{"id":10809,"date":"2006-03-09T07:37:00","date_gmt":"2006-03-09T06:37:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:15:57","modified_gmt":"2024-11-12T15:15:57","slug":"ribadeo-transitable","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/03\/09\/ribadeo-transitable\/","title":{"rendered":"Ribadeo transitable"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/mimosacaida.jpg\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/mimosacaida.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Parece que en poucos d\u00edas desbroz\u00e1ronse e est\u00e1n transitables varios quil\u00f3metros da antiga v\u00eda do ferrocarril no termo municipal de Ribadeo. Santirso de Abres e a Pontenova xa o fixeron vai moito, e entre ambos, \u00e9 transitable de xeito completo. Aqu\u00ed tam\u00e9n se poder\u00eda seguir, se ben \u00e9 certo que hai tramos que est\u00e1n cortados pola actual estrada e \u00e9 m\u00e1is dificultoso, pois l\u00e9vase falando do tema un decenio alomenos. Da gusto pasear polos tramos recuperados por al\u00ed arriba; \u00e9 unha invitaci\u00f3n \u00f3 sifrute da calma na natureza.<\/p>\n<p>Potenciar rotas como a do tren vir\u00eda ben nun momento no que os hostaleiros se te\u00f1en reunido (martes) interpreto para algo as\u00ed como &#8216;recuperar credibilidade&#8217;, voltando a mencionar os positivos (segundo eles) aspectos econ\u00f3micos que trae a movida. De outros aspectos, \u00e9 necesario unha sentencia para que se reco\u00f1ezan, e de outros m\u00e1is, a\u00ednda falla o reco\u00f1ecemento. Dos beneficios ve\u00f1o o\u00edndo falar vai moito. Se algu\u00e9n non os co\u00f1ece, podo explicarllos.<\/p>\n<p>A mimosa ca\u00edda o pasado fin de semana, parece m\u00e1is bonita as\u00ed, pero en poucos d\u00edas, caso de non ser retirada, morrer\u00e1.<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>Unha de Hern\u00e1n:<\/p>\n<table border=\"1\" bordercolor=\"#000000\" cellpadding=\"2\" cellspacing=\"0\" style=\"width: 642px;\">\n<colgroup>\n<col width=\"124\"><\/col>\n<col width=\"508\"><\/col>\n<\/colgroup>\n<tbody>\n<tr valign=\"top\">\n<td width=\"124\">Data: 14\/11\/98<\/td>\n<td width=\"508\">Fonte: la comarca del eo<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"636\">T\u00edtulo: <strong>APRACEN A VERBENA: QU\u00c9DOME<\/strong><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"636\">Autor: Hern\u00e1n Naval<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"636\">Descrici\u00f3n: artigo escrito como reacci\u00f3n a    decisi\u00f3n de non concederlle a compatibilidade laboral para    que poidera simultanear a subdirecci\u00f3n da escola de m\u00fasica    da Coru\u00f1a, no que se manifesta a voluntade de continuidade    da s\u00faa labor pola m\u00fasica en Ribadeo.<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"636\">Comentarios:<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p align=\"center\"><span style=\"font-size: 130%;\"><u><strong>APRACEN A VERBENA: QU\u00c9DOME<\/strong><\/u><\/span><\/p>\n<p align=\"right\"><span style=\"font-size: 100%;\"><u><strong>Hern\u00e1n Naval<\/strong><\/u><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><strong><span style=\"font-size: 11pt; font-size: 85%;\">1\u00ba<\/span><\/strong> Na tarde do pasado martes comuniquei aos responsabeis do Cons\u00f3rcio para a Promoci\u00f3n da M\u00fasica (Orquestra Sinf\u00f3nica de Galiza) e do Concello da Coru\u00f1a, promotores da Escola Municipal de M\u00fasica da Coru\u00f1a, a mi\u00f1a decisi\u00f3n de non me incorporar ao centro como docente e Sub-Director, como me ti\u00f1an proposto. A Escola coru\u00f1esa, un magno proxecto educativo e de divulgaci\u00f3n musical de orzamento millonario, entrar\u00e1 en funcionamento inmediamente, en canto rematen as probas p\u00fablicas de seleici\u00f3n de profesorado e m\u00e1is a s importantes obras de remodelaci\u00f3n dun grande edificio ubicado no casco vello da Coru\u00f1a. Co\u00f1ezo de perto todo, tanto o proxecto educativo, plasmaci\u00f3n pr\u00e1tica do discurso  que nos \u00faltimos anos ve\u00f1o defendendo sobre ensinanza musical e promoci\u00f3n da m\u00fasica, como os pormenores pr\u00e1ticos da s\u00faa realizaci\u00f3n: manti\u00f1a conversas cos responsabeis do Concello coru\u00f1es e da O.S.G. desde hai semanas. Debo agradecer p\u00fablicamente a comprensi\u00f3n