{"id":10783,"date":"2006-04-07T07:50:00","date_gmt":"2006-04-07T05:50:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:15:12","modified_gmt":"2024-11-12T15:15:12","slug":"porto-seco-en-seco","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/04\/07\/porto-seco-en-seco\/","title":{"rendered":"Porto seco en seco"},"content":{"rendered":"<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/17.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/17.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\nDespois de lograr a ampliaci\u00f3n de Mirasol (en canto a superficie, non esquezamos que resultou un recorte en lonxitude de peirao), aparece de novo o tema do porto seco no pol\u00edgono (co que un se pregunta cal era o obxectivo de dispor dunha maior superficie no peirao) \u00f3 tempo que se auncia un retraso de un ano na circunvalaci\u00f3n, o que o porto seco, a\u00ednda non decidido, est\u00e1 un ano m\u00e1is en seco. Un ano porque ese se anuncia vai ser o retraso da circunvalaci\u00f3n. Parece evicente que as infrastructuras en ribadeo est\u00e1n gafadas. casos como o da piscina, que entrou en funcionamento a primeira fase no tempo acordado, son extranos. As\u00ed, dic\u00edase que a Pasar\u00f3n y Lastra e San Francisco estar\u00edan en funcionamento en Semana Santa, e, a non ser unha miragre, a procesi\u00f3n ir\u00e1 por unha r\u00faa en obras, testemu\u00f1a unha vez m\u00e1is do retraso end\u00e9mico das obras en infrastructuras (ou melloras ou mantemento das  mesmas) que falo. resulta curioso a rapidez coa que se move, en contrapartida, a xesti\u00f3n de urbanizaci\u00f3ns, se ben agora mesmo aprece que dende santiago est\u00e1n tomando cartas no asunto e o tema est\u00e1 parado. vamos, que costa creelo.<br \/>\n<a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/19b.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/19b.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\nHoxe remata a <a href=\"http:\/\/webs.uvigo.es\/eventos\/h-sci\/portag.htm\">XII Feira da Ciencia e Tecnolox\u00eda<\/a>. Despois de ter controlado o crecemento e o n\u00famero de visitas, a feira parece ter unha dimensi\u00f3n m\u00e1is apropiada para a <a href=\"http:\/\/webs.uvigo.es\/eventos\/h-sci\/semanag.htm\">aprendizaxe das ciencias<\/a>, que o principal motivo da mesma e do que nos felicitamos.<br \/>\nE, mentras n\u00f3s tentamos de po\u00f1er coto na feira a unha expansi\u00f3n que poder\u00eda ser nociva,  chega \u00e1s m\u00e1ns outra nova, esta de Boiro que incide en algo normativizado aqu\u00ed e que se quere desregular ou variar: a situaci\u00f3n dos locais de copas. Tras un tira e afloxa, est\u00e1n facendo unha normativa que implica unha separaci\u00f3n de 50 m. entre locais, se ben especifica que a separaci\u00f3n non ter\u00e1 efecto para os locais con licenza de bar. Tam\u00e9n ser\u00e1 efectuado un seguemento de nivel sonoro a distancia.<a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/1600\/19.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/photos1.blogger.com\/blogger\/7979\/755\/320\/19.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\n&#8212;<br \/>\n&#8230; un artigo do meu vello sitio web <a href=\"personal.redestb.es\/agremon\/marina\/index_m2.html\">&#8216;o recuncho da lectura&#8217;<\/a> en relaci\u00f3n co ensino, publicado en &#8216;Xerfa&#8217;, a revista do <a href=\"http:\/\/centros.edu.xunta.es\/iesportadaauga\/actividades\/revista_xerfa\/revista_xerfa.htm\">IES Porta da Auga<\/a>, en 2003:<\/p>\n<p>Educaci\u00f3n, \u00bfmedio ou fin?<\/p>\n<p>A educaci\u00f3n \u00e9 un proceso. Non un procedemento totalmente establecido, sen\u00f3n actividades que van tratando de adaptarse \u00f3 &#8220;sistema complexo adaptativo&#8221;1 que \u00e9 o ser humano.<\/p>\n<p>A primeira distinci\u00f3n a facer neste artigo \u00e9 entre aqueles que pensan que educar significa s\u00f3 seguir unhas normas e outros, entre os que me atopo, para os que educar significa m\u00e1is ben comprender as normas para saber c\u00e1ndo se debe aplicalas e c\u00e1ndo e c\u00f3mo saltalas.