{"id":10811,"date":"2006-03-07T07:54:00","date_gmt":"2006-03-07T06:54:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:16:00","modified_gmt":"2024-11-12T15:16:00","slug":"ra-de-ribadeo-3","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/03\/07\/ra-de-ribadeo-3\/","title":{"rendered":"R\u00eda de Ribadeo?"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/ria.jpg\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/ria.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>\u00c1s   veces, por estar nunha determinada posici\u00f3n, postura ou circunstancia, non xulgamos como  \u00e9 debido. Esto ocorre coas impresi\u00f3ns que outros ou as cousas nos causan, e \u00e1s veces pode resultar un perigo. Comprobeino ou outro d\u00eda coa palabra educaci\u00f3n e a palabra ensino en relaci\u00f3n \u00f3 nome dos IES: en Google p\u00f3dense atopar 353 000 entradas considerando \u00f3 correspondente IES &#8216;Instituo de Educaci\u00f3n secundaria&#8217; fronte a 105 000 como &#8216;Instituto de ense\u00f1anza secundaria&#8217; (feita a procura en ambos casos en p\u00e1xinas de Espa\u00f1a e en castel\u00e1n), o que indica que m\u00e1is das 3\/4 partes dos centros ad\u00e1ptase \u00f3 nome institucional, pero case 1\/4 non o fai. Eso levar\u00edanos a discutir sobre o tema, e fareino noutro lugar. Pero hoxe, \u00f3 que \u00eda \u00e9 a que se facemos o mesmo con &#8216;r\u00eda de Ribadeo&#8217; na web enteira at\u00f3panse menos de 10 000 p\u00e1xinas, e se po\u00f1emos &#8216;r\u00eda del Eo&#8217;, ch\u00e9ganse \u00e1s 25 000. As relaci\u00f3ns est\u00e1n a\u00ednda peor se se mira r\u00eda + Ribadeo ou r\u00eda + Eo, \u00e9 dicir, sen considerar exactamente a orde. Se se quere que o nome da r\u00eda permaneza como r\u00eda de Ribadeo vai haber que traballar arreo, a parte de co\u00f1ecer a contestaci\u00f3n do Presidente da Xunta sobre o tema.<\/p>\n<p>&#8212;<br \/>\nUnha cita sobre Hern\u00e1n:<\/p>\n<table border=\"1\" cellpadding=\"2\" cellspacing=\"0\" style=\"color: black; width: 642px;\">\n<colgroup>\n<col width=\"124\"><\/col>\n<col width=\"508\"><\/col>\n<\/colgroup>\n<tbody>\n<tr valign=\"top\">\n<td width=\"124\">\n<p><span style=\"font-size: 85%;\">Data: 16\/12\/95<\/span><\/p>\n<\/td>\n<td width=\"508\">\n<p><span style=\"font-size: 85%;\">Fonte: la comarca del eo<\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"636\">\n<p><span style=\"font-size: 85%;\">T\u00edtulo: <strong>O BOLERO DE STRAUSS<\/strong><\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"636\">\n<p><span style=\"font-size: 85%;\">Autor: HERNAN NAVAL<\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"636\">\n<p><span style=\"font-size: 85%;\">Descrici\u00f3n: Artigo que escribiu Hern\u00e1n    cando o Concello ama\u00f1ou un concerto para competir co \u201eAqu\u00ed    como en Viena\u201c da banda. A lembrar que \u00e1 postre, entre    outras cousas, os m\u00fasicos visitantes non eran vieneses como    se pretendeu nun principio, sen\u00f3n b\u00falgaros.<\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"636\">\n<p><span style=\"font-size: 85%;\">Comentarios:<br \/>\n<\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p align=\"center\"><span style=\"font-size: 130%;\"><u><strong>O BOLERO DE STRAUSS<\/strong><\/u><\/span><\/p>\n<p align=\"right\"><span style=\"font-size: 130%;\"><strong>Hern\u00e1n Naval<\/strong><\/span><\/p>\n<ol>\n<li>\n<p align=\"justify\">\u2013 <span style=\"font-size: 85%;\">A  quen conta mentiras ch\u00e1manlle polo nome dun bail\u00e1bel:  bolero. E xa se sabe qu\u00e9 historias narran os boleros: as de  arrebatos paixoais, sempre viscerais, case nunca racionais. O  