{"id":10711,"date":"2006-06-16T18:59:00","date_gmt":"2006-06-16T16:59:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:12:53","modified_gmt":"2024-11-12T15:12:53","slug":"dando-difusin-unha-nota-de-prensa-de","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/06\/16\/dando-difusin-unha-nota-de-prensa-de\/","title":{"rendered":"Dando difusi\u00f3n a unha nota de prensa de Adega (2\u00ba de hoxe)"},"content":{"rendered":"<p>Lugo, a 15 de Xu\u00f1o do 2006<\/p>\n<p>Contestando ao Sr. Alcalde de Ribadeo, sobre a piscifactor\u00eda de Rinlo<\/p>\n<p>En relaci\u00f3n \u00e1s declaraci\u00f3ns do Sr. Alcalde de Ribadeo sobre a paralizaci\u00f3n das obras da piscifactor\u00eda do Sr. \u00c1lvarez-Cascos, ADEGA quere aclarar o seguinte:<\/p>\n<p>Primeiro: os sucesivos incidentes de medidas cautelares de paralizaci\u00f3n das obras non foron, en absoluto, de tipo administrativo, -por m\u00e1is que o tiveramos solicitado reiteradamente-, sen\u00f3n xudicial. Nada ten que ver, polo tanto, a suposta indefinici\u00f3n da Xunta que argumenta o Sr. Alcalde con esta paralizaci\u00f3n das obras acordada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. <\/p>\n<p>Segunda: No caso da piscifactor\u00eda de Rinlo, -e o Sr. Alcalde co\u00f1ece moi personalmente como te\u00f1en sido tomadas as sucesivas decisi\u00f3ns ao respecto-, en absoluto t\u00e9n habido indefinici\u00f3n por parte da Xunta:  ben ao contrario, en ning\u00fan outro parque de tecnolox\u00eda alimentaria se t\u00e9n manifestado un apoio administrativo e econ\u00f3mico tan importante. Empezando pola declaraci\u00f3n de impacto ambiental,  a aprobaci\u00f3n polo Consello da Xunta do proxecto sectorial, a venta dunha parcela p\u00fablica a 1 euro\/metro cuadrado ou o expediente de caducidade da concesi\u00f3n da cet\u00e1rea de V\u00e1zquez, e continuando pola permisividade da Administraci\u00f3n ante unhas obras que se te\u00f1en iniciado sen contar coa autorizaci\u00f3n de Costas para a ocupaci\u00f3n da zona de servidume da zona de domino p\u00fablico mar\u00edtimo-terrestre nen coa concesi\u00f3n e autorizaci\u00f3n de actividade por parte da Conseller\u00eda de Pesca e que, a maiores, se estaban a realizar incumplindo o condicionado da declaraci\u00f3n e plan de vixiancia ambiental.  En todo caso, \u00e9 ben co\u00f1ecido o diferente trato da Xunta de Galicia no que respecta a esta piscifactor\u00eda de Rinlo en comparaci\u00f3n coa de Cabo Touri\u00f1\u00e1n, -e o Sr. Alcalde de seguro que co\u00f1ece algunha das raz\u00f3ns-, a pesares de que a situaci\u00f3n administrativa destas d\u00faas eran completamente id\u00e9nticas.<\/p>\n<p>Terceira: Non dubidamos que cando algu\u00e9n demasiado acostumbrado a marcar as decisi\u00f3ns da administraci\u00f3n se ve obrigado a cumplir coa lexislaci\u00f3n se poda sentir indefenso. Mais non pode o Sr. Alcalde alegar a indefensi\u00f3n xur\u00eddica do Sr. \u00c1lvarez-Cascos, pois, a maiores de contar cun equipo xur\u00eddico de seguro que ben pagado, contou, en todo momento, co apoio xur\u00eddico e pol\u00edtico do seu governo municipal.<\/p>\n<p>Cuarta: En canto \u00e1 falta de autorizaci\u00f3n de actividade por parte da Conseller\u00eda de Pesca en ning\u00fan momento a nosa presidenta dixo que a Conseller\u00eda de Pesca poidera denegar arbitrariamente dita autorizaci\u00f3n e concesi\u00f3n de actividade. Limitouse a trasladar a realidade xur\u00eddica: por imperativo legal, nen esta nen ningunha outra piscifactor\u00eda poden ter autorizaci\u00f3n de actividade, mentras non aporte a disponibilidade de todos os terrenos afectados polo proxecto. <\/p>\n<p>Pola nosa parte, seguimos insistindo na ilegalidade da declaraci\u00f3n de impacto ambiental e m\u00e1is do proxecto sectorial e licencia municipal e, en defensa dun patrimonio natural e paisax\u00edstico que nos pertenece a todos, manifestamos a nosa disposici\u00f3n a continuar os recursos administrativos ata o final. Temos a seguridade de que o administraci\u00f3n de Xustiza nos dar\u00e1 a raz\u00f3n.<\/p>\n<p>Por \u00faltimo volver a reiterar que nada temos en contra do Sr. Alvarez-Cascos ou do Concello de Ribadeo. S\u00f3 reclamamos que a lexislaci\u00f3n ambiental de protecci\u00f3n de espazos naturais t\u00e9n que obrigar a todos por igual. Neste sentido, esta nova paralizaci\u00f3n debera de ofrecer a oportunidade para negociar co promotor un cambio de ubicaci\u00f3n: ganamos todos.<\/p>\n<p>ADEGA-LUGO<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Lugo, a 15 de Xu\u00f1o do 2006 Contestando ao Sr. Alcalde de Ribadeo, sobre a piscifactor\u00eda de Rinlo En relaci\u00f3n \u00e1s declaraci\u00f3ns do Sr. Alcalde de Ribadeo sobre a paralizaci\u00f3n das obras da piscifactor\u00eda do Sr. \u00c1lvarez-Cascos, ADEGA quere aclarar o seguinte: Primeiro: os sucesivos incidentes de medidas cautelares de paralizaci\u00f3n das obras non foron, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[95],"class_list":["post-10711","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-piscifactoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10711","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10711"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10711\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10711"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10711"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10711"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}