{"id":10799,"date":"2006-03-20T07:47:00","date_gmt":"2006-03-20T06:47:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:15:35","modified_gmt":"2024-11-12T15:15:35","slug":"volve-semana-cada-da-ten-o-seu-afn","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/03\/20\/volve-semana-cada-da-ten-o-seu-afn\/","title":{"rendered":"Volve a semana. Cada d\u00eda ten o seu af\u00e1n."},"content":{"rendered":"<p>Os luns non son moi propicios a nada por mor do cambio de actividade. No meu caso, e vou insistir unha volta m\u00e1is, menos a\u00ednda polo tema do descanso finsemanal. Nembargantes, a semana pasada deixou algunhas cousas por rematar no blog, e a\u00ednda que pouco, a algunha dela me queria adicar.<br \/>\nAs\u00ed, sorpresivamente atopeime coa petici\u00f3n de di\u00e1logo por parte dos propietarios de pub, se me apunto \u00e1 interpretaci\u00f3n dalg\u00fan periodista.<br \/>\nDi\u00e1logo, si. Pero&#8230; Deixando a parte que non recib\u00edn ningunha convocatoria nese sentido nin de concello nin de pubs, preg\u00fantome, di\u00e1logo? con quen? c\u00e1ndo? c\u00f3mo? sobre que? &#8230; E \u00e9 que tras trece anos de protestas un non ten s\u00f3 a pel m\u00e1is correosa e m\u00e1is mala uva a\u00ednda que loite contra eso, sen\u00f3n que tam\u00e9n ten m\u00e1is prevenci\u00f3n.<br \/>\nCos puberos ou co concello? O l\u00f3xico ser\u00eda co concello, a\u00ednda que invitara tam\u00e9n \u00e1 xente dos pub. Nembargantes, xa comentei que os reunira a eles (por n volta) s\u00f3s. E se os dos pub consideran 80 ou 90 locais e se xuntan 30, quen vai facer a convocatoria? Aqueles que act\u00faan pola zona ou todos? os que fixeron xa algunha reforma ou os que non fixeron ningunha? Os que xa me te\u00f1en amezado ou os que non? En fin, \u00e9 luns e a redaci\u00f3n non se me da ben despois do d\u00eda de san Patricio celebrado a noite anterior polo de enfrente e o s\u00e1bado (a noite de) celebrada \u00f3 d\u00eda seguinte.<br \/>\nC\u00e1ndo? Despois dasentencia que apreta e tenta de restitu\u00edr unha situaci\u00f3n que nos trece anos non deixou de empeorar a pesar dalgunha conquista legal sobre o papel e algunha dobre porta? s\u00f3name a eso de acorrala primeiro e fai o que queiras, que cando o outro non poda facer nada podes ser b\u00f3 con el impo\u00f1endo a t\u00faa vontade: cando comecei era un local. Hoxe xa non sei c\u00e1ntos contar&#8230;<br \/>\nSobre que? xa te\u00f1o dito que se \u00e9 sobre a sentencia, ser\u00eda perda de tempo. Sobre a legalidade? non, ser\u00eda unha tonter\u00eda. Sobre a adecuaci\u00f3n \u00e1 legalidade? despois de anos dicindo dende diversas conseller\u00edas que as competencias son municipais e o propio concello que \u00e9 a r\u00faa quen fai ru\u00eddo, o galimat\u00edas que te\u00f1en montado \u00e9 seu.<br \/>\nC\u00f3mo? A\u00ednda que foran s\u00f3 trinta, coido que ser\u00eda non digo desequilibrado, sen\u00f3n un marem\u00e1gnum \u00e1 hora de falar.<br \/>\nO dito, di\u00e1logo si, pero non \u00e9 &#8216;ve\u00f1a, xa, que temos pr\u00e9sa&#8217; despois de 13 anos e sen ver outro xesto que dicir &#8216;queremos di\u00e1logo&#8217; mentras se di que protesta pouca xente ou que se te\u00f1en trescentos empregos. Por certo, a\u00ednda non sei o &#8216;censo&#8217; de afilidados \u00e1 seguridade social; \u00f3 mellor esto tam\u00e9n lles ven ben \u00f3s empregados.<br \/>\nM\u00e1goa de non ter tempo. O estudo do tema do di\u00e1logo requirir\u00eda moito m\u00e1is do que aqu\u00ed lle adico.<br \/>\n&#8212;<br \/>\n\u00d3 mellor non ven a conto, pero&#8230; (publicado o 24\/04\/97, unha parte est\u00e1 referida a Fraga, por unhas declaraci\u00f3ns daquela \u00e9poca)<br \/>\n\u00bfA quen insulta? ou \u201cTINA ataca de novo\u201d<\/p>\n<p>Non sallo do meu asombro. Resulta que un home intelixente, emprendedor, moi preparado, &#8230; pode estar maleducado, pod\u00e9ndose converter en paradigma de que educaci\u00f3n non \u00e9 s\u00f3 ensino ou formaci\u00f3n, non \u00e9 s\u00f3 co\u00f1ecementos e aptitudes sen\u00f3n tam\u00e9n actitudes, eso que tanto traballo costa corrixir. Eso non \u00e9 tan asombroso, dende logo, o asombroso \u00e9 que con todas esas virtudes, se lance a insultar por &#8230; boeno, as causas as saber\u00e1 el, pero o caso \u00e9 que se lanza a insultar en p\u00fablico (amplificado a trav\u00e9s dos medios de comunicaci\u00f3n) a xente que est\u00e1 pedindo contas e axudando a reconstruir algo que estiman contribuiu a estragar, ou a quen pretende que o ensino p\u00fablico sexa cr\u00edtico e prepare a xente que poda decidir (como est\u00e1 escrito nos documentos b\u00e1sicos que a correspondente Conseller\u00eda pretende que se cumpran), ou, sinxelamente, a quen pensa de xeito diferente.