{"id":10816,"date":"2006-03-03T07:45:00","date_gmt":"2006-03-03T06:45:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:16:07","modified_gmt":"2024-11-12T15:16:07","slug":"cartos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/03\/03\/cartos\/","title":{"rendered":"Cartos"},"content":{"rendered":"<p>Ontes din que veu o Delegado provincial de educaci\u00f3n, e trouxo a confirmaci\u00f3n de varias melloras nos centros educativos, entre elas, pintar a escola de m\u00fasica (31000\u20ac) e po\u00f1er doble ventanal \u00f3 Porta da Auga (23000\u20ac). Non comprndo como o primeiro vale m\u00e1is que o segundo, pero parece que \u00e9 as\u00ed.<\/p>\n<p>Vai uns d\u00edas vin un chiste nun peri\u00f3dico, asinado por M\u00e1ximo: estaba Deus razoando e dicindo algo as\u00ed como &#8216;&#8230; e ent\u00f3n dixen: f\u00e1ganse os cartos. E ise foi o meu erro&#8230;&#8217; Lembreino agora a causa da nimiedade das obras nos centros educativos ribadenses, pero p\u00f3dese usar en situaci\u00f3ns moito m\u00e1is comprometidas, verdade?<\/p>\n<p>De calquera xeito, voltando \u00e1s novas, a principal internacional \u00e9 que India e EEUU van comaprtir secretos sobre a bomba at\u00f3mica (lectura particular, ning\u00fan titular probablemente diga eso), e a\u00ed os cartos s\u00f3 te\u00f1en parte da importancia (pode&#8230;). Hai que ver \u00f3 sr. presi do imperio facendo tratos sobre armas nucleares con outro pa\u00eds que xa as ten e polo tanto pode facerse impo\u00f1er e non permitindo que as consiga outro terceiro porque a el non lle da a gana. A rememorar que a India e os EEUU non se levaban precisamente ben ata onte, coma quen di.<a href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/cabanelaenobras.jpg\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/cabanelaenobras.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>A foto \u00e9 de Cabanela. Est\u00e1 en obras o anfiteatro de al\u00ed abaixo, pero non se sabe nada na prensa (alomenos que eu vira) Por que, que van facer ou canto tempo van durar son cousas que descoe\u00f1zo. O caso \u00e9 que vi\u00f1a de fotografar casas vellas para completar a reportaxe fotogr\u00e1fica do mes pasado, e atopeime co tema. Por certo, que non lle vin ning\u00fan cartel ilustrativo da situaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Unha nota: Recib\u00edn un comentario idiota, pero ofensivo. Terei un empo deshabilitada a opci\u00f3n&#8230; os que me co\u00f1ecedes, podedes facerme os comentarios por outros medios.<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>Un artigo de Hern\u00e1n&#8230;<\/p>\n<table border=\"1\" bordercolor=\"#000000\" cellpadding=\"2\" cellspacing=\"0\" style=\"width: 642px;\">\n<colgroup>\n<col width=\"124\"><\/col>\n<col width=\"508\"><\/col>\n<\/colgroup>\n<tbody>\n<tr valign=\"top\">\n<td width=\"124\">Data: &#8211;\/01\/1996<\/td>\n<td width=\"508\">Fonte: web do libro V aniversario BMR<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"636\">T\u00edtulo: As\u00ed que pasen cinco anos<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"636\">Autor: Hern\u00e1n Naval Parapar<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"636\">Descrici\u00f3n: tr\u00e1tase do artigo escrito por Hern\u00e1n    para o libro do 5\u00ba cabodano da banda. Hern\u00e1n pasa    revista r\u00e1pida o que foron os cinco primeiros anos e so\u00f1a    cos seguintes. A ter en conta que un comentario f\u00f3ra do    libro editado perde parte da riqueza que ten nel, pola    scircunstancias de edici\u00f3n.