{"id":10787,"date":"2006-04-01T09:40:00","date_gmt":"2006-04-01T07:40:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:15:18","modified_gmt":"2024-11-12T15:15:18","slug":"mantemento-para-que","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/04\/01\/mantemento-para-que\/","title":{"rendered":"Mantemento, para que?"},"content":{"rendered":"<p>Para que o mantemento se somos afeizoados \u00e1s novidades? Se algo se fastidia, algo novo. O vello, non serve.<br \/>\nUn pouco de iron\u00eda como a que amosei xa algunha vez sobre temas semellantes: c\u00e1ese o vial \u00f3 faro e, tras tardar tres meses en determinar a quen corresponte (entre portos e concello anda o tema, portos propietario, concello mantemento) como \u00e9 complicado o ama\u00f1o, pensase nun novo vial, con expropiaci\u00f3ns posiblemente. As filtraci\u00f3ns de auga pola pendente inadeucada do vial e a cuneta sen desaugue, deso non se fala, Ser\u00e1 que non interve\u00f1en en nada para o derrumbe? Ser\u00e1. Con cousas as\u00ed, xa case resulta extrano que se pense en pintar o mirador do cargadeiro, despois de anos de necesidade.<br \/>\n(&#8230;) continuar\u00e1 (&#8230;)<br \/>\n&#8212;<br \/>\nComo a feira da ciencia xa vai estando preparada, un artigo vello relacionado con ela (22 e 23\/1\/98):<br \/>\nA ciencia, na casa<\/p>\n<p>En toda sociedade hai cousas que se fan &#8220;na casa\u00b4\u00b4 de xeito exclusivo ou preponderante. Son eses feitos os que te\u00f1en funci\u00f3ns m\u00e1is \u00edntimas, e, nese senso, m\u00e1is vitais no propio transcurrir das persoas. \u00c9 evidente que a ciencia non ocupa un lugar nese mundo m\u00e1is interno, \u00f3 menos en xeral: non se realiza de xeito preponderante, nin est\u00e1 presente na maior\u00eda dos casos no fogar.<\/p>\n<p>Nembargantes, de continuo pode aludirse a ela dende aparellos ou acci\u00f3ns que al\u00ed se realizan. Algo que nos parece tan lonxano da vida diaria como a noci\u00f3n f\u00edsica de campo ou a relatividade do movemento son elementos presentes nesa nosa cotidianeidade. De feito, en Ribadeo estase a preparar a IV edici\u00f3n da Feira da Ciencia e Tecnolox\u00eda, que estar\u00e1 volcada de xeito preferente a aplicaci\u00f3ns da ciencia no fogar, ou, correlativamente, \u00f3 estudio cunha visi\u00f3n cient\u00edfica de compo\u00f1entes elementais ou accidentais das nosas vivendas. Neste, como noutros moitos casos, tr\u00e1tase de achegar a ciencia que nos atopamos por dondequeira que miremos \u00e1 realidade de t\u00f3dolos d\u00edas, esta vez met\u00e9ndose polos resquicios que deixa a nosa propia porta. \u00bfComo?. Na ciencia, nos seus diversos aspectos, case todo \u00e9 posible. Entremos mentalmente nunha casa; podemos comprobalo.<\/p>\n<p>\u00d3 empuxar a porta notaremos que tendemos a empuxala pola pechadura, que queda na beira oposta \u00e1s bisagras. A raz\u00f3n \u00e9 que nos resulta moito m\u00e1is sinxelo porque as\u00ed o momento da forza exercida, digamos o rendemento dese esforzo que facemos para abrir, \u00e9 maior. Pola mesma raz\u00f3n a pechadura se coloca dese lado e non do outro. Non creo que faga falla experimentar moito para comprobar que da beira do eixe de xiro ser\u00eda in\u00fatil&#8230;<\/p>\n<p>Se entramos na casa, atoparemos con abonda probabilidade cun corredor sen luz natural. \u00c9 a luz proporcionada por cargas el\u00e9ctricas \u00f3 pasar un fiamento fino ou polo interior dun tubo con gas o que fai posible ese milagre que foi domesticado no pasado s\u00e9culo. \u00a1Anda que non lles deu traballo \u00e1 xente de ciencia, enxe\u00f1eiros e demais chegar \u00f3 estado actual de desenvolvemento das fontes de luz artificiais!.