{"id":10830,"date":"2006-02-17T07:49:00","date_gmt":"2006-02-17T06:49:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:16:51","modified_gmt":"2024-11-12T15:16:51","slug":"nostalxia-e-futuro-sempre-en-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/02\/17\/nostalxia-e-futuro-sempre-en-ribadeo\/","title":{"rendered":"Nostalxia e futuro: sempre en Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/arcodavella1.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/arcodavella1.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\n<a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/gratitude_Suso_Penha.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/gratitude_Suso_Penha.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><\/p>\n<p>Non \u00e9 melancol\u00eda, \u00e9 circunstancia. Se se miran hoxe as d\u00faas ilustraci\u00f3ns do post, verase a complementareidade, e poderase xulgar a oportunidade. Unha delas, a pomba de voluntarios, e un xeito no que <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Suso_Pe%C3%B1a\">Suso Pe\u00f1a<\/a> tratou de agradecer \u00f3s voluntarios do Prestige. Est\u00e1 feita no 2002, en decembro, de acl\u00e1rase no correo de env\u00edo que \u00e9 libre, nas s\u00faas verbas, &#8220;&#8230;as\u00ed que (sin modificaci\u00f3ns nin uso lucrativo), p\u00f3dese distribuir ou reproducir por calquer medio.&#8221; Chegou ontes \u00e1s mi\u00f1as mans despois de pedirlla a Carlos \u00c1lvarez Lebredo, que a citou na charla que deu sobre Suso.<br \/>\nA outra foto e dun arco da vella sobre a zona dos institutos en Ribadeo: Unha lembranza pasaxeira que din de paz entre ceo e terra, e, \u00f3 tempo, unha obra de arte que capturei como puiden e aproveito para po\u00f1er como contraprestaci\u00f3n abondo menor \u00e1 obra de Suso.<br \/>\nHoxe, na Voz de Galicia, sae un escrito sobre Suso, de agradecemento, e outro no que aparezo nomeado eu sen estar feito por min, sen\u00f3n por Carlos Cid &#8216;Urbanismo e pol\u00edtica en Ribadeo&#8217;. Recomendo unha ollada a ambos.<br \/>\nPor outra banda, o meu traballo de base fotogr\u00e1fica &#8216;Ribadeo falls&#8217; parece que entrou con b\u00f3 p\u00e9 na vida da vila. Xa chegou a abondos lugares e parece que ten unha certa repercusi\u00f3n pr\u00e1ctica.<br \/>\nAta aqu\u00ed, o de nostalxia. Sobre o futuro, clauera que vexa hoxe a prensa pode estar algo m\u00e1is pesimista que ontes, a menos que se pense en trermos de loita por dereitos e se este\u00f1a disposto a loitar. T\u00edtulos:<br \/>\n&#8211; O Alcarav\u00e1n III, barco de aduanas, s\u00f3 est\u00e1 operativo 15 d\u00edas \u00f3 mes. Ou sexa, 15 d\u00edas de entrada libre de droga na zona? Esperemos que non sexa as\u00ed.<br \/>\n&#8211; Este ano non se mellorar\u00e1 o vial Reme-Vilamar. A vez pasada houbo manifestaci\u00f3ns para lograr unha mellora&#8230;<br \/>\n&#8211; Este ano non haber\u00e1 queima do antroido. Home, non \u00e9 que nos faiga falta, pero&#8230;<br \/>\n&#8211; Detidas tres moulleres por roubos diversos.<br \/>\n&#8211; O c\u00e9lebre e tan tra\u00eddo porto de Ribadeo pecha \u00f3s mercantes polo temporal. Eso, despois de ocupar cada vez m\u00e1is r\u00eda e de anunciar ontes un estudo algo que te\u00f1o xa visto e rexistrado en fotos: que a area na r\u00eda \u00e9 imparable. Coido que o que \u00e9 imparable \u00e9 o porto exterior, por moito que se empe\u00f1en.<br \/>\nMenos mal que tam\u00e9n se convoca un concurso de ideas para mellorar a parte dos soportais da Avda. de Galiza.