<\/p>\n<p>Nembargantes a distinci\u00f3n anterior, o sistema educativo ten como fin a educaci\u00f3n. E como tal, instr\u00fae ou sinala procedementos para lograla. Neste sentido, a educaci\u00f3n \u00e9 un fin, o fin do sistema educativo. \u00c9 dicir, coa perspectiva do &#8220;sistema educativo&#8221;, a educaci\u00f3n \u00e9 un fin, non un medio: pasa a ser &#8220;unha&#8221; educaci\u00f3n, a que pretende o sistema e di ofertar os &#8220;clientes-alumnos&#8221;, en troques de ser &#8220;a&#8221; educaci\u00f3n, sen apelidos ou calificativos. Se collemos un retazo da educaci\u00f3n que se pretende (que pretende o sistema), por exemplo, a chamada educaci\u00f3n para a paz, o medio educativo v\u00e9se limitado por o fin que se pretende, a\u00ednda que sexa unha meta en principio de alto nivel cham\u00e9moslle \u00e9tico, que neste caso poderiamos sinalar como a xesti\u00f3n da paz. O mesmo ocorre con calquera outra parte de calquera lexislaci\u00f3n educativa2, como a educaci\u00f3n medioambiental, que ser\u00eda un medio para lograr que a persoa se integre nun medio ambiente equilibrado. En t\u00f3dolos casos atopamos que se po\u00f1en primeiro os fins e logo f\u00e1lase dos medios para logralos.<\/p>\n<p>O caso \u00e9 que o po\u00f1er fins implica unha reducci\u00f3n do n\u00famero de posibles v\u00edas educativasdo. E hai que engadir que os fins do sistema son postos por persoas, se non bastara que non se concretan ben a partir de abstracci\u00f3ns como a &#8220;educaci\u00f3n&#8221; da ser humano. \u00c9 por eso polo que temos as &#8220;educaci\u00f3ns para&#8221; que caracterizan as leis educativas vixentes. Ou sexa, a educaci\u00f3n utilitarista. Deste xeito, a direcci\u00f3n educativa pasa a ser legalmente sin\u00f3nimo de educaci\u00f3n, e a educaci\u00f3n, de ser un medio para o desenvolvemento persoal pasa a ser dirixida a medio para formaci\u00f3n dalg\u00fan xeito particular, sexa a adquisici\u00f3n de habilidades para po\u00f1er unha l\u00e1mpada ou a formaci\u00f3n de ideas axeitadas \u00f3 que o pensamento de quen dirixe o sistema cree convinte.<\/p>\n<p>De calquera xeito, a educaci\u00f3n \u00e9 perigosa. O \u00e9 para quen a recibe, pois pode resultar perxudicado para toda a s\u00faa vida posterior. Tam\u00e9n para quen quere aproveitarse dela, pois o ser educado pode permitir \u00e1 xente liberarse de quen quere unha &#8220;educaci\u00f3n \u00e1 medida&#8221;3. \u00c9 un medio, (segue a ser un medio a\u00ednda que o sistema educativo poda considerala como un obxectivo determinado) e como tal, encami\u00f1able para un ou outro fin segundo o uso que se lle de. Pero tam\u00e9n \u00e9 un medio perigoso porque non \u00e9 doado separar totalmente unha boa &#8220;educaci\u00f3n para&#8221; da sinxela &#8220;educaci\u00f3n&#8221;, porque \u00e9 necesaria unha interrelaci\u00f3n m\u00faltiple para poder educar para ou adestrar. As\u00ed, cando se forma a algu\u00e9n, tam\u00e9n se lle est\u00e1 dando a base para pensar de xeito independente, e de a\u00ed \u00e1 cr\u00edtica da educaci\u00f3n dirixida ou do sistema que a soporta s\u00f3 hai un paso. Un paso que por desgracia algunha xente non da, pero por sorte outra moita si.<\/p>\n<p>As\u00ed, educaci\u00f3n, \u00bfproblema ou soluci\u00f3n? Problema e tam\u00e9n soluci\u00f3n.<\/p>\n<p>Medio, non fin. Como tal \u00e9 usable e dirixible pol\u00edticamente ou econ\u00f3micamente, entre outras posibilidades e como mostras de cousas que poden dirixir o rumbo educativo pero tam\u00e9n admiten unha imposici\u00f3n de direcci\u00f3n. \u00c9 dicir, \u00e9 algo que est\u00e1 dirixido e imposto, do mesmo xeito que est\u00e1 dirixida a econom\u00eda e tam\u00e9n a pol\u00edtica, pero inclu\u00edndo estas d\u00faas actividades como posibles directoras da educaci\u00f3n, logo supeditada a elas. E non vexo claro que sen variar suficientemente o sistema social actual (\u00e9 dicir, sen unha revoluci\u00f3n) se poda variar este estado de cousas dun xeito significativo.