{"id":10741,"date":"2006-05-18T07:36:00","date_gmt":"2006-05-18T05:36:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:13:46","modified_gmt":"2024-11-12T15:13:46","slug":"xogado-en-ribadeo-letras-g-0-ftbol-3","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/05\/18\/xogado-en-ribadeo-letras-g-0-ftbol-3\/","title":{"rendered":"Xogado en Ribadeo: Letras G-0; F\u00fatbol-3 (ao menos)"},"content":{"rendered":"<p>O de onte foi un d\u00eda tranquilo. festivo e pouco m\u00e1is. Ata que chegou o partido. Non fixo falta festividade oficial, celebrouse (0-1). Non fixo falta tanta propaganda, sentiuse (0-2). Non se celebrou en galego, o berro era &#8216;campeones&#8217;, en castel\u00e1n, non en ingl\u00e9s, catal\u00e1n ou galego (0-3). Coido que poderiamos seguir, pero con tres abonda: \u00e9 o comezo dunha goleada.<\/p>\n<p>Est\u00e1 claro que as novas de Ribadeo moitas veces se xeran f\u00f3ra. Onte foi un deses d\u00edas, e non s\u00f3 pola champions. Foino tam\u00e9n, por exemplo, pola falta de celebraci\u00f3ns referente \u00e1s letras galegas en Ribadeo en comparaci\u00f3n con outras localidades mari\u00f1anas. Ou porque a Xunta, agora, parece claro que non permitir\u00eda a Acuinor comezar a planta de Meirengos (&#8230;pero, como xa est\u00e1 comezada&#8230;) pero pode permitir outra planta, de Pescanova, noutro lugar. Por certo, esta nova ten unha componente local: parece que se indica pola oposici\u00f3n como sitio posible o pol\u00edgono, pero ten alomenos dous inconvintes, que ser\u00eda m\u00e1is cara e que ocupa moito. E preg\u00fantome, non vai ocupar moito noutro lugar? e pretenden que lles salla o m<sup>2<\/sup> a 1\u20ac como parece que sucedeu no caso de Acuinor? Por certo, xa falando de prezos, c\u00e1nto se levar\u00eda Acuinor se hipoteticamente se pararan agora as obras e se vendera o terreo? Non, non digo a promotores inmobiliarios, sen\u00f3n s\u00f3, po\u00f1amos, por recompra a 10\u20ac\/m<sup>2<\/sup> para voltar a terra \u00f3 seu natural. Bo  negocio, non si?<\/p>\n<p>M\u00e1is novas de f\u00f3ra: o \u00e1rtico perdeu 300000km<sup>2<\/sup> de superficie nun ano. Coido que nos esperan tempos quentes. Non din que se ven a xente no ver\u00e1n a Ribadeo porque no sur xa hai demasiado calor?<\/p>\n<p>E mentras noutros lugares os concellos ganan pleitos, como en Viveiro, &#8216;en augas do Eo&#8217;, segundo o eufemismo usado esta volta pola prensa para a que todos co\u00f1ecemos como r\u00eda de Ribadeo, botouse un barco destinado \u00e1 loita antidroga que fai o 431 de Gond\u00e1n, o Fulmar, de 61 m de eslora. Ese \u00e9 para loitar &#8216;f\u00f3ra da casa&#8217;. Dentro, a cousa parece m\u00e1is dif\u00edcil polos dados das estat\u00edsticas. Sorte.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O de onte foi un d\u00eda tranquilo. festivo e pouco m\u00e1is. Ata que chegou o partido. Non fixo falta festividade oficial, celebrouse (0-1). Non fixo falta tanta propaganda, sentiuse (0-2). Non se celebrou en galego, o berro era &#8216;campeones&#8217;, en castel\u00e1n, non en ingl\u00e9s, catal\u00e1n ou galego (0-3). Coido que poderiamos seguir, pero con tres [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-10741","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10741","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10741"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10741\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10741"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10741"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10741"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}