{"id":10842,"date":"2006-02-06T07:29:00","date_gmt":"2006-02-06T06:29:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:17:17","modified_gmt":"2024-11-12T15:17:17","slug":"un-luns-como-outro-calquera","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/02\/06\/un-luns-como-outro-calquera\/","title":{"rendered":"Un luns como outro calquera. Sobre a homenaxe a Suso Pe\u00f1a"},"content":{"rendered":"<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/Turismo.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/Turismo.jpg\" alt=\"\" \/><\/a>Remirei o posteado ontes. Pas\u00f3useme pola cabeza chamalo &#8216;minimalista&#8217;, a\u00ednda que o anexo sobre Hern\u00e1n xa lle quita o significado. E hoxe luns sigo coa mesma. Nebargantes, a foto, da inauguraci\u00f3n da exposici\u00f3n de xente relacionada con Suso Pe\u00f1a, vai noutro sentido. Al\u00ed d\u00edxose de outra forma (e c\u00f3nstame de que \u00e9 certo) que Suso non quer\u00eda ter un protagonismo. Cunha vista as\u00ed, o protagonismo \u00e9 da estructura da Oficina de Turismo e o veleiro do fondo, que prestan soporte \u00e1 vista da xente por baixo. O veleiro, que agora mesmo non lembro quen o fixo, pasou unha boa tempada na casa da cultura, \u00e9 dicir, no primeiro piso da biblioteca, antes de vir decorar a oficina. E, na mi\u00f1a opini\u00f3n, tampouco ten o sitio que debera porque est\u00e1 apartado da circulaci\u00f3n, algo as\u00ed como se estivera en porto e non navegando por alta mar como corresponde.<br \/>\nSobre a exposici\u00f3n? A obra por autor, co \u00fanico denominador com\u00fan de Suso, l\u00f3xicamente ten que ser irregular. Pero non digo m\u00e1is, porque se vas vela, precisamente por esa irregularidade, vaste atopar algunha sorpresa.<br \/>\nS\u00f3 un comentario sobre a r\u00faa Suso Pe\u00f1a: no extremo finalizado, a primeira casa da dereita leva o n\u00famero 5. Por que? Porque, segundo o concello, \u00e9 a \u00faltima casa da esquerda, pois parece que calcularon que vai quedar m\u00e1is cerca do Concello o extremo que est\u00e1 sen rematar. \u00c9 algo que dubido, pero que non consultarei sobre planos. Entre outras cousas, porque se contamos s\u00f3 r\u00faas pasadas, coido que haber\u00eda que pasar menos para chegar \u00f3 extremo rematado que \u00f3 por rematar. Pero de calquera xeito, sirva para ilustrar alg\u00fan tipo de relativismo, que non de relatividade.<br \/>\nUn anegadido tard\u00edo: as verbas de Jos\u00e9 M\u00aa Mart\u00ednez no acto.<br \/>\n&#8220;HOMENAXE A SUSO PE\u00d1A<\/p>\n<p> Eu co\u00f1ec\u00edn a Suso Pe\u00f1a no ver\u00e1n do 1.995 cando paseaba polo Cargadeiro e deume por entrar no Castelo de San Dami\u00e1n. Unha vez dentro, comprobei que hab\u00eda unha exposici\u00f3n de pintura, debuxo e fotograf\u00eda que fac\u00edan os alumnos dun curso que dera Suso o inverno anterior. Ese curso fora organizado pola asociaci\u00f3n cultural D\u00e1maso Alonso da que era presidente Roberto Rodr\u00edguez. Gust\u00e1ronme moito alg\u00fans dos traballos que al\u00ed vin, especialmente un par de retratos de dous nenos que fixera unha se\u00f1ora que acudira \u00f3 curso; eran os seus fillos. Contemplando eses retratos pensei no moito que me gustar\u00eda a min poder facer algo parecido. Tam\u00e9n estaba por al\u00ed un se\u00f1or de bigote, moi extrovertido el, que despois me informaron que era o po\u00f1ente do curso. Cando sa\u00edn de al\u00ed, estiven pensando onde vira eu ese home (Suso) antes, e decateime de que o vira na TVG nun programa que houbera sobre Ribadeo falando sobre algo relacionado coas plumi\u00f1as, e foi a\u00ed onde eu fixen a primeira reflexi\u00f3n sobre a identificaci\u00f3n de Suso con Ribadeo.