{"id":10785,"date":"2006-04-04T07:49:00","date_gmt":"2006-04-04T05:49:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:15:15","modified_gmt":"2024-11-12T15:15:15","slug":"hoxe-toca-feira","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/04\/04\/hoxe-toca-feira\/","title":{"rendered":"Hoxe toca feira"},"content":{"rendered":"<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/002.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/002.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\nHoxe \u00e9 a inauguraci\u00f3n da XII Feira da Ciencia e Tecnolox\u00eda no IES Porta da Auga. Sinxelamente, esper\u00e1mosvos. A\u00ed queda unha panor\u00e1mica parcial.<br \/>\n&#8212;<br \/>\n17\/05799<\/p>\n<p>O prezo da cultura &#8230; e outras cousas.<\/p>\n<p>Actuaci\u00f3n da banda de Valladares en Ribadeo. Est\u00e1 considerada entre as mellores de Galicia, e o son certamente correspondeu a esa consideraci\u00f3n. Espectadores, botando polo alto, e inclu\u00edndo \u00f3s que entraron ou sa\u00edron perante a actuaci\u00f3n, 100. O concerto \u00e9 gratu\u00edto para o p\u00fablico asistente. O custe estimado da un prezo por persoa dunhas 4.000 pesetas (24 euros).<\/p>\n<p>\u00bfCobran moito? Se se fan os c\u00e1lculos, cada m\u00fasico debeu desprazarse dende Vigo a Ribadeo (250km) nunha viaxe de tres horas longas m\u00e1is outras tantas de volta. Prepararse para o concerto, tocar e recoller. Antes de voltar \u00e1 casa deben cear&#8230; e todo esto, sen contar os ensaios e a preparaci\u00f3n anterior ou a amortizaci\u00f3n de instrumentos, claro. E vi\u00f1eron poucos m\u00fasicos menos que persoas entraron na igrexa a velos. P\u00f3dese interpretar que non cobran moito.<\/p>\n<p>Seguindo con m\u00fasica, por exemplo, actuaci\u00f3n do coro de nenas cantoras de Kiev. Entrada gratu\u00edta. \u00bfC\u00e1nto cobraron? En xira, en pleno curso&#8230; voces educadas de 45 rapazas con algunha persoa maior acompa\u00f1ante para organizar e coidar delas. Ter\u00edan que cobrar demasiado por cada actuaci\u00f3n se o prezo correspondera co que se percibe como realidade.<\/p>\n<p>Un libro. Caro para edici\u00f3n de peto: 1500 pesetas. Lectura para oito horas, e pensamento para abondo m\u00e1is. \u00bfCaro en realidade? Claro que hai moitos que non te\u00f1en calidade, pero van todos nun mesmo paquete, e os que se quedan na revenda dos descontos nos supermercados ou en postos na r\u00faa non son malos por definici\u00f3n, nin de tem\u00e1tica estra\u00f1a, sen\u00f3n pouco vendidos, simplemente.<\/p>\n<p>Unha exposici\u00f3n sobre pintura, para aprender a mirala. Necesita un sal\u00f3n, unha persoa atend\u00e9ndoa perante moitos d\u00edas&#8230; asemade, tam\u00e9n \u00e9 gratu\u00edta para o p\u00fablico. Resultado: espl\u00e9ndida e vac\u00eda boa parte do tempo.<\/p>\n<p>\u00bfResulta rentable a cultura?<\/p>\n<p>Estamos inmersos nunha cultura, pero temos que facer unha elecci\u00f3n por ela: boa parte da culturizaci\u00f3n na nosa sociedade necesita de unha contribuci\u00f3n pola nosa banda, e parte do feito de querela. \u00bfO prezo? A cultura non debera ter prezo, pero, xa que ten custe, ser\u00e1 cara ou barata segundo o uso que se faga. E hai diferencias grandes, dende o abuso sobre feitos culturais \u00e1 falta de uso.<\/p>\n<p>Nestas, atop\u00e1monos cun novo d\u00eda das letras galegas. &#8220;Competindo co castel\u00e1n&#8221;, poder\u00eda ser a frase inclu\u00edda no cartel un ano tras outro. En Galicia c\u00e1ptanse moitas emisi\u00f3ns de radio, poucas en galego. Moitos diarios, menos na lingua na que estou a escribir. Moitos libros, pero a pesar de estar pasando as letras galegas na actualidade por un momento bo en canto a que as creaci\u00f3ns dos nosos escritores son reco\u00f1ecidas, de novo, poucos en galego. Estamos ante unha sustituci\u00f3n cultural na lingua.