{"id":10798,"date":"2006-03-21T07:50:00","date_gmt":"2006-03-21T06:50:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:15:34","modified_gmt":"2024-11-12T15:15:34","slug":"discriminacin-positiva","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/03\/21\/discriminacin-positiva\/","title":{"rendered":"Discriminaci\u00f3n positiva"},"content":{"rendered":"<p>Nunca o vira as\u00ed, pero agora a Conseller\u00eda de Sanidade pretende favorecer os m\u00e9dicos que traballen na comarca, e eso \u00e9 a discriminaci\u00f3n positiva. En principio, favorece a comarca (ent\u00e9ndase, a Mari\u00f1a completa, non as tres partes politicas da mesma) pero se non me equivoco e a cousa segue, a nivel xeral pode desencadear un sistema de pluses, compensaci\u00f3ns e penalizaci\u00f3ns que non creo que favorezan os servicios p\u00fablicos. De calquera xeito, de entrada, e mentras se experimenta, benvida esta discriminaci\u00f3n que pretende permitir un servicio mellor na zona.<br \/>\nA cruz do anterior estar\u00eda na posta en marcha do Parque de Bombeiros, que acheg\u00e1ndose o ver\u00e1n segue sen marchar, e ach\u00e1case \u00f3 que ten que pagar Ribadeo e \u00e1 parte da Deputaci\u00f3n. Estaremos neste caso ante unha discriminaci\u00f3n negativa por cuesti\u00f3ns diferentes \u00e1 eficiencia?<br \/>\nO malo do uso das discriminaci\u00f3n \u00e9 que ou se controlan moi ben, con moita consciencia de servizo, ou aparece toda a s\u00faa carga negativa como uso do poder en interese non social, sen\u00f3n puramente de exercicio interesado de poder. E sa\u00edmos todos perxudicados; os pretendidos beneficiarios tam\u00e9n, a\u00ednda que s\u00f3 sexa moralmente: dimin\u00faen o seu nivel como persoa a\u00ednda que saian beneficiados noutros aspectos.<br \/>\n&#8212;<br \/>\nA\u00ed queda un artigo publicado o 05\/02\/99 que ten certa relaci\u00f3n co anterior:<br \/>\nA sociedade malcriada<\/p>\n<p>Levamos xa tempo dicindo que a xente nova est\u00e1 sendo malcriada. Corriximos despois (\u00f3 fin, son os nosos fillos e fillas) dicindo que son m\u00e1is listos que nunca, que sempre pasou o mesmo e que o mundo segue adiante, que&#8230; pero non se chega a negar o dito: a xuventude est\u00e1 malcriada. Que esa malcrianza sexa m\u00e1is ou menos tradicional non oculta que se perda un potencial tremendo na educaci\u00f3n (pola mala educaci\u00f3n) dos sucesores. E esto contin\u00faa a pasar precisamente no momento da historia en que m\u00e1is voces est\u00e1n a xurdir afirmando que o futuro da humanidade en conxunto e de cada pobo en particular pasa pola educaci\u00f3n.<\/p>\n<p>O dito ata aqu\u00ed \u00e9 co\u00f1ecido. Pero se collemos, por exemplo, uns cantos peri\u00f3dicos destas semanas pasadas, e lemos as noticias a conto da bio\u00e9tica e a s\u00faa relaci\u00f3n coa clonaci\u00f3n de c\u00e9lulas humanas, ou temas semellantes (que os hai por exemplo en pol\u00edtica, con Pinochet ou Saddam), \u00edmonos ir afac\u00e9ndonos \u00e1 idea de que \u00e9 o conxunto da sociedade, e non s\u00f3 a xente nova ou individuos, a que est\u00e1 malcri\u00e1ndose.<\/p>\n<p>\u00bfEn que se manifesta o anterior?. En que as normas van cambiando a gusto e a momento dos intereses. Dito as\u00ed, sona a algo moi vello. As normas foron cambiando desde que a humanidade \u00e9 consciente. \u00c9 certo, \u00e9 un vello tema, pero que cada vez vai tomando uns s\u00edntomas m\u00e1is parellos \u00f3s dos rapaces e rapazas malcriadas, que adaptan o mundo \u00f3 seu capricho s\u00f3 porque \u00e9 o seu capricho e lles est\u00e1 permitido facelo, sobrando outras consideraci\u00f3ns, pensamentos ou sentimentos m\u00e1is xerais.