{"id":10832,"date":"2006-02-16T08:00:00","date_gmt":"2006-02-16T07:00:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:16:54","modified_gmt":"2024-11-12T15:16:54","slug":"as-manchas-son-perigosas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/02\/16\/as-manchas-son-perigosas\/","title":{"rendered":"As manchas son perigosas"},"content":{"rendered":"<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/manchasaceite.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/manchasaceite.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\nO lixo non senta ben, cae mal. Neste caso, fai caer mal. A mancha de aceite que se observa na foto estaba pola noite do 14 \u00e1 sa\u00edda do parque, e o 15 pola ma\u00f1\u00e1 avisei: a noite anterior caera e xa veremos como vai a mi\u00f1a man a consecuencias da ca\u00edda. Agora est\u00e1 algo cuberta con terra, non \u00e9 probable que volva a caer algu\u00e9n en consecuencia.<br \/>\nBen, tam\u00e9n a presentaci\u00f3n coas fotos sobre inmobles en mal estado est\u00e1 en marcha. Repito: se algu\u00e9n a quere, que a pida, por exemplo, cun comentario no blog: tardarei varios d\u00edas, que non \u00e9 cousa de que est\u00e9 enviando unha a unha, m\u00e1is logo ir\u00e1n.<br \/>\nchamoume ontes a atenci\u00f3n nun xornal que sa\u00edra, a conta da instalaci\u00f3n de uotro gran comercio, unha foto por detr\u00e1s do &#8216;Maxi&#8217; (xa non se chama as\u00ed, pero co\u00f1\u00e9cese as\u00ed e as\u00ed segue) con lixo na zona da v\u00eda. Como se non deixara vai tempo unha carta suxerindo a s\u00faa limpeza e non o puxera en varios sitios m\u00e1is de xeito p\u00fablico.<br \/>\nAs novas de onte son m\u00e1is substanciosas que as ins\u00edpidas de hoxe en ribadeo. Total, que se re\u00fana algu\u00e9n de omenrcio de Santiago cos pequenos comericantes non ten tanto sabor (\u00f3 mellor ten m\u00e1is consecuencias, pero&#8230;) que que o alcalde diga que os EEUU non queren aclarar a morte de Couso, despois de novas e novas de prensa nese sentido.<br \/>\nRespecto \u00f3s ru\u00eddos, parece que algo se move&#8230; f\u00f3ra de Ribadeo: dous locais dos que se queixaron&#8217; 32 veces&#8230; que te\u00f1an sorte.<br \/>\n&#8212;<br \/>\nE, xa que estamos previos \u00f3 antroido, unha lembranza do 97:<\/p>\n<p>&#8216;Presentamos aqu\u00ed o que foi o discurso do preg\u00f3n do antroido 97, le\u00eddo por D.Antonio Gregorio Montes o pasado d\u00eda 7 de febreiro na s\u00e1 de festas Rosa-Lar de Ribadeo&#8230; \u00a1boa lectura!<\/p>\n<p>&#8220;O antroido do futuro&#8221;<\/p>\n<p>Boas tardes.<br \/>\n&#8220;Actuar \u00e9 un luxo que permite mostra-los sentimentos que de outro<br \/>\nxeito dar\u00eda vergo\u00f1a ensinar&#8221;. \u00c9 unha cita de Robert de Niro, que debe saber<br \/>\nabondo do tema, tomada dunha entrevista de &#8220;El Semanal&#8221; de 24 de novembro<br \/>\ndo pasado ano 1996. A traducci\u00f3n \u00f3 noso caso poder\u00eda ser: O disfraz de<br \/>\nantroido permite facer moitas cousas que en outro caso ser\u00edan vistas con moi<br \/>\nmalos ollos (a\u00ednda as\u00ed o son moitas veces). Dito esto, \u00a1pechade a porta!. Que<br \/>\nningu\u00e9n escape.