{"id":10836,"date":"2006-02-12T05:20:00","date_gmt":"2006-02-12T04:20:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:17:00","modified_gmt":"2024-11-12T15:17:00","slug":"ribadeo-sbado-noche","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/02\/12\/ribadeo-sbado-noche\/","title":{"rendered":"Ribadeo, s\u00e1bado noche"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/prohibido.jpg\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/prohibido.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Quen vexa o blog, notar\u00e1 a hora de apunte. Tam\u00e9n notar\u00e1 que non \u00e9 a \u00fanica volta que edito a esta hora. Ben, o motivo: o ru\u00eddo. E por hoxe, non comento m\u00e1is.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Naturalmente, os xornais a esta hora a\u00ednda non sa\u00edron, polo que ando escaso de novas. Comento pois a foto.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Como pode verse, non \u00e9 de Ribadeo Pero a situaci\u00f3n ilustra ben o que pasa en moitas circunstancias en Ribadeo: unha norma xera un aviso, neste caso unha prohibici\u00f3n, e non se cumpre e non pasa nada. A sinal de prohibido aparcar di: &#8216;en toda a praza Santa Mar\u00eda&#8217;, \u00e9 dicir, en toda a extensi\u00f3n que se ve na foto e m\u00e1is que non se ve. O cartel debaixo dela axusta: &#8216;excepto puntos autorizados&#8217;, e v\u00e9se que a beirar\u00faa da esquerda \u00e9o. Pero non o mesmo punto onde se axusta a prohibici\u00f3n, ou o situado \u00e1 volta, ou o que se ve \u00f3 fondo. Como se ve, Ribadeo non \u00e9 \u00fanico, pero nalg\u00fans destes desaxustes \u00e9 modelo. E ale, a estas horas, que \u00e9 o mellor que se pode facer? Pode que redactar unha denuncia polos m\u00e1is de 60 dB que estou a soportar nestes momentos. Ou por todas as que xa te\u00f1o feito e o Concello non atendeu. Non o sei a\u00ednda. Queda moita noite e hai tempo; ma\u00f1\u00e1 pola ma\u00f1\u00e1 vir\u00e1n as consecuencias de falta de sono, irritabilidade etc; hoxe, agora, os s\u00edntomas son diferentes.<\/p>\n<p>&#8212;<br \/>\nContinuando o que comecei en decembro, de <a href=\"http:\/\/hernannaval.com\/\">Hern\u00e1n Naval, en espera de ser colgado no sitio web de Hern\u00e1n<\/a>:<br \/>\n   <meta content=\"text\/html; charset=utf-8\" equiv=\"CONTENT-TYPE\"><\/meta><title><\/title><meta content=\"OpenOffice.org 1.1.3  (Linux)\" name=\"GENERATOR\"><\/meta><meta content=\"20060212;5402800\" name=\"CREATED\"><\/meta><meta content=\"16010101;0\" name=\"CHANGED\"><\/meta>            <\/p>\n<table border=\"1\" cellpadding=\"2\" cellspacing=\"0\" style=\"color: black; width: 642px;\">\n<colgroup>\n<col width=\"124\"><\/col>\n<col width=\"508\"><\/col>\n<\/colgroup>\n<tbody>\n<tr valign=\"top\">\n<td width=\"124\">\n<p><span style=\"font-size: 85%;\">Data: 10\/7\/99<\/span><\/p>\n<\/td>\n<td width=\"508\">\n<p><span style=\"font-size: 85%;\">Fonte: EL PROGRESO<\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"636\">\n<p><span style=\"font-size: 85%;\">T\u00edtulo: O \u201cMONEY\u201d DE MARTA S\u00c1NCHEZ<\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"636\">\n<p><span style=\"font-size: 85%;\">Autor: HERN\u00c1N NAVAL<\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"636\">\n<p><span style=\"font-size: 85%;\">Descrici\u00f3n: Xenial ou non? No fondo, a idea de sempre, que podemos explicitar con algo de pompa: a gastar moreas de cartos en merdas varias e a escola nin un peso porque a dirixe un roxo comunista mason e cheira a xofre&#8230;<\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"636\">\n<p><span style=\"font-size: 85%;\">Comentarios:<br \/>\n<\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>     <meta content=\"text\/html; charset=utf-8\" equiv=\"CONTENT-TYPE\"><\/meta><title><\/title><meta content=\"OpenOffice.org 1.1.3  (Linux)\" name=\"GENERATOR\"><\/meta><meta content=\"20060212;5402800\" name=\"CREATED\"><\/meta><meta content=\"16010101;0\" name=\"CHANGED\"><\/meta>            <\/p>\n<p align=\"center\"><u><strong>O \u201cMONEY\u201d DE MARTA S\u00c1NCHEZ<\/strong><\/u><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: 85%;\"> O pasado m\u00e9rcores, de ma\u00f1\u00e1n, despois de \u201cdopparme\u201d de caf\u00e9 cal corredor do Tour para fortalecer as neuronas perante as emoci\u00f3ns que me pudera deparar a leitura dos xornais (sabia que o concerto de ma\u00f1a \u00e1 noite fora apresentado a v\u00edspera en rolda de prensa), abrin istos directamente polas p\u00e1xinas que inclu\u00edan a cobertura do acto informativo no que interviran a v\u00edspera un respons\u00e1bel da programaci\u00f3n do concertos do Xacobeo e m\u00e1is o concellal de Cultura de Ribadeo, o revalidado Manuel Val\u00edn. Eu quer\u00eda co\u00f1ecer os n\u00fameros.