{"id":10703,"date":"2006-06-25T14:11:00","date_gmt":"2006-06-25T12:11:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:12:40","modified_gmt":"2024-11-12T15:12:40","slug":"das-notas-de-prensa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/06\/25\/das-notas-de-prensa\/","title":{"rendered":"D\u00faas notas de prensa"},"content":{"rendered":"<p>Hoxe s\u00f3 adxunto d\u00faas notas de prensa ben dispares. Unha, a que aparece m\u00e1is abaixo, sobre o ru\u00eddo en Vigo, a modo de testemu\u00f1a noutro sitio sobre un tema do que escribo con frecuencia. Outra, a que aparece mesmo a continuaci\u00f3n, de O Tes\u00f3n, a asociaci\u00f3n de veci\u00f1os ribadense sobre o nome da r\u00eda de Ribadeo, chega m\u00e1is preto de n\u00f3s.<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>Nota de prensa<\/p>\n<p>O Tes\u00f3n<\/p>\n<p>A asociaci\u00f3n de veci\u00f1os O Tes\u00f3n, despois de ter apoiado de calquera iniciativa institucional ou social que puidera xurdir a favor do uso do nome de &#8216;r\u00eda de Ribadeo&#8217;, e en vista de que contin\u00faa o intento de variar a oficialidade desta denominaci\u00f3n, facemos p\u00fablico novamente o noso apoio \u00f3 coidado e conservaci\u00f3n da r\u00eda de Ribadeo e \u00e1 s\u00faa propia denominaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Con esta idea, instamos a potenciaci\u00f3n do uso da denominaci\u00f3n &#8216;r\u00eda de Ribadeo&#8217; polo concello, instituci\u00f3ns, asociaci\u00f3ns, veci\u00f1os e empresas, tanto con iniciativas positivas de utilizaci\u00f3n e difusi\u00f3n do nome como polo rexeitamento do uso de outras denominaci\u00f3ns en escritos oficiais, solicitudes e documentos en xeral.<\/p>\n<p>Como posibles ideas nese sentido, a m\u00e1is das xa realizadas e que deben ser relanzadas, est\u00e1 a s\u00faa utilizaci\u00f3n na carteler\u00eda propia de sinalizaci\u00f3n de lugares relacionados coa r\u00eda, de xeito que o nome de r\u00eda de Ribadeo quede asociado a eles. Poder\u00eda poder\u00eda ser o caso dos miradores, como \u201cMirador de San Miguel. R\u00eda de Ribadeo\u201d. Do mesmo xeito, a potenciaci\u00f3n desexada pode inclu\u00edr a denominaci\u00f3n como &#8216;r\u00eda de Ribadeo&#8217; de alg\u00fan edificio de uso p\u00fablico, como un polideportivo municipal, ou a animaci\u00f3n a novas empresas (como alg\u00fan dos novos hostais ou hoteis) e colectivos de inclusi\u00f3n do nome de &#8216;r\u00eda de Ribadeo&#8217; na s\u00faa propia denominaci\u00f3n. <\/p>\n<p>En certo xeito, tr\u00e1tase de enmendar decisi\u00f3ns que, dende a perspectiva actual, parecen ter sido feitas con pouca visi\u00f3n, como a do nome da &#8216;Casa da R\u00eda&#8217;, curto e manexable, pero que de pouco serve para a s\u00faa ubicaci\u00f3n xeogr\u00e1fica.<\/p>\n<p>Somos conscientes que boa parte do esforzo polo mantemento do nome da r\u00eda incl\u00fae aspectos pol\u00edticos. Pero tam\u00e9n o somos de que hai que procurar non s\u00f3 ter a historia detr\u00e1s, sen\u00f3n asemade o futuro. E o futuro debe pasar por asociar o nome de &#8216;r\u00eda de Ribadeo&#8217;, un lugar que asociamos tanto a n\u00f3s que a chamamos sinxelamente R\u00eda (a\u00ed est\u00e1 a &#8216;Casa da R\u00eda&#8217;), \u00e1 nosa vida diaria e a outras realidades que apoien o seu uso, conservaci\u00f3n e co\u00f1ecemento.<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>AVCOR &#8211; Asociaci\u00f3n viguesa contra o ru\u00eddo<\/p>\n<p>Comunicado 2\/2006 , Xu\u00f1o \/ 2006<\/p>\n<p>UN NEGOCIO POR RIBA DO OCIO.