{"id":10825,"date":"2006-02-22T07:53:00","date_gmt":"2006-02-22T06:53:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:16:44","modified_gmt":"2024-11-12T15:16:44","slug":"bombeiros-voluntaros","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/02\/22\/bombeiros-voluntaros\/","title":{"rendered":"Bombeiros voluntaros"},"content":{"rendered":"<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/escudocasaMaseda.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/escudocasaMaseda.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\nOntes, \u00e1 noite, comezou a entrar un cheire na casa e a o\u00edrense voces na r\u00faa. Resulrta que estaban dous contedores amenzados polo lume. S\u00f3 a intervenci\u00f3n de xente do bar de enfrente evitou que se consumara a queima, como puiden observar cando din mirado pola fiestra. Por eso, unha homenaxe \u00f3s &#8216;bombeiros voluntarios&#8217;, que, \u00f3 estilo das agrupaci\u00f3ns de bombeiros portuguesas, libraron a situaci\u00f3n. O escudo (aqu\u00ed o de Casa Maseda) representa rasgos de xente noble en Ribadeo.<\/p>\n<p>Volvendo a hoxe, as novas non son mellores que as de onte: o PSOE e PP engarzados outra vez en liortas, neste caso a nivle comarcal, pola instrumentalizaci\u00f3n da visita de Touri\u00f1o. Menos mal que o antroido vai cami\u00f1o de sa\u00edr adiante e liberar as novas por us d\u00edas: onte dous voluntarios estaban coas bandeiras no cine teatro. \u00e9 dicir, de cando en vez, benvidos os &#8216;panem e circenses&#8217;.<\/p>\n<p>F\u00f3ra da pol\u00edtica, est\u00e1nse a facer probas na Ponte dos Santos para a resistencia das pilastras para o desdoblamento. &#8230; Sigo sen co\u00f1ecer o plan. Non xulgo mentras&#8230; lim\u00edtome a fotografiarme diante da ponte tal cual&#8230;<\/p>\n<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/ponteeu.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/ponteeu.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\nOntes houbo outra vez tormenta. Lembro o que puxen o outro d\u00eda respecto do cambio clim\u00e1tico. Un gran non fai graneiro, pero axuda \u00f3 compa\u00f1eiro.<\/p>\n<p>&#8212;<br \/>\nContinuando o que comecei en decembro, de Hern\u00e1n Naval, en espera de ser colgado no sitio web de Hern\u00e1n:<br \/>\n  <meta equiv=\"CONTENT-TYPE\" content=\"text\/html; charset=utf-8\"><title><\/title><meta name=\"GENERATOR\" content=\"OpenOffice.org 1.1.3  (Linux)\"><meta name=\"CREATED\" content=\"20060222;8150100\"><meta name=\"CHANGED\" content=\"16010101;0\">            <\/p>\n<table style=\"color: rgb(0, 0, 0);\" border=\"1\" cellpadding=\"2\" cellspacing=\"0\" width=\"642\">\n<col width=\"124\">\n<col width=\"508\">\n<tbody>\n<tr valign=\"top\">\n<td width=\"124\">\n<p><span style=\"font-size:85%;\">Data: 4-5-6\/11\/1994<\/span><\/p>\n<\/td>\n<td width=\"508\">\n<p><span style=\"font-size:85%;\">Fonte: Actas Congreso de Bandas de M\u00fasica    Populares de Galiza (ponencia)<\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"636\">\n<p><span style=\"font-size:85%;\">T\u00edtulo: A BANDA DE M\u00daSICA COMO    REALIDADE PLURIDIMENSIONAL<\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"636\">\n<p><span style=\"font-size:85%;\">Autor: Antonio D\u00edaz Amor<\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"636\">\n<p><span style=\"font-size:85%;\">Descrici\u00f3n: texto da ponencia do congreso que xunto con todos os demais se publicaron nun libri\u00f1o, manifestando unha visi\u00f3n social das bandas.