{"id":10803,"date":"2006-03-16T07:44:00","date_gmt":"2006-03-16T06:44:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:15:48","modified_gmt":"2024-11-12T15:15:48","slug":"dar-que-falar","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/03\/16\/dar-que-falar\/","title":{"rendered":"Dar que falar"},"content":{"rendered":"<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/arboreparquepeq.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/arboreparquepeq.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\nHai momentos nos que as acusaci\u00f3ns choven por todos os lados, sexan ou non certas. A \u00faltima \u00e9 que me ofreceron instalar dobre vent\u00e1 na mi\u00f1a casa e o rexeitei porque non quero solucionar o problema. Como \u00e9 un artigo na prensa e te\u00f1o experiencia que non son reflexo fiel dos feitos, non comento m\u00e1is que que a mi\u00f1a casa v\u00e9se abondo ben dende a r\u00faa, e calquera pode observar como son as cousas, os elementos estructurais, etc. E que me refresquen a memoria para ver c\u00e1ndo a min se me ofreceu algo. Noutra orde de cousas, resulta curioso que digan que non hai ru\u00eddo e que asemade digan que me te\u00f1en ofertado illamento&#8230;<br \/>\n&#8212;<br \/>\nA\u00ed vai un artigo meu publicado o 10\/06\/03; coido que \u00e1s veces cambiar de tema non \u00e9 nada malo&#8230; :<\/p>\n<p align=\"center\" lang=\"\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\"><span style=\"font-size:130%;\">Unha de t\u00edtulos.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\">\u00c1s veces, acum\u00falanse os posibles artigos a escribir, porque tam\u00e9n se acumulan os desexos, ante a falta de tempo e a velocidade que leva este endiablado mundo en globalizaci\u00f3n dalgunhas cousas e particularizaci\u00f3n asim\u00e9trica de outras (\u00e1s veces, e sen contrasentido, das mesmas). En substituci\u00f3n, aqu\u00ed van alg\u00fans t\u00edtulos que me gustar\u00eda ter escrito, acompa\u00f1ados cun pequeno comentario de que vai (de que ir\u00eda) cada un deles<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\">\u201cDe &#8216;quen se mova non sae na foto&#8217; a &#8216;a letra con sangue entra&#8217;\u201d: t\u00edtulo para sintetizar dez anos, o paso dunha \u00e9poca que xa cadra lonxe na nosa pol\u00edtica \u00e1 actual, na que se segue ese vello lema que algunha vez se usou na nosa educaci\u00f3n, pero a nivel bestial: o das bombas, con sangue a raudais.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\">\u201cDespois de\u201d: un t\u00edtulo que nos levar\u00eda a contemplar as cousas a auga pasada. As\u00ed, non xa o \u201cnon \u00e1 guerra\u201d sen\u00f3n unha pregunta , \u00bfpero que estades a facer en Iraq? Ocupaci\u00f3n, violaci\u00f3n da Convenci\u00f3n de Xenebra, control do petr\u00f3leo, dar unha \u201clecci\u00f3n \u00f3 mundo &#8230; ou t\u00f3dalas cousas anteriores \u00f3 tempo. Tampouco ser\u00eda \u201cestamos furiosos polo Prestige\u201d sen\u00f3n \u201cqueremos ter as responsabilidades claras sobre o Prestige\u201d e \u201c\u00bfque fixechedes para evitar un novo desastre no futuro? Porque \u00e9 agora cando hai que facer o nunca m\u00e1is.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\">\u201cCiencia e conciencia: balance desequilibrado\u201d. Sobre a orientaci\u00f3n social que se pretende no futuro da humanidade e a guerra de Iraq; gran desenvolvemento t\u00e9cnico e moral acomodaticia.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\">\u201cL&#8217;etat, c&#8217;est moi\u201d: Coa prevalencia hoxe por hoxe do ingl\u00e9s fronte \u00f3 franc\u00e9s como idioma de relaci\u00f3ns diplom\u00e1ticas, estamos a esquecer alg\u00fans retacos de historia aproveitable en franc\u00e9s. Por exemplo, aquela na que o Rei Sol dic\u00eda que o estado era el, s\u00edmbolo absolutista, ou aquel outro \u201ctodo para o pobo pero sen o pobo\u201d, que tiveron vixencia ata que o pobo se rebelou, e que parecen o traslado a outra \u00e9poca do que est\u00e1 a suceder hoxe por hoxe en Espa\u00f1a e boa parte do mundo.