<\/p>\n<p> Como eu xa co\u00f1ec\u00eda a Roberto, pregunteille por eses cursos, quen pod\u00eda asistir, quen era Suso, etc., e manifesteille a mi\u00f1a afecci\u00f3n polo debuxo. Como me falou moi ben de Suso e como eu xa comprobara os progresos dalg\u00fans dos seus alumnos, tomei a decisi\u00f3n de que o pr\u00f3ximo inverno acudir\u00eda \u00f3s cursos de debuxo que impart\u00eda ese tal Suso Pe\u00f1a.<\/p>\n<p> En novembro do 95 comezaron eses cursos e desde o primeiro d\u00eda quedei gratamente sorprendido polo bo facer de Suso como ensinante e como debuxante. Para min, s\u00f3 velo debuxar na pizarra cando nos explicaba, a\u00ednda que non aprendese nada, fac\u00eda que valese a pena asistir \u00f3 curso. Acud\u00edn \u00e1s clases de Suso ese ano e \u00f3 seguinte, e despois deixou de haber eses cursos, supo\u00f1o que ser\u00eda porque non deron a subvenci\u00f3n pertinente. De t\u00f3dolos xeitos, con curso ou sen el, eu desde ese primeiro momento sempre mantiven unha relaci\u00f3n moi boa con Suso, pois debido \u00f3 interese que eu manifestei polo debuxo, el desde o principio volcouse comigo para corrixirme e axudarme.<\/p>\n<p>Sobre as clases con el e o xeito tan particular que ti\u00f1a de ensinar poder\u00eda contar moitas an\u00e9cdotas; l\u00e9mbrome especialmente dunha que demostra o talante de home ecoloxista que el ti\u00f1a. Estaba un d\u00eda na clase ensin\u00e1ndonos a fixar o carb\u00f3n na cartolina e explicaba os distintos tipos de produtos que hab\u00eda no mercado para este efecto, e cando rematou dixo: \u201cse non queredes comprar ning\u00fan spray, podedes usar este mecanismo que te\u00f1o aqu\u00ed (trat\u00e1base de dous tubos soldados formando un T) e mesturando verniz nitrocelul\u00f3sico \u00f3 80 % (par\u00e9ceme que dixo esta porcentaxe) con \u2026 (non me lembro ben do outro produto), e soplando por este mecanismo dirixido \u00f3 papel, aproveitando o efecto f\u00edsico Venturi, o verniz exp\u00e1ndese polo papel e queda fixado o carb\u00f3n igual que co spray\u201d. A min todo aquel sistema que acababa de expo\u00f1er parec\u00edame moi complicado e non puiden quedarme sen dicirlle: \u201cpero Suso, non che parece excesiva complicaci\u00f3n, non ser\u00e1 moito m\u00e1is simple co spray? Contestoume: \u201ca min \u00e9me igual, a quen non sei se lle \u00e9 igual \u00e9 \u00e1 capa de ozono se usade-lo spray\u201d. Diante desa resposta quedeime sen argumentos para replicarlle. L\u00e9mbrome tam\u00e9n de como sempre dic\u00eda que hab\u00eda que afia-los lapis con navallas de Taramundi, de como un d\u00eda, para explica-las proporci\u00f3ns para debuxa-la figura humana, ensinounos un esqueleto (de pl\u00e1stico, por suposto) \u00f3 que lle chamaba \u201co meu amigo Pascual\u00edn\u201d, de como outro d\u00eda subiu unha banqueta \u00f3 pico dunha mesa e tapouna cunha manta e despois enfocoulle a luz dun flexo para que comprend\u00e9ramos o concepto da profundidade e o papel que te\u00f1en as sombras no mesmo, etc..<\/p>\n<p> Antes dixen que velo debuxar na pizarra era, para min, algo espectacular. L\u00e9mbrome dunha vez en que, partindo dun cilindro que debuxou horizontalmente, empezou a engadirlle elementos ata convertelo nunha nave espacial, despois borroulle o que lle engadira, deixou o mesmo cilindro que antes e empezou a engadirlle novos elementos ata convertelo nun b\u00f3lido de carreiras, e todo esto cunha rapidez e cunha arte do que eu me sent\u00eda marabillado. Noutra ocasi\u00f3n, non me lembro moi ben cal foi a causa, pero o caso \u00e9 que se puxo a debuxar cabalos na pizarra; cunha rapidez pasmosa debuxaba un cabalo cansado, como pisando neve, e enseguida, cambi\u00e1ndolle catro cousas fac\u00eda un cabalo erguido \u00f3s couces e todo encabritado.Velo sombrear, velo manexa-la tiza con aquel arte e aquela soltura, fixo que desde o primeiro momento eu pensara para os meus adentros: \u201ceste tipo \u00e9 un xenio\u201d.