-<\/p>\n<p>Un numeroso grupo de veci\u00f1os desta cidade, uns individualmente, de xeito colectivo outros, presentaron unha alegaci\u00f3n ao PXOM en tr\u00e1mite para que por \u00e9ste se contemplase a incompatibilidade dos usos residenciais cos usos industriais correspondentes ao sector dos pub e discotecas: en concreto, trat\u00e1base de que, con fundamento na vixente lexislaci\u00f3n, nos baixos dos edificios de vivendas e nos edificios beirantes aos de vivendas, non puderan instalarse os devanditos negocios.<\/p>\n<p>Na base da alegaci\u00f3n est\u00e1 a evoluci\u00f3n da distribuci\u00f3n dos espazos urbanos en relaci\u00f3n a ubicaci\u00f3n de certas actividades que poideran interferir no normal e pac\u00edfico desenvolvemento da vida coti\u00e1 da veci\u00f1anza. Este proceso evolutivo ent\u00e9ndese ben cuns sinxelos exemplos: se nun tempo as touradas se celebraban nas Prazas Maiores, chegado un per\u00edodo (s\u00e9culo XIX), constr\u00faense os cosos taurinos nas aforas para permiteren aos veci\u00f1os que o quixeran, poderen permanecer alleos ao espect\u00e1culo; o mesmo pasou coas actividades deportivas e coas feiras: o desprazamento do centro da urbe ao extrarradio foi continuado; o que tam\u00e9n sucedeu coas actividades industriais e certos negocios ou servizos, desprazados dos cascos urbanos a pol\u00edgonos, cidades tecnol\u00f3xicas, n\u00f3s de comunicaci\u00f3ns, grandes superficies comerciais, centros de distribuci\u00f3n\u2026 Proceso que tam\u00e9n comenza a afectar, finalmente, \u00e1 chamada industria do ocio (discotecas, parques tem\u00e1ticos, zonas espec\u00edficas de copas en pol\u00edgonos industriais en decadencia ou abandonados\u2026).<\/p>\n<p>Cando nos atopamos fronte a establecementos que desenvolven  unha actividade danosa para a veci\u00f1anza (as\u00ed, a violencia ac\u00fastica que ten a s\u00faa orixe en pubs, bares con m\u00fasica e discotecas), no medio de zonas de vivendas, a primeira soluci\u00f3n que aplica o sentido com\u00fan \u00e9 a de pensar alonxalos das zonas habitadas o mais pronto pos\u00edble. Por iso, calquer postura retardataria deste proceso resulta fondamente retr\u00f3gada e cabe preguntarse l\u00edcitamente qu\u00e9 intereses pode haber tras unha actitude tan fondamente insolidaria e contra o natural proceso evolutivo da convivencia social.<\/p>\n<p>Ben, pois na reuni\u00f3n do goberno municipal do pasado d\u00eda 11 de maio, a devandita alegaci\u00f3n, foi rexeitada polo grupo de goberno municipal  -PP- co apoio do grupo municipal do BNG.<\/p>\n<p>Chama a atenci\u00f3n a base da argumentaci\u00f3n do voceiro do goberno municipal, Sr. Figueroa, para tal rexeitamento: 45.000 clientes semanais \u201cxustifican\u201d que haxa pubs en edificios de vivendas. O Sr. Figueroa, Concelleiro de Urbanismo, ter\u00eda que saber do drama de moitisimos veci\u00f1os da cidade -e das s\u00faas familias-, que se ven na obriga de ter que abandonar os seus fogares as fins de semana (outros est\u00e1n sometidos a tratamento psicol\u00f3xico, incluso con f\u00e1rmacos, a causa diso). Estes veci\u00f1os non poden disfrutaren do seu ocio (por exemplo, descansando), porque para o Sr. Figueroa o ocio resultar\u00eda ser un negocio. A ins\u00f3lita explicaci\u00f3n do Sr. Figueroa merece un comentario (non paga a pena falar da vacuidade argumental da xustificaci\u00f3n invocada polo seu compa\u00f1eiro de Corporaci\u00f3n o Sr. Vieitez).<\/p>\n<p>Sen necesidade de engadir mais, o argumento resulta estarrecente: os pubs moven 45 mil clientes semanais. Non cita a fonte \u00bfde onde saca o dado? (por certo \u00bfos impostos que pagan son consontes a tal volume de negocio? \u00bfdisfrutan os seus traballadores de seguros sociais, contratos estables, salarios dignos, condici\u00f3ns de traballo saudables?).