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\">\u201cYo creo en la esperanza\u201d \u00e9 o t\u00edtulo dun libro sobre a fe escrito xa fai tempo por Jos\u00e9 Mar\u00eda D\u00edaz-Alegr\u00eda. Neste caso o artigo trasmutar\u00edase na esperanza dun mundo mellor, en momentos nos que parece que se derruba non o mundo, sen\u00f3n o futuro do mesmo.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\">\u201cEntre Sun-Tzu e Clausewitz\u201d. Un repaso \u00f3 arte da guerra \u00e1 vista da invasi\u00f3n \u201cdos vinte d\u00edas\u201d (como xa se lle comeza a chamar) en Iraq, reparando tanto nas causas como no desenvolvemento \u00e1 vista dos dous te\u00f3ricos desta \u201carte\u201d.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\">Parece que todos os t\u00edtulos ir\u00edan enfocados a un tema, pero non. Hai para outros, como por exemplo a educaci\u00f3n: <\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\">\u201cCurr\u00e1s, \u00bfque nos fas?\u201d, resposta a unha carta do Conselleiro de Educaci\u00f3n, contradictoria co dese\u00f1o educativo te\u00f3rico da s\u00faa propia Conseller\u00eda, que defende a educaci\u00f3n para a paz.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\">\u201cGalicia calidade e a lei de Calidade Educativa\u201d, sobre o significado da palabra calidade.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\">Ou sobre outros temas variados:<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\">\u201cEntre a praia das Catedrais e as catedrais en primeira li\u00f1a de praia\u201d. Creo que o t\u00edtulo \u00e9 abondo indicativo para calquera que viva cerca dos desastres urban\u00edsticos costeiros. <\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\">\u201cUnha noticia. \u00c9xito e ampliaci\u00f3n da pasarela catro calles\u201d, sobre a ampliaci\u00f3n dun xa non tan recente desenvolvemento urban\u00edstico en Ribadeo.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\">\u201cAlg\u00fans silencios contra o Papa e declaraci\u00f3ns a favor do Pepe\u201d. Desviaci\u00f3ns e desvariaci\u00f3ns na xerarqu\u00eda eclesi\u00e1stica mindoniense sobre pol\u00edtica.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\">\u201cPor reducir el ruido, la luna\u201d, cr\u00edtica \u00e1 nova campa\u00f1a do Ministerio de Medio Ambiente a trav\u00e9s do lema, cecais dirixida \u00f3s que loitamos contra o ru\u00eddo e querer\u00edannos enviar \u00e1 l\u00faa.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\">&#8230;<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\">En fin, pode que baixo alg\u00fan deses t\u00edtulos a\u00ednda escriba alg\u00fan artigo. A\u00ednda que pens\u00e1ndoo ben, sobre eles, non me apetece facelo sen\u00f3n para dar sa\u00edda a sentimentos como rabia ou tristura.<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hai momentos nos que as acusaci\u00f3ns choven por todos os lados, sexan ou non certas. A \u00faltima \u00e9 que me ofreceron instalar dobre vent\u00e1 na mi\u00f1a casa e o rexeitei porque non quero solucionar o problema. Como \u00e9 un artigo na prensa e te\u00f1o experiencia que non son reflexo fiel dos feitos, non comento m\u00e1is [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-10803","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10803","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10803"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10803\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10803"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10803"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10803"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}