<\/p>\n<p> Dende o 97 en diante empecei a debuxar con m\u00e1is asiduidade e, en moitas ocasi\u00f3ns pasei pola s\u00faa casa a ensinarlle debuxos meus para que me orientara e case sempre me dic\u00eda: \u201cmoi ben Jos\u00e9 Mar\u00eda, pero f\u00edxate que aqu\u00ed &#8230;\u201d  e fac\u00edame ver cousas que eu solo era incapaz. Despois igual me quedaba con el un cachi\u00f1o e fal\u00e1bamos do moitos temas, de pol\u00edtica, de ciencia, de cine, de arte, de ecolox\u00eda, etc. Eran esas conversas nas que en media hora \u201carranx\u00e1bamo-lo mundo\u201d, e foi a\u00ed onde me decatei de que era unha persoa que ti\u00f1a unha bagaxe cultural impresionante, e o m\u00e1is admir\u00e1bel de todo \u00e9 que era froito, na maior\u00eda dos casos, dunha formaci\u00f3n autodidacta.<\/p>\n<p> Ademais dun debuxante xenial, dun profesor estupendo, pois ti\u00f1a unha maneira tan gr\u00e1fica de ensinar que era practicamente imposible non aprender con el, era tam\u00e9n unha magn\u00edfica persoa; desprendido, amigo dos seus amigos, era, en fin, un t\u00edo magn\u00edfico. Todo o que ti\u00f1a o prestaba (a min particularmente tenme prestado libros, fotos, cartolina, discos, etc.) ata o punto de que moitas veces non sab\u00eda onde ti\u00f1a as cousas porque hab\u00eda quen non llas devolv\u00eda, e el, por suposto, non as reclamaba.<\/p>\n<p> Sen embargo, e froito da s\u00faa grande calidade humana, \u00e1 hora de ensinar ti\u00f1a un \u201cdefecto\u201d, se \u00e9 que o podemos dicir as\u00ed; era tanto o que sab\u00eda e era tanto o que che quer\u00eda comunicar, que moitas veces atiborr\u00e1bate de informaci\u00f3n ata o punto de que eu \u00e1s veces era incapaz de asimilar todo o que me dic\u00eda. L\u00e9mbrome que noutra ocasi\u00f3n fun \u00e1 s\u00faa casa preguntarlle algo sobre un programa de retoque fotogr\u00e1fico, e como era un tema que lle gustaba tanto, pois tam\u00e9n neso era un xenio, que tantas cousas me dic\u00eda que tiven que paralo e dicirlle: \u201cmira Suso, para un pouco, agora vou practicar con estas seis ou sete cousas que me ens\u00ednache e que te\u00f1o claras e xa virei outro d\u00eda para aprender algo m\u00e1is\u201d. <\/p>\n<p> En fin, non quero rematar sen referirme \u00f3 amor que sent\u00eda por Ribadeo e a s\u00faa comarca, e toda a s\u00faa obra est\u00e1 impregnada dese esp\u00edrito ribadense. Por certo, el dic\u00eda que non falaba galego, que falaba ribadense. As\u00ed pois, penso que esta homenaxe que hoxe lle facemos tena m\u00e1is que merecida, desde o punto de vista dos seus amigos, alg\u00fans dos cales estaremos sempre en d\u00e9beda permanente con el, e desde o punto de vista do pobo de Ribadeo que coa s\u00faa morte perdeu un dos seus fillos m\u00e1is ilustres.<\/p>\n<p>Jos\u00e9 M\u00aa Mart\u00ednez&#8221;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Remirei o posteado ontes. Pas\u00f3useme pola cabeza chamalo &#8216;minimalista&#8217;, a\u00ednda que o anexo sobre Hern\u00e1n xa lle quita o significado. E hoxe luns sigo coa mesma. Nebargantes, a foto, da inauguraci\u00f3n da exposici\u00f3n de xente relacionada con Suso Pe\u00f1a, vai noutro sentido. Al\u00ed d\u00edxose de outra forma (e c\u00f3nstame de que \u00e9 certo) que Suso [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[93,9],"class_list":["post-10842","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-fotos-ribadeo","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10842","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10842"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10842\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10842"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10842"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10842"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}