{"id":10805,"date":"2006-03-14T07:37:00","date_gmt":"2006-03-14T06:37:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:15:50","modified_gmt":"2024-11-12T15:15:50","slug":"pleno-no-pazo-de-ibaez-non-aparece","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/03\/14\/pleno-no-pazo-de-ibaez-non-aparece\/","title":{"rendered":"Pleno no Pazo de Iba\u00f1ez: Non aparece a documentaci\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p>Hoxe te\u00f1o inflaci\u00f3n de cousas a tratar, pero gardarei para outros d\u00edas e centrareime nunha que non ha sa\u00edr hoxe na prensa: o pleno de onte en Ribadeo.<br \/>\n&#8216;Non aparece a documentaci\u00f3n&#8217; e &#8216;algu\u00e9n se vai responsabilizar desta tomadura de pelo que \u00e9 a ocultaci\u00f3n de documentaci\u00f3n?&#8217; foron d\u00faas frases (non aseguro que literais, pero si con moita aproximaci\u00f3n) ditas por Val\u00edn e ideas que antes foron plasmadas de xeito m\u00e1is suave nalg\u00fan documento presentado por min.<br \/>\nComo sempre, secretario e subsecretario (chamo as\u00ed \u00f3 acompa\u00f1ante que a\u00ednda non sei ben a s\u00faa funci\u00f3n) e un novo concelleiro. Total, na mesa, 13+3 persoas, e no momento de m\u00e1xima audiencia (menos de medio pleno), 5 no p\u00fablico, inclu\u00edndo a un periodista e dous do Tes\u00f3n&#8230; con entretido que \u00e9 algunhas veces&#8230;<br \/>\nPuntos: s\u00f3 alg\u00fans, taxas \u00f3s caixeiros, e sobre todo colector Rinlo-Vilasel\u00e1n. A parte do di\u00e1logo que chamar\u00eda de besugos e o feito de que a\u00ednda lle quedan 20 d\u00edas h\u00e1biles de exposici\u00f3n para quen quera enterarse (no pleno \u00e9 moi dif\u00edcil facelo), este \u00faltimo punto levou m\u00e1is da metade do pleno en base a ver qen se apuntaba as medallas dunha obra que \u00e9 considerada necesaria pero que non remata o tema do tratamento de residuos deste tipo e non deixa clara o cumprimento da normativa. Opini\u00f3n persoal, que non tratada al\u00ed, \u00e9 que coido que ser\u00eda mellor ampliar a planta EDAR de Rinlo que traer todo a Ribadeo, por un par de raz\u00f3ns alomenos, pero como nos enteramos onte, e pode que s\u00f3 porque trouxo discusi\u00f3n de outro tipo, pois as\u00ed quedar\u00e1. Eso si, pagar\u00e1 a Conseller\u00eda no que segundo o alcalde \u00e9 a &#8216;primeira grande inversi\u00f3n&#8217;, co engadido da oposici\u00f3n &#8216;en tres anos&#8217;. Este punto xerou entre outras cousas unha perla por parte do alcalde: &#8216;ning\u00fan ayuntamiento que se precie incumple ningunha normativa (&#8230;)&#8221; Naturalmente, rinme de xeito ir\u00f3nico pensando no tema dos ru\u00eddos.<br \/>\nOutro punto foron as normas de circulaci\u00f3n para a zona peatonal, que se aprobaron pero que para min e coido que para a oposici\u00f3n e cantos al\u00ed estabamos quedou nun &#8216;xa veremos&#8217; incomprensible.<br \/>\nTam\u00e9n en palabras do alcalde, no tema da piscifactor\u00eda a modificaci\u00f3n despois das esixencias da Xunta non necesita de cambio de licencia por ser medidas correctoras, non de modificaic\u00f3n do proxecto.<br \/>\n&#8216;Ser\u00e1 por dinero?&#8217; foi outra das contestaci\u00f3ns do alcalde. A lembrar que a mesa de asociaci\u00f3ns a\u00ednda non sabe c\u00e1nto debe o Concello (que \u00e9 unha cantidade respectable con seguridade)<br \/>\nEn fin, unha recomendaci\u00f3n: o pleno, para quen quera divertirse, soe estar OK, a parte de aprender a interpretar algo as\u00ed como chino (eso, tras moito tempo) e ver unha obra de teatro gratis.<br \/>\nAs preguntas do Tes\u00f3n? a ver se te\u00f1o tempo de tratalas ma\u00f1\u00e1.<br \/>\n&#8212;<br \/>\nCoido que hoxe \u00e9 d\u00eda de lembar un artigo particular (publicado o 29\/7\/03):<\/p>\n<p align=\"center\"><span style=\"font-size:130%;\">O privilexio dos zares<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">Vela\u00ed van m\u00e1is ou menos tres historias e alg\u00fan comentario. Pres\u00e9ntanse como pequenos contos para desenmascarar outro conto moito maior en extensi\u00f3n, duraci\u00f3n e importancia, a modo de f\u00e1bulas que son reais.<\/p>\n<p align=\"justify\">I- Contan os historiadores que se deu o feito seguinte: un emperador ruso, un zar, decideu visitar os seus vastos territorios, e mandou preparar a viaxe. O aviso serviu para facerlle m\u00e1is c\u00f3moda a viaxe, pero tam\u00e9n para que a xente que mandaba, gobernaba ou ti\u00f1a o poder real no pa\u00eds, o que aqu\u00ed teriamos chamado o valido, se puxera mans \u00e1 obra e, nos lugares achegados \u00f3 paso da comitiva, constru\u00edra unha morea de falsas fachadas de mansi\u00f3ns. As\u00ed, o te\u00f3ricamente, sen achegarse \u00e1 aut\u00e9ntica realidade (parecer\u00eda unha redundancia, pero non o \u00e9) o xefe da naci\u00f3n e director nominal do governo do pobo quedou satisfeito tra-la viaxe e enganado sobre a miseria da vida dos seus s\u00fabditos e sobre o b\u00f3 governo que dispensaba el mesmo (a trav\u00e9s dos validos, claro).