{"id":10823,"date":"2006-02-24T07:47:00","date_gmt":"2006-02-24T06:47:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:16:41","modified_gmt":"2024-11-12T15:16:41","slug":"msica-en-ribadeo-e-haiku-no-blog","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/02\/24\/msica-en-ribadeo-e-haiku-no-blog\/","title":{"rendered":"M\u00fasica (en Ribadeo) e Haiku (no blog)"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/decomusica.jpg\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/decomusica.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Vai uns d\u00edas un lector d\u00edxome que deb\u00eda practicar o haiku. Trad\u00fazoo \u00f3 meu xeito por &#8216;maior brevidade&#8217;. Pode que te\u00f1a raz\u00f3n. Por eso comecei vai tempo a separar o que \u00e9 propio do d\u00eda do que \u00e9 de anos atr\u00e1s. \u00d3 mellor a\u00ednda as\u00ed me quedo curto. Irei facendo.<\/p>\n<p>A imaxe: decoraci\u00f3n na escola de m\u00fasica. Onte houbo o concerto do entroido, coa xente disfrazada, pquenos pero tam\u00e9n maiores, que sair\u00e1 outro d\u00eda&#8230; a car\u00f3n das xornadas euroatl\u00e1nticas, coa xente sen disfrazar, xa maior, e das que me perd\u00edn unha charla pola que ti\u00f1a curiosidade, sobre o modelo de trasmisi\u00f3n cultural en Galiza e Irlanda.<\/p>\n<p>Acuinor anuncia que contin\u00faa coa piscifactor\u00eda de Meirengos (antes dun fallo definitivo) e Adega, que recurre \u00e1 UE. O pulso segue. Queres participar nel? Deixa un comentario con enderezo e tentarei de que participes.<\/p>\n<p>A outro nivel, onte foi 23-F. Parece que xa non nos lembramos, pero os que o vivimos non o pasamos moi ben&#8230; e alg\u00fans tentamos non esquecelo sendo activistas pola democracia, a\u00ednda que nos lembremos do d\u00eda cando xe \u00e9 de noite.<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<table border=\"\" cellpadding=\"2\" cellspacing=\"0\" style=\"color: black; width: 704px;\">\n<colgroup>\n<col width=\"136\"><\/col>\n<col width=\"558\"><\/col>\n<\/colgroup>\n<tbody>\n<tr valign=\"top\">\n<td width=\"136\"><span style=\"font-size: 85%;\">Data: 21\/9\/96<\/span><\/td>\n<td width=\"558\"><span style=\"font-size: 85%;\">Fonte: La Comarca del Eo<\/span><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"698\"><span style=\"font-size: 85%;\">T\u00edtulo:<strong> POR DECRETO<\/strong><\/span><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"698\"><span style=\"font-size: 85%;\">Autor: Hern\u00e1n Naval<\/span><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"698\"><span style=\"font-size: 85%;\">Descrici\u00f3n: artigo escrito polo propio    Hern\u00e1n valorando o feito de que se lle obrigara a dirixir a    escola por medio dun artificio legal cando uns meses antes    dimitira como director do centro<\/span><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"698\"><span style=\"font-size: 85%;\">Comentarios:<\/span><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p align=\"center\"><span style=\"font-size: 130%;\"><u><strong>POR DECRETO<\/strong><\/u><\/span><\/p>\n<p align=\"right\"><span style=\"font-size: 100%; font-size: 13pt;\"><strong>Hern\u00e1n Naval<\/strong><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: 85%;\"><strong> <\/strong>O m\u00e9rcores 11 de setembro, foime oficialmente notificado o Decreto que o Alcalde de Ribadeo, Jos\u00e9 Carlos Rodriguez Andina, ditou en v\u00edsperas da Patrona e, segundo os medios de comunicaci\u00f3n, en v\u00edsperas da s\u00faa partida de vacaci\u00f3ns. O Decreto do se\u00f1or Alcalde de data 5 de setembro di, entre outras cousas, o seguinte:<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u201c<span style=\"font-size: 85%;\">Considerando que a Relaci\u00f3n de Postos de Traballo \u2013en vigor ao se aprobar o Presuposto Municipal deste ano- cataloga determinados postos como de libre adscripci\u00f3n polo Alcalde\u201d e \u201cVista-las facultades de xefatura de persoal que atribue \u00e1 Alcald\u00eda o art. 21 g) da Lei 7\/85, de 2 de Abril, resolvo: adscribir a don Hern\u00e1n Naval Parapar\u201d ao posto de \u201cDirector da Banda de m\u00fasica. Ten as funci\u00f3ns de direcci\u00f3n da Banda Municipal de M\u00fasica, en virtude do convenio coa Asociaci\u00f3n \u201cAmadores da M\u00fasica\u201d, e funci\u00f3ns de direcci\u00f3n e docencia na Escola Municipal de M\u00fasica\u201d.