<\/p>\n<p>\u00bfPor que? As causas hist\u00f3ricas son co\u00f1ecidas. Na actualidade, \u00e9 a pr\u00e1ctica: se a porcentaxe de xente que &#8220;elixe&#8221; unha determinada cultura \u00e9 baixo, dita cultura remata aceptando, no intercambio con outras, m\u00e1is novidades alleas que as que produce no seu interior, a parte de ser cada vez menos usada e, entrando en consideraci\u00f3ns puramente econ\u00f3micas \u00f3 vello estilo, m\u00e1is &#8220;cara&#8221;. A nivel mundial, esa tendencia de influencias entre culturas da lugar \u00e1 uniformizaci\u00f3n. No noso pobo, danse dun xeito abrumador, o que quere dicir uniformizaci\u00f3n, pero pola s\u00faa cantidade, podemos dicir que se da baixo patr\u00f3ns alleos, tomando o aire dunha sustituci\u00f3n. No caso da lingua, perda de palabras e estructuras ling\u00fc\u00edsticas en favor de outras estra\u00f1as, ou de novo a mera sustituci\u00f3n no seu uso.<\/p>\n<p>\u00bfDebemos prescindir ent\u00f3n, por exemplo, de Cervantes? Dif\u00edcil ser\u00e1 facelo cando hoxe por hoxe unha porcentaxe alta de xente en Galicia ten o castel\u00e1n por lingua propia. \u00bfDebemos impo\u00f1er o galego? Debo de estar so\u00f1ando. Nestas mesmas p\u00e1xinas, mirando a unha e outra beira calquera pode desenganarse desa posibilidade. Pero non preguntei se podiamos, sen\u00f3n se deber\u00edamos. E moito me temo que a pregunta non ten unha resposta, sen\u00f3n moitas, segundo os presupostos e condici\u00f3ns que tomemos, que var\u00eda de lugar a lugar, de persoa a persoa, de intransixencia a intransixencia pasando pola convivencia dun ou outro xeito.<\/p>\n<p>Un dos custes a pagar polo mantemento dunha lingua ou polo biling\u00fcismo non \u00e9 econ\u00f3mico, \u00e9 social. Situaci\u00f3ns nas que persoas actuais te\u00f1en que enfrontarse \/ asimilar situaci\u00f3ns hist\u00f3ricas contra as que non poden facer nada xa. Situaci\u00f3ns nas que se confunde o favorecer unha lingua con entorpecer outra. Un d\u00eda como o das letras galegas debe facer reflexionar sobre os fins da cultura, o custe do seu desenvolvemento e a situaci\u00f3n social que hai que, dalg\u00fan xeito, solucionar. Tam\u00e9n, debe propiciar o que cada un de n\u00f3s interiorice que a cultura \u00e9 cousa de todos, elecci\u00f3n particular, e que depende do uso, do traballo, do desenvolvemento de todos n\u00f3s para poder vivir. \u00c9 dicir, dar resposta a unha pregunta: \u00bfQu\u00e9 fas ti pola t\u00faa cultura?<\/p>\n<p>Antonio Gregorio Montes<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hoxe \u00e9 a inauguraci\u00f3n da XII Feira da Ciencia e Tecnolox\u00eda no IES Porta da Auga. Sinxelamente, esper\u00e1mosvos. A\u00ed queda unha panor\u00e1mica parcial. &#8212; 17\/05799 O prezo da cultura &#8230; e outras cousas. Actuaci\u00f3n da banda de Valladares en Ribadeo. Est\u00e1 considerada entre as mellores de Galicia, e o son certamente correspondeu a esa consideraci\u00f3n. [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-10785","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10785","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10785"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10785\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10785"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10785"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10785"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}