{"id":10841,"date":"2006-02-07T07:30:00","date_gmt":"2006-02-07T06:30:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:17:10","modified_gmt":"2024-11-12T15:17:10","slug":"hoxe-en-ribadeo-nova-son-eu","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/02\/07\/hoxe-en-ribadeo-nova-son-eu\/","title":{"rendered":"Hoxe, en Ribadeo, a nova son eu"},"content":{"rendered":"<p>Pois eso. Resulta que sa\u00edu a sentencia do xu\u00edzo contra o Concello. Non \u00e9 que me satisfaga moito o resultado, pero o Concello \u00e9 culpable e xa elva acumulado conmigo unha d\u00e9beda de 4500\u20ac que segue a aumentar a raz\u00f3n de 60\u20ac cada mes. E, depende da interpretaci\u00f3n (est\u00e1 pedida unha aclaraci\u00f3n) pode que para o conxunto familiar as cifras se multipliquen por catro. A sentencia valora s\u00f3 a depreciaci\u00f3n da vivenda a precios do 2000, e non considera os danos \u00e1s persoas. Eso significa que a cousa contin\u00faa. Non s\u00f3 o pago mensual que dicta a sentencia ata que se acaben os ru\u00eddos, sen\u00f3n tam\u00e9n que falta outra parte, para min m\u00e1is importante, de considerar e haber\u00e1 que pensar en outro contencioso co concello se non se ve variaci\u00f3n de actitude por aprte dos mandamases municipais. Cousa que, polo momento, non se estima: este mesma fin de semana volveron a medir na casa perto de 60dB, \u00e9 dicir, unha intensidade sonora case 1000 veces a permitida. Sen m\u00e1is comentarios.<br \/>\n<a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/xuizo5_peq.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/xuizo5_peq.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\n&#8212;<br \/>\nUn artigo vello&#8230;<br \/>\nQue dez anos non son nada (Publicado en El Progreso &#8216;A Mari\u00f1a&#8217;, o 26\/08\/03)<\/p>\n<p>Se o bolero pregoaba \u201cque veinte a\u00f1os no son nada\u201c, dez anos ser\u00e1n a metade de nada, logo \u201cnad\u00edsima\u201c. \u00c9 moi pouco, certamente, en comparaci\u00f3n a fen\u00f3menos xeol\u00f3xicos, que se moven en escalas moito maiores que os anos. Nembargantes, en relaci\u00f3n coa vida dunha persoa, son abondo, como se pode observar en diversas situaci\u00f3ns, sen esquecer as caras coas que miran os cativi\u00f1os de oito ou nove anos a outros de dous ou tres, sent\u00edndose xa maiores.<br \/>\nComparemos dez anos de loita con dez anos de festa. Dez anos de festa par\u00e9cenos algo irreal, como insoportable de tanta cantidade de festexo. Dez anos de loita, demas\u00eda tam\u00e9n, a\u00ednda que este\u00f1amos axeitados a estudiar na historia loitas dunha duraci\u00f3n maior: no imperio romano xa existiron escravos que se rebelaron, e a\u00ednda seguen a existir escravos nalgunhas partes a pesares de milenios de loita.<br \/>\nPois unha situaci\u00f3n con \u201cdez anos\/dez anos\u201c, pero en perspectivas opostas no xeito do p\u00e1rrafo anterior remata de darse en Ribadeo, constitu\u00edndo xa un pilar m\u00e1is do derradeiro decenio de historia ribadense. O pasado 17 de xullo fixo dez anos que comecei a protestar polo ru\u00eddo dun local. Os mesmos que cumpr\u00edu dito local, que anunciou a celebraci\u00f3n da festa aniversario para d\u00edas despois. No medio, por unha beira, dez anos de noites producindo ru\u00eddo, primeiro en solitario e un d\u00eda \u00e1 semana e logo cunha recua de locais-compa\u00f1eiros e m\u00e1is extensi\u00f3n tam\u00e9n no tempo. E, chegada unha masa cr\u00edtica, tam\u00e9n cunha compa\u00f1eira: a mesma r\u00faa ateigada de xente a consecuencia da aglomeraci\u00f3n de locais e o pouso da costume de frecuentala ano tras ano. Da outra beira, protestas sucesivas, recurrentes e en aumento tam\u00e9n, tanto pola queixa presentada como pola cantidade de xente implicada, a intervenci\u00f3n de corpos policiais ou o n\u00famero de instituci\u00f3ns afectadas, inclu\u00edndo o Defensor do Pobo, que xa tirou a toalla \u00f3 sentirese impotente, non sen antes meter \u00f3 Concello na s\u00faa particular lista negra.<br \/>\nE a historia segue. Despois deses dez anos, segue a festa e segue a loita. Seguen a darse situaci\u00f3ns con vinte decibelos m\u00e1is dos permitidos para durmir (*) ou a porta do edificio insalubre por devoltos que cheiran a alcool. Seguen a darse casos como o da primeira quincena de agosto, con vulneraci\u00f3n t\u00f3dalas noites do horario de peche (con m\u00fasica, claro&#8230;) e cantinela despois, non cesando nunca antes das seis e empalmando alg\u00fans d\u00edas coa limpeza da r\u00faa. Tam\u00e9n segue a protesta: estas verbas son un acto m\u00e1is nun estado que de por si emprega as estat\u00edsticas para amosar que \u00e9 o m\u00e1is ruidoso do mundo.<br \/>\n&#8230; a historia segue. \u00bfCompletaremos os vinte anos?<br \/>\nAntonio Gregorio Montes<\/p>\n<p>(*) relaci\u00f3n entre 30 decibelios (o permitido legalmente) e 50 decibelios (o sufrido). Para facerse unha idea, a relaci\u00f3n que pode haber entre escoitar alg\u00fan televisor co mando de volume en 9 ou o facelo co mesmo mando en 15.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pois eso. Resulta que sa\u00edu a sentencia do xu\u00edzo contra o Concello. Non \u00e9 que me satisfaga moito o resultado, pero o Concello \u00e9 culpable e xa elva acumulado conmigo unha d\u00e9beda de 4500\u20ac que segue a aumentar a raz\u00f3n de 60\u20ac cada mes. E, depende da interpretaci\u00f3n (est\u00e1 pedida unha aclaraci\u00f3n) pode que para [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-10841","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10841","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10841"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10841\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10841"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10841"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10841"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}