<br \/>\nComo esta segunda parte parece unha revista de prensa, paso agora \u00e1 &#8216;terceira&#8217;<br \/>\n&#8212;<br \/>\n  <meta equiv=\"CONTENT-TYPE\" content=\"text\/html; charset=utf-8\"><title><\/title><meta name=\"GENERATOR\" content=\"OpenOffice.org 1.1.3  (Linux)\"><meta name=\"CREATED\" content=\"20060217;8162100\"><meta name=\"CHANGED\" content=\"16010101;0\">             <\/p>\n<table border=\"1\" bordercolor=\"#000000\" cellpadding=\"2\" cellspacing=\"0\" width=\"648\">\n<col width=\"125\">\n<col width=\"513\">\n<tbody>\n<tr valign=\"top\">\n<td width=\"125\">\n<p>Data: 03\/07\/93<\/p>\n<\/td>\n<td width=\"513\">\n<p>Fonte: La Comarca del Eo<\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"642\">\n<p>T\u00edtulo: Il cimento dell&#8217;armon\u00eda e del&#8217;inventione<\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"642\">\n<p>Autor: Hern\u00e1n Naval<\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"642\">\n<p>Descrici\u00f3n: Unha resposta a un artigo anterior, de    protesta polo esprito manifestado polo director para a banda.<\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"642\">\n<p>Comentarios:<\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>      <meta equiv=\"CONTENT-TYPE\" content=\"text\/html; charset=utf-8\"><title><\/title><meta name=\"GENERATOR\" content=\"OpenOffice.org 1.1.3  (Linux)\"><meta name=\"CREATED\" content=\"20060217;8162100\"><meta name=\"CHANGED\" content=\"16010101;0\">            <\/p>\n<p align=\"center\" lang=\"es-ES\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\"><u>\u201c<span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:130%;\"><strong>IL<\/strong><\/span><\/span><\/u><span style=\"text-decoration: none;\"><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:130%;\"><strong> <\/strong><\/span><\/span><\/span><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:130%;\"><strong><u>CIMENTO<\/u><u>DELL\u00b4ARMON\u00cdA<\/u><u>E<\/u><u>DELL\u00b4INVENTIONE\u201d<\/u><\/strong><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"right\" lang=\"es-ES\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\"><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:85%;\"><strong>HERN\u00c1N NAVAL<\/strong><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"es-ES\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\"><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:85%;\">Ant\u00f3nio&#8230; Vivaldi, adem\u00e1is de compositor e violinista, era crego e pelirroxo; os seus bi\u00f3grafos contan unha an\u00e9dota para-hist\u00f3rica: Estando a dicer misa, v\u00e9ulle a inspiraci\u00f3n (divina, supo\u00f1emos) e abandoou o oficio relixioso antes de rematar para ir traballar nunha partitura. O autor do m\u00e1is estremecedor Gl\u00f3ria quizais xam\u00e1is composto, ten un tocaio in-apelidado en Ribadeo para quen unha priorizaci\u00f3n da m\u00fasica como feito criativo e cultural sobre o seu uso incidental como fetiche, como a presuntamente protagonizada hai case tres s\u00e9culos polo mestre do Barroco musical italiano, puidera constituir pedra de esc\u00e1ndalo e excusa para outra andanada an\u00f3nima (ou semi-an\u00f3nima) na Comarca. A inquiridora carta de don Ant\u00f3nio, publicada neste semanario o 26 de Xu\u00f1o baixo o t\u00edtulo \u201c\u00bfPara qu\u00e9 sirve la Banda de M\u00fasica?\u201d, hai tempo que estaba anunciada e instigada; al\u00e9grome de que ao cabo se publicase algo: as\u00ed podemos reiterar por escrito cal \u00e9 o expediente en curso da Banda Municipal de Ribadeo sen que pareza unha proclama gratuita ou a resposta p\u00fablica ao incesante exerc\u00edcio do m\u00fasculo viperino por parte dalg\u00fans e dalgunhas a quen, como pesa de xin\u00e1sio, o mesmo lles val unha escollera, unha mini-falda ou o soldo de 350.000 pesetas do Director da Banda..<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"es-ES\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\"><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:85%;\">Antes de nada, gracias a don Antonio por me reco\u00f1ecer profisionalidade, pero debo confesar que non te\u00f1o pu\u00f1eteira idea do que \u00e9 \u201cel doblaje y redoblaje del tambor\u201d. Falarei, ent\u00f3n de cuesti\u00f3ns menos intelectuais.