<br \/>\n&#8220;O bo, se \u00e9 breve, d\u00faas veces bo&#8221;, en pluma de Baltasar Graci\u00e1n. Do<br \/>\nque non \u00e9 tan bo, non d\u00ed nada. Polo tanto, temede o peor, porque xa non me<br \/>\nvexo constre\u00f1ido pola sentencia.<br \/>\nParece que este ano son eu o pregoeiro do antroido. Por eso aqu\u00ed<br \/>\nestou, disfrazado de entendido na materia, e tomando as medidas oportunas.<br \/>\nEstou sen toga nin birrete: todo disfraz ten os seus l\u00edmites, e un deles p\u00faxeno<br \/>\na\u00ed. Disfrazarme con roupa non me gusta especialmente, pero actuar xa \u00e9 outra<br \/>\ncousa. E actuar \u00e9 un xeito de disfrazarse. Dende logo, hai outros. Por exemplo,<br \/>\n\u00bfalgu\u00e9n se lembra do antroido que viveu o Inspector Lupa?. Ese s\u00ed que foi un<br \/>\nbo disfraz, tanto cando andaba vendo os disfraces como cando non o fac\u00eda.<br \/>\nA\u00ednda non sei quen foi, e non me parece que o saiba moita xente.<br \/>\nXa metidos en materia, \u00bfpor que me elixiron para o preg\u00f3n?.<br \/>\n\u00c9 unha pregunta que me fixen. Ti\u00f1a o dilema de contestarme a min<br \/>\nmesmo de varias formas. Unha resposta ser\u00eda: &#8220;porque \u00e9s un paiaso&#8221; (poder\u00eda<br \/>\nengadrille despois, por exemplo, &#8220;pail\u00e1n&#8221;, e as\u00ed queda mellor: &#8220;porque \u00e9s un<br \/>\npaiaso, pail\u00e1n&#8221;). Por contra, tamen pod\u00eda contestarme: &#8220;porque \u00e9s serio&#8221; (neste<br \/>\ncaso, engadir\u00eda algo as\u00ed como &#8220;home&#8221;: &#8220;porque \u00e9s serio, home&#8221;).<br \/>\nElix\u00edn o \u00faltimo, gust\u00f3ume m\u00e1is. Por eso mesmo me permito facer un<br \/>\ncomentario como este aqu\u00ed, diante de tanta xente. Eu consid\u00e9rome serio, e o<br \/>\nantroido \u00e9 para que os serios, as persoas que non se permiten o sa\u00edrse do seu<br \/>\npapel, podan rirse e oficiar doutra cousa, po\u00f1erse unha m\u00e1scara. Eso me<br \/>\nmoveu a aceptar.<br \/>\nAs\u00ed, o que me quedaba era disfrazarme. \u00bfDe que?. Pois de<br \/>\nprospector. Non de prospector en busca de petr\u00f3leo, que por esta terra non<br \/>\nparece ter moito futuro, se non precisamente de analista de futuro. Do futuro do<br \/>\nantroido, claro. Eso \u00e9 algo as\u00ed como ser adivi\u00f1o, pero con outro nome tentando<br \/>\ncoller categor\u00eda.<br \/>\nO seguinte foi o preguntarme, \u00bfpor onde pode comezar?. Polo<br \/>\nmomento, e para m\u00edn, o antroido estivo a punto de ser por primeira vez<br \/>\nentroido: descubr\u00edn que a palabra que usaba, antroido, non vi\u00f1a nos<br \/>\ndiccionarios. As\u00ed, estiven por deixar de empregala para ocasi\u00f3ns serias, coma<br \/>\nesta. Nembargantes, entroido nunca a usei, carnaval decid\u00edn fai alg\u00fan tempo<br \/>\ndeixalo para a meseta, lugares lonxanos ou festas con outro significado, e<br \/>\nantroxu, Nal\u00f3n arriba, c\u00e1eme moito m\u00e1is lonxe. Por eso decid\u00edn deixar as<br \/>\ncousas como estaban: antroido, para os amigos.