{"id":10789,"date":"2006-03-30T07:43:00","date_gmt":"2006-03-30T05:43:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:15:21","modified_gmt":"2024-11-12T15:15:21","slug":"un-eclipse-dous-centros-e-unha-nova-de","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/03\/30\/un-eclipse-dous-centros-e-unha-nova-de\/","title":{"rendered":"Un eclipse, dous centros e unha nova de <a href=\"http:\/\/www.lemonde.fr\">Le Monde<\/a>"},"content":{"rendered":"<p>Onde houbo eclipse de sol. Entre o recente eclipse, moito m\u00e1is impactante que este, e o tempo, que non permitiu velo dun xeito adeucado, pasou sen pena nin groria.<br \/>\nMoito m\u00e1is importante para Ribadeo \u00e9 que se vai confirmando a divisi\u00f3n do IES Porta da Auga. E digo que se vai confirmando porque leva xa alg\u00fan tempo a cousa con novas contradictorias cada pouco tempo. De calquera xeito, pasou semi-desapercibida polos xornais, pode que a causa da divisi\u00f3n de opini\u00f3ns sobre o que se debera facer co centro no futuro, mesmo no interior do claustro. Ese tam\u00e9n foi o motivo de que neste blog non se falara m\u00e1is do tema. Nembargantes, agora que xa parece definitiva a cousa, a falta de perfilar detalles, coido que \u00e9 unha decisi\u00f3nque afectar\u00e1 \u00f3 futuro de Ribadeo m\u00e1is do que no momento se pensa. Estou a falar da divisi\u00f3n do centro nuna \u00e1rea &#8216;de FP&#8217; que formar\u00eda un Centro de ensinanzas integradas, e outra \u00e1rea &#8216;de com\u00fans&#8217; que pasar\u00eda a ser un IES. As dificultades para levar o proxecto a b\u00f3 porto con dous novos centros non son poucas dende o meu punto de vista, e pode resultar a\u00ednda unha oportunidade para que Ribadeo potencie a s\u00faa presencia na zona, pero hai moito que traballar para evitar que saian dous enxendros con dificultades de espazo vital para ambos. Seguro que de eso voltamos falar.<br \/>\nDe Le Monde, collo un p\u00e1rrafo da nova sobre o efecto do ru\u00eddo dos xeradores e\u00f3licos sobre a sa\u00fade e trad\u00fazoo: &#8230;&#8221;Polo contrario, o efecto do ru\u00eddo sobre a sa\u00fade &#8211; ou &#8216;traumatismo sonoro cr\u00f3nico&#8217; &#8211; \u00e9 co\u00f1ecido de vai tempo. &#8216;A intensidades moderadas, estiman os expertos, o ru\u00eddo pode conlevar reacci\u00f3ns de tensi\u00f3n, perturbar o sono e repercutir no estado xeral&#8217;. (&#8230;) O sono queda perturbado se o ru\u00eddo ambiente sobrepasa os 45 dB (decibelios), aceptando a Organizaci\u00f3n Mundial da sa\u00fade esa perturbaci\u00f3n a partir de s\u00f3 35 dB.&#8221; Unha vez m\u00e1is, queda dito. E en Ribadeo, por exemplo, na zona vella, sobrep\u00e1sanse esos niveis s\u00e1bados, festas diversas e o ver\u00e1n, m\u00e1is alg\u00fan extra.<br \/>\n&#8212;<br \/>\nUn artigo vello&#8230; (010597)<br \/>\nFeiras e inventiva<\/p>\n<p> A historia das feiras na nosa terra est\u00e1 a sufrir grandes cambios. Dende as antigas (a\u00ednda existentes) e tradicionais feiras, mercados, feir\u00f3ns, pasando polas feiras &#8220;de mostras&#8221; ou as tem\u00e1ticas (do mar, do queixo, do vi\u00f1o &#8230; ), vanse configurando novos tipos de feiras. A derradeira, a feira de ciencia, a\u00ednda en manti\u00f1as. Neste proceso manifestase unha evoluci\u00f3n social e cultural.<\/p>\n<p>Un pouco m\u00e1is polo mi\u00fado, p\u00f3dese observar que os mercados que se fan certos d\u00edas (\u00e1 semana, \u00f3 mes, \u00f3 ano &#8230; ) \u00f3 longo da nosa xeografla, nacen da necesidade de abastecemento, de intercambio, de comunicaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Hai lugares tam\u00e9n onde certas festas se denominan feiras. Lembremos a feira de abril de Sevilla. Ch\u00e1manse tam\u00e9n as\u00ed en Valladolid, e en lugares m\u00e1is achegados, a\u00ednda que menos chamativos. Os intercambios e movemento de cartos deron lugar \u00e1 animaci\u00f3n, e polo tanto, \u00e1 festa. As nosas feiras, en xeral moito m\u00e1is modestas que as citadas, f\u00f3ra das grandes v\u00edas de comercio de hai tempo (e da actualidade), tam\u00e9n ti\u00f1an e a\u00ednda te\u00f1en algo de festivo, de d\u00eda extraordinario, polos mesmos motivos.<\/p>\n<p>0 aumento, a mellora, a actual rapidez nas comunicaci\u00f3ns, fan m\u00e1is f\u00e1cil o intercambio, e as feiras caen. Feiras grandes, que duraban dende o mencer ata o atardecer ou a noiti\u00f1a, res\u00f3lvense agora &#8220;de nove a unha ou d\u00faas&#8221;. 