{"id":10829,"date":"2006-02-18T10:57:00","date_gmt":"2006-02-18T09:57:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:16:50","modified_gmt":"2024-11-12T15:16:50","slug":"hoxe-toca-aviso-en-ribadeando-e-mis","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/02\/18\/hoxe-toca-aviso-en-ribadeando-e-mis\/","title":{"rendered":"Hoxe toca aviso en ribadeando (e m\u00e1is cousas)"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/collendopedrasnocanton.jpg\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"https:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/collendopedrasnocanton.jpg\"><\/a><\/p>\n<p>Notei onte que \u00f3 acceder \u00f3 blog \u00e1brense ventanas. Recomendo ent\u00f3n usar Mozilla firefox, descargable <a href=\"http:\/\/mozilla.com\/\">aqu\u00ed<\/a>, e configuralo para que non permita abrir fiestras emerxentes. \u00c9 un consello&#8230; \ud83d\ude42<\/p>\n<p>E falando de tecnolox\u00eda, parece que o PP usou a mi\u00f1a idea de &#8216;denuncia fotogr\u00e1fica&#8217; para o vertedorio, e fix\u00e9ronlle caso. O dito: a idea tivo repercusi\u00f3n.<\/p>\n<p>Por outra parte, o que non tivo repercusi\u00f3n \u00e9 que tras outro xuizo m\u00e1is, Adega non consegue parar a obra da piscifactor\u00eda. E \u00e9 que un concello en fronte \u00e9 moito&#8230;<\/p>\n<p>Ben, coido que os comuneros de Ove tam\u00e9n ganaron na instancia provincial en relaci\u00f3n co conflicto que mante\u00f1en sobre unhas terras (uns montes) coa madereira que est\u00e1 en Sta. Cruz. Coido que nn \u00e9 mala nova para o cidadan\u00eda en xonxunto.<\/p>\n<p>Sa\u00edu xa vai varios d\u00edas Komikea, c\u00f3mic dos alumnos de 4\u00ba de ESO do concello pensado en ir contra as drogas. Le\u00edno e gustoume. A s\u00faa eficacia, pouco a pouco.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n le\u00edn, con moitos d\u00edas de retraso, un artigo de Xerardo Est\u00e9vez, arquitecto que foi asemade alcalde de santiago, sobre a construci\u00f3n en galiza. O seu t\u00edtulo, &#8216;Tierra prometida, tierra quemada&#8217;, \u00e9 abondo ilustrativo. Coido que lle vou pasar unha copia a varias persoas no concello, por se non o leeron. (O artigo sae el El Pa\u00eds do 5 de febreiro, acompa\u00f1ado de outro con datos como que o 34% do primeiro km de costa mediterr\u00e1nea est\u00e1 ocupado por urbanizaci\u00f3ns)<\/p>\n<p>A foto? Pois collendo pedras no Cant\u00f3n. P\u00f3dese ver como no dintel superior do balc\u00f3n do segundo piso, por exemplo, faltan trozos, e como un operario municipal os est\u00e1 retirando da rede&#8230; alomenos non caen sobre os p\u00edcaros que a\u00ednda non foron botados do Cant\u00f3n porque a\u00ednda on hai mesas nin nada deso. Mais, ata c\u00e1ndo seguir\u00e1 a cousa as\u00ed? Non creo que se lle escape \u00e1 xente que a <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Torre_dos_Moreno\">Torre dos Moreno<\/a> \u00e9 un dos principais activos tur\u00edsticos de Ribadeo.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/obrasPasaron.jpg\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"https:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/obrasPasaron.jpg\"><\/a><\/p>\n<p>Nembargantes, as &#8216;obras de humanizaci\u00f3n&#8217; de Ribadeo seguen, como se pode ver na foto da rua Pasar\u00f3n y Lastra. De calqeura xeito, coido (alomenos polos berros de tan s\u00f3 d\u00faas persoas \u00e1s 4:20 da ma\u00f1\u00e1) que o que m\u00e1is presa por humanizarse corre non son as r\u00faas, sen\u00f3n as persoas. E sobre eso non se est\u00e1 a facer moito, \u00f3 meu ver.<\/p>\n<p>Ben, o blog vai d\u00edas que xa pasou das 4000 visitas, e segue aumentando o n\u00famero medio de visitas diarias, nestes momentos de 21,39 (coa media das \u00faltimas 4 semanas de 32,14).<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>Un artigo meu publicado en A Mari\u00f1a de <a href=\"http:\/\/www.elprogreso.es\/\">El Progreso<\/a> o 22\/5\/96, onde se poder\u00e1 contrastar o avance da tecnolox\u00eda e rede internet dende aquela a hoxe:<\/p>\n<p>Estamos na periferia.