<\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"636\">\n<p><span style=\"font-size:85%;\">Comentarios:<\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>     <meta equiv=\"CONTENT-TYPE\" content=\"text\/html; charset=utf-8\"><title><\/title><meta name=\"GENERATOR\" content=\"OpenOffice.org 1.1.3  (Linux)\"><meta name=\"CREATED\" content=\"20060222;8150100\"><meta name=\"CHANGED\" content=\"16010101;0\">            <\/p>\n<p align=\"center\"><u><strong>A BANDA DE M\u00daSICA COMO REALIDADE PLURIDIMENSIONAL<\/strong><\/u><\/p>\n<p align=\"right\"><u><strong>Antonio D\u00edaz Amor<\/strong><\/u><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\">O t\u00edtulo da mi\u00f1a ponencia remite solapadamente \u00e1 obra de <strong>Marcuse<\/strong> e \u00e1 cr\u00edtica que \u00e9ste fai do home unidimensional e da alienaci\u00f3n que leva aparellada. Quero aclarar que s\u00f3 intenta ser unha breve reflexi\u00f3n sobre as Bandas de m\u00fasica nunha dimensi\u00f3n actual e que considero pluridimensional. Gostar\u00edame que despois da mi\u00f1a breve aportaci\u00f3n a este Congreso quedase aberta unha porta para o debate e a reflexi\u00f3n colectiva.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\">Para o desenrolo da ponencia parto da necesidade instrumental de analizar o significado da<strong> Banda de M\u00fasica <\/strong>nun universo multidimensional onde dito significado participa de varios sistemas interrelacionados:<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\">Nun primeiro intre p\u00e1rtese dun proxecto individual; Aqu\u00ed a palabra \u201cindividuo\u201d t\u00f3mase non como singularizaci\u00f3n de intenci\u00f3ns nunha soa persoa, sen\u00f3n coma especificaci\u00f3n dun proxecto orixinario o cal o intenta levar a cabo unha coordinadora plural, en canto a compo\u00f1entes, pero unidireccional no senso de que a Banda de M\u00fasica nace cun prop\u00f3sito espec\u00edfico que \u00e9, neste primeiro nivel de significaci\u00f3n, o estrictamente musical.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\">P\u00e1rtese da presentaci\u00f3n da idea orixinaria, en singular, de facer unha agrupaci\u00f3n musical popular (popular nun doble senso: por unha banda aberta a todos os estratos do pobo, por outra recuperar a cultura-musical-popular-band\u00edstica) onde convivan, nun principio, madeiras, metais e percusi\u00f3ns.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\">O segundo nivel de significaci\u00f3n ven dado polo darse conta de que existe neste proxecto inicial un sisitema supraindividual de ideas, valores e obxectivos dos que a Banda participa. A dimensi\u00f3n deste segundo discurso-significado f\u00fandese co proxecto inicial-individual. Xa non \u00e9 exclusivamente facer m\u00fasica, sen\u00f3n \u00bfqu\u00e9 m\u00fasica facer?, \u00bfen que tipo de organizaci\u00f3n-participaci\u00f3n se vai incluir a Banda?, etc.; todo un conxunto de factores e interrogantes que conviven coa idea inicial.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\">Deixar a unha beira este sistema supraindividual de ideas, valores e obxectivos ser\u00eda tanto como alienar \u00e1 Banda nun contido estrictamente musical no que os m\u00fasicos chegasen a dominar m\u00ednimamente, e en alg\u00fans casos nin esto, os instrumentos e lanzarse a tocar, mal ou ben, pasodobles, polkas e marchas militares a vella usanza, desfilar en pasarr\u00faas e procesi\u00f3ns, concerto o d\u00eda da festa maior,&#8230; e pouco m\u00e1is. Ser\u00eda alienarse nun pasado, non ter ilusi\u00f3ns nin perspectivas de futuro, deixar que a deriva marcase o ritmo vital da agrupaci\u00f3n.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\">Neces\u00edtanse un conxunto de intenci\u00f3ns abertas de saber qu\u00e9 \u00e9 o que se quere facer; non estancarse no \u201cser\u201d sen\u00f3n analizar o <strong>\u201cdeber ser\u201d<\/strong>.