{"id":10791,"date":"2006-03-28T07:53:00","date_gmt":"2006-03-28T05:53:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:15:24","modified_gmt":"2024-11-12T15:15:24","slug":"tres-reunins-pedindo-o-mesmo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/03\/28\/tres-reunins-pedindo-o-mesmo\/","title":{"rendered":"Tres reuni\u00f3ns pedindo o mesmo"},"content":{"rendered":"<p>A ambig\u00fcidade do t\u00edtulo par\u00e9ceme clara: Os xefes mari\u00f1anos &#8216;pedindo&#8217; a apertura do parque de bombeiros, e o parque inh\u00e1bil con cinco incendios pullando. Os pubeiros pedindo unha xuntanza mentras (segundo a prensa) califican o ru\u00eddo de puntual e &#8216;presuntas molestias&#8217;. O caso \u00e9 que na primeira das situaci\u00f3ns, te\u00f1en eles a posibilidade de abrilo, sen que ningu\u00e9n interve\u00f1a, e na segunda, o mesmo. Os alcaldes botan a culpa &#8216;\u00f3s outros&#8217;, e os puberos non o sei moi ben, despois de anos quit\u00e1ndose a culpa, se pretenden que a culpa sexa de quen sufre o ru\u00eddo.<br \/>\nO certo \u00e9 que a\u00ednda que o t\u00edtulo se me ocorreu polo tema dos incendios, co\u00f1ezo abondo mellor o dos ru\u00eddos, e por eso me decato das &#8216;pequenas cousas&#8217; que se me escapan co do parque, como que agora leven varias reuni\u00f3ns seguidas, cando hai a presi\u00f3n da sentencia. Pero sen acordar nada, s\u00f3 sa\u00edndo na prensa, despois de dicir que te\u00f1o af\u00e1n de protagonismo e da duc\u00eda de anos anteriores estar case parados. En fin, parece que non leen moito este blog, a\u00ednda que alg\u00fan si o faga de cando en vez como quedou demostrado polo comentario que fixo.<br \/>\nEn positivo, remarcar que esta fin de semana est\u00e1 pensada a creaci\u00f3n da plataforma de defensa litoral, loitando contra a destruci\u00f3n do entorno na nosa cosata e literalmente contra o tempo. an\u00edmate a ir a Foz s\u00e1bado.<br \/>\n&#8212;<br \/>\n&#8230; Que vaia logo pola nova plataforma que se pretende, publicado o 19\/08\/2003:<br \/>\n<strong>O ecoloxista<\/strong><\/p>\n<p>Nos tempos que corren, todos pretendemos defender a &#8220;nosa natureza&#8221;, por moi afastados dela que este\u00f1amos, pretendendo pripiedade ou a\u00ednda que non conozamos que \u00e9 unha mi\u00f1oca ou unha bidueira. Cada un o fai \u00f3 seu xeito, cada un na s\u00faa &#8220;parcela&#8221;. Tras ver o tratamento que se fai dalg\u00fans problemas ecol\u00f3xicos grandes (como o Prestige, pero tam\u00e9n pequenos como dexar limpo un campo tras unha merenda) \u00e9 necesario clarificar que se entende por ecoloxista, separando deste grupo aqueles outros que se din a si mesmos defensores da natureza, pero que te\u00f1en un concepto de natureza, as\u00ed como de defensa, cando menos, particular ou de propiedade. Aqu\u00ed vai o meu gran de area.<\/p>\n<p>O ecoloxista debe ser consciente de que o mundo enteiro non se pode comprender, pero debe intentalo. Ningu\u00e9n pode comprender todo o mundo, pero est\u00e1 en xeral m\u00e1is cerca de facelo quen o intenta. E ese \u00e9 o primeiro paso para a posterior actuaci\u00f3n en favor do equilibrio planetario(*).<\/p>\n<p>O ecoloxista non ten adxectivos pre-fixados. Aproveitar\u00e1 os adxectivos cando poda, voltando positivos alg\u00fans que poden ser adxudicados como denigrantes. A primeira idea deste artigo xurdiu de que nun semanario local se fixo referencia reiterada \u00f3 &#8220;ecoloxista co\u00f1azo&#8221;. Un adxetivo as\u00ed non \u00e9 prato de gusto, pero ben mirado, se algu\u00e9n quere conseguir algo debe loitar por logralo, a\u00ednda que a outra xente lle poda parecer &#8220;co\u00f1azo&#8221;; nese sentido, pode ser un orgullo ser chamado &#8220;co\u00f1azo&#8221;, e