{"id":10746,"date":"2006-05-13T07:42:00","date_gmt":"2006-05-13T05:42:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:14:01","modified_gmt":"2024-11-12T15:14:01","slug":"escola-municipal-de-msica-e-danza-de","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/05\/13\/escola-municipal-de-msica-e-danza-de\/","title":{"rendered":"Escola Municipal de M\u00fasica e Danza de Ribadeo &#8220;Hern\u00e1n Naval&#8221;"},"content":{"rendered":"<p>Onte entereime de que a pesares de ser anunciado o nome do auditorio para Hern\u00e1n, para po\u00f1erlle unha placa o d\u00eda 17, quinto cabodano da s\u00faa morte, o tema non est\u00e1 inclu\u00eddo na orde do d\u00eda do pr\u00f3ximo pleno. Non sei se ir\u00e1 polo de urxencia, o que ser\u00eda, coido, un contrasentido, pero sigo a manter que a dedicatoria que se lle debe facer non \u00e9 o auditorio, sen\u00f3n aquela pola que foron recollidas e entregadas no seu momento (\u00f3 alcalde anterior) m\u00e1is de 2000 sinaturas: a da Escola Municipal de M\u00fasica e Danza de Ribadeo &#8220;Hern\u00e1n Naval&#8221;. \u00c9 un agasallo, e nese sentido, mellor algo que nada, pero antonte na radio Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez apostillou \u00f3 que eu dixera algo no que estou de acordo: o auditorio p\u00f3deselle adicar a Carlos Cid moi xustamente, e a Hern\u00e1n coido que lle corresponde moito mellor a escola. M\u00e1is tarde, outra xente d\u00edxome que a\u00ednda hab\u00eda outros m\u00fasicos en Ribadeo a reco\u00f1ecer, e pareceume ben: os reco\u00f1ecementos non deben estar cerrados. Pero agora estamos con este. E, repito, coido que lle corresponde a Hern\u00e1n o nome da escola. Aproveito e lembro a todos que <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2005\/12\/hernn-hernn-naval-escritos-e-prensa-v.html\">neste artigo<\/a> e anteriores sa\u00edu unha recopilaci\u00f3n de artigos relacionados con Hern\u00e1n, e en datas posteriores sa\u00edron publicados no blog ata 50, que espero que contin\u00faen calquera d\u00eda destes.<br \/>\nUn s\u00f3 comentario m\u00e1is, sobre outro tema: Hai veces que coido que por abstracci\u00f3n informativa aparecen na prensa cousas que non son nada c\u00f3modas. Ref\u00edrome agora \u00f3 aparecido no xornal de A Mari\u00f1a \/ El Progreso, dando a nova da petici\u00f3n do mantemento do nome de r\u00eda de Ribadeo a instancias legais de toponimia por parte do Concello, que sa\u00eda co t\u00edtulo referido \u00f3 &#8220;estuario del Eo&#8221;. Non est\u00e1 mal. pero lendo o seu interior foi o que saquei: a base de tentar ser tan xusto, dando rodeos para non tomar postura, \u00e1s veces aparecen frases que en determinadas circunstancias chirr\u00edan.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Onte entereime de que a pesares de ser anunciado o nome do auditorio para Hern\u00e1n, para po\u00f1erlle unha placa o d\u00eda 17, quinto cabodano da s\u00faa morte, o tema non est\u00e1 inclu\u00eddo na orde do d\u00eda do pr\u00f3ximo pleno. Non sei se ir\u00e1 polo de urxencia, o que ser\u00eda, coido, un contrasentido, pero sigo a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[51],"class_list":["post-10746","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-hernan-naval"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10746","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10746"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10746\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10746"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10746"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10746"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}