<br \/>\nSon serio, xa o dixen antes. As\u00ed lle dic\u00eda tam\u00e9n \u00f3 protagonista maior,<br \/>\no piloto, \u00f3 Pequeno Pr\u00edncipe. Como o Principi\u00f1o non calaba con esas lerias, e<br \/>\nquer\u00eda saber, continuar vendo mundo, ir \u00f3 seu antoxo, a s\u00faa vitalidade conduxo<br \/>\na unha obra literaria para todo tempo e idade. \u00bfPor que?. Porque a todos nos fai<br \/>\nfalla evadirnos. E iso \u00e9 o antroido. Evasi\u00f3n. A grande evasi\u00f3n. Ademais, como<br \/>\nna pel\u00edcula os prisioneiros do campo de concentraci\u00f3n son \u00f3 fin tristemente<br \/>\ncazados, e as\u00ed remata a s\u00faa ilusi\u00f3n de liberdade, os antroidos tam\u00e9n acaban a<br \/>\ntiro fixo. V\u00f3ltase \u00e1 liberdade condicionada. Condicionada pola nosa historia,<br \/>\nos nosos co\u00f1ecidos, compromisos, &#8230;  en definitiva, por n\u00f3s mesmos.<br \/>\nCentr\u00e9monos na prospectiva do futuro do antroido: a\u00ed van algunhas<br \/>\nreflexi\u00f3ns.<br \/>\nUn. Hoxe en d\u00eda t\u00f3mase como unha festa, e parece que non decae a<br \/>\npesar de que a vida \u00e9, cada vez m\u00e1is, carnaval. Quen non o crea as\u00ed, que lea os<br \/>\nperi\u00f3dicos, vexa a tele ou fale cos amigos, a\u00ednda que sexa de f\u00fatbol. En todos<br \/>\nos rinc\u00f3ns hai carnaval. Nembargantes, ese carnaval pretende ser serio, non \u00e9 o<br \/>\nnoso estilo de antroido. A\u00ednda as\u00ed, \u00e9 previsible que siga a extenderse<br \/>\ncontrastando coas ideas do antroido que por aqu\u00ed se levan.<br \/>\nDous. En Venecia te\u00f1en o seu carnaval de luxo, onde todos queren<br \/>\nser Dogos de seu (non cans, entend\u00e1monos, sen\u00f3n mandamaises). Por R\u00edo o<br \/>\ncarnaval \u00e9 movemento e lucimento da vitalidade (e doutras cousas tam\u00e9n<br \/>\nvitais). Aqu\u00ed o antroido \u00e9 m\u00e1is unha evasi\u00f3n adoitando outro rol e<br \/>\nocult\u00e1ndonos como p\u00edcaros para facer trastadas e figurar como reis, por unhas<br \/>\nhoras, do noso destino. Nembargantes, a idade, a era de inocencia, est\u00e1 a pasar<br \/>\nr\u00e1pidamente. \u00c9 unha inc\u00f3gnita se o noso antroido vai resistir esa falta de<br \/>\ninocencia que se est\u00e1 a incrementar al\u00f3 onde un vaia. Moitas cousas van ter<br \/>\nque cambiar para poder superala. Nembargantes, feitos como que hoxe<br \/>\nestemos aqu\u00ed fan manter a esperanza de que esta evasi\u00f3n pode seguir facendo<br \/>\nos seus efectos ben\u00e9ficos e festeiros por moito tempo.<br \/>\nTres. Non hai tanto o antroido estaba, empero, c\u00e1seque &#8220;morto por<br \/>\norde superior&#8221;. Esa orde non puido con el e aqu\u00ed estamos de novo. \u00bfPode darse<br \/>\nnovamente no futuro o caso dunha prohibici\u00f3n directa ou indirecta?. Non<br \/>\nestamos exentos dela, pero ser\u00eda en balde, como o foi a pasada vez: a festa<br \/>\ncontinuar\u00eda, a\u00ednda que pode que desvirtuado un pouco o seu esp\u00edrito pola<br \/>\nprohibici\u00f3n, \u00f3 estilo da &#8220;lei seca&#8221;. Eso mesmo far\u00e1 cuidarse \u00f3s mandamaises<br \/>\nde tentar algo parello, a\u00ednda que aproveitando as m\u00e1scaras se produzan<br \/>\nalgunhas mascaradas que infrinxan as normas do antroido, que tam\u00e9n as hai.