<\/p>\n<p>Pero acept\u00e9molo dado coma hip\u00f3tese. Os tales clientes, ser\u00edan xentes que, d\u00f3cilmente, semana tras semana, adicanse ao ritual de arruinaren a s\u00faa sa\u00fade entramentras enchen os petos dos donos dos ditos establecementos (e, probablemente, alg\u00fan peto mais do entorno). Os efectos directos deses h\u00e1bitos son co\u00f1ecidos: alcoholismo; problemas auditivos polo alt\u00edsimo volume da m\u00fasica neses locais; tr\u00e1fico e consumo das mais diversas sustancias psicotr\u00f3picas de ultim\u00edsima xeraci\u00f3n e sen control sanitario ning\u00fan&#8230;<\/p>\n<p>Respeitando o dereito de todo cidadan \u00e1 facer no seu tempo libre o que lle pete (sen interferir na liberdade dos demais), cabe reflexionar se a Administraci\u00f3n debe protexer esas formas de emprego do ocio. M\u00e1xime cando est\u00e1 en xogo o respeito aos dereitos daqueles que sofren as s\u00faas consecuencias; ou a sa\u00fade das novas xeraci\u00f3ns.<\/p>\n<p>Por outra parte semella que os Srs. Concelleiros que votaron contra da alegaci\u00f3n non entenden o cerne do problema das v\u00edctimas das agresi\u00f3ns ocasionadas por aqueles que act\u00faan coma maltratadores ac\u00fasticos dende os locais e pubs que rexentan. Ben, pois tr\u00e1tase dunha clara violaci\u00f3n dos dereitos humanos mais elementais: dereito \u00e1 intimidade persoal, dereito \u00e1 integridade f\u00edsica e moral. Neste sentido, as sentenzas do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, do Tribunal Constitucional e das diversas instancias xudiciais, forman un corpo de doutrina consolidado. Se os pol\u00edticos non son os primeiros en reaccionar ante as agresi\u00f3ns que sofren os cidadans, pregunt\u00e1monos para que est\u00e1n \u00bfcomo son capaces de obrigar \u00e1s v\u00edctimas a prantexar longos e car\u00edsimos pleitos para se defenderen, cando na s\u00faa man est\u00e1 o artellar os medios de protecci\u00f3n mais eficaces?<\/p>\n<p>En fin, ante tan grav\u00edsimas agresi\u00f3ns, esgrimese o argumento da facturaci\u00f3n: os pubs son negocio. Non se comprende que fronte as violaci\u00f3ns dos dereitos humanos ceden todos os demais dereitos, inclu\u00edda a liberdade de empresa. Dende o Concello semella non entenderse que o pobo vigu\u00e9s (nin pobo ning\u00fan) non pode desexar o establecemento de negocios nos que o prezo a pagar sexa o alto prezo das agresi\u00f3ns ac\u00fasticas \u00e1 veci\u00f1anza.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hoxe s\u00f3 adxunto d\u00faas notas de prensa ben dispares. Unha, a que aparece m\u00e1is abaixo, sobre o ru\u00eddo en Vigo, a modo de testemu\u00f1a noutro sitio sobre un tema do que escribo con frecuencia. Outra, a que aparece mesmo a continuaci\u00f3n, de O Tes\u00f3n, a asociaci\u00f3n de veci\u00f1os ribadense sobre o nome da r\u00eda de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[16,70],"class_list":["post-10703","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-lingua","tag-ruido"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10703","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10703"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10703\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10703"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10703"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10703"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}