<\/p>\n<p>\u00bfE que pinta Tina en todo esto? TINA non \u00e9 muller. \u00c9 o acr\u00f3nimo de There Is Not Alternative, \u201cnon hai alternativa\u201d, un dito repetido por moita xente con poder para xustificar as s\u00faas decisi\u00f3ns. Rep\u00edtese nos m\u00e1is diversos asuntos, dende o desencadeamento da guerra con Iraq a decisi\u00f3ns sobre medio ambiente a nivel mundial, e as\u00ed a ONU queda como algo obsoleto dentro do futuro que se pretende que nos caia enrriba. E o protocolo de Kioto, en papel mollado pola chuvia aceda de quen \u00e9 o m\u00e1ximo contaminante e non quere responsabilidades porque tam\u00e9n ten o m\u00e1ximo poder: \u00e9 o mundo do rev\u00e9s que se pretende futuro, onde as propias decisi\u00f3ns de xente poderosa xustifican a planificaci\u00f3n do porvir de todos n\u00f3s en vez de ser un mellor porvir a causa das decisi\u00f3ns.<\/p>\n<p>Nembargantes, hai xa varios anos, en particular a partir das protestas de Seattle e logo do Foro Social de Porto Alegre (ant\u00edtese da reuni\u00f3n de poderosos e \u201ccontubernio\u201d pol\u00edtico econ\u00f3mico que \u00e9 o Foro Econ\u00f3mico Mundial de Davos), est\u00e1 habendo unha toma de conciencia: o mundo do futuro est\u00e1 nas nosas m\u00e1ns hoxe, e n\u00f3s somos quen ten que planificalo. Se hoxe por hoxe temos unha organizaci\u00f3n pol\u00edtica, somos n\u00f3s quen temos que facela funcionar. Somos quen ten a responsabilidade esencial: a de pedir contas a aquelas persoas que puxemos nos postos de decisi\u00f3n. Naturalmente, nun estado democr\u00e1tico tam\u00e9n en teor\u00eda temos o poder de votar a outra xente para as\u00ed castigar. Pero non se trata de castigar, tr\u00e1tase de facer que as cousas funcionen para ben de todos, como pola outra banda non se trata de facer unha caza de bruxas cont\u00ednua a calquer nivel, como o estatal, auton\u00f3mico ou local, sen\u00f3n de valorar opini\u00f3ns que a todos poden axudar. Para eso, tanto votantes como elexidos temos que ter a cabeza a unha temperatura adecuada, evitando sa\u00eddas de tono, e uns presionando e dando a opini\u00f3n e os outros atendendo, que a sabidur\u00eda popular por algo se chama sabidur\u00eda a\u00ednda que tam\u00e9n se poda equivocar.<\/p>\n<p>A\u00ednda lembro a c\u00e9lebre carga sobre unha igrexa en Vitoria noutros tempos moi diferentes.\u00d3 d\u00eda seguinte estaba po\u00f1endo un cartel na facultade chamando a ter a cabeza fr\u00eda. \u00c9 un cartel que conservo para lembrarmo a m\u00edn mesmo. A mesma persoa responsable que me induxo naquel intre me induce agora a escribir estas palabras.<\/p>\n<p>E as\u00ed voltamos \u00f3 t\u00edtulo: hai alternativa, sempre hai alternativa, ou, para dicilo tam\u00e9n cun acr\u00f3nimo en ingl\u00e9s, HAINA, (\u201cHere Always There Is Alternative\u201d), pero hai que traballala. Entre todos. E Don Manuel, insultando \u00f3s seus, a unha boa parte desta familia que somos en Galicia, consigue non insultar a ningu\u00e9n, ag\u00e1s en tal caso \u00e1 idea que algunha xente segue a ter dunha persoa asombrosa en m\u00e1is dun sentido. Un modesto consello, sr. Presidente: considere tam\u00e9n que Galicia existe f\u00f3ra da s\u00faa cabeza, entre outras cousas porque hai moitas m\u00e1is cabezas en Galicia que a s\u00faa.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Os luns non son moi propicios a nada por mor do cambio de actividade. No meu caso, e vou insistir unha volta m\u00e1is, menos a\u00ednda polo tema do descanso finsemanal. Nembargantes, a semana pasada deixou algunhas cousas por rematar no blog, e a\u00ednda que pouco, a algunha dela me queria adicar. As\u00ed, sorpresivamente atopeime coa [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-10799","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10799","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10799"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10799\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10799"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10799"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10799"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}