{"id":10826,"date":"2006-02-21T07:53:00","date_gmt":"2006-02-21T06:53:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:16:45","modified_gmt":"2024-11-12T15:16:45","slug":"de-risa-x-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/02\/21\/de-risa-x-2\/","title":{"rendered":"De risa (x 2)"},"content":{"rendered":"<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/Castropoleria.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/Castropoleria.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\n1.De risa que despois de dicirllo o alcalde, xusto despois, o Presi de Galiza vaia e diga tres veces seguidas (como cando S. Pedro cando negou a Xes\u00fas) o de &#8216;r\u00eda do Eo&#8217;.<br \/>\n2.De risa por non chorar que ese feito, con toda a significaci\u00f3n simb\u00f3lica que ten, se convertira en acto estrela do paso do Presi por Ribadeo para explicar \u00f3s alcaldes a xuntanza do outro d\u00eda con Areces, o asturiano.<br \/>\nT\u00edtulo da foto: &#8220;&#8230;e con Castropol \u00f3 fondo&#8230;&#8221;<br \/>\nDa marexada entre presi e alcaldes, pouco se soubo, pero haber, h\u00f3uboa. Na prensa, o m\u00e1s que se fala \u00e9 de &#8216;enfrontamento ins\u00f3lito&#8217;<br \/>\nF\u00e1lase de que para este ano sair\u00e1 un plan conxunto de xesti\u00f3n da r\u00eda, e tam\u00e9n se anunciou a senda verde do ferrocarril (coido que po ren\u00e9sima volta, pero as outras n-1 correspond\u00eda \u00f3 PP). Estaremos vixiantes. E faremos o que poidamos.<br \/>\nEn vieveiro seguen os meus pasos: &#8220;As 2.30 da madrugada, no segundo piso, na mediana deu 36 decibelios&#8221; e levar\u00e1n \u00f3 Concello \u00f3 xulgado. A ver se a cousa se xeraliza, tam\u00e9n en Ribadeo. Por eso de que &#8216;a uni\u00f3n fai a forza&#8217; de de que fai falta po\u00f1erlle forza para que a cousa cambie, porque esta xente \u00f3 mando non est\u00e1 pla labor.<br \/>\nE de volta a Ribadeo, parece que da xesti\u00f3n do centro de d\u00eda se vai a ocupar a Xunta. Por fin! Mira que non leva tempo O Tes\u00f3n detr\u00e1s de como se xestiona ese centro e o asilo&#8230; esperemos que sexa para ben, que coido que falta fai.<br \/>\n&#8212;<br \/>\nE un artigo meu do 21\/02\/97&#8230;<br \/>\n<center><\/p>\n<h2>\n<p>Gaia<\/p>\n<\/h2>\n<p><\/center>  <\/p>\n<p>S\u00f3name ben. Ademais, a parte de ser unha especie de acr\u00f3nimo dos membros da mi\u00f1a familia, leva consigo na actualidade un significado, unha idea, que comparto. Gaia ven do grego, da mesma palabra usada para designa- la terra, encarnada na deusa Gea. No mesmo acervo te\u00f1en a s\u00faa base palabras como xeograf\u00eda, por exemplo. Nembargantes, fai uns trinta anos, James Lovelock, cient\u00edfico brit\u00e1nico, asignoulle outro significado para desenvolver unha idea s\u00faa, como s\u00edmbolo dela. Gaia representar\u00eda as\u00ed a terra considerada como ser vivo.<\/p>\n<p>Ben, \u00e9 unha hip\u00f3tese como outra calquera; de feito, a s\u00faa primeira expresi\u00f3n foi esa, a &#8220;hip\u00f3tese Gaia&#8221;. Hoxe est\u00e1 aceptada por todos lados nun ou outro sentido relacionado co pensamento de Lovelock. Hai quen a usa como mera hip\u00f3tese de traballo, \u00e9 dicir, para ver &#8220;que pasar\u00eda se as cousas foran as\u00ed&#8221;, e hai quen toma a toda a terra no  sentido literal das palabras, como un ser vivo.<\/p>\n<p>Require un certo exercicio po\u00f1erse a pensar na terra en conxunto como algo que evoluciona de xeito semellante a como o fai unha mosca ou como o facemos n\u00f3s. Nembargantes, a terra que pisamos \u00e9 algo cambiante, como un ser vivo. Evoluciona. Ten unhas partes relacionadas con outras, e a\u00ednda se relaciona en varios sentidos co resto do universo. Crece: cada d\u00eda caen \u00e1 terra moitas toneladas de p\u00f3 que recolle no seu cami\u00f1ar polo espacio. E poderiamos continuar con similitudes.