<strong> <\/strong>A autocr\u00edtica neste segundo estadio debe estar presente en todos os niveis de matizaci\u00f3ns, desde o estrictamente musical, at\u00e9 o econ\u00f3mico ou o social.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\">Xa no terceiro nivel de significaci\u00f3n a Banda de m\u00fasica participa dunha sociedade particular que en si mesma integra diferentes e incluso conflictivos proxectos individuais. Claramente o papel a desenrolar por esta vai ser moi distinto para diferentes persoas.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\">Est\u00e1 moi claro que iste grado de extensi\u00f3n do sistema social de significaci\u00f3n var\u00eda moito en diferentes estadios hist\u00f3ricos, e tam\u00e9n depende do nivel cultural da sociedade \u00e1 que se pode circunscribir a agrupaci\u00f3n. Intentar que na actualidade a Banda de m\u00fasica cumpla o mesmo significado social que o que ti\u00f1a a principios de s\u00e9culo ser\u00eda unha aut\u00e9ntica aberraci\u00f3n cronol\u00f3xica.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\">Desde istos tres niveis de significaci\u00f3n que est\u00e1n intrinsecamente relacionados o que intento dicir \u00e9 que o sentido actual da Banda de m\u00fasica ten que basearse non s\u00f3 na dimensi\u00f3n \u00fanica, exclusivamente musical, e cuasi alienante de ensaio m\u00e1is concerto, sen\u00f3n que se debe asentar nun novo paradigma como \u00e9 o pluridimensional.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\">P\u00f3dese dicir claramente que o proxecto inicial, o primeiro nivel de significado, est\u00e1 claramente definido: a Banda de M\u00fasica ten que facer m\u00fasica.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\">Fai anos as Bandas ti\u00f1an unha doble misi\u00f3n: por unha parte dar o concerto dos domingos, logo da misa, por outra a de tocar m\u00b4suica de baile. A\u00ednda as\u00ed ti\u00f1an un reprtorio que podemos considerar \u201ccomplexo\u201d pois mixturaba pasodobles, plkas e intermedios de zarzuela con obras un pouco menos co\u00f1ecidas que xeralmente eran composici\u00f3ns orixinais dos seus directores ou transcripci\u00f3ns doutras pezas.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\">Na actualidade o de amenizar o paseo dominical post-liturxia xa non se da; a m\u00fasica de ambente de cafeter\u00edas e terrazas veu suplir aquela costume.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\">Por outra parte, a m\u00fasica de baile nestos tempos est\u00e1 monopolizada polos combos el\u00e9ctricos de pachanga e a m\u00fasica grabada nos locais nocturnos.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\">Ent\u00f3n, a nova Banda de M\u00fasica ten que moverse nun novo paradigma que, seguindo asent\u00e1ndose na m\u00fasica como catalizador, a faga pensar en outras dimensi\u00f3ns.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\">Moitas agrupaci\u00f3ns musicais na actualidade seguen mov\u00e9ndose exclusivamente no binomio de ensaio m\u00e1is concerto, alien\u00e1ndose unidimensionalmente no tocar o que se chama \u201cm\u00fasica popular\u201d en tocar<strong> \u201cos tres pes\u201d: Procesi\u00f3ns, Pasarr\u00faas e Pasodobles<\/strong>; se nos ancoramos s\u00f3 neste tipo de m\u00fasica estaremos convertindo \u00e1s nosas agrupaci\u00f3ns en meros transmisores de \u201ctempos perdidos\u201d. A banda de m\u00fasica ten que abrirse a novas dimensi\u00f3ns musicais, aproveitar todas as posibilidades, as potencialidades que nos ofrece a contemporaneidade. Hai que explorar e explotar as capacidades musicais de cada compo\u00f1ente.