{"id":10802,"date":"2006-03-17T07:51:00","date_gmt":"2006-03-17T06:51:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:15:46","modified_gmt":"2024-11-12T15:15:46","slug":"achgase-o-macrobotelln","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/03\/17\/achgase-o-macrobotelln\/","title":{"rendered":"Ach\u00e9gase o macrobotell\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/futurafonte.0.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/futurafonte.0.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\nEra cuesti\u00f3n de tempo que cundira a moda dos minimacrobotell\u00f3ns. Despois das vilas grandes, as m\u00e1is pequenas ti\u00f1an que emulalas debido \u00f3 doado da &#8216;organizaci\u00f3n&#8217;. Parece que est\u00e1 convocado un para hoxe en Viveiro. De seguro que non re\u00fane a tanta xente como o de Sevilla, pero o principio sociol\u00f3xico \u00e9 o mesmo: unha identidade de grupo a rebufo dalgunha causa, no caso dos pequenos pobos posiblemente s\u00f3 a emulaci\u00f3n xunto coa costume permitida de facer botell\u00f3n en pequeno grupo. Parce que dende o concello o achacan \u00f3 \u00e9xito das noites alternativas. Se \u00e9 as\u00ed, a min non me parece precisamente un \u00e9xito e ir\u00edan no mesmo senso que me tem\u00eda cando falei dunha posibilidade das de Ribadeo do outro ano: acostumar \u00e1 xente a sa\u00edr de noite e m\u00e1is tarde. \u00c9 dicir, promocionar a movida, o que non ser\u00eda un &#8216;dano colateral&#8217;, sen\u00f3n m\u00e1is ben &#8216;o tiro pola culata&#8217;.<br \/>\nPor sorte, que se chame \u00e1 xente para vinte diferentes lugares \u00f3 ancho de Espa\u00f1a (en cidades) parece que alonxa un pouco a posibilidade de que en viveiro (ou noutro sitio calquera da zona) o botell\u00f3n aumente desorbitadamente frotne a outra fin de semana calquera. E chama a atenci\u00f3n dun fen\u00f3meno que se cita a favor deste tipo de organizaci\u00f3n por parte da xente nova: a parte das posibilidades econ\u00f3micas, o reunirse charlando sen o ru\u00eddo infernal de discotecas e pub. Estaremos ante un cambio de fondo en relaci\u00f3n \u00f3 ru\u00eddo?<br \/>\nSitos para organizalo? En Ribadeo non faltan, e a futura fonte, marcada xa no chan na foto (sei que se ve mal&#8230;) pode ser un deles. De calquera xeito, e \u00e1 vista dos trazos marcados no chan, preg\u00fantome se comezar\u00e1 a obra antes de ter rematada a de San Francisco e Pasar\u00f3n y Lastra.<br \/>\n&#8212;<br \/>\nUn texto en relaci\u00f3n a Hern\u00e1n (coido que xa rematei os que ti\u00f1a preparados de Hern\u00e1n, haber\u00e1 que ir premarando m\u00e1is):<br \/>\n<meta equiv=\"CONTENT-TYPE\" content=\"text\/html; charset=utf-8\"><title><\/title><meta name=\"GENERATOR\" content=\"OpenOffice.org 1.1.3  (Linux)\"><meta name=\"CREATED\" content=\"20060317;8000400\"><meta name=\"CHANGED\" content=\"16010101;0\">            <\/p>\n<table style=\"color: rgb(0, 0, 0);\" border=\"1\" cellpadding=\"2\" cellspacing=\"0\" width=\"642\">\n<col width=\"124\">\n<col width=\"508\">\n<tbody>\n<tr valign=\"top\">\n<td width=\"124\">\n<p><span style=\"font-size:85%;\">Data: 5\/8\/00<\/span><\/p>\n<\/td>\n<td width=\"508\">\n<p><span style=\"font-size:85%;\">Fonte: La Comarca del Eo<\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"636\">\n<p><span style=\"font-size:85%;\">T\u00edtulo: <strong>O CONCELLO PERDEU A SUBVENCI\u00d3N    DA XUNTA PARA A ESCOLA MUNICIPAL DE M\u00daSICA<\/strong><\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"636\">\n<p><span style=\"font-size:85%;\">Autor: BNG Ribadeo (nota informativa)<\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"636\">\n<p><span style=\"font-size:85%;\">Descrici\u00f3n: nota informativa no semanario local sobor do seu interese cara a escola de m\u00fasica. Da que pensar que fora o mesmo ano que Hern\u00e1n se apresentou coma candidato ao Senado pola provincia de Lugo<\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td colspan=\"2\" valign=\"top\" width=\"636\">\n<p><span style=\"font-size:85%;\">Comentarios: <\/span><\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>     <meta equiv=\"CONTENT-TYPE\" content=\"text\/html; charset=utf-8\"><title><\/title><meta name=\"GENERATOR\" content=\"OpenOffice.org 1.1.3  (Linux)\"><meta name=\"CREATED\" content=\"20060317;8000400\"><meta name=\"CHANGED\" content=\"16010101;0\">            <\/p>\n<p align=\"center\">O BNG acusa ao governo municipal do PP de irrespons\u00e1bel e desleixado<\/p>\n<p align=\"center\"><span style=\"font-size:130%;\"><u><strong>O CONCELLO PERDEU A SUBVENCI\u00d3N DA XUNTA PARA A ESCOLA MUNICIPAL DE M\u00daSICA<\/strong><\/u><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\"> O pasado s\u00e1bado, os concellais do Bloque Nacionalista Galego (BNG) rexistraron nas oficinas do Concello un escrito cunha serie de preguntas dirixidas \u00e1 Alcald\u00eda para que \u00e9sta explique no pr\u00f3ximo pleno ordinario da Corporaci\u00f3n por qu\u00e9 o Concello de Ribadeo non realizou dentro de prazo os tr\u00e1mites para obter un ano m\u00e1is \u00e1 subvenci\u00f3n que a Consellaria de Educaci\u00f3n e Ordenaci\u00f3n Universitaria vi\u00f1a outorgando \u00e1 Escola Municipal de M\u00fasica de Ribadeo. O Grupo Municipal do BNG considera que se debe \u201ca absoluta inc\u00faria do governo municipal\u201d do PP e ao seu desinterese polo presente e futuro deste centro educativo, posto en funcionamento a finais de 1993, antes de que o PP governase en Ribadeo. O texto asinado por Eduardo Gutierrez, MariLuz Alvarez Lastra e Fernando Su\u00e1rez di literalmente o seguinte:<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\"> \u201cO Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no Concello de Ribadeo, ao abeiro do Regulamento de organizaci\u00f3n, Funcionamento e R\u00e9xime xur\u00eddico das Corporacions Locais, formula \u00e1 alcald\u00eda, para a s\u00faa resposta en pleno, a seguinte pregunta:<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\"> No Di\u00e1rio Oficial de Galiza (D.O.G.) do 21 de xullo pasado publ\u00edcase unha Orde da Consellaria de Educaci\u00f3n e Ordenaci\u00f3n Universitaria pola que se conceden subvenci\u00f3ns a escolas de m\u00fasica p\u00fablicas. No anexo II \u00e1 citada orde relaci\u00f3nanse \u00e1s escolas \u00e1s que a Consellaria denega a axuda con indicaci\u00f3n da causa da denegaci\u00f3n, aparecendo a de Ribadeo porque \u201ca solicitude foi presentada f\u00f3ra de prazo\u201d.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\"> A Escola Municipal de M\u00fasica de Ribadeo, en funcionamento desde 1993, foi unha das primeiras escolas criadas e a primeira en entrar en funcionamento ao abeiro do desenvolvimento auton\u00f3mico do artigo 39.5 da Lei Org\u00e1nica Xeral do Sistema Educativo (LOXSE), que contempla legalmente a criaci\u00f3n destes centros delegando nas administraci\u00f3ns auton\u00f3micas a espec\u00edfica regulaci\u00f3n das condici\u00f3ns da s\u00faa posta en funcionamento (Orde da Consellaria de Educaci\u00f3n do 11 de marzo de 1993).<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\">P\u00e9sie a funcionaren desde 1993, at\u00e9 o curso 95-96 non convocou a Consellaria subvenci\u00f3ns para estes centros. Desde ent\u00f3n, a Escola Municipal de M\u00fasica de Ribadeo veu obtendo discretas axudas anuais. O pasado ano concedeuselle unha de arredor de 1.200.000 pts, que, p\u00e9sie a s\u00faa cativeza, era das m\u00e1is cuantiosas concedidas a concellos de menos de 50.000 habitantes.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\">Ao noso grupo municipal solprendeu que este ano a subvenci\u00f3n sexa denegada por un aparente erro administrativo, extremo do que se fixo eco a prensa diaria. Por todo isto \u00e9 polo que formulamos \u00e1 Alcald\u00eda as seguintes preguntas:<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\">&#8211; \u00bfFoi elaborado en tempo e forma o correspondente expedente para solicitar a subvenci\u00f3n e simplemente foi enviado f\u00f3ra de prazo ou o non cumprimento do prazo sinalado debeuse a demoras na elaboraci\u00f3n do expedente?<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\">&#8211; \u00bfQu\u00e9 documentaci\u00f3n esixe aportar a Consellaria para optar as axudas?<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\">&#8211; \u00bfRealizou a Alcald\u00eda ou alg\u00fan membro da equipa de governo municipal algunha xesti\u00f3n directa perante responsabeis da Consellaria de Educaci\u00f3n con posterioridade ao env\u00edo f\u00f3ra de prazo da solicitude da subvenci\u00f3n a fin de intentar solventar o aparente erro administrativo?<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\">&#8211; \u00bfPor algunha raz\u00f3n non ti\u00f1a a Alcald\u00eda e o Governo Municipal interese en obter a axuda para a Escola Municipal de M\u00fasica este ano, da\u00ed o desleixamento \u00e1 hora de tramitala?<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size:85%;\">O alcalde Andina e m\u00e1is o Concelleiro Delegado de Educaci\u00f3n Manuel Val\u00edn deber\u00e1n dar conta na pr\u00f3xima sesi\u00f3n plen\u00e1ria da s\u00faa actuaci\u00f3n, que o BNG califica de \u201cirrespons\u00e1bel e desleixada\u201d.<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Era cuesti\u00f3n de tempo que cundira a moda dos minimacrobotell\u00f3ns. Despois das vilas grandes, as m\u00e1is pequenas ti\u00f1an que emulalas debido \u00f3 doado da &#8216;organizaci\u00f3n&#8217;. Parece que est\u00e1 convocado un para hoxe en Viveiro. De seguro que non re\u00fane a tanta xente como o de Sevilla, pero o principio sociol\u00f3xico \u00e9 o mesmo: unha identidade [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-10802","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10802","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10802"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10802\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10802"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10802"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10802"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}