{"id":10727,"date":"2006-06-02T07:50:00","date_gmt":"2006-06-02T05:50:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:13:24","modified_gmt":"2024-11-12T15:13:24","slug":"estatsticas-ribadeo-tamn","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/06\/02\/estatsticas-ribadeo-tamn\/","title":{"rendered":"Estat\u00edsticas. Ribadeo tam\u00e9n?"},"content":{"rendered":"<p>Ontes foi un d\u00eda estat\u00edsticamente curioso para min. Tra\u00eda a prensa unha cousa que hai anos non coniderei que fora posible: en Galiza xa se produce m\u00e1is enerx\u00eda por mor do vento (e\u00f3lica) que pola auga (hidr\u00e1ulica). E eso que somos o pa\u00eds da auga. Claro que estes d\u00edas tam\u00e9n o somos do vento, e parece m\u00e1is doado a comprensi\u00f3n desa estat\u00edstica.<\/p>\n<p>Pero non foi a \u00fanica estat\u00edstica que resultou curiosa: xusto \u00f3 d\u00eda despois de que o blog acadase todo un record de visitas, co 50% m\u00e1is que no mes anterior, rexistrouse un n\u00famero que \u00e9 o menor dos de visitas diarias en d\u00eda non de fin de semana en moito tempo. E non lle atopo explicaci\u00f3n, nin polo tema nin por outras cousas.<\/p>\n<p>Houbo m\u00e1is cuesti\u00f3ns estat\u00edsticas, entre elas que asist\u00edn tanto a unha celebraci\u00f3n por un nacemento como a un enterro, que foi o que me levou a escribir esta entrada. Certamente, estamos preparados apra unhas estat\u00edsticas, pero nunca para outras. O que a nerx\u00eda e\u00f3lica este\u00f1a tendo un desenvolvemento mellor do esperado \u00e9 algo \u00f3 que un se vai afacendo con tempo, e que sa\u00fada. O que se morra unha persoa querida, eso xa costa, enon se afai un nunca. E \u00e9 que as estat\u00edsticas gardan tras de si as historias individuais, e esas poden tocar \u00e1 xente como ningunha estat\u00edstica o fai. Citei o caso da morte, pero pasa con todo: a\u00ed ven a selectividade, onde non importa que outro ano m\u00e1is volte a aprobar m\u00e1is do 80% se a persoa en concreto suspende. Ou que s\u00f3 morra unha persoa en desprazamentos por carretera cada non sei cantos mill\u00f3ns de kil\u00f3metros feitos, sen\u00f3n por un despiste morra a persoa con nome e apelidos, concreta, e as\u00ed sucesivamente. Vivimos nun mundo social, pero a base desa sociedade seguimos a ser as persoas, a\u00ednda que moitas veces non se nos conte m\u00e1is que como estat\u00edsticas, para as elecci\u00f3ns, por exemplo. \u00c9 curioso a este respecto que o que conte sexa a estat\u00edstica total, pero a\u00ednda hoxe se vaia pedindo o voto de xeito individualizado casa por casa. Es en contradicci\u00f3n: as estat\u00edsticas f\u00e1ns a base de individuos.<\/p>\n<p>Por eso hai que tomarse as estat\u00edsticas con relatividade e voltar a interpretaci\u00f3n de datos concretos para chegar \u00f3 humano. En Xove un equipo completo de ed\u00eds do PP abandoa o partido, e non importa que sexa un grupo para poder metelo como interpretaci\u00f3n estatistica ou non: abandoaron o partido e v\u00eda. O xulgado arquivou o caso das filtraci\u00f3ns polo PXOM, e pode cadrar nas estat\u00edsticas sobre xu\u00edzos que mant\u00e9n esta corporaci\u00f3n, que xa son abondos, pero volta a ser un caso individual. O alcalde voltou a lembrar os votos para po\u00f1er \u00f3 PP na oposici\u00f3n: non \u00e9 a primeira nin seguramente ser\u00e1 a derradeira volta que o fai, pero de novo as estat\u015biticas non te\u00f1en moito sentido, a\u00ednda que den unha traxectoria continuada do alcalde. Augasantas non ter\u00e1 bandeira azul, e xa case se pode facer estat\u00edstica co conxunto das praias, pero o caso \u00e9 a que soa que digan que non ten baixada para minusv\u00e1lidos e que parece ser que non se cite o tema da limpeza, por exemplo. E as\u00ed sucesivamente, cara \u00f3 pasado, no presente e tam\u00e9n no futuro. Por exemplo, canta xente haber\u00e1 na manifestaci\u00f3n do domingo en Santiago polo medio ambiente? cantos mari\u00f1anos e mari\u00f1anas acudir\u00e1n \u00e1 invitaci\u00f3n da <a href=\"http:\/\/coordinadora.blogcindario.com\/\">coordinadora pola defensa do litoral<\/a>? e eso, de forma case totalmente independente do sentir da necesidade de defensa que o litoral ten en cada unha das eprsoas da bisbarra.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ontes foi un d\u00eda estat\u00edsticamente curioso para min. Tra\u00eda a prensa unha cousa que hai anos non coniderei que fora posible: en Galiza xa se produce m\u00e1is enerx\u00eda por mor do vento (e\u00f3lica) que pola auga (hidr\u00e1ulica). E eso que somos o pa\u00eds da auga. Claro que estes d\u00edas tam\u00e9n o somos do vento, e [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[67],"class_list":["post-10727","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-estatisticas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10727","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10727"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10727\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10727"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10727"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10727"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}