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: 85%;\"> O xoves 12 de setembro, foime oficialmente entregado un requerimento asinado polo Alcalde accidental (o titular est\u00e1 de vacaci\u00f3ns) que di textualmente o seguinte \u2013sen mediar neng\u00fan tipo de encabezamento formal-: \u201cProceda  a organizar o vindeiro curso 96-97 indic\u00e1ndome por escrito: grupos de alumnos (n\u00famero e composici\u00f3n), horarios das distintas asignaturas e instrumentos, profesores especialistas necesarios, n\u00famero de horas lectivas de cada asignatura e instrumento, agrupaci\u00f3n posible de instrumentos para cada especialista, data de comezo de curso\u201d. Este requerimento dir\u00edxese \u00e1 mi\u00f1a persoa sinal\u00e1ndoa como Director da Escola Municipal de M\u00fasica de Ribadeo. <\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: 85%;\">Na tarde do xoves 11, varios medios de comunicaci\u00f3n dirixironse a min para confirmar o recebemento do Decreto da Alcald\u00eda: desde o Concello, interesadamente, f\u00f3ra filtrado o dado. <\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: 85%;\">Hai meses que a Alcald\u00eda aprobou e asinou o calendario de vacaci\u00f3ns do personal municipal: as mi\u00f1as van do 15 de setembro ao 15 de outubro. Jos\u00e9 Carlos Rodriguez Andina, Alcalde de Ribadeo, non realizou nengunha manifestaci\u00f3n p\u00fablica verbo da mi\u00f1a dimisi\u00f3n como Director da Escola Municipal de M\u00fasica desde que \u00e9sta lle foi presentada o 14 de xu\u00f1o, hai exactamente tres meses menos un d\u00eda, pero s\u00ed asegurou que a Escola continuar\u00eda funcionando e, \u00faltimamente, mesmo que o curso comezar\u00eda o 1 de outubro.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: 85%;\">Rep\u00e1rese en todo canto levo dito nesta declaraci\u00f3n e eng\u00e1dase e interrelaci\u00f3nese estoutro dado: o Concello \u2013non eu, que me consideraba dimitido- abriu o prazo de matr\u00edcula na Escola para o curso 96-97 o d\u00eda 22 de agosto, sinalando a s\u00faa conclusi\u00f3n para o 4 de setembro, practicamente en per\u00edodo estival de vacaci\u00f3ns. A difusi\u00f3n desta convocatoria limitouse a unha nota de prensa e \u00e1 colocaci\u00f3n dun pasqu\u00edn na torre de publicidade institucional das Catro Calles.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: 85%;\">E agora tirense conclusi\u00f3ns. Sobretodo, \u00e1 vista do n\u00famero de matr\u00edculas rexistradas: unhas centocuarenta e cinco; delas, m\u00e1is de cincuenta \u2013as de membros da Banda Municipal- foron animadas directamente por min (nen neste sector se ti\u00f1a un co\u00f1ecimento consciente do prazo de matr\u00edcula). Est\u00e1 claro: o Concello, premeditadamente, procurou o descenso de matr\u00edcula, tal vez para obviar necesidades e esforzos. Que cada quen valore como quixer a estrat\u00e9xia municipal; desde logo, non \u00e9 a de quen aposta pola difusi\u00f3n cultural, a instrucci\u00f3n integral da cidadan\u00eda da xuventude para proxectos formativos e de sano esparcimento, etc.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: 85%;\">Dimit\u00edn en xu\u00f1o como Director da Escola Municipal de M\u00fasica de Ribadeo por raz\u00f3ns que considero necesario lembrar, sequer sint\u00e9ticamente. Nengunha das perent\u00f3rias necesidades materiais solicitadas \u00e1 Alcald\u00eda en comenzando o pasado curso foi satisfeita. Nengunha. Os profesores colaboradores \u2013o mesmo n\u00famero que no curso 94-95, p\u00e9sie a ter a Escola que atender no 95-96 a uns 175 alunos, trinta e cinco m\u00e1is que no anterior- cobraron case sempre con inxustificabeis retrasos os seus emolumentos. Alg\u00fans destes profesores concluiron o curso por compromiso persoal conmigo. Cando en xaneiro deste ano solicitei formalmente da Alcald\u00eda explicaci\u00f3ns por todo o anterior, aldrax\u00f3useme atrav\u00e9s dun escrito \u2013oficial- que ver\u00e1 a luz no seu momento. En fin, por todo isto e por moito m\u00e1is, apresentei educadamente a mi\u00f1a dimisi\u00f3n como Director do centro ao rematar o curso acad\u00e9mico, considerando que non estaba depositada en min, en absoluto, a necesaria confianza por parte da Alcald\u00eda para continuar ao fronte dun centro de ensino de titularidade municipal.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: 85%;\">\u00c9ticamente non pod\u00eda facer outra cousa.