amosada polos representantes municipais coru\u00f1eses e do ente sinf\u00f3nico ao co\u00f1ecer a mi\u00f1a decisi\u00f3n final de non ocupar finalmente a Sub-Direcci\u00f3n da Escola Municipal de M\u00fasica da Coru\u00f1a, toda vez que o Pleno da Corporaci\u00f3n Municipal de Ribadeo, mercede aos votos dos membros do Partido Popular e do concellal \u201cindependente\u201d, e a inintelix\u00edbel abstenci\u00f3n dun concelleiro do PSOE, non me concedeu a compatibilidade do meu posto de traballo que solicitaba, pois tal era a mi\u00f1a pretensi\u00f3n: continuar \u00e1 fronte da Banda Municipal de Ribadeo e da Escola Municipal de M\u00fasica, a tempo parcial, e aceitar a proposta coru\u00f1esa. Naturalmente, renunciando a unha reduci\u00f3n salarial en Ribadeo de case o cincuenta por cento (renuncia ao plus de incompatibilidade, p\u00e9rdida de varios niveis no plus de dedicaci\u00f3n, reduci\u00f3n salarial global proporcional \u00e1 reduci\u00f3n de xornada laboral, etc), e contando co informe de Secretaria avaliando a legalidade e a viabilidade da mi\u00f1a pretensi\u00f3n. Folga mostrar a mi\u00f1a gratitude aos concellais do BNG, os \u00fanicos que votaron a prol da compatibilidade laboral que solicitaba.<\/p>\n<p align=\"justify\">2\u00ba Non podo obviar unha reflexi\u00f3n p\u00fablica, sequer breve, sobre o dito no Pleno do pasado luns, 9 de novembro, por parte do alcalde de Ribadeo, don Jos\u00e9 Carlos Rodriguez Andina, e sobre a atitude dos concelleiros do seu partido. Lamento non poder conter a afirmaci\u00f3n vehemente pola mi\u00f1a parte de que o Alcalde comportouse cinicamente. Primeiro aludiu \u00e1 posta en funcionamento da Escola no anterior mandato municipal, mesmo querendo expresar unha certa conformidade coa s\u00faa criaci\u00f3n, cando o certo \u00e9 que el e os membros do seu partido combateron na sombra a posta en marcha do centro; Andina, daquela na oposici\u00f3n (outono do 93), mesmo realizou comentarios despectivos de cara a Escola en m\u00e9dios de comunicaci\u00f3n. M\u00e1is logo falou da actual Relaci\u00f3n de Postos de Traballo municipais e das consideraci\u00f3ns obxectivas que deben primar na descripci\u00f3n dos mesmos; faltoulle lembrar que a descripci\u00f3n do posto 0601, de Director da Banda, foi o instrumento seu, hai dous anos, para me obrigar autoritariamente a permanecer na Direcci\u00f3n da Escola Municipal de M\u00fasica, cando eu ti\u00f1a apresentada a dimisi\u00f3n polo desinterese, a desatenci\u00f3n e mesmo o despr\u00e9cio \u00e1 Escola amosado polo actual Alcalde. En definitiva, cando quixo mostrar reco\u00f1ecimento \u00e1 mi\u00f1a dedicaci\u00f3n \u00e1 Escola e \u00e1 Banda, \u00e1s \u201cmoitas horas que fai Naval, m\u00e1is das que debe\u201d, e cando dixo con iron\u00eda chulesca que se eu era \u201cun luxo\u201d mellor non prescindir de min nen por unhas horas, trataba de rirse de min; non importa.<\/p>\n<p align=\"justify\">3\u00ba. O grave \u00e9 que o se\u00f1or alcalde, no Pleno do pasado luns, r\u00eduse de todo Ribadeo cando afirmou que el, como Director do Instituto de Bacharelato, a pesar de Alcalde, estaba no centro todos os d\u00edas. O martes, entre as dez e as once da ma\u00f1an, chamei ao Instituto coa intenci\u00f3n de felicitalo por ter o sangue tan frio: non estaba. Que o Alcalde me desprecie e se ria de min non ten a maior import\u00e1ncia, que se ria de todos \u00e9 cuesti\u00f3n m\u00e1is s\u00e9ria.<\/p>\n<p align=\"justify\">4\u00ba. Te\u00f1o dito que o Alcalde non ten a menor confianza en min. Por suposto, nengunha no \u00e1mbito personal, pero tampouco no plano profisional. D\u00edxeno at\u00e9 esgotarme cando en xu\u00f1o do 96 apresenteille a dimisi\u00f3n como Director da Escola, perante o seu deseinterese pola mesma, e o Alcalde botou case tres meses sen abrir a boca ao respeito, at\u00e9 que por decreto, sen mediar di\u00e1logo, me obrigou a seguer dirixindo a Escola dos seus tormentos. Segue igoal. En neng\u00fan intre, no transcurso do debate plen\u00e1rio, estimou as consideraci\u00f3ns profisionais por min arg\u00faidas \u2013contidas no documento aportado como argumentaci\u00f3n mi\u00f1a para obter a compatibilidade-, moitas delas apresentadas pensando no mantenimento e mesmo mellora dos servizos da Escola, e desde logo no benef\u00edcio da Banda. Se as\u00ed for, non