problema, o conflicto de Manuel Val\u00edn coa Banda Municipal,  polo feito de que estea dirixida por min, \u00e9 de \u00edndole  patol\u00f3xica, e a visceralidade derivada, a obsesi\u00f3n,  lecouno desta volta a mentir pola r\u00e1dio: \u00e9  absolutamente falso que a Banda Municipal de Ribadeo fose convidada  a participar na programaci\u00f3n cultural de Outono do Concello  de Ribadeo, como clar\u00edsimamente afirmou Val\u00edn en  declaraci\u00f3ns \u00e1 Cope de Ribadeo o pasado xoves. Cando  esta programaci\u00f3n estaba decidida, parte do material  publicit\u00e1rio da mesma xa en impresi\u00f3n e xa oferecida a  Rolda de Prensa en que se fixo p\u00fablica a Val\u00edn foille  transmitida a contrariedade de quen isto asina polo feito de que o  tradicional concerto de Nadal a base de m\u00fasica vienesa  fundamentalmente, que nos dous anos anteriores ofrecera a Banda  Municipal de Ribadeo por min dirixida, ia ser dado este ano, segundo  a referida programaci\u00f3n, polo Strauss Festival Orchester de  Viena, directamente de Viena&#8230;Manuel Val\u00edn apresentou ent\u00f3n  as rebaixas: se quer\u00edamos tocar un programa de bandas sonoras  dentro da Semana de Cine que tam\u00e9n figura na programaci\u00f3n  de marras. Non aceitamos, naturalmente. \u201cA Banda si foi invitada a  participar na programaci\u00f3n cultural de Outono\u201d, dixo Val\u00edn  literalmente \u00e1 Cope. Mentira!, digo eu agora: o que quixo foi  amortiguar o efecto da afrenta que vi\u00f1a de perpetrar \u00e1  Banda.<\/span><\/p>\n<\/li>\n<li>\n<p align=\"justify\">\u2013 \u201c<span style=\"font-size: 85%;\">Un  luxo para Ribadeo\u201d. \u201cNon podemos permitirnos prescindir dela\u201d.  \u201cNunca pensei que lles f\u00f3ra molestar\u201d. \u201cPisarlles o  concerto deles, para nada&#8230;\u201d. Agora Val\u00edn apres\u00farase  a negar calquer intenci\u00f3n perversa ao contratar \u00e1 que  el pr\u00f3pio, err\u00f3neamente, chama \u201cOrquesta Johann  Strauss de Viena\u201d (saber\u00e1 realmente a quen trae?) e \u00e1  que califica de \u201catracci\u00f3n musical\u201d, como se os vieneses  fosen actuar na discoteca. \u201cA intenci\u00f3n\u201d, di Val\u00edn,  \u201c\u00e9 criar caldo de cultivo\u201d musical entre os nenos de  Ribadeo afeizoados a m\u00fasica, para que podan \u201cver algo  distinto\u201d; violines por clarinetes, ser\u00e1 a diferencia,  aparte, claro est\u00e1, de que o fagan moito mellor \u2013 a\u00ednda  que tal vez con menor ilusi\u00f3n e desde logo que m\u00e1is  interesadamente, econ\u00f3micamente falando \u2013 uns profisionais  que uns afeizoados, a\u00ednda por riba dirixidos por un do  Bloque, que tam\u00e9n \u00e9 desgracia coa que polo de agora  ten que apandar o se\u00f1or Concelleiro de Cultura e outras  cousas. Moitas gracias, se\u00f1or Val\u00edn, por non lle  reco\u00f1ecer a Banda Municipal de Ribadeo, \u00e1 s\u00faa  Asociaci\u00f3n promotora, \u00e1 Escola Municipal de M\u00fasica,  o m\u00e9rito de ter criado ese \u201ccaldo de cultivo\u201d, que agora  lle enche a boca, alomenos desde 1992. Nunha cousa non minte Val\u00edn:  efectivamente non vai conquerir pisarnos o concerto noso; xa di que  \u201cquen non est\u00e1  de m\u00e1is que dean o seu concerto\u201d&#8230;  Nen de m\u00e1is nen de menos: xa que da Strauss \u201cnon podemos  prescindir\u201d (quen ser\u00e1 o malvado que o obriga? Ser\u00e1  para xustificar que a\u00ednda non volvese a Sinf\u00f3nica de  Galiza nen trazas haxa?, ou ser\u00e1 que non quedan orquestras no  seu rastro cultural?) e xa que se trata de \u201cver algo distinto\u201d,  vela\u00ed vai a nosa aportaci\u00f3n: Como aqu\u00ed