0 traslado de xente a p\u00e9 ou carro \u00e9 agora sustituido con ventaxa polo uso do coche particular. Aumenta a comodidade e red\u00facese o tempo de viaxe fortemente, tantas veces (ou a\u00ednda menos) como pode aumentar o n\u00famero de viaxes \u00f3 pobo que acoll\u00eda a feira ou a outros m\u00e1is importantes e lonxanos.<\/p>\n<p>0 desparramarse as novidades das feiras \u00f3 diario, algunhas novidades que requiren moita xente por ser de pouca venda, ou por buscar mercados, ou outros motivos, fan que nazcan as feiras de mostras. Na nosa terra, lembro como primeira feira deste tipo a Feria de Muestras del Noroeste, no Ferrol.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n foi esmorecendo esta clase de feira, deixando sitio \u00e1s de tipo tem\u00e1tico, m\u00e1is pequenas pero m\u00e1is especializadas. A s\u00faa especializaci\u00f3n as fai m\u00e1is interesantes para os novos profesionais, menos xeralistas a medida que pasa o tempo, e tam\u00e9n \u00f3s aleccionados. Son feiras que atenden as novas necesidades de mercado, pero tam\u00e9n de co\u00f1ecementos novos, cada un no seu interese.<\/p>\n<p>0 intercambio xa se acabou coas de mostras: as feiras prod\u00facense cunha direcci\u00f3n preferente, de quen amosa a quen mira. Ademais, as ventas no propio lugar da feira van sendo menos interesantes relativamente. Polo contrario, ga\u00f1a importancia a mera exposici\u00f3n do producto, o chamar a atenci\u00f3n dos posibles clientes \/ interesados \/ curiosos que difundan o producto e a s\u00faa necesidade cara \u00f3 futuro. Os bens xa non se trocan \u00f3 instante, xa non son agr\u00edcolas, gandeiros ou \u00fatiles de primeira necesidade. Son cousas que necesitan ser co\u00f1ecidas para crear a s\u00faa propia necesidade. As ventas, o comercio, ve\u00f1en m\u00e1is tarde.<\/p>\n<p>Nas feiras s\u00e9guense as\u00ed os pasos da propia evoluci\u00f3n da producci\u00f3n e a comunicaci\u00f3n: de productos agr\u00edcolas a industriais; logo, os servicios, e dentro destos, os propios do co\u00f1ecemento ou comunicaci\u00f3n. Nestos pasos, as formas cambiaron. 0 mesmo pasa nas feiras, e \u00e9 de esperar que siga pasando, transform\u00e1ndose cada vez m\u00e1is. Por eso non deixa de ser bo indicio respecto \u00f3 futuro da comarca que aqu\u00ed xurda un novo tipo de feira que xa non ten que ver coa venta, senon co co\u00f1ecemento, co saber facer cousas, coa preparaci\u00f3n da nosa xente nova para o futuro que lles ven encima.<\/p>\n<p>As feiras de ciencia pouco te\u00f1en que ver cos antigos mercados. Est\u00e1n volcadas non cara \u00f3 inmediato, \u00e1s necesidades m\u00e1is perentorias, senon cara \u00f3 futuro, busc\u00e1ndoo antes de que chegue para estar preparados. A\u00ednda as\u00ed, penso que comparten coa vella idea de feira algunhas cousas que agora as tradicionais xa non ofrecen. A posibilidade de comunicaci\u00f3n, de ver novidades, de prepararse para o ma\u00f1\u00e1 (ou menor, neste caso, pasado ma\u00f1\u00e1), c\u00famprenas. Tampouco se venden productos tanxibles, senon que se amosan as propias obras e co\u00f1ecementos: v\u00e9ndese imaxe.<\/p>\n<p>O feito de levar a dianteira respecto a outras zonas vici\u00f1as ou non tan vici\u00f1as da unha ventaxa clara, a da orixinalidade. E que son un \u00e9xito est\u00e1 \u00e1 vista: calquera que vexa a pioneira deste tipo de feiras nesta terra, a que ten lugar nestas datas primaverais no Instituto de Educaci\u00f3n Secundaria de Ribadeo, pode estar seguro de que a idea est\u00e1 feita para perdurar. Para ser a primeira de outras que vir\u00e1n despois, que xa est\u00e1n vindo. Unha transformaci\u00f3n cara \u00f3 futuro, para aproveitalo e non ir tras del.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Onde houbo eclipse de sol. Entre o recente eclipse, moito m\u00e1is impactante que este, e o tempo, que non permitiu velo dun xeito adeucado, pasou sen pena nin groria. Moito m\u00e1is importante para Ribadeo \u00e9 que se vai confirmando a divisi\u00f3n do IES Porta da Auga. E digo que se vai confirmando porque leva xa [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-10789","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10789","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10789"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10789\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10789"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10789"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10789"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}