<\/p>\n<p>Sempre haber\u00e1 puristas que digan, por exemplo, que a terra non se reproduce. Ou que non ten sentimentos. E que polo tanto, Gaia non deixa de ser unha met\u00e1fora.<\/p>\n<p>Sobre a reproducci\u00f3n, non hai moito que obxetar a favor de Gaia, no sentido tradicional dos termos. A formaci\u00f3n de planetas \u00e9 algo complicado que non segue leis similares \u00e1s da reproducci\u00f3n \u00e1 que estamos axeitados. Pero os planetas nacen: est\u00e1n ah\u00ed. E as estrelas morren de diversos xeitos, entre eles, podendo dar lugar \u00e1 formaci\u00f3n de novos sistemas estelares e planetas. En canto \u00f3s sentimentos, \u00e9 algo descuidado na investigaci\u00f3n. Os sentimentos foron tema de poes\u00eda e prosa. Pero este s\u00e9culo com\u00e9zase a estudiarlos, despois de falar deles toda a historia de humanidade; e non s\u00f3 de falar, senon tam\u00e9n de xirar arredor deles. De feito, hai quen lles asigna sentimentos \u00f3s animais (bastante com\u00fan) e \u00e1s plantas (m\u00e1is raro). Est\u00e1 comprobado que estos seres, tratados con cari\u00f1o resisten mellor, crecen m\u00e1is, florecen m\u00e1is bonitas, etc. Ate a materia inanimada \u00e1s veces parece ter algunha especie de lembranza que poder\u00eda dar p\u00e9 a adoitar xuizos ou decisi\u00f3ns. En relaci\u00f3n con isto, nalgunha novela de ciencia-ficci\u00f3n de Asimov* xa se fai unha composici\u00f3n de como resultar\u00eda un planeta vivo, pensante e sentinte en conxunto, actuando nel cada un dos seres vivos (&#8220;vivos&#8221; ao sentido tradicional), dun xeito coordinado e libre \u00f3 tempo, en conxunto coa materia &#8220;inanimada&#8221; (tam\u00e9n no sentido tradicional).<\/p>\n<p>A\u00ednda tomando a Gaia non como unha realidade, senon como unha hip\u00f3tese de traballo, rinde beneficios. Danos a imaxe de c\u00f3mo son, c\u00f3mo se poden entender, as relaci\u00f3ns de todo tipo no noso medio ambiente. Relaci\u00f3ns non s\u00f3 ecol\u00f3xicas, senon tam\u00e9n de sentimentos. Dev\u00f3lvenos, entre outras cousas, aquel sentido de humanidade como formada por individuos, pero \u00f3 tempo, irm\u00e1ns metidos nunha mesma empresa com\u00fan. E tam\u00e9n, sentido de cuidado da natureza e amizade con ela que xa atopamos no cristianismo, por exemplo, en San Francisco.<\/p>\n<p>________________________________<\/p>\n<h5>* Para quen lle guste a ciencia ficci\u00f3n, &#8220;Los l\u00edmites de la Fundaci\u00f3n&#8221;, editada en castel\u00e1n, ofrece unha v\u00edvida imaxe dun planeta de estilo antropomorfo.<\/h5>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>1.De risa que despois de dicirllo o alcalde, xusto despois, o Presi de Galiza vaia e diga tres veces seguidas (como cando S. Pedro cando negou a Xes\u00fas) o de &#8216;r\u00eda do Eo&#8217;. 2.De risa por non chorar que ese feito, con toda a significaci\u00f3n simb\u00f3lica que ten, se convertira en acto estrela do paso [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-10826","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10826","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10826"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10826\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10826"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10826"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10826"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}