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: 85%;\"> Efectivamente, as informaci\u00f3ns recoll\u00edan algunhas destas sum\u00e1rias cantidades: un cenario de 12 por 25 metros, 5.000 sillas&#8230; Pero faltaba a cifra que un, e ben sei que algunha outra xente, procuraba na leitura: os dous d\u00edxitos que desen conta da cantidade de mill\u00f3ns do orzamento dese del\u00edrio musical titulado \u201cDe Roma a Santiago\u201d que ma\u00f1\u00e1 ter\u00e1 lugar, se o mal temppo non o impide, na praia dos Bloques de Ribadeo.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: 85%;\"> Non, o dirixente xacobeo e o concelleiro ribadense non subministraron dado alg\u00fan sobre o custe da merenda, ou os xornais non os recolleron. Pola contra, o xestor xacobinista \u2013 que non xacobino \u2013 prodigouse seique en explicaci\u00f3ns sobre as enormes dificultades que entra\u00f1ou relacionar musicalmente Roma con Santiago, Galiza con It\u00e1lia. Desde a profisi\u00f3n, comprend\u00e9molo. Non sabemos de mui\u00f1eira algunha composta por Luigi Nono, a\u00ednda que tampouco sabemos se entre os condeados a morte en campos de concentraci\u00f3n nazis que escreberon os familiares e amigos as cartas nas que se basea \u201cIl canto sospeso\u201d habia alg\u00fan galego. De Casella tocan os nenos e nenas das escolas de m\u00fasica aires de inspiraci\u00f3n continental diversos pero nengun de influxo galego &#8230; que saibamos. M\u00e1goa que Verdi non soubese \u2013 \u00bfou si? \u2013 do Rexurdimento literario galego, que aparcaba a Dumas e colocaba \u00e1 Violetta de \u201c la Traviata\u201d no barrio chino lugu\u00e9s. Monteverdi, en fin, escrebiu \u201cla incoronazione di Poppea\u201d, non se lle ocorriu compo\u00f1er \u201cla incoronazione di Alfonso X il Sabio.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: 85%;\"> E como non hab\u00eda para onde ir, Albano. Nen sequer Marta S\u00e1nchez, ca\u00edda do cartel a \u00faltima hora. (Conceitualemnte non hai perda algunha pola baixa da S\u00e1nchez: o m\u00e1is mestizo e paneuropeo que se lle ten ouvido cantar, de nova, era unha trepidante versi\u00f3n de Lili Marlen, canci\u00f3n que tam\u00e9n caantaba Liza Minelli en Cabaret, pel\u00edcula na que tam\u00e9n cantaba \u201cMoney&#8230;\u201dConceitualmente, non pasa nada porque non ve\u00f1a Marta S\u00e1nchez; conceitualmente repetimos) \u00bfQu\u00e9 hai de Albano? \u00bfQu\u00e9 canta \u00faltimamente? \u00bfQu\u00e9 gravou recentemente? \u00bfActuou xa no Luar? En prata, se\u00f1ores, \u00bfquen o atura? Ma\u00f1a, nos Bloques \u00bf\u201den directo\u201d?<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: 85%;\"> O \u201cmoney\u201d, o parn\u00e9, vela\u00ed a cuesti\u00f3n. Non puidemos saber o que custa \u2013 o que nos custa &#8211; a metaf\u00f3rica viaxe \u201cmusical\u201d entre It\u00e1lia e Galiza, entre Roma e Santiago parando a comer sardi\u00f1as nos Bloques de Ribadeo, pero x\u00f3gome o diapas\u00f3n a que coa d\u00e9cima parte do montante da ordinariez de ma\u00f1\u00e1 a noite poder\u00edase dotar de fotocopiadora e ordenador \u00e1 Escola Municipal de M\u00fasica de Ribadeo e aumentar o seu cadro de personal cun administrativo-ordenanza con outro profesor ou profesora. M\u00e1is o conceito de divulgaci\u00f3n musical da Xunta \u00e9 m\u00e1is \u201cguay\u201d (en prata, se\u00f1ores, m\u00e1is paleto!): agasallan \u00e1 xente con camisetas coa mascota xacobea e cun disco \u201cIdea original de Alberto Comesa\u00f1a\u201d. Que hip\u00e9rbole!: pensar que o que paira o Comesa\u00f1a de Lugo poda ser calificado de idea &#8230; O da camiseta ama\u00f1ase con lex\u00eda.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: 85%;\"> Habia, sen embargo, outra cifra, outro n\u00famero nas informaci\u00f3ns xornal\u00edsticas: os peregrinos chegados a Compostela no que vai de ano, 600.000, segundo o voceiro Xacobeo. Nen que dicer ten que a maior\u00eda deles mercede a Concertos no Cami\u00f1o como o de ma\u00f1\u00e1 en Ribadeo, na praia dos Bloques, vaia se non. Non se molesten o representante xacobeo nen Manuel Val\u00edn en descontar do p\u00fablico a quen ma\u00f1\u00e1 \u00e1 noite marchemos tomar unha copa \u00e1 beira asturiana da r\u00eda.<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;Quen vexa o blog, notar\u00e1 a hora de apunte. Tam\u00e9n notar\u00e1 que non \u00e9 a \u00fanica volta que edito a esta hora. Ben, o motivo: o ru\u00eddo. E por hoxe, non comento m\u00e1is. &nbsp;&nbsp; &nbsp;Naturalmente, os xornais a esta hora a\u00ednda non sa\u00edron, polo que ando escaso de novas. Comento pois a foto. &nbsp;&nbsp; [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[51,70],"class_list":["post-10836","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-hernan-naval","tag-ruido"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10836","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10836"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10836\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10836"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10836"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10836"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}