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"es-ES\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\"><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:85%;\"><u><strong>Acad\u00e9mia popular de m\u00fasica&#8230;<\/strong><\/u><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"es-ES\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\"><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:85%;\">Comecei a impartir leici\u00f3ns coleitivas de Solfexo e individuais e de conxunto de distintos instrumentos de vento-madeira, vento-metal e percusi\u00f3n, na Academia de M\u00fasica \u201cCarlos Cid\u201d de Ribadeo, no mes de Outubro de 1989. Desde ent\u00f3n at\u00e9 hoxe, m\u00e1is de duascentas persoas (nomeadamente, rapaces e rapazas) te\u00f1en seguido con diferente adicaci\u00f3n algunha destas ensinanzas. Este curso, coa entrada en vigor da LOXSE en materia musical impartiuse tam\u00e9n canto coral. Perto de cincuenta alunos dalg\u00fan destes grupos te\u00f1en concorrido a exames libres ou oficiais de Conservatorios galegos con rotundo \u00e9xito acad\u00e9mico; alg\u00fans mesmo est\u00e1n a piques de obter a diplomatura elemental dalg\u00fan instrumento, o que conleva o dominio do Solfexo a nivel medio ou superior. Hai quen xa pensa na futura profisionalizaci\u00f3n. Esta mesma semana comezaron na Academia clases de introduci\u00f3n \u00e1 Harmon\u00eda para os m\u00e1is avantaxados compo\u00f1entes da Banda Municipal. Tam\u00e9n, clases de Solfexo inicial para novos alunos; desta volta eliminouse a condici\u00f3n de t\u00e9rense cumprido os oito anos de idade para poder asistir as clases, ficando como condici\u00f3n \u00fanica a pert\u00e9ncia da familia \u00e1 Asociaci\u00f3n \u201cAmadores da M\u00fasica\u201d, promotora da Academia, por d\u00faas mil pesetas&#8230; ao ano! E quince educandos comezaron a se instruir no manexo de instrumentos musicais para posteriores ampliaci\u00f3ns da pranti\u00f1a da Banda. Porque a Academia e, compre reiteralo, a canteira permanente da Banda Municipal de Ribadeo.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"es-ES\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\"><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:85%;\"><u><strong>&#8230;e moderna banda&#8230;<\/strong><\/u><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"es-ES\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\"><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:85%;\">Poder\u00edase ensaiar unha estimaci\u00f3n aproximada do n\u00famero de persoas que te\u00f1en escoitado \u00e1 Banda de M\u00fasica de Ribadeo, en concerto, dende a s\u00faa presentaci\u00f3n ao p\u00fablico o 25 de Xaneiro de 1992. Poder\u00edase, dar\u00edamos cunha estat\u00edstica coma outra calquera. Non \u00e9 o intre. Foi moit\u00edsima xente, \u00f3bvio \u00e9. Mais da que alg\u00fans pensan. Porque, aparte dos concertos en Ribadeo -dos que algo diremos tam\u00e9n- sempre m\u00e1is publicit\u00e1beis, a banda xa tocou, a un ano de vida, perante o p\u00fablico de A Ponte de Arante, da Devesa (coa Igrexa abarrotada) e de Cubelas. Calquer domingo encher\u00e1, sen d\u00fabida, a Igrexa Parroquial de Santalla de Vilaosende. A mesma compostura da que fai gala o p\u00fablico vilego fronte a un concerto, const\u00e1tase nos povoadores do campo, co m\u00e9rito engadido de que \u00e9stes, por raz\u00f3ns s\u00f3cio-econ\u00f3micas que non \u00e9 necesario precisar, non desfrutan da virtualidade do acceso a actos culturais en vivo coa mesma cotidianeidade que os ribadenses urbanos. Velaqu\u00ed un factor de utilidade