, poden interpo\u00f1er recurso, etc) d\u00faas multas de 6200\u20ac a dous locais de Ribadeo por deixar entrar menores. Como a nova \u00e9 pouco expl\u00edcita, pasei \u00f3 DOG e resulta que a) son 3100 a cada local. b) a nova foi publicada no DOG por non poderse comunicar de xeito direito de primeiras. c) os dous locais son o mesmo, sito en avda. de Galicia 8, pero baixo diferente denominaci\u00f3n de titularidade: Ribalider e Skorpio, que \u00e9 o nome que soa m\u00e1is. \u00c9ntrame a d\u00fabida de se ser\u00e1 pagada a multa correspondente despois de ver as circunstancias que remato de expor.<br \/>\nE, de carambola, outra sobre educaci\u00f3n, neste caso, libre: \u00f3 ir ver o DOG, dec\u00e1tome que o sumario aparece en formato .odt. Expl\u00edcome: O &#8216;Open document&#8217; \u00e9 un conxunto de formatos para textos, follas de c\u00e1lculo, etc, aberto, non propietario, que est\u00e1 a usarse cada vez m\u00e1is e que se pode abrir e facer gratu\u00edtamente por exemplo con Open Office, un conxunto de aplicaci\u00f3ns inform\u00e1ticas totalmente gratu\u00edto, descargable na rede para linux, windows, etc, e de c\u00f3digo aberto e libre. Pois ben, parece que xa se est\u00e1 a usar na adminsitraci\u00f3n galega, con abondo adianto sobre o que eu pensaba que suceder\u00eda. Por certo, a min abr\u00eduseme direitamente no navegador, no Mozilla firefox, unha versi\u00f3n xa algo vella, un navegador libre, de c\u00f3digo aberto, licenza gnu, etc. que se pode descargar na rede e que avanza na carga de p\u00e1xinas en xeral m\u00e1is r\u00e1pido que o t\u00edpico MSexplorer.<br \/>\nM\u00e1is? Si, hoxe as novas son moitas. A parte de que se vaia a comezar hoxe a homenaxe a <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Suso_Pe%C3%B1a\">Suso Pe\u00f1a<\/a>, Alfonso Rodil pregoar\u00e1 o antroido, segundo se anuncia. Para min, xa era hora,pois \u00e9 un dos cl\u00e1sicos da <a href=\"http:\/\/gl.wikisource.org\/wiki\/Preg%C3%B3ns_Antroido_Ribadeo\">comisi\u00f3n do antroido<\/a> en Ribadeo. Na ligaz\u00f3n, uns cantos preg\u00f3ns (hai m\u00e1is na <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Preg%C3%B3ns_Antroido_Ribadeo\">wikipedia<\/a>, a ra\u00edz dun libro que fixemos no <a href=\"http:\/\/centros.edu.xunta.es\/iesportadaauga\">IES Porta da Auga<\/a> e que tam\u00e9n est\u00e1 nas s\u00faas p\u00e1xinas, con outros m\u00e1is). \u00c9 educaci\u00f3n esta nova? Non moito, pero por eso met\u00edn &#8216;pola porta de atr\u00e1s&#8217; as publicaci\u00f3ns do IES, nas que contribu\u00edron alumnos.<br \/>\nE unha nova que me deixa descolocado: Acisa quere que Ribadeo sexa &#8216;estaci\u00f3n n\u00e1utica&#8217;. Non sei ben o que \u00e9 eso, pero parece que sinalaron en contra que &#8216;non ten unha oferta de ocio diversificada&#8217;. Significa que teremos algo m\u00e1is que botell\u00f3n e movida? Ent\u00f3n, por min, en principio, benvida. De calquera xeito, tentarei enterarme m\u00e1is&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hoxe trae o peri\u00f3dico que aumentan os casos de expedientes por indisciplinas educativas. Xa estou afeito a escoitalo, e imos con moito retraso respecto a outros lugares. Neste caso, retraso saudable. Nembargantes, que apareza na prensa que se alerta sobre a situaci\u00f3n non me parece ben. Coido que po propio ser\u00eda ir \u00e1s causas e [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[18,70,9],"class_list":["post-10844","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-educacion","tag-ruido","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10844","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10844"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10844\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10844"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10844"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10844"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}