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\">Se partimos de que o m\u00fasico pode sentirse alienado, deixar a s\u00faa individualidade para sentirse exclusivamente un membro m\u00e1is do grupo, para adicarse a tocar \u201cos tres pes\u201d, a mi\u00f1a idea \u00e9 de que o jazz servir\u00eda como compensador da alienaci\u00f3n grupal, reivindicando o diferencia individual. O jazz servir\u00eda para aumentar as dimensi\u00f3ns musicais da propria banda ao mesmo tempo que lles dar\u00eda posibilidades aos compo\u00f1entes de amosar as s\u00faas capacidades individuais. Ser\u00eda participar nun todo global e grupal, ao mesmo tempo que se exploran as posibilidades individuais dentro do conxunto.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\">Para isto debemos partir da importancia que te\u00f1en as <strong>Escolas de M\u00fasica <\/strong>como formadores de m\u00fasicos para as Bandas. Si limitamos o papel de ditas escolas s\u00f3 \u00e1 formaci\u00f3n estrictamente band\u00edstica-popular estaremos limitando a formaci\u00f3n dos nosos educandos, alien\u00e1ndolos nunha m\u00ednima formaci\u00f3n instrumental como elementos apersonalizados; dar\u00edamoslle toda e caseque \u00fanica importancia ao todo, esquec\u00e9ndonos da importancia do individuo como elemento esencial da Banda. A Escola de M\u00fasica ten que ser un taller de m\u00fasica, onde, a partir dunha formaci\u00f3n musical inicial b\u00e1sica, se experimente con novos ritmos e armon\u00edas, se ense\u00f1e aos educandos a explorar as posibilidades dos instrumentos, non s\u00f3 a que sexan capaces de tocar catro notas para que, despois, sumadas ao resto, a banda sone medianamente ben para adicarse a facer procesi\u00f3ns, pasarruas e pasodobles.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\">A dimensi\u00f3n did\u00e1ctica dentro das Bandas de M\u00fasica consideroa fundamental, e neste didactismo penso que a m\u00fasica de <strong>jazz<\/strong> ten moita raz\u00f3n de ser. Non quero que consideren que a mi\u00f1a intenci\u00b4no \u00e9 trocar a Banda de M\u00fasica por unha <strong>Big.-Band de jazz<\/strong>. Non. \u00c9 intentar aproveitar as caracter\u00edsticas peculiares deste tipo de m\u00fasica. Como son o manexo do instrumento e a importancia da improvisaci\u00f3n individual en consoancia co conxunto, para compensar a alineaci\u00f3n grupal e reivindicar a diferencia individual, para aproveitalo para o Todo que \u00e9 a Banda de m\u00fasica. A <strong>formaci\u00f3n jazz\u00edstica<\/strong> dar\u00edalle unha nova dimensi\u00f3n \u00e1 Banda recuperando a individualidade.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\">Non vaian pensar que estou primando en demas\u00eda a dimensi\u00f3n individual. Son consciente de que o verdadeiramente importante \u00e9 a dimensi\u00f3n colectiva onde a Banda funcione como un Todo arm\u00f3nico. A Banda \u00e9 unha agrupaci\u00f3n de m\u00fasicos, con diferencias individuais, que se reunen cun prop\u00f3sito com\u00fan que \u00e9 o de tocar m\u00b4suica, e divertirse fac\u00e9ndoo; neste intre a dial\u00e9ctica banda\/individuo ser\u00eda din\u00e1mica positivamente.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\">Desde esta dimensi\u00f3n colectiva-grupal tam\u00e9n se deben aproveitar as caracter\u00edsticas proprias do grupo:<\/span><\/p>\n<ul>\n<li>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\">Se  falaba antes do <strong>jazz<\/strong> como elemento contra-alienante, non \u00e9 menos importante o facerlles ver aos m\u00fasicos que est\u00e1n formando parte dun todo e deben traballar en equipo. Este traballar en equipo cumple a doble misi\u00f3n de, por unha beira, darse conta da importancia do individuo-instrumento (eu formo parte da Banda, pero a banda \u201cneces\u00edtame\u201d, e aqu\u00ed o concepto de \u201cnecesidade\u201d est\u00e1 tomado no senso de colaboraci\u00f3n), e por outra a importancia de cumplir unhas regras preestablecidas para non caer na anarqu\u00eda.