<\/p>\n<p>Se se relee a Ortega na s\u00faa rebeli\u00f3n das masas, a\u00ednda seguindo a ser discutible algunha que outra interpretaci\u00f3n e o tempo pasado dende a s\u00faa publicaci\u00f3n, as li\u00f1as xerais de diagn\u00f3stico do s\u00e9culo XX son di\u00e1fanas. A sociedade fai tempo que avanza no sentido do desarraigo do propio individuo por forza da masa, que \u00f3 tempo o rodea e na que se ve inmerso. E cada vez m\u00e1is, a xente que tenta dirixir as masas ten intereses particulares.<\/p>\n<p>Pol\u00edticamente, as tribus primitivas elix\u00edan xefe por intereses particulares dos individuos, pero logo sab\u00edan que depend\u00edan uns dos outros. tam\u00e9n os xefes eran conscientes deste feito. Co poder de ra\u00edz divina, reis e demais eran algo as\u00ed como pastores dun rebano que lles daba de comer. Co advenimento da democracia, comezaron a mirarse os votos, que segu\u00edan sendo opini\u00f3n da xente e representan algo entre contrato instant\u00e1neo en base a promesas e delegaci\u00f3n por confianza de criterio. Agora que o poder \u00e9 ma\u00eds que nunca econ\u00f3mico e da informaci\u00f3n, o que se busca \u00e9 o beneficio. Particular ou do propio grupo de mando, por suposto. E isto, que se centra particularmente no mundo da empresa, invade outras esferas sociais.<\/p>\n<p>Nembargantes, o cuestionado, retomando o dito \u00f3 principio, \u00e9 a actuaci\u00f3n social en conxunto, hoxe, e non a tendencia expresada no p\u00e1rrafo anterior. Porque a direcci\u00f3n da sociedade \u00e9 algo que cada vez se intenta con m\u00e1is forza e cada vez ten maior dificultade. Int\u00e9ntase con m\u00e1is forza porque vese a necesidade de medios para levala a cabo, medios que a tecnolox\u00eda proporciona de xeito crecente. Ten maior dificultade non pola maior cultura que acada por termo medio e polo tanto maior cr\u00edtica potencial sobre a direcci\u00f3n, senon polo abandono da disciplina social e maior libertade individual. E maior libertade individual significa un maior solapamento entre as esferas da libertade de cada un, m\u00e1is conflictos e menor posibilidade de obter unha visi\u00f3n xeral fiable do estado da sociedade.<\/p>\n<p>Ainda que da a impresi\u00f3n moitas veces de que cada vez se parecen m\u00e1is os individuos pola confusi\u00f3n reinante, tam\u00e9n cada vez m\u00e1is adoita un xeito m\u00e1is caprichoso a toma de decisi\u00f3ns e o xeito de levala a cabo. O capricho \u00e9 xeral. E en certa forma somos todos os que facemos o cambio de normas, sen darnos conta, abanderados do &#8220;\u00bfe por que non?&#8221; en troques dunha resposta m\u00e1is traballada: porque&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Nunca o vira as\u00ed, pero agora a Conseller\u00eda de Sanidade pretende favorecer os m\u00e9dicos que traballen na comarca, e eso \u00e9 a discriminaci\u00f3n positiva. En principio, favorece a comarca (ent\u00e9ndase, a Mari\u00f1a completa, non as tres partes politicas da mesma) pero se non me equivoco e a cousa segue, a nivel xeral pode desencadear un [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-10798","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10798","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10798"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10798\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10798"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10798"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10798"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}