{"id":10748,"date":"2006-05-11T07:39:00","date_gmt":"2006-05-11T05:39:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:14:03","modified_gmt":"2024-11-12T15:14:03","slug":"crnica-dunha-xuntanza","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/05\/11\/crnica-dunha-xuntanza\/","title":{"rendered":"Cr\u00f3nica dunha xuntanza"},"content":{"rendered":"<p>Onte foi a xuntanza. A segunda vez que o alcalde nos chama a todos os implicados co tema do ru\u00eddo. Bo, a todos e a ACISA, esta vez, pero non \u00e1 asociaci\u00f3n de veci\u00f1os. Por certo, estaban chamados 3 veci\u00f1os que dic\u00eda o alcalde eran os \u00fanicos que presetnaran queixas. Pois apareceron catro. Non sei se haber\u00e1 m\u00e1is con denuncias escritas.<\/p>\n<p>Non vai quedar rexistro oficial da xuntanza, porque o alcalde deixou ben claro que o sistema de gravaci\u00f3n non estaba autorizado a usalo, era s\u00f3 para os plenos. E logo, a pregunta mi\u00f1a, un afectado tam\u00e9n dixo que el non quer\u00eda que o gravaran. \u00c9 dicir, seguir\u00e1 o tema sen tomar nota. Coido que \u00e9 un erro. E non pequeno.<\/p>\n<p>Polo tanto, seguirei coa mi\u00f1a impresi\u00f3n: alomenos de boca, todos al\u00ed estabamos dispostos a negociar, con d\u00faas excepci\u00f3ns. A primeira, a representante de ACISA, da que al\u00ed non se oiu nada abasolutamente, e polo tanto, non se sabe. A segunda, o alcalde, que dixo que si, pero cada vez que se lle preguntou por algo concreto, non respondeu tam\u00e9n en concreto, a excepci\u00f3n de que para a pr\u00f3xima xuntanza, que dixo ser\u00eda seguramente antes de fin de mes, ter\u00eda listo para revisi\u00f3n por n\u00f3s a nova normativa de ru\u00eddos (que non soubo dicir por que era necesaria). Veume a cabeza, a\u00ednda que non o dixen, que hoxe ser\u00eda a seguinte xuntanza da Mesa de asociaci\u00f3ns con el, e a\u00ednda non respostou \u00e1 carta enviada para asegurar que as\u00ed ser\u00eda, despois de ter faltado \u00e1s d\u00faas \u00faltimas, a primeira, por cambios sucesivos e a segunda por non aparici\u00f3n. Ou que a\u00ednda estamos esperando nesa mesa dende preto dun ano algo que nos prometeu sobre o plano urban\u00edstico. Comprenderase que non de creto \u00f3 que di.<\/p>\n<p>Os pubeiros e o alcalde reclamaron un tempo de actuaci\u00f3n, que Balbino non soubo concretar pero que pasou de algo as\u00ed como seis meses a antes do ver\u00e1n, dito de xeito informal.<\/p>\n<p>Discusi\u00f3n, moita, pero dentro de unha orde, exceptuando alg\u00fan caso puntual. F\u00f3ra do sal\u00f3n, continuou a reuni\u00f3n entre algunha xente do mesmo xeito que dentro: informalmente. Pero de xeito m\u00e1is distendido.<\/p>\n<p>O futuro? Verase. Coido que temos claro uns e outros que non se pode seguir as\u00ed, a\u00ednda que sexa por raz\u00f3ns diferentes. Entre outras cousas tentei de deixar claro que cada caso era diferente, tanto en pub como en afectados. Coido que a algunha xente si lle quedou claro. A outra, non tanto, de seguro.<\/p>\n<p>Para terminar, tam\u00e9n lembrei que en todo proceso de negociaci\u00f3n, se este se pretende que o sexa, t\u00e9\u00f1ense en conta as circunstancias anteriores. Aqu\u00ed, o alcalde dixo que se contemplaba s\u00f3 o futuro, motivo de que fixera esa aclaraci\u00f3n final, pois consid\u00e9roo un paso en falso. \u00c9 dicir, ata aqu\u00ed, seguiremos co pasado, e o concello coido que ten un pasado que lle est\u00e1 a tirar demasiado nestes momentos e que polo tanto queda igual que estaba.<\/p>\n<p>De calquera xeito, para min, a xuntanza, serviu, a\u00ednda que sexa imperfecta e de xeito limitado. Falar dentro dunha orde non \u00e9 malo. Para os resultados haber\u00e1 que esperar a outras.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Onte foi a xuntanza. A segunda vez que o alcalde nos chama a todos os implicados co tema do ru\u00eddo. Bo, a todos e a ACISA, esta vez, pero non \u00e1 asociaci\u00f3n de veci\u00f1os. Por certo, estaban chamados 3 veci\u00f1os que dic\u00eda o alcalde eran os \u00fanicos que presetnaran queixas. Pois apareceron catro. Non sei [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[98,70],"class_list":["post-10748","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-acisa","tag-ruido"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10748","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10748"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10748\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10748"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10748"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10748"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}