<\/span><\/p>\n<\/li>\n<\/ul>\n<ul>\n<li>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\">E importante observar tam\u00e9n que nese equipo que \u00e9 a Banda de M\u00fasica dase unha caracter\u00edstica que considero moi importante como \u00e9 a interrelaci\u00f3n entre diferentes xeraci\u00f3ns. E esta dimensi\u00f3n hai que aproveitala. Non quero que se entenda que s\u00f3 os m\u00e1is novos poden aprender nesta interrelaci\u00f3n. A vellez como \u00fanica pousada de sabidur\u00eda estaba ben que o dixera a Celestina. Na actualidade, nesta sociedade tecnocr\u00e1tica que dir\u00eda <strong>Habermas<\/strong>, ser\u00eda un absurdo pensar niso. Nas sociedades tradicionais, nas que a experiencia era o \u00fanico veh\u00edculo de acceso \u00e1 formaci\u00f3n-informaci\u00f3n, eran os vellos os que m\u00e1is sabidur\u00eda puseian, e os novos aprend\u00edan dos seus mayores. Non fai falla ser moi avispado para decatarse de que motos rapaces e rapaza novos saben m\u00e1is que os seus av\u00f3s.<\/span><\/p>\n<\/li>\n<\/ul>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\">Aproveitemos esta interrelaci\u00f3n xeracional para aprender pluridimensionalmente, para aprender non s\u00f3 de m\u00fasica, sen\u00f3n de todo, para <strong>aprender a convivir<\/strong>: que o m\u00fasico non chegue, toque e se vaia, que convivan pareceres, reflexi\u00f3ns e cr\u00edticas, que a m\u00fasica sexa unha excusa para a convivencia xeracional.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\">Desde este segundo nivel de significaci\u00f3n a Banda convirtese non s\u00f3 nun proxecto musical popular, sen\u00f3n nun grupo heterox\u00e9neo no que a individualidade e a colaboraci\u00f3n conviven dial\u00e9ctica e armoniosamente, aproveitando as caracter\u00edsticas proprias de calquer grupo con as singularidades musicais. O individuo non se sinte alienado nunha perda de persoalidade decant\u00e1ndose da importancia que ten para o grupo, ao mesmo tempo que asume as responsabilidades como elemento configurador dun \u201cTODO\u201d do que forma parte.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\">A Banda de m\u00fasica asume as\u00ed un papel que partindo dos vellos modelos non se ancora neles, sen\u00f3n que busca novas dimensi\u00f3ns; dimensi\u00f3ns que parten de innovaci\u00f3ns musicais: seguiranse tocando pasodobles populares, polkas e marchas militares (porque recuperar a historia musical tam\u00e9n \u00e9 unha dimensi\u00f3n das Bandas), pero \u00e1brese a visi\u00f3n \u00e1 m\u00fasica cl\u00e1sica, \u00e1s bandas sonoras de pel\u00edculas, \u00e1 m\u00fasica \u00e9tnica, ao <strong>jazz<\/strong> e mesmo ao <strong>pop<\/strong> e ao <strong>rock<\/strong>; conviven sons populares con melod\u00edas modernas, <strong>Rogelio Groba<\/strong> con <strong>Duke Ellington<\/strong>, <strong>John Williams<\/strong> cos <strong>Beatles<\/strong>.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\">A dimensi\u00f3n musical non s\u00f3 se ampl\u00eda con a incorporaci\u00f3n de novos sons, sen\u00f3n que tam\u00e9n a concreci\u00f3n material destas novas partituras leva aparellada a incorporaci\u00f3n de novas familias de instrumentos e a posible conversi\u00f3n en <strong>Banda orquestra.