<br \/>\nCatro. Se miramos \u00f3s carnavales de Venecia, R\u00edo, Tenerife, &#8230;,<br \/>\nmesmo os entroidos de Laza, podemos ver que todos van cara \u00e1 grandiosidade,<br \/>\ncada un no seu modelo, cada un \u00e1 s\u00faa velocidade. \u00d3 mesmo tempo, seguen a<br \/>\nser unha actuaci\u00f3n. Nembargantes, a grandiosidade esixe uns xeitos e un<br \/>\ndirixismo que impide manter o sentido do noso antroido. Para vencer outros<br \/>\nmedios vistosos de diversi\u00f3n e\/ou enaxenaci\u00f3n, que eso \u00e9 tamen \u00f3 antroido, e<br \/>\nfacelo ademais dun xeito inocuo, neces\u00edtase cada vez un espect\u00e1culo maior. \u00c9<br \/>\ninevitable, tal como eu o vexo. O antroido ter\u00e1 que ir cambiando para combatir<br \/>\neste efecto ou aliarse con el. A alianza significa m\u00e1is cartos e unha certa<br \/>\nprofesionalizaci\u00f3n, \u00f3 estilo deses outros lugares.<br \/>\nCinco. T\u00e9ntase conservar o de cada un, neste caso o noso antroido,<br \/>\npero a profusi\u00f3n de medios que nos po\u00f1en en contacto con outros lugares van<br \/>\npouco a pouco influenciando esta festa. Non \u00e9 problema, porque hai carnavales<br \/>\nde todo tipo, polo tanto as influencias ser\u00e1n variadas. Esto, esperando que \u00f3s<br \/>\namericanos do norte non se lles ocurra a idea de facer un novo carnaval,<br \/>\nporque se non, Holliwood rematar\u00e1 non s\u00f3 co noso estilo de facelo, senon<br \/>\ntam\u00e9n por facernos creer que se fixo sempre \u00f3 seu xeito. Esperemos asemade<br \/>\nque mante\u00f1an a data do seu Halloween ben alonxada da nosa celebraci\u00f3n, so<br \/>\npena de perder un combate do mesmo xeito que os Reis o est\u00e1n a perdendo<br \/>\nfronte \u00f3 Santa Claus.., e eso que son tres contra un.<br \/>\nAs conclusi\u00f3ns anteriores, se ben son as m\u00e1is xerais, non son as<br \/>\n\u00fanicas.<br \/>\nPor exemplo, visto que non podemos igualar os disfraces sen roupa<br \/>\nque fan as ledicias dos e das turistas en R\u00edo, e tam\u00e9n dos propios cariocas, \u00e9<br \/>\nprevisible que nos busquemos e atopemos novos medios de calefacci\u00f3n para<br \/>\nque as m\u00e1scaras con pouca roupa non sufran os rigores invernais.<br \/>\nNacer\u00e1n novas m\u00e1scaras. \u00c9 un fen\u00f3meno que xa se ven estilando<br \/>\ndende tempo hai, e que est\u00e1 lonxe de esgotarse: na variaci\u00f3n est\u00e1 o gusto,<br \/>\ncomo d\u00ed unha frase que m\u00e1is dun e unha co\u00f1ecer\u00e1n e practicar\u00e1n c\u00f3 gusto<br \/>\nanunciado.<br \/>\nA electr\u00f3nica escalar\u00e1 postos nas preferencias dos antroidos. O<br \/>\nmesmo que se vai metendo en casas ou bancos, non poderia facer unha<br \/>\nexcepci\u00f3n con este fen\u00f3meno social. Xa vimos alg\u00fans artiluxios desa especie<br \/>\noutros anos, como luces ben ama\u00f1adas e sincronizadas, pero \u00e9 posible que non<br \/>\nsexa nada comparado \u00f3 que se avici\u00f1a.