<\/p>\n<p>Sen abandoa-lo corredor, \u00e9 posible que podamos ver alg\u00fan radiador da calefacci\u00f3n, un elemento visible no fogar que manifesta todo un sistema de aproveitamento t\u00e9rmico no que poden intervir dende reacci\u00f3ns qu\u00edmicas co queimado do combustible ata xogos de densidades, pasando por diversas formas dos tres xeitos de trasmiti-la calor que se estudian na escola.<\/p>\n<p>Se entramos na coci\u00f1a, observaremos un completo laboratorio. A\u00ed prod\u00facense reacci\u00f3ns qu\u00edmicas varias veces \u00f3 d\u00eda, que eso \u00e9 o coci\u00f1ado dos alimentos. \u00a1Anda que non da que explicar o sinxelo fritido dun ovo!. Tam\u00e9n a\u00ed podemos amosar a rotaci\u00f3n da terra vendo como desauga o fregadeiro, a partir dunha consecuencia das leis da mec\u00e1nica cun nome tan raro como efecto Coriolis. Naturalmente, ese mesmo efecto no desaugue tam\u00e9n se pode ver no ba\u00f1o, por exemplo.<\/p>\n<p>Non se esgota as\u00ed, nin moito menos, o que se pode observa na coci\u00f1a. O frigor\u00edfico aporta no seu haber todo un cat\u00e1logo para o estudio das leis que rexen a materia, as\u00ed como para o intercambio da calor. O funcionamento deste aparello tam\u00e9n conta coa din\u00e1mica dos cambios qu\u00edmicos, aproveitando o principio co\u00f1ecido polos estudiantes de medias de que a velocidade dunha reacci\u00f3n depende en xeral da temperatura; neste caso, o enfriamento dos alimentos ralentiza a s\u00faa descomposici\u00f3n.<\/p>\n<p>No mesmo recinto podemos ver cambios de estado, como de l\u00edquido a s\u00f3lido (de igual xeito no conxelador) ou de l\u00edquido a gas (cando ferve a auga), e viceversa. Tam\u00e9n \u00e9 na coci\u00f1a onde se manifestan os diferentes calores espec\u00edficos para distintas sustancias (mira por exemplo o que tardan en quencer o aceite e a auga), ou a posibilidade de estudia-las correntes de convecci\u00f3n no interior dun recipiente con auga a ferver. Ou descubrir, pola condensaci\u00f3n, os puntos por onde se pode fuga-la calor da casa. Todos sentimos tam\u00e9n como se transmite a calor a trav\u00e9s dos cubertos cando temos comida quente no prato. E observamos a relaci\u00f3n entre temperatura de fervenza e presi\u00f3n, o que aproveitamos para facer m\u00e1is r\u00e1pido a comida co uso das olas a presi\u00f3n.<\/p>\n<p>Se hai alg\u00fan pequeno ou pequena na casa, haber\u00e1 unha cadeira especial para que coma. A mesi\u00f1a particular que incorpora aproveita a gravidade para asegurar unha boa base para posa-lo recipiente e, \u00f3 tempo, manter \u00e1 meni\u00f1a ou meni\u00f1o sentados sen problemas de vixiancia.<\/p>\n<p>Imos deixa-la coci\u00f1a. Eso, a\u00ednda que faltan moitas cousas de rese\u00f1ar nela, como a extendida moda do uso de im\u00e1ns para suxeitar notas no frigo ou a man\u00eda da nosa \u00e9poca de querer domina-lo tempo med\u00edndoo, que a b\u00f3 seguro ter\u00e1 a s\u00faa correspondencia co reloxio na parede, o aparello de medida m\u00e1is integrado nunha vivenda.