<\/p>\n<p>Moitas veces digo que Ribadeo \u00e9 o c\u00fa do mundo. \u00c9 un dito cari\u00f1oso, no que trato de deixar constancia de que estamos lonxe de Lugo, da Coru\u00f1a e Oviedo, o que dificulta a relaci\u00f3n con ese sitio onde hoxe se atopa c\u00e1seque de todo que \u00e9 a cidade. O certo \u00e9 que a mellora da rede vial fai que estas cidades este\u00f1an moito m\u00e1is achegadas \u00e1 nosa vila (en tempo) que fai uns anos.<\/p>\n<p>Nembargantes, seguimos sendo periferia e, polo momento, a nosa situaci\u00f3n relativa est\u00e1 a empeorar nese sentido. Xa deixo craro que en termos absolutos a t\u00e9cnica permite unha mellor e maior conexi\u00f3n coas cidades, o noso entorno e, en xeral, co resto do mundo. Nembargantes, atop\u00e1monos agora conque para unha conexi\u00f3n mediante as novas tecnolox\u00edas inform\u00e1ticas (a &#8220;rede&#8221; inform\u00e1tica que pouco a pouco vai sendo tendida sobre o planeta enteiro) pode ser m\u00e1is rentable conectar po\u00f1amos por caso, A Coru\u00f1a con Toquio que Ribadeo con A Coru\u00f1a. \u00bfSorprendidos?. Pois s\u00ed. Expl\u00edcome: como o enganche entre dous ordenadores f\u00e1ise pola li\u00f1a telef\u00f3nica e a trav\u00e9s de conexi\u00f3ns especiais (os chamados &#8220;nodos&#8221; da rede), un ordenador da Coru\u00f1a, para po\u00f1erse en contacto con outro de Toquio ten que realizar unha chamada urbana para conectar co nodo correspondente e iste traslada a chamada a Toquio.<\/p>\n<p>Ribadeo non ten nodo. Logo, para chamar de Ribadeo \u00e1 Coru\u00f1a establ\u00e9cese a conexi\u00f3n mediante a li\u00f1a telef\u00f3nica, sin mediaci\u00f3n de nodos. O caso \u00e9 que hai que pagar, no primeiro caso, s\u00f3 unha chamada urbana m\u00e1is o abono de conexi\u00f3n \u00f3 servidor da rede, mentras que no segundo hai que pagar a conferencia interprovincial, o que non evita ter que contratar o servicio da rede para outros casos, o que resulta en xeral abondo m\u00e1is gravoso. \u00c9 o mesmo caso que as chamadas \u00f3 vici\u00f1o ou as chamadas \u00f3 parende de Am\u00e9rica, s\u00f3 que por ista vez, para os que viven cerca dun nodo, calquera de outra cidade &#8220;con nodo&#8221; est\u00e1 tan preto en custe de chamada como o &#8220;vici\u00f1o&#8221;, mentras que para n\u00f3s, os &#8220;vici\u00f1os&#8221; seguen a ser os de toda a vida.<\/p>\n<p>Polo que parece a\u00ednda ha pasar tempo ate que algu\u00e9n nos po\u00f1a achegado un nodo de conexi\u00f3n \u00e1 rede e evitemos as chamadas interurbanas, co aforro que iso sup\u00f3n. A Telef\u00f3nica xa est\u00e1 suavizando dende alg\u00fan tempo esta desigualdade, encarecendo relativamente m\u00e1is as chamadas urbanas. Pode que cando v\u00eda ordenador se solucione o tema, ent\u00f3n o coste da chamada urbana sexa xa o mesmo que se se fixera \u00e1s ant\u00edpodas. Claro que esto non nos servir\u00e1 ent\u00f3n de moito.<\/p>\n<p>Mentres, seguiremos na periferia aguantando cos cortes de luz no inverno que nos proporciona \u00a1gratis! Barras (que se chinchen os das cidades, que non os disfrutan), facendo compa\u00f1\u00eda \u00f3s axustes telef\u00f3nicos da dita C\u00eda. Telef\u00f3nica.<\/p>\n<p>\u00bfQue non somos o c\u00fa do mundo? Certo, hai sitios moito peores, pero bo, a idea &#8230; \u00bfOu que \u00e9 iso de estar vivindo &#8220;no campo&#8221; e querer disfrutar das ventaxas da cidade?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Notei onte que \u00f3 acceder \u00f3 blog \u00e1brense ventanas. Recomendo ent\u00f3n usar Mozilla firefox, descargable aqu\u00ed, e configuralo para que non permita abrir fiestras emerxentes. \u00c9 un consello&#8230; \ud83d\ude42 E falando de tecnolox\u00eda, parece que o PP usou a mi\u00f1a idea de &#8216;denuncia fotogr\u00e1fica&#8217; para o vertedorio, e fix\u00e9ronlle caso. O dito: a idea tivo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[93,13,70,9,58],"class_list":["post-10829","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-fotos-ribadeo","tag-politica","tag-ruido","tag-sociedade","tag-torre-dos-moreno"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10829","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10829"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10829\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10829"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10829"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10829"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}