<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"636\">Comentarios: Sair\u00e1 outro d\u00eda<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>AS\u00cd QUE PASEN CINCO ANOS<\/p>\n<p>Aviso inicial para leitores sagaces: este artigo comeza e acaba en p\u00e1xina par, isto \u00e9, aberto o libro, ollemos \u00e1 esquerda. Non en balde foi un membro do comit\u00e9 Central do PCP que xestionou a participaci\u00f3n da banda que ate hoxe dirixo no Festival Internacional de Bandas Amadoras (amaters) de Loures (Portugal) en Novembro de 1995. E de tocar na mesm\u00edsima Lisboa ocupeime eu. Non vaia pensar ningu\u00e9n, tras a leitura da pen\u00faltima plana deste heterox\u00e9neo libri\u00f1o, que s\u00f3 se accede \u00e1 gl\u00f3ria pasteleira dende unha das beiras. Lembro con saudade unha viaxe a Madrid con Eduardo guti\u00e9rrez en Decembro do 94 para conseguirmos que a banda tocase na capital do Estado un mes despois (no Audit\u00f3rio de La Vaguada, no Hotel Fox\u00e1 e&#8230; na Praza Maior!) sen arruinarnos de todo. O que leva chovido! (que lles pregunten aos de M\u00farcia&#8230;).<\/p>\n<p>Este meu artigo, esta mi\u00f1a canci\u00f3n, leva letra, mesmo desde o t\u00edtulo, de arrebatado bolero paixoal: &#8220;de lo que pudo haber sido y no fue&#8221;.<\/p>\n<p>Queria rememorar cun ponto de ponderaci\u00f3n o congreso de Bandas de M\u00fasica Populares de Galiza que organizamos en ribadeo en novembro do 94, pero entroume a amargura: s\u00f3 o concello -daquela- puxo o hombreiro econ\u00f3mico institucional de xeito non limosneiro; os compo\u00f1entes da Banda sinf\u00f3nica de Galiza que dirixiu Marcel van Bree cobraron con moitos meses de retraso as s\u00faas dietas, e se non \u00e9 polo concello -daquela- e pola Federaci\u00f3n de Bandas, hab\u00eda ter que pagar eu do meu peto a publicaci\u00f3n das pon\u00e9ncias. Miren agora este libro, pero insisto, a min l\u00e9anme, con cartos ou sen eles, de p\u00e1xina para a p\u00e1xina par. De t\u00f3dolos xeitos, o pior \u00e9 que as propostas conceituais de renovaci\u00f3n e de modernizaci\u00f3n que lanzamos naquel congreso, coa bagaxe ribadense como prototipo, est\u00e1nna despensa mental, sen perspectivas de consumo, da maior\u00eda dos participantes for\u00e1neos; e van m\u00e1is de dous anos.<\/p>\n<p>Quer\u00eda publicar, como se prometeu nas notas do programa do \u00faltimo Aqui como en Viena, a lista de paso-dobres interpretados pola Banda desde o seu debu o 25 de xaneiro de 1992, pero se hai entre os colaboradores do libro que se auto-limita o esp\u00e1cio para non falar de n\u00f3s, da Banda actual, e si das de antano, conmigo pode a pereza -e o esp\u00e1cio- e non hai lista que valga, porque, p\u00e9sie ao que digan, \u00e9 case tan longa como a de Schindler, que musicalmente prefiro.<\/p>\n<p>Releo o anterior e desc\u00fabrome algo influ\u00eddo polo exuberante barroquismo liter\u00e1rio dalg\u00fans articulistas precedentes (impares) que te\u00f1en alg\u00fan pequeno problema coas comas, os gui\u00f3ns, as frases parent\u00e9ticas e as &#8220;aspas&#8221; (ouh!, as aspas), pero neng\u00fan co esp\u00e1cio. P\u00e9sie a que quedei coa directiva de &#8220;amadores &#8230;&#8221; en coidar eu da edici\u00f3n do volume, non te\u00f1o vocaci\u00f3n e menos capacidade para actuar de censo, nen sequer fronte a un \u00e9mulo do profesor Quintana que tam\u00e9n circula entre estas p\u00e1xinas (e menos mal que, como asertan v\u00e1rios, a m\u00fasica \u00e9 unha linguaxe universal, unha linguaxe universal, unha linguaxe universal, etc.). Po\u00f1erlle a man a algun artigo seria, por suposto, excederme nas mi\u00f1as atribuci\u00f3ns, que hai que confunde con &#8220;atributos&#8221;; o dos atributos non son eu.