ter\u00eda acusado ao portavoz da oposici\u00f3n, e xa que logo a min, pois o portavoz do BNG apoiou os meus argumentos, de subxectivo, apresent\u00e1ndose el, Andina, como o defensor do interese p\u00fablico. O interese p\u00fablico, se\u00f1or Alcalde, no referido \u00e1 Escola Municipal de M\u00fasica, ter\u00eda pasado por que as xesti\u00f3ns m\u00ednimas para un normal comezo do curso que lles prantexei en agosto e que a vost\u00e9s correspond\u00edan, estivesen realizadas en tempo e forma antes de outubro, cousa que non ocorriu; en atenci\u00f3n ao interese p\u00fablico, a estas alturas os profesores da Escola terian que ter asinado o correspondente contrato para comezaren a perceber as s\u00faas remuneraci\u00f3ns, sobre todo despois de teren feito vost\u00e9s, no seu d\u00eda, bandeira da regularizaci\u00f3n da situaci\u00f3n deste personal, por non falar das constantes mostras de incompetencia, xa non desinterese, que, verbo da Escola e da Banda, mostra de cot\u00edo o concelleiro que ten para istos menesteres menores; se o interese fose de vost\u00e9s, e non s\u00f3 meu e do p\u00fablico, quiz\u00e1is eu non tivese que escreber este comunicado.<\/p>\n<p align=\"justify\">5\u00ba. En todo o tempo que, en virtude do meu posto de Director musical, me tiven que relacionar con Rodr\u00edguez Andina como Alcalde e con Val\u00edn Vald\u00e9s como concelleiro de Educaci\u00f3n e de Cultura, mantiven sempre unha atitude de escrupuloso respeito institucional, antepo\u00f1endo a isto \u00fanicamente, cando foi neces\u00e1rio, a dignidade da Banda e da Escola como entidades p\u00fablicas, por min promovidas, ao servizo dos cidad\u00e1ns. Ningu\u00e9n poder\u00e1 dicer que politicei nunca o meu traballo. Serei un profisional regular ou mesmamente malo, pero son un profisional \u00edntegro. Nen Andina nen Val\u00edn poder\u00e1n negar que, pola mi\u00f1a parte, sempre houbo entrega, colaboraci\u00f3n, xenerosidade. Hab\u00edaa, institucionalmente, cando eles eran oposici\u00f3n; h\u00f3uboa cando foron governo. Observadas as s\u00faas mans e as dos concelleiros do PP no Pleno do pasado luns, votando en contra de que pudera compatibilizar un traballo art\u00edstico en Ribadeo con outro semellante na Coru\u00f1a deixando de perceber unha parte moi sustancial do meu s\u00e1lario en Ribadeo, non podo dicer que, por parte deles, houbese nengunha correspond\u00e9ncia. Pola contra, actuaron con crit\u00e9rios pol\u00edticos&#8230;contra min, co\u00f1ecida e nunca ocultada a mi\u00f1a milit\u00e1ncia pol\u00edtica na beira contr\u00e1ria a s\u00faa. Non votaron en beneficio do interese p\u00fablico, non: votaron para agredirme pol\u00edticamente.<\/p>\n<p align=\"justify\">6\u00ba. Como dixen, qu\u00e9dome. P\u00e9sie a Andina. Te\u00f1o un labor que rematar aqu\u00ed. Coa Banda, \u00e1 que te\u00f1o ilusionado con novos e m\u00e1is importantes proxectos. E coa Escola, para facer dela a mellor Escola de Galiza despois da da Coru\u00f1a. As\u00ed pois, se\u00f1or Alcalde, se\u00f1ores do PP, garden en seco os foguetes e apracen a verbena. \u201cAo enemigo que fuxe, ponte de prata\u201d, pensaron. Pero non vai desta. Terei, seguramente, outras oportunidades de promoci\u00f3n profisional na mi\u00f1a carreira.<\/p>\n<p align=\"justify\">E se non, vost\u00e9s non bailan no meu enterro.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Parece que en poucos d\u00edas desbroz\u00e1ronse e est\u00e1n transitables varios quil\u00f3metros da antiga v\u00eda do ferrocarril no termo municipal de Ribadeo. Santirso de Abres e a Pontenova xa o fixeron vai moito, e entre ambos, \u00e9 transitable de xeito completo. Aqu\u00ed tam\u00e9n se poder\u00eda seguir, se ben \u00e9 certo que hai tramos que est\u00e1n cortados [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[91,51,9],"class_list":["post-10809","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-ferrocarril","tag-hernan-naval","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10809","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10809"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10809\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10809"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10809"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10809"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}