<\/p>\n<p align=\"justify\">Os autoenganos son os mellores enganos, por eso cando se trata de enganar o que se pretende sobre todo \u00e9 de convencer para que non pareza engano. Na anterior frase van en catro lugares diferentes palabras id\u00e9nticas: est\u00e1 claro de que estamos a falar, sen erro de ning\u00fan tipo.<\/p>\n<p align=\"justify\">II- Nas pel\u00edculas, todo parece real porque se trata de reproducir unha certa realidade, traspasando a ilusi\u00f3n \u00e1 vivencia persoal e integr\u00e1ndoa. Co advenimento do cine f\u00edxose evidente a s\u00faa potencialidade para a suplantaci\u00f3n desa realidade. E t\u00f3dolos que viramos, por exemplo, o NO-DO, e coa perspectiva que dan os anos, podemos xulgar a capacidade do cine de presentar a ficci\u00f3n como realidade, en particular en tempos con comunicaci\u00f3ns dif\u00edciles.<\/p>\n<p align=\"justify\">Non sei cando se acu\u00f1ou o de &#8220;estou vivindo unha pel\u00edcula&#8221; para sinalar aua a realidade na que se est\u00e1 inmerso parece ficci\u00f3n e causa confusi\u00f3n por ese parecer. Ser\u00eda unha manifestaci\u00f3n dese equ\u00edvoco entre o mundo e a imaxinaci\u00f3n: verse vivindo algo imaxinado en troques de algo real.<\/p>\n<p align=\"justify\">III- Nos tempos que corren, os chamadaos medios de comunicaci\u00f3n invaden o espacio da realidade de tal xeito que pel\u00edculas como Matrix parecen posibles (=representar cousas realizables) segundo a opini\u00f3n dos expertos. E as\u00ed, atopamos por exemplo que nas pel\u00edculas (a maior\u00eda, americanas), a riqueza sae polos poros dos personaxes, sen\u00f3n como disponible alomenos como obtenible polos m\u00e1is diversos m\u00e9todos, as m\u00e1is das veces \u00e1 marxe da lei. O importante \u00e9 o consumo e a condici\u00f3n que se pretende que te\u00f1a sempre, o fluxo de cartos. A xente que pon a lei aparece corrupta, pero mesmo os que tratan de correxir esa corrupci\u00f3n, para solucionala, s\u00e1ltanse a mesma lei que queren protexer, quedando o argumento da peli como un armaz\u00f3n onde se manifesta un estilo de vida onde o importante non son as persoas, alomenos tanto como o que manifestan ser capaces de facer. E poderiamos continuar &#8230; De t\u00f3dolos xeitos, centremos o tema relacion\u00e1ndoo co p\u00e1rrafo inicial.<\/p>\n<p align=\"justify\">Sabemos que estamos a ser convencidos pola publicidade (mirar calquera anuncio para comprobaci\u00f3n). Sabemos que nalg\u00fans casos somos ou fumos enganados porque rem\u00e1tase por descubrir (a\u00ed est\u00e1 Iraq como testimonio das trolas que nos intentan meter) &#8230; pero non sabemos ata que punto estamos vivindo unha ilusi\u00f3n de vida mezclando os nosos sentimentos coas sensaci\u00f3ns, non s\u00f3 as que nos proporciona a realidade, sen\u00f3n tam\u00e9n as que nos pre-fabrican e pasan a formar parte desa realidade.<\/p>\n<p align=\"justify\">Hoxe por hoxe, non chega co c\u00e9lebre &#8220;co\u00f1\u00e9cete a ti mesmo&#8221; se non est\u00e1 enganchado e ampliado o outro &#8220;eu son eu e a mi\u00f1a circunstancia&#8221; Non dar importancia a comprender o mundo en que vivimos, centr\u00e1ndonos nunha parcela pr\u00f3xima de realidade implica cousas como o engano do zar, tragarse o que contaba o NO-DO ou creer que a econom\u00eda vai ben para todos porque as empresas ganan m\u00e1is, a pesares da reducci\u00f3n da emprego desas mesmas entidades. Por certo, todo b\u00f3 engano recolle algo de realidade: os validos governaban ben para si, o NO-DO presentaba unha realidade de inauguraci\u00f3ns e actos diversos que si se fixeron e o Prestige puido supo\u00f1er para algunha zona unha entrada extra de cartos durante alg\u00fan tempo, do mesmo xeito que os maiores accionistas da empresa non van ser despedidos e si van ganar m\u00e1is. E non vale \u00f3 recurrir \u00f3 estar &#8220;feliz e inocente&#8221;: ir a morrer a Iraq, voltar para casa cheo de chapapote ou rematar no paro son cousas que est\u00e1n \u00e1 orde do d\u00eda.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hoxe te\u00f1o inflaci\u00f3n de cousas a tratar, pero gardarei para outros d\u00edas e centrareime nunha que non ha sa\u00edr hoxe na prensa: o pleno de onte en Ribadeo. &#8216;Non aparece a documentaci\u00f3n&#8217; e &#8216;algu\u00e9n se vai responsabilizar desta tomadura de pelo que \u00e9 a ocultaci\u00f3n de documentaci\u00f3n?&#8217; foron d\u00faas frases (non aseguro que literais, pero [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-10805","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10805","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10805"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10805\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10805"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10805"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10805"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}