<\/p>\n<p>A coci\u00f1a comparte a posibilidade de albergar diversos elementos tecnol\u00f3xicos con outros ocos da casa, como o servicio ou o comedor e a s\u00e1 de estar. Por exemplo, os flu\u00eddos e as s\u00faas leis est\u00e1n \u00f3 alcance de calquera nun grifo do ba\u00f1o. Al\u00ed podemos comprobar a ecuaci\u00f3n de continuidade, observando que chorro de auga que sae da chave dimin\u00fae o seu grosor a medida que vai baixando e aumentando a velocidade. Cando unha cousa caia o chan, ou mediante o mesmo chorro de auga, podemos observa-la aceleraci\u00f3n que produce a gravidade, e en xeral os efectos desta. \u00bfO tiro parab\u00f3lico?. Iste co\u00f1ecido e estudiado tipo de movemento l\u00e9vao a auga que cae cando nos estamos a duchar, por exemplo.<\/p>\n<p>O ba\u00f1o \u00e9 tam\u00e9n un lugar apropiado para a \u00f3ptica. Al\u00ed podemos ve-la nosa imaxe reflexada no espello, e con ela, iniciarnos nas leis da reflexi\u00f3n. \u00c9 curioso, se se ten un armario con porta espellada, ver como \u00f3 move-la porta un \u00e1ngulo determinado e n\u00f3s seguir a mirar cara a mesma direcci\u00f3n, observamos un movemento de cousas que abarca un \u00e1ngulo doble do que fai o espello. O outro gran fen\u00f3meno que se estudia en relaci\u00f3n \u00e1 luz nas aulas no ensino medio \u00e9 a refracci\u00f3n. Un pouco de auga nun vaso de vidro e o mirar a trav\u00e9s das superficies do mesmo poden dar para todo un curso de \u00f3ptica.<\/p>\n<p>No ba\u00f1o est\u00e1 tam\u00e9n moitas veces a lavadora. Nela p\u00f3dense estudiar dende as forzas de inercia (\u00a1c\u00e1ntas voltas hai que darlle \u00e1 forza centr\u00edfuga nas aulas!) \u00e1s reacci\u00f3ns qu\u00edmicas de intercambio relacionadas coa limpeza por medio de xab\u00f3n e deterxentes.<\/p>\n<p>T\u00f3dolos fen\u00f3menos anteriores, e moitos m\u00e1is, poden ampliarse a outros elementos correntes nos fogares, que non caiba a menor d\u00fabida, ou a\u00ednda sinxelamente \u00f3s nosos propios movementos e xeitos de face-las cousas. O balanceo dun cabalo de xoguete da idea da actuaci\u00f3n da gravide nun tipo de p\u00e9ndulo nada sinxelo, e, !a cantidade de elementos como parafusos que se poden observar e que constit\u00faen (neste caso) exemplos de planos inclinados, unha m\u00e1quina elemental!. Todo elo, sen recurrir a complicadas montaxes como o televisor. Ou a pequenos adornos e xogos de base cient\u00edfica que pululan polas casas, como o conxunto de p\u00e9ndulos que Baltasar me deixou a noite do pasado d\u00eda cinco de xaneiro e que, \u00f3 tempo que adornan, te\u00f1en moitas, moitas, variaci\u00f3ns para xogar con eles mentras se estudian as leis dos choques e o propio funcionamento do p\u00e9ndulo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Para que o mantemento se somos afeizoados \u00e1s novidades? Se algo se fastidia, algo novo. O vello, non serve. Un pouco de iron\u00eda como a que amosei xa algunha vez sobre temas semellantes: c\u00e1ese o vial \u00f3 faro e, tras tardar tres meses en determinar a quen corresponte (entre portos e concello anda o tema, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-10787","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10787","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10787"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10787\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10787"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10787"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10787"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}