{"id":10691,"date":"2006-07-12T09:16:00","date_gmt":"2006-07-12T07:16:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:12:15","modified_gmt":"2024-11-12T15:12:15","slug":"comentarios-despois-dunha-primeira","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/07\/12\/comentarios-despois-dunha-primeira\/","title":{"rendered":"Comentarios despois dunha primeira ollada \u00e1 Ordenanza Municipal de protecci\u00f3n contra a contaminaci\u00f3n ac\u00fastica de Ribadeo (OMPCCA)"},"content":{"rendered":"<p>Son 27 p\u00e1xinas e por fin puiden botarlles unha ollada. Non se me vai que foi feita copiando e sen fixarse moito, como o indican determinadas faltas de lingua e outras lagoas. Segundo o alcalde, fai meses o dixo, quer\u00edan facer algo pouco restrictivo, que se houbera posibilidade de que normas xerais foran menos esixentes, deixar a porta aberta para aplicalas cando convi\u00f1era, pero que se aplicar\u00eda como non se fixo co RAMINP nesta parte correspondente. No pleno mesmo dixo que non quer\u00edan machacar ning\u00fan local. E de a\u00ed a &#8216;operaci\u00f3n acorde\u00f3n&#8217;, deixando sen efecto unha parte do RAMINP unha tempada e logo aplicando nova norma.<br \/>\nBen, pois se se aproba, coido que ou machacan varios locais tendo que facer fortes inversi\u00f3ns, en alg\u00fan dos casos non rendibles, ou ter\u00e1n que pasar polo xulgado pola s\u00faa non aplicaci\u00f3n, que ser\u00e1 comisi\u00f3n de delicto. Chegados a este punto cabe pensar nos prazos e outras cousas, e na s\u00faa aplicaci\u00f3n no seguinte mandato, do que pode que se libre o actual alcalde, pero algu\u00e9n o ter\u00e1 que facer. \u00c9 un pensamento l\u00f3xico, pois na norma non est\u00e1 previsto como facela cumprir, do mesmo xeito que saiu un informe positivo para a ampliaci\u00f3n de horario dos locais nouturnos (ver\u00e1n, festas, Nadal, &#8230;) dicindo s\u00f3 eso, que era positivo, sen m\u00e1is explicaci\u00f3n e contradicindo que hoxe en d\u00eda, a pesares das promesas electorais realizadas, non haxa polic\u00eda municipal que garante a noite a maior\u00eda dos d\u00edas.<br \/>\n\u00c9 dicir, o de pensar en aplicalo, polo momento, non o podo creer moito, e visto como funcionan as cousas, dub\u00eddoo. Qu\u00e9dame a d\u00fabida da calidade en referencia \u00f3s mecanismos do concello, e xa fixen antes menci\u00f3n de  que agora pode xerar casos xudiciais en relaci\u00f3n coa responsabilidade da s\u00faa aplicaci\u00f3n.<br \/