xa sabemos aquelo de que &#8220;quen non chora, non mama&#8221;<\/p>\n<p>O ecoloxista ten que selo d\u00eda a d\u00eda, momento a momento, a\u00ednda que non sempre faiga todo de xeito adecuado. Ningu\u00e9n \u00e9 perfecto pode ser unha frase recorrida, pero \u00e9 unha verdade. Mais, se voltamos ler os p\u00e1rrafos anteriores, xuntos, dan unha idea clara de que unha vez que algu\u00e9n asume unha postura ecoloxista, non pode selo a tempo parcial, a\u00ednda que por necesidade (mesmo estrat\u00e9xica) non se poda adicar \u00f3 ecoloxismo como profesi\u00f3n (&#8230; mesmo profesi\u00f3n de fe) ou en primeiro lugar en relaci\u00f3n a outras actividades.<\/p>\n<p>O ecoloxista sabe do longo do seu obxectivo. Por eso non se cansa con facilidade na s\u00faa actividade como tal. O ecoloxismo busca o equilibrio ecol\u00f3xico, e nun sistema en cambio e adaptaci\u00f3n constantes, non \u00e9 algo que se poda conseguir dunha vez por todas, a\u00ednda que estiv\u00e9ramos no mellor dos supostos. \u00c9 evidente polo tanto que a acci\u00f3n ecoloxista non ten l\u00edmites temporais marcados.<\/p>\n<p>Os ecoloxistas saben que non te\u00f1en toda a verdade, pero tam\u00e9n que te\u00f1en ganas de co\u00f1ecela toda, e que en caso de d\u00fabida, o refr\u00e1n &#8220;m\u00e1is vale previr que curar&#8221; debe ser considerado con moita atenci\u00f3n. En calquera situaci\u00f3n medianamente complexa p\u00f3dense aplicar diversas soluci\u00f3ns a un mesmo problema. Unhas ser\u00e1n mellores que outras, pero ningunha resolver\u00e1 t\u00f3dolos aspectos do mellor xeito posible: hai que buscar un compromiso adecuado, e eso implica tratar de co\u00f1ecer a natureza e \u00e1 demais xente que ten relaci\u00f3n coa situaci\u00f3n problema.<\/p>\n<p>Non hai &#8220;proba do algod\u00f3n\u201c do ecoloxismo. Hai xente que busca. E todos n\u00f3s somos ecoloxistas en menor ou maior medida. A diferencia est\u00e1 en que, nalg\u00fans, non \u00e9 abondo. Os por que desa insuficiencia&#8230; ser\u00eda mellor que cada un descubrise os seus.<\/p>\n<p>Unha nota final: Parece que o dicir &#8220;non \u00e9 abondo&#8221; \u00e9 relativo a algo. E en certo sentido, si, podemos falar de que non \u00e9 abondo para asegurar que a terra poda seguir a soportar a nosa especie en termos semellantes a como o fixo ata o momento.<\/p>\n<p>(*) Termo usado en sentido amplio a posta: non se pode cinguir o ecoloxismo a plantas e outros animais sen facelo extensivo \u00f3 ambiente onde se atopan ditas especies ou \u00e1 mesma especie humana, e tendo en conta cousas como que tan malo pode ser ter moitos individuos dunha especie como ter moi poucos ou meter a t\u00f3dalas especies no mesmo caix\u00f3n de sastre e consideralas como exactamente iguais en t\u00f3dolos sentidos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A ambig\u00fcidade do t\u00edtulo par\u00e9ceme clara: Os xefes mari\u00f1anos &#8216;pedindo&#8217; a apertura do parque de bombeiros, e o parque inh\u00e1bil con cinco incendios pullando. Os pubeiros pedindo unha xuntanza mentras (segundo a prensa) califican o ru\u00eddo de puntual e &#8216;presuntas molestias&#8217;. O caso \u00e9 que na primeira das situaci\u00f3ns, te\u00f1en eles a posibilidade de abrilo, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-10791","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10791","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10791"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10791\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10791"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10791"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10791"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}