da Banda Municipal de Ribadeo na que poucos reparan. <\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"es-ES\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\"><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:85%;\">Desde o referido 25 de Xaneiro do ano pasado a hoxe, a Banda Municipal de Ribadeo ten tocado na vila, se o arquivo de programas non falla, unha d\u00facia de veces, sempre sen cobrar entrada, na Igrexa, no Parque, no Teatro e na Capela da Vener\u00e1bel Orde Terceira. Non van na conta os concertos semi-restrinxidos ao p\u00fablico com\u00fan oferecidos na Capela do Convento de Santa Clara, no Hospital, para os habitantes das d\u00faas instituci\u00f3ns, e nos Col\u00e9xios P\u00fablico e \u201cSagrado Coraz\u00f3n\u201d, concertos did\u00e1cticos para contribuir \u00e1 formaci\u00f3n integral dos escolares. Tampouco contamos a grabaci\u00f3n dunha hora para a RTG, que supuxo un s\u00e1bado inteiro de traballo e intensos ensaios pr\u00e9vios, e que foi emitida pola emisora auton\u00f3mica o 18 de Abril. Por todas estas actuaci\u00f3ns, os compo\u00f1entes da Banda, m\u00fasicos afeizoados que consideran que a humilde formaci\u00f3n musical que receben \u00e9 para as\u00ed mostrala, non te\u00f1en recebido remuneraci\u00f3n algunha, pero sabemos que lembran con agarimo as formidabeis merendas coas que foron agasallados polas irm\u00e1ns clarisas e polas rexidoras do hospital municipal. Do conxunto dos concertos p\u00fablicos citados, quero facer menci\u00f3n especial de un, sen cair en sob\u00e9rbia algunha. \u00c9 o especial de m\u00fasica relixiosa celebrado na Capela da VOT o xoves 8 de Abril, co gallo da Semana Santa. Das sete obras programadas \u2013algunhas de longa duraci\u00f3n, outras divididas en v\u00e1rios movimentos, seis eran estrea por esta Banda. O <u>Prel\u00fadio Coral<\/u> de Willy Hautvast \u00e9 de consider\u00e1ble  dificultade t\u00e9cnica, pero menos que a <u>M\u00fasica F\u00fanebre Mas\u00f3nica<\/u> de Mozart. De Wolfang Amadeus Mozart, digo, igoal que o motete <u>Ave verum corpus<\/u> que non se trata dun schotis cupleteiro. Para tocarmos o <u>Stabat Mater<\/u> de Pergolesi e o <u>Panis angelicus<\/u> de C\u00e9sar Franck os solistas de metais houberon deixar na casa nervos e temores. O concerto fora preparado en pouco m\u00e1is dun mes, pois at\u00e9 Febreiro estiv\u00e9ramos traballando, desde o Nadal (non houbo vacaci\u00f3ns) no concerto de aniversario, tam\u00e9n cun cincoenta por cento de programa a estrear. Un e outro concertos forman parte da programaci\u00f3n da Banda para 1993 que os s\u00f3cios co\u00f1ecen desde primeiros de ano pois envi\u00f3uselles postalmente. De tal programaci\u00f3n son tam\u00e9n o concerto do D\u00eda das Letras (cun recital po\u00e9tico paralelo a c\u00e1rrego do Grupo de Teatro da Agrupaci\u00f3n \u201cFrancisco Lanza\u201d: imaxine o leitor o laborioso proceso de coordinaci\u00f3n), os concertos did\u00e1cticos, o de paso-dobres que daremos dentro de poucas semanas, o das xornadas culturais \u201cMar por Medio\u201d con m\u00e1is estreas de obras inglesas), o da Patroa, o de m\u00fasica de c\u00e1mara para Santa Cecilia (o ano pasado quix\u00e9ramolo dar conxuntamente coa Polif\u00f3nica, pero para n\u00f3s si houbo excusas) e o de valses e opereta que ofreceremos en fin de ano. Non deber\u00eda ser necesario aclarar que a preparaci\u00f3n de cada un destes concertos por m\u00fasicos x\u00f3venes, afeizoados, cangados de obrigas e outras ocupaci\u00f3ns (estudos, traballo, etc&#8230;), require unha constante e sacrificada programaci\u00f3n de ensaios case diarios, pero parece que hai quen pensa que con soprar un pouco abonda.