{"id":10796,"date":"2006-03-23T07:51:00","date_gmt":"2006-03-23T06:51:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:15:31","modified_gmt":"2024-11-12T15:15:31","slug":"espranse-fortes-ventos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/03\/23\/espranse-fortes-ventos\/","title":{"rendered":"Esp\u00e9ranse fortes ventos"},"content":{"rendered":"<p>Para hoxe e ma\u00f1\u00e1 esperanse fortes ventos na zona, e l\u00e9mbrome de aquelo de &#8216;aqueles ventos traen estas tempestades&#8217; cando leo que onte houbo unha nova rolda de declaraci\u00f3ns pola filtraci\u00f3n do plan xeral de ordenaci\u00f3n municipal (pre\u00fantome c\u00e1ntas haber\u00eda), hoxe hai unha vista pola filtraci\u00f3n de datos de soldos no concello (eu cr\u00eda que os soldos dos funcionarios eran p\u00fablicos), o parque de bombeiros segue sen porse en marcha (e a mesma protecci\u00f3n civil, en nome dos mari\u00f1anos, protestando e esixindo medidas), e Ribadeo aparentemente est\u00e1 en calma. Cando a vida dun concello se xudicializa \u00e9 porque dentro del non hai acordo nin esperanza de habelo, e polo tanto, a tendencia non \u00e9 boa. Non se usa a conciliaci\u00f3n. Non se da informaci\u00f3n. Non se facilita a comprensi\u00f3n, e a vida t\u00f3rnase m\u00e1is dificultosa no terreo persoal.<br \/>\nAndo a repetir o mesmo dende vai tempo, de diversos xeitos, con diversos matices, e non lle vexo s\u00edntomas de cambio. As\u00ed, cando o alcalde esta mesma semana da informaci\u00f3n \u00e1 prensa sobre o novo auditorio de Cabanela, xa ti\u00f1a posto no blog dende vai qince d\u00edas as obras, e amosaba a mi\u00f1a extra\u00f1eza. D\u00faas semanas despois, ent\u00e9rome de que o auditorio sen uso vai ser substitu\u00eddo&#8230; por outro auditorio semellante, pode que cun esceario maior e gradas un pouqui\u00f1o diferentes. Cun uso semellante? Eso si, as obras son anunciadas para dignificar unha zona bonita&#8230; que ten diante o primeiro recheo e a nave do mesmo e por eso xa vai tempo deixou parte da s\u00faa beleza a dignificar.<br \/>\nC\u00e1nto costa? Nin idea. A\u00ednda que s\u00f3 sexa curiosidade, vai a cargo do concello ou non? Hai alg\u00fan plan secredo (polo momento, se entende) para dinamizalo ou s\u00f3 \u00e9 unha preparaci\u00f3n para o ascensor que vai quedar na vici\u00f1anza?<br \/>\nEstou a convertirme nun mal pensado respecto das actuaci\u00f3ns do concello, pero non podo evitalo \u00f3 ver a historia de cartos tirados en fume e sen unha planificaci\u00f3n, un sentido de Ribadeo, sen a definici\u00f3n do &#8216;Ribadeo que queremos&#8217; que ped\u00edn no seu momento. De novo, ogall\u00e1 sexa algo b\u00f3 para Ribadeo e o pr\u00f3ximo ano por estas datas pensemos &#8216;con esta obra Ribadeo deu un paso adiante&#8217; sen querer dicir on elo que lle comeu outro bocado \u00e1 r\u00eda.<br \/>\n&#8212;<br \/>\n<a href=\"http:\/\/agremon.pitas.com\/13_06_2005.html\">O Ribadeo que queremos<\/a>, publicado no blog anterior o 14\/4\/05 e na prensa en datas semellantes.<br \/>\nSe queres lograr algo neste mundo, o idealismo non \u00e9 abondo -necesitas escoller un m\u00e9todo que funcione para conseguir o teu obxectivo. Noutras palabras, necesitas ser \u00abpragm\u00e1tico\u00bb(*)<br \/>\nO futuro, antes de vivilo, e se queremos ter alg\u00fan poder sobre el, hai que imaxinalo. E logo de imaxinalo, darlle un repaso para contrastalo coa s\u00faa posibilidade. Logo a\u00ednda, traballar para extender a idea para poder levalo \u00e1 pr\u00e1ctica. Tendo en conta o anterior, parto con estas li\u00f1as para unha aterializar unha proposta ambiciosa e concreta: tratar de afrontar un Ribadeo futuro mellor que o actual, intercambiando opini\u00f3ns con tempo antes que o futuro nos alcance.