<\/strong><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\">O interrogante de incluir secci\u00f3ns de corda nas Bandas populares non deber estar mediatizada polo pensar que este conxunto de instrumentos non \u00e9 factible de utilizar nos concertos en exteriores. A estreitez mental de pensar que a Banda de m\u00fasica \u00e9 unha agrupaci\u00f3n para tocar ao aire libre levar\u00eda \u00e1 conclusi\u00f3n l\u00f3xica de que s\u00ed; pero hai que pensar que procesi\u00f3ns e pasarr\u00faas poden estar moi ben, pero tam\u00e9n os concertos en interior, onde a calidade sonora \u00e9 moito m\u00e1is relevante.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\">Desde o terceiro sistema de significaci\u00f3n a Banda de M\u00fasica participa dunha sociedade particular na que se asenta. Esa sociedade \u00e9 a que ten que pular pola concreci\u00f3n da Banda. Pensar na autosuficiencia econ\u00f3mica da agrupaci\u00f3n \u00e9 algo un tanto peregrino e perigoso; podemos pensar en certa autosuficiencia musical, pero os gastos de instrumental, educadores, etc. Fan necesario un apoio institucional e social indispensable. Con istas axudas cons\u00edguese non s\u00f3 a supervivencia e mante\u00f1imento da agrupaci\u00f3n, sen\u00f3n a <strong>complicidade do sistema social<\/strong>: a Banda \u00e9 de todos e non exclusiva duns poucos.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\">Ver a Banda de M\u00fasica como realidade pluridimensional non \u00e9 m\u00e1is que un decatarse da importancia que pode ter esta para axudarlle ao individuo a sair dunha posible dimensi\u00f3n \u00fanica e alienante, facerlle sentirse part\u00edcipe do grupo e facerlle ver que non \u00e9 un mero elemento m\u00e1is, sen\u00f3n un elemento importante que o grupo necesita.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\">Por outra parte non debemos deixar que a Banda de m\u00fasica s\u00f3 represente unha dimensi\u00f3n estrictamente musical \u00e1 vella usanza (De pasarruas, procesi\u00f3ns e pasodobles, \u201cos tres pes\u201d); a Banda cumple unha dimensi\u00f3n pluridimensional como grupo social que \u00e9, onde prevalece a convivencia, o interese e a finalidade musical entre os seus membros.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\">As\u00ed pois, a Banda de M\u00fasica as\u00e9ntase nunhas coordenadas pluridimensionais nas que o individuo e o grupo conviven armoniosamente, nas que a alineaci\u00f3n estrictamente \u201cpopular\u201d deixa paso a un desenrolo total da agrupaci\u00f3n \u00e1 b\u00fasqueda de novos horizontes musicais, de novas instrumentaci\u00f3ns, de sacarlle partido \u00e1 convivencia. A socializaci\u00f3n grupal por unha parte e a m\u00fasica como elemento catalizador da <strong>catarsis<\/strong>, como dixera <strong>Arist\u00f3teles<\/strong>, axudan a conseguilo. A <strong>cultura musical<\/strong> convirtese en <strong>cultura vital<\/strong> para o pleno desenrolo do individuo.<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ontes, \u00e1 noite, comezou a entrar un cheire na casa e a o\u00edrense voces na r\u00faa. Resulrta que estaban dous contedores amenzados polo lume. S\u00f3 a intervenci\u00f3n de xente do bar de enfrente evitou que se consumara a queima, como puiden observar cando din mirado pola fiestra. Por eso, unha homenaxe \u00f3s &#8216;bombeiros voluntarios&#8217;, que, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[51],"class_list":["post-10825","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-hernan-naval"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10825","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10825"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10825\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10825"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10825"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10825"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}