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"es-ES\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\"><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:85%;\"><u><strong>&#8230; de concertos<\/strong><\/u><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"es-ES\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\"><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:85%;\">Ou sexa, mod\u00e9stia aparte, que a Banda Municipal de Ribadeo quer ser unha Banda de Concertos. Unha moderna Banda de Concertos. Non sabemos de Banda algunha, popular e afeizoada, que te\u00f1a asumido unha programaci\u00f3n a un ano como a nosa: concertos de x\u00e9nero, concertos did\u00e1cticos, estreas de obras de nova m\u00fasica para Banda, ensaio de novas experiencias multim\u00e9dia (primeiro, o acompa\u00f1amento do recital po\u00e9tico; alg\u00fan d\u00eda, a \u00f3pera que paseni\u00f1amente estamos a conceber). Por isto todo, desde un princ\u00edpio, as nosas intervenci\u00f3ns incidentais (desfiles procesionais, por exemplo) limitaronse a moi circunstanciais ocasi\u00f3ns, como a procesi\u00f3n civil do dia da Patroa ou a celebraci\u00f3n oficial do d\u00eda de Santiago, Dia da Patria Galega. <\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"es-ES\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\"><span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:85%;\">A asunci\u00f3n, preparaci\u00f3n e mantenimento dunha programaci\u00f3n de concertos anual e est\u00e1bel como a aludida, como a da Banda Municipal de Ribadeo, como a nosa, como a de todos vost\u00e9s, non \u00e9 facilmente compat\u00edbel cunha constante presencia da Banda nas procesions relixiosas. Se reparando nos nosos concertos, gratuitos, populares, concebidos como serv\u00edcio cultural p\u00fablico e non como instrumento funcional ou econ\u00f3mico, alg\u00fans (\u00bfcantos?) a\u00ednda preguntan \u201c\u00bfPara que sirve la Banda de M\u00fasica?\u201d, haber\u00e1 que chegar a unha transacci\u00f3n, a un acordo a d\u00faas bandas, igrexa-banda. Non sei se \u201cSemana Santa y, sobre todo el Corpus\u201d ou viceversa ou o Primeiro (domingo) de Maio. Cimentemos a harmon\u00eda, como propu\u00f1a Ant\u00f3nio, pero o signore Antonio Vivaldi, non o in-apelidado Antonio de Ribadeo.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"es-ES\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\">    <span style=\"font-family:Times New Roman,serif;\"><span style=\"font-size:85%;\">O de Tapia, un embarque&#8230; A vontade do Director, posta en d\u00fabida, \u201cIl cimento dell\u00b4 armon\u00eda&#8230;\u201d Don Antonio: A Banda seguer\u00e1 fundamentalmente a dar concertos na Igrexa (se nos deixan), no quiosco (si, nos deixan) e no audit\u00f3rio da Coru\u00f1a, en Agosto, con grupos de prestixio internacional&#8230; Se non lle chega pode marchar de s\u00f3cio; iso non vai cercenar a Banda.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Non \u00e9 melancol\u00eda, \u00e9 circunstancia. Se se miran hoxe as d\u00faas ilustraci\u00f3ns do post, verase a complementareidade, e poderase xulgar a oportunidade. Unha delas, a pomba de voluntarios, e un xeito no que Suso Pe\u00f1a tratou de agradecer \u00f3s voluntarios do Prestige. Est\u00e1 feita no 2002, en decembro, de acl\u00e1rase no correo de env\u00edo que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,51],"class_list":["post-10830","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-hernan-naval"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10830","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10830"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10830\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10830"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10830"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10830"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}