<br \/>\nEn certa forma, \u00e9 o que fan os partidos pol\u00edticos antes das elecci\u00f3ns coa proclamaci\u00f3n dun programa electoral, pero s\u00f3 en certa forma: os programas electorais est\u00e1n feitos en xeral de xeito r\u00e1pido e buscando non tanto a mellora do conxunto sen\u00f3n m\u00e1is ben facer anuncio dunha mellora de cara a contar con m\u00e1is votos, as\u00ed como dende unha \u00fanica visi\u00f3n e ideolox\u00eda, sen deixar entrar na discusi\u00f3n outras posibilidades.<br \/>\nCo anteror e a comparaci\u00f3n, creo que queda craro o que pretendo con este artigo m\u00e1is outros que lle seguir\u00e1n (meus, doutra xente ou mesmo facendo un ataque \u00e1 pretenciosidade, amplitude, ideas ou li\u00f1a seguida nos anterioriores):<br \/>\n&#8211; Un estado de contrastaci\u00f3n de ideas e proxectos cara o futuro, que ilumine as decisi\u00f3ns a tomar sobre todos n\u00f3s, que faiga imposible cousas como as variaci\u00f3ns repentinas de opini\u00f3n, como algunha tristemente perpetrada hai non tanto tempo, ou proxectos que se indicou que van crear unha morea de postos de traballo e crearon s\u00f3 unha diminuci\u00f3n de r\u00eda, ou o aumento do chamado &#8216;fe\u00edsmo&#8217; que se suma \u00f3 acogotamento na construcci\u00f3n, ou &#8230; pon ti nos puntos suspensivos todas esas cousas que est\u00e1s a pensar.<br \/>\n&#8211; Un Ribadeo m\u00e1is informado que poda controlar o seu futuro, que se vexa m\u00e1is involucrado nel. Din que a informaci\u00f3n \u00e9 poder. Alomenos, da unha visi\u00f3n para tratar de influ\u00edr no poder. E de a\u00ed, \u00f3 ceo. Depende de todos os cidad\u00e1ns. Depende, por exemplo, que os pol\u00edticos queiran asociarse dalg\u00fan xeito a este movemento para levar ventaxa en recoller o contacto coa xente, simpatizar cos votantes posibles na spr\u00f3ximas elecci\u00f3ns ou para tratar de conducilo.<br \/>\n&#8211; Pero sobre todo, un pobo que pense no seu futuro. Pensar&#8230; pode que algu\u00e9n vexa como un perigo para alg\u00fans que \u00e9 unha oportunidade para todos.<br \/>\nEn caso contrario, e como sucede moitas veces dun xeito ou outro, remataremos dando paos de cego ou tendenciosos boa parte do tempo. Dun xeito ou outro, a n\u00f3s mesmos.<br \/>\n(*) Collido de \u201cSoftware libre para una sociedad libre\u201d, editorial Traficantes de sue\u00f1os, 2004<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Para hoxe e ma\u00f1\u00e1 esperanse fortes ventos na zona, e l\u00e9mbrome de aquelo de &#8216;aqueles ventos traen estas tempestades&#8217; cando leo que onte houbo unha nova rolda de declaraci\u00f3ns pola filtraci\u00f3n do plan xeral de ordenaci\u00f3n municipal (pre\u00fantome c\u00e1ntas haber\u00eda), hoxe hai unha vista pola filtraci\u00f3n de datos de soldos no concello (eu cr\u00eda que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-10796","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10796","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10796"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10796\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10796"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10796"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10796"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}