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: 85%;\">Nen nas bases da convocatoria oficial para a provisi\u00f3n da praza de empregado municipal que ga\u00f1ei, nen no meu nomeamento nen na s\u00faa publicaci\u00f3n no BOE, nen por suposto no meu contrato, nen no convenio coa Asociaci\u00f3n \u201cAmadores da M\u00fasica\u201d \u2013promotora da Banda Municipal- nen en neng\u00fan outro documento se di  que entre as mi\u00f1as funci\u00f3ns estea a de dirixir a Escola Municipal de M\u00fasica. Sempre pon o mesmo: Director da Banda Municipal e profesor do Conservatorio de M\u00fasica ou centro homolog\u00e1bel que cr\u00ede o Concello. Pero o Alcalde, tras calar todo o ver\u00e1n, bota man dun artificio legal para me obrigar a dirixir a Escola. Por Decreto. A trav\u00e9s de requerimentos imperativos. Deixando a operaci\u00f3n preparada antes de marchar de vacaci\u00f3ns; apremi\u00e1ndome \u00e1 organizaci\u00f3n dun curso acad\u00e9mico que, segundo \u00e9l, deber\u00e1 comezar o 1 de outubro, cando sabe perfeitamente que eu comezo agora as mi\u00f1as lex\u00edtimas vacaci\u00f3ns. As\u00ed, cando o curso non d\u00e9 comezado a andar e a situaci\u00f3n se deteriore, a Escola perda un prestixio ga\u00f1ado a base de moito esforzo nos cursos anteriores, e a comunidade escolar manifeste o seu malestar, botarme a min a culpa.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: 85%;\">En todo o ver\u00e1n non fixeron nada. Ou todo lles saiu mal. Ao mellor, at\u00e9 comprobaron que, por non atender necesidades m\u00ednimas o curso pasado, a Escola \u00edalle costar \u00f3 Concello, en diante, o dobre ou o triple do que lle vi\u00f1a costando. E como non lles interesa o m\u00e1is m\u00ednimo (non d\u00e1 votos, \u00e9 unha indesex\u00e1bel her\u00e9ncia recebida&#8230;), pois que a ature quen a criou e que morra con ela.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: 85%;\">S\u00edntome perseguido e ofendido. Houbo semanas no curso pasado que traballei perto de sesenta horas. Levo catro anos desfrutando de s\u00f3 quince d\u00edas de vacaci\u00f3ns ao ano, \u00e1s veces menos. Para que agora, os que non creen na Escola como centro p\u00fablico de ensino elemental da m\u00fasica, os que bramaron contra ela cando se puxo en marcha e te\u00f1en os fillos nas clases particulares, decreten que dirixa o que queren destruir. Sutilmente, pero destruir.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: 85%;\">Non lles darei esa satisfaci\u00f3n. Nen esa nen outra. <\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: 85%;\">A primeiros de outubro, como en anos anteriores, estarei febrilmente organizando o curso. Porque mo ordenan.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: 85%;\">Pero procurarei non defraudar a comunidade escolar, aos nenos e adultos matriculados, aos pais, porque eles si cren, coma min , na Escola como proxecto educativo.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: 85%;\">Dirixirei a Escola p\u00e9sie a que \u00e9sta non contar\u00e1 cos medios necesarios: das necesidades do curso pasado, o Goberno Municipal incluiu s\u00f3 algunhas no presuposto municipal&#8230;deste ano!.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: 85%;\">Pero s\u00e1ibase unha cousa. Considero que me asiste o direito legal a non dirixir a Escola se non quero porque o Concello a desprecia. Por iso anuncio que interporei recurso perante o Xulgado do Social de Lugo contra o decreto da Alcald\u00eda. Se o ga\u00f1o, eu non dirixirei a Escola Municipal de M\u00fasica de Ribadeo pero, cun novo curso en marcha, a Escola seguer\u00e1 viva polo momento.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: 85%;\">O Decreto do Alcalde obr\u00edgame a dirixir a Escola.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: 85%;\">Supo\u00f1o de cando o asinou estar\u00eda pensando na frase que figuraba nos p\u00f3rticos dos campos de concentraci\u00f3n nazis: \u201cO traballo faravos libres\u201d.<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Vai uns d\u00edas un lector d\u00edxome que deb\u00eda practicar o haiku. Trad\u00fazoo \u00f3 meu xeito por &#8216;maior brevidade&#8217;. Pode que te\u00f1a raz\u00f3n. Por eso comecei vai tempo a separar o que \u00e9 propio do d\u00eda do que \u00e9 de anos atr\u00e1s. \u00d3 mellor a\u00ednda as\u00ed me quedo curto. Irei facendo. A imaxe: decoraci\u00f3n na escola [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[81,51],"class_list":["post-10823","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-banda","tag-hernan-naval"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10823","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10823"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10823\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10823"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10823"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10823"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}