<\/p>\n<p>\u00bfPodemos os educadores deixar de transmitir un sistema social para educar &#8220;a secas&#8221;? \u00c9 unha pregunta m\u00e1is que nos podemos formular \u00e1 beira desa outra que inquire sobor da posibilidade educativa dos maestros fronte \u00e1 televisi\u00f3n, por exemplo. Unha pregunta que se vai facendo m\u00e1is importante a medida que a sociedade se tecnifica e permite incrementar a posibilidade de dominio. Unha pregunta que s\u00f3 admite a resposta no d\u00eda a d\u00eda, intent\u00e1ndoo.<\/p>\n<p>Prantexar preguntas-problema, non soluci\u00f3ns. As soluci\u00f3ns hai veces, a maior\u00eda, que son particulares e non xeralizables, e outras son circunstanciais, non chegan a ser particulares. As\u00ed, un problema pode ter moitas soluci\u00f3ns diferentes, valorables tam\u00e9n de xeito diverso e polo tanto &#8220;boas&#8221; ou &#8220;malas&#8221; segundo as circunstancias do problema e perspectivas de quen busca a soluci\u00f3n. Pero sempre, para tratar de solucionar un problema, hai que ser consciente da s\u00faa existencia.<\/p>\n<p>&#8212;-<\/p>\n<p>Chega o punto de rematar para non liar m\u00e1is (a\u00ednda) a quen tivo a consideraci\u00f3n de chegar ata aqu\u00ed. Pero non me podo quitar do medio d\u00faas frases a relacionar co tema e que pretend\u00eda meter no texto anterior do artigo, para o que necesitar\u00eda que fora abondo m\u00e1is longo.<\/p>\n<p>A primeira, atribu\u00edda a Sta. Teresa de Xes\u00fas, &#8220;la paciencia todo lo alcanza&#8221; incita \u00e1 perseverancia, que non a ser teimudo; \u00e9 dicir, a usar conscientemente os nosos medios (po\u00f1amos a educaci\u00f3n, por exemplo) ata o final para conseguir os mellores fins (xa sexa a paz, un medio ambiente limpo ou outras moitas cousas).<\/p>\n<p>A segunda, &#8220;gost\u00e1banme as pel\u00edculas de indios ata que me decatei que eu era o indio&#8221; prov\u00e9n dunha entrevista a un escritor sudafricano negro; creo que ese feito explica o seu significado m\u00e1is que moitas aclaraci\u00f3ns. Pero, por si acaso, un complemento: \u00bfa quen non lle gusta ser o triunfador nun mundo onde hai triunfadores e perdedores? Mais cando hai moitos m\u00e1is perdedores que triunfadores, a perspectiva pode variar moito, en particular cando notas que os vaqueiros cos que te identificabas como &#8220;b\u00f3&#8221; son na realidade os que te est\u00e1n a tratar como indio e est\u00e1n dic\u00edndote que \u00e9s &#8220;malo&#8221;. De a\u00ed a consideraci\u00f3n da cita en relaci\u00f3n coa educaci\u00f3n e os medios educativos nun sistema social non igualitario4 e que orientado \u00e1 masa e non \u00f3 individuo5, en contra dos principios educativos que din que se pretendes educar a un conxunto de persoas e tratas a todas como a unha &#8220;media&#8221;, en realidade non est\u00e1s a educar a ningu\u00e9n.<\/p>\n<p>Antonio Gregorio Montes<\/p>\n<p>Nota final: se algu\u00e9n non comprende, ou est\u00e1 en desacordo, o autor ter\u00e1 moito gusto en dialogar sobre o tema.<\/p>\n<p>1Ver &#8220;El Quark y el Jaguar&#8221;, de Murray Gell-Mann, un libro sobre F\u00edsica e outras cousas.<\/p>\n<p>2En calquera lexislaci\u00f3n educativa, non s\u00f3 aqu\u00ed.<\/p>\n<p>3\u00c1 medida dos seus intereses, por exemplo para formar os intereses dos educandos.<\/p>\n<p>4\u00bfAcaso algu\u00e9n cre que o sistema educativo actual \u00e9 igualitario?<\/p>\n<p>5Ortega y Gasset descubriu as masas \u00f3 mundo, pero nalg\u00fans sentidos o concepto variou moito no tempo ata hoxe.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Despois de lograr a ampliaci\u00f3n de Mirasol (en canto a superficie, non esquezamos que resultou un recorte en lonxitude de peirao), aparece de novo o tema do porto seco no pol\u00edgono (co que un se pregunta cal era o obxectivo de dispor dunha maior superficie no peirao) \u00f3 tempo que se auncia un retraso de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-10783","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10783","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10783"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10783\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10783"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10783"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10783"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}