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n ti\u00f1a pensado cantar as excel\u00e9ncias da Escola Municipal de M\u00fasica, pero xa hai -no libro- quen lle descobriu unha paternidade oculta e quen expresamente me recomenda dirixila (e non falo de decretos, falo de algo que se di nesta publicaci\u00f3n).<\/p>\n<p>Neste libro f\u00e1lase por primeira vez de licenciaturas en instrumentos musicais, de t\u00edtulos de director de banda, de mestres, compositores e music\u00f3logos dos que non sabia. E eu con istos pelos (poucos). Est\u00e1 claro que me te\u00f1o que reciclar. No entanto, para qu\u00e9 dar outra vez o co\u00f1azo coa m\u00fasica de c\u00e1mara, coa corda, coa Banda Sinf\u00f3nica&#8230; Estudiarei en recollimento, con este documentado libro na cabeceira e os meus eses: Sibelius, Shostakovitch, Strauss&#8230;; e igoal discurro un m\u00e9todo Stanislavsky (comeza por ese) para a interpretaci\u00f3nmusical. Prometido.<\/p>\n<p>Quer\u00eda falar de como case non fumos a Barcelona en Abril\/95 e de por que non fumos a Ourense en Xullo\/93, pero con tanto patrocinador institucional polo m\u00e9dio ser\u00e1 mellor que cale unha vez m\u00e1is. a min mesmo si que me podo auto-censurar. E non pasar\u00e1 nada porque diga que a tocar ao teatro Col\u00f3n da coru\u00f1a, en agosto do 93, levounos a nacionalista Federaci\u00f3n de Asociaci\u00f3ns Culturais de Galiza, entidade hoxe desaparecida por inanici\u00f3n institucional, entre outras cousas, e que naquel concerto escoitounos e felicitounos a deputada Pilar Garcia Negro.<\/p>\n<p>Destas cousas e dalgunha outras ti\u00f1a decidio falar cando a Xunta Directiva de &#8220;Amadores da M\u00fasica&#8221; ideou tirar este libro conmemorativo do quinto anivers\u00e1rio da Banda. D\u00e9ixoo para o d\u00e9cimo. A ver se no segundo lustro Eli e m\u00e1is eu vivemos tempos musicais de fartura, Cot\u00e9 e m\u00e1is eu fart\u00e1monos de cervexas, lalo e m\u00e1is eu montamos unha \u00f3pera (el xa sabe cando), a Banda -con Eva- e m\u00e1is eu damos unha volta ao mundo de verdade e non s\u00f3 no pentagrama e grabamos o disco dunha pu\u00f1eteira vez. Daquela, \u00e1 nena oculta da fotograf\u00eda da p\u00e1xina anterior chegaranlle os pes ao chan, e agardemos que todos te\u00f1amos os nosos na terra. Asi que pasen (outros) cinco anos.<\/p>\n<p>Todo, claro, se non sego alg\u00fans consellos nen sego a Carlos N\u00fa\u00f1ez e \u00e1 Nova trova Santiague\u00f1a cando interpretan xuntos aquela que di&#8230;<\/p>\n<p>Hern\u00e1n Naval<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ontes din que veu o Delegado provincial de educaci\u00f3n, e trouxo a confirmaci\u00f3n de varias melloras nos centros educativos, entre elas, pintar a escola de m\u00fasica (31000\u20ac) e po\u00f1er doble ventanal \u00f3 Porta da Auga (23000\u20ac). Non comprndo como o primeiro vale m\u00e1is que o segundo, pero parece que \u00e9 as\u00ed. Vai uns d\u00edas vin [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[81,51,9],"class_list":["post-10816","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-banda","tag-hernan-naval","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10816","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10816"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10816\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10816"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10816"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10816"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}