<br \/>\nSon previsibles outras incorporaci\u00f3ns no desenvolvemento destos<br \/>\nd\u00edas. O antroido permite o anonimato social, e ven potenciado por el. Hoxe en<br \/>\nd\u00eda est\u00e1nse a extender novas formas de comunicaci\u00f3n que outorgan a<br \/>\nposibilidade do anonimato. Tendo conta destas d\u00faas premisas, p\u00f3dese concluir<br \/>\nque \u00e9 probable que se incorporen novas formas de antroido, por exemplo, &#8220;a<br \/>\ndistancia&#8221;, do mesmo xeito que o 28 de decembro \u00e9 algo extendido usar o<br \/>\ntel\u00e9fono para gastar bromas, mentras que no s\u00e9culo pasado, antes de facer das<br \/>\ns\u00faas o se\u00f1or Bell, evidentemente non se pod\u00eda.<br \/>\nPodemos observar tam\u00e9n que as carrozas motoriz\u00e1ronse. \u00c9<br \/>\nprevisible, co uso dun parque m\u00f3bil m\u00e1is extenso e variado, que esta tendencia<br \/>\ncontin\u00fae, incorpor\u00e1ndose \u00e1 mesma a\u00ednda os disfraces individuais.<br \/>\nUn dos festexos precursores do carnaval era unha especie de circo<br \/>\nnaval fai vinte s\u00e9culos, como din alg\u00fans estudiosos do tema. Do carnaval, si.<br \/>\nDo noso antroido, dub\u00eddoo. Nembargantes, cara \u00f3 futuro, todo \u00e9 que \u00f3 club<br \/>\nn\u00e1utico lle de por ah\u00ed, e ent\u00f3n o noso antroido poder\u00eda ser precursor de esa<br \/>\nproxecci\u00f3n naval futura. \u00c9 posible, e coa motorizaci\u00f3n e en xeral a<br \/>\ninstrumentaci\u00f3n actuais, m\u00e1is f\u00e1cil que noutros tempos. Haber\u00eda que<br \/>\npreguntarlle \u00e1 directiva do club se est\u00e1 pola labor.<br \/>\nO antroido \u00e9 educativo. Seguirase a usar nos centros chamados<br \/>\neducativos para facer algunha que outra trastada, \u00f3 tempo ou a parte da propia<br \/>\neducaci\u00f3n. \u00c9 posible adem\u00e1is, dentro da pol\u00edtica ministerial, a s\u00faa inclusi\u00f3n<br \/>\ncomo li\u00f1a transversal no curr\u00edculum escolar.<br \/>\nFalemos de cartos. Estamos a vivir tempos de privatizaci\u00f3n. Se se<br \/>\npensa en privatizar a xesti\u00f3n de hospitais p\u00fablicos, por exemplo, \u00bfpor que non<br \/>\no antroido?. Nese caso, \u00bfque se preparen as comisi\u00f3ns a non recibir<br \/>\nsubvenci\u00f3ns?. O antroido, te\u00f1a ou non subvenci\u00f3ns, sempre foi p\u00fablico e<br \/>\nsempre foi privado. Sempre necesitou dun esp\u00edritu social para levalo a cabo,<br \/>\npero sempre foron os particulares as m\u00e1scaras. Pola privatizaci\u00f3n, poder\u00e1<br \/>\ncambiar algo o modo de financiamento, pero nada m\u00e1is.<br \/>\nEn canto \u00f3s premios&#8230; \u00e9 bonito e atra\u00ednte para o turismo que os<br \/>\ndisfraces sexan traballados, pero por ese lado \u00e9 dif\u00edcil competir con outros<br \/>\ncarnavales. Nembargantes, a competencia \u00e9 a competencia, e as leis do<br \/>\nmercado infl\u00faen en moitos campos. Pode que o factor m\u00e1is influ\u00ednte no futuro<br \/>\ndesenvolvemento dos premios sexa externo \u00f3 propio antroido: m\u00e1is que a<br \/>\nprivatizaci\u00f3n, a marcha da econom\u00eda en xeral.<br \/>\nEn relaci\u00f3n a outro aspecto, fai pouco le\u00edn que &#8220;os carnavales caen<br \/>\nbaixos este ano&#8221;. Espero que non caian baixo m\u00e1is que polo n\u00famero que ten<br \/>\nasignado o d\u00eda no que comezan, pois non \u00e9 esa a tendencia aqu\u00ed en Ribadeo.