nen en  Viena (marchas, valses, habaneras, fados&#8230;), o d\u00eda 30 de  decembro, \u00e1 hora de costume, no local de costume. (O concerto  noso, at\u00e9 este ano titul\u00e1base \u201cAqu\u00ed como en  Viena\u201d, pero como os de Viena xa est\u00e1n aqu\u00ed e  tr\u00e1tase de \u201cver algo novo\u201d&#8230;). Por certo, vai todo pola  nosa conta: carteis, programas, gratificaci\u00f3ns ao persoal de  montaxe, etc. O Concello ten abondo con pagar aos vieneses, e, por  aquello do morbo ribadense, non estar\u00eda de m\u00e1is, nen  de menos, saber canto&#8230;<\/span><\/p>\n<\/li>\n<li>\n<p align=\"justify\">\u2013 <span style=\"font-size: 85%;\">A  Manuel Val\u00edn caus\u00e1ronlle \u201cextra\u00f1eza\u201d as  informaci\u00f3ns de prensa que dan conta do malestar na Banda e  na Directiva da entidade que a promove polo affaire Strauss, un  malestar con eles, que \u201cnon te\u00f1en nada contra a Banda\u201d, \u00e1  que queren axudar \u201cen todas as oportunidades\u201d, como fixeron co  certame de Bandas de setembro, para o que comprometeron un \u201cbo e  importante apoio\u201d. L\u00e1stima fora, concelleiro. Val\u00edn  e as\u00e1ltano os demos: \u201cHai un sector interesado&#8230; todo o  mundo sabemos quenes son os que tratan de romper as boas relaci\u00f3ns  que poda haber entre Amadores da M\u00fasica e o Concello\u201d:  agora vai resultar que \u00e1 Strauss Festival Orchester non a  fichouu \u00e9l e que est\u00e1 formada por mercenarios  nacionalistas cuxos c\u00e9rebros grises fixeron picar a Val\u00edn.  Todo, con tal de non reco\u00f1ecer que meteu a pata at\u00e9 a  ingle; e non \u00e9 a primeria vez: convertiu nun fiasco  organizativo o concerto da Banda do 25 de Xullo, e logo tivo que  pedir perd\u00f3n pola mesma emisora pola que agora defende as  s\u00faas determinaci\u00f3ns; pifiouna despois o D\u00eda de  San Roque ao no dispo\u00f1er, como coordenador da Comisi\u00f3n  de Festas, a instalaci\u00f3n dun palco cuberto e suficiente para  o correspondente concerto da Banda; mandouna despois a Mondo\u00f1edo  para que un m\u00e9rcores a escoitaran unha d\u00facia de  persoas (ou d\u00facia e media, vale). Xa resulta sospeitosa tanta  gamba introducida: nen el podo ser tan ineficaz. Cando o locutor lle  pregunta polo oferecimento do Concello \u00e1 Banda de lle  patrocinar a grabaci\u00f3n dun disco, Val\u00edn en plan  aparentemente surrealista, espeta: \u201cXa foi moi pol\u00e9mica a  campa\u00f1a eleitoral\u201d. Certo: o primeiro d\u00eda da  campa\u00f1a, en un local p\u00fablico dixo que cando ga\u00f1aran  eu ser\u00eda enviado a Sib\u00e9ria. O \u00faltimo d\u00eda,  nun mitin, devolveume a tranquilidade: \u201cNon imos facer desaparecer  a Banda nen imos facer desaparecer o seu director\u201d. Alegreime de  saber que non ia ir para a c\u00e1mara de gas. Pero e sospeitosa  tanta declaraci\u00f3n de boas intenci\u00f3ns: \u201cNon temos  nada en contra da Banda\u201d. \u201cQuixemos aclarar e dixemos que \u00edbamos  apoiar \u00e1 Banda, \u00e9 a Banda Municipal&#8230;\u201d, ao seu  pesar&#8230;Xa se sabe: excusatio non pedita&#8230;<\/span><\/p>\n<\/li>\n<li>\n<p align=\"justify\">\u2013 <span style=\"font-size: 85%;\">Sobre  o tema do disco, algo colateral ao asunto cerne desta pol\u00e9mica  (porque isto \u00e9 unha pol\u00e9mica, subscitada por acci\u00f3n  \u2013 ou omisi\u00f3n \u2013 polo se\u00f1or Val\u00edn, e non,  como el di para quitar ferro, \u201cun mal entendido\u201d). Deixo para  mellor ocasi\u00f3n deixar constancia ponderada de a que persoa se  debe a iniciativa de que a Banda gravase un compact-disc e do intre  e do xeito en que se concibeu