<br \/>\nHai que lembrar, sobre esto das datas, que xa se produxeron algunha vez<br \/>\nnoutra temporada: os chamados &#8220;carnavales de ver\u00e1n&#8221;, e a eses si que lles<br \/>\nchamo carnavales. \u00bfL\u00e9mbr\u00e1desvos do que xa dixen sobre a econom\u00eda do<br \/>\nantroido e as influencias externas sobre o noso?. \u00c9 posible que esas festas<br \/>\ncarnavalescas se incrementen, pero non penso que se lles deba chamar<br \/>\nantroido. Ser\u00e1n carnaval. \u00bfA influencia sobre o propio antroido?. Polo<br \/>\nmomento, est\u00e1 a salvo, porque son influenciadas por el e non \u00f3 rev\u00e9s. Perante<br \/>\nc\u00e1nto tempo, eso xa \u00e9 m\u00e1is dificil o dicilo e depender\u00e1 de moitos factores.<br \/>\nPola sequedade da boca ven outra vez \u00f3s meus labios o dito de<br \/>\nGraci\u00e1n: &#8220;o bo, se \u00e9 breve&#8230;&#8221;. Por a\u00ed, pola sequedade, penso que \u00e9 cousa de ir<br \/>\nrematando. Queda para outra o tratar de imaxinar o futuro do antroido en<br \/>\nrelaci\u00f3n a outras moitas facetas. Como exemplo delas sirven a m\u00fasica ou o<br \/>\nsexo.<br \/>\nEn fin, isto \u00e9 a prospectiva: analizar tendencias para vislumbrar o<br \/>\nfuturo. Eu, de calquera xeito, non me fiar\u00eda moito dunha prospectiva do futuro<br \/>\ndo antroido feita por un disfrazado.<br \/>\nA\u00ednda as\u00ed, costoume facela. E te\u00f1o que dicilo, porque \u00e9 tam\u00e9n unha<br \/>\nmet\u00e1fora do antroido. Nestas datas, hai moito detr\u00e1s: ilusi\u00f3n, traballo,<br \/>\nimaxinaci\u00f3n, persoas&#8230; \u00e9 algo matinado para vivir uns d\u00edas m\u00e1xicos antes que<br \/>\nchegue o momento de quitarse a m\u00e1scara.<br \/>\nBen, penso que os obxectivos das cousas d\u00e9bense definir \u00f3 principio.<br \/>\nNembargantes, acordei definilo \u00f3 final, tras ve-las caras dos que me escoitan<br \/>\nhoxe: O obxectivo era sacar \u00e1 luz o esp\u00edrito do antroido. Espero haber axudado<br \/>\na facelo, e con eso remato esta pequena perorata. Meu disfraz xa non vale, este<br \/>\npequeno antroido xa se foi. Agora comeza o antroido de todos. O futuro que<br \/>\nmencionei xa chega. Viv\u00e1molo.<br \/>\nAntonio Gregorio Montes<br \/>\nRibadeo, febreiro de 1997.&#8217;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O lixo non senta ben, cae mal. Neste caso, fai caer mal. A mancha de aceite que se observa na foto estaba pola noite do 14 \u00e1 sa\u00edda do parque, e o 15 pola ma\u00f1\u00e1 avisei: a noite anterior caera e xa veremos como vai a mi\u00f1a man a consecuencias da ca\u00edda. Agora est\u00e1 algo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-10832","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10832","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10832"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10832\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10832"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10832"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10832"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}