a idea, hoxe proxecto preferencial da  Banda en conxunto e, singularmente, meu. Igoal non tardamos moito en  teer que informar polo mi\u00fado disto, perante o novo arrebato  colaboracionista do Concello&#8230; Ocorre, polo de pronto, que m\u00e1is  unha vez \u201cunha entidade privada\u201d, realice a \u201cgrabaci\u00f3n  e diz mil copias\u201d do ditoso disco. Ou non somos conscientes das  nosas capacidades medi\u00e1ticas, a car\u00f3n das cales a  operaci\u00f3n de marketing  Adagio Karajan constituir\u00eda,  proporcionalmente, un xogo de nenos, ou Val\u00edn non ten idea de  matem\u00e1ticas, o que resulta preocupante a estas alturas. Non  lle hei mirar a dentadura a este presunto cabalo agasallado, \u00e1  espera de co\u00f1ecer as condici\u00f3ns t\u00e9cnicas do  marco-proxecto discogr\u00e1fico municipal. Agora ben, ao C\u00e9sar&#8230;<\/span><\/p>\n<\/li>\n<li>\n<p align=\"justify\">\u2013 <span style=\"font-size: 85%;\">Igoal  que sobre o disco e a s\u00faa paternidade haber\u00e1 ocasi\u00f3n  de volver falar nos m\u00e9dios de comunicaci\u00f3n, sobre a  cuesti\u00f3n desencadenante dsta xa longa declaraci\u00f3n  haber\u00e1 m\u00e1is que dicer en canto se achegue a data do  concerto, dos concertos, pois t\u00e9mome que o se\u00f1or  concelleiro de Cultura, despois do que dixo o outro d\u00eda na  r\u00e1dio, non vaia pedir desculpas \u00e1 Banda como fixo  cando pola s\u00faa incompetencia destragou o concerto do 25 de  xullo pasado. Todos \u00e1 espera pois, e advirto que nesta  resposta procurei aterme ao contido do declarado hai d\u00edas por  Val\u00edn. Polo de agora, calo. Sobre as edificantes actitudes  verbais do super-concelleiro verbo do director da Banda perante os  seus alunos (xa dixen que o seu problema conmigo \u00e9 de \u00edndole  patol\u00f3xica), calo. Sobre a maniobra eleitoral con di\u00f1eiro  p\u00fablico, calo. Sobre Barcelona, calo. Calo polo de agora. Xa  se saber\u00e1, insisto, que se cadra o repentino agarimo de Val\u00edn  e compa\u00f1\u00eda \u00e1 Banda \u00e9 amor letal. Que  tente, non vaia ser o demo. De momento que lea \u201cGranxa de  animais\u201d, de Orwel, e que mire, el, ao espello, e a min que me  deixe en territorio humano.<\/span><\/p>\n<\/li>\n<li>\n<p align=\"justify\">\u2013 <span style=\"font-size: 85%;\">E  finalmente , todo isto d\u00edgoo eu, Hern\u00e1n Naval,  director da Banda Municipal de Ribadeo a pesar de Val\u00edn. En  nome de ningu\u00e9n falo, nada m\u00e1is que no meu pr\u00f3prio.  S\u00f3 eu responsabil\u00edzome do dito e das s\u00faas  consecuencias. A m\u00fasicos e directivos que os deixe Val\u00edn  en merecida paz.<\/span><\/p>\n<\/li>\n<\/ol>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;\u00c1s veces, por estar nunha determinada posici\u00f3n, postura ou circunstancia, non xulgamos como \u00e9 debido. Esto ocorre coas impresi\u00f3ns que outros ou as cousas nos causan, e \u00e1s veces pode resultar un perigo. Comprobeino ou outro d\u00eda coa palabra educaci\u00f3n e a palabra ensino en relaci\u00f3n \u00f3 nome dos IES: en Google p\u00f3dense atopar [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[51],"class_list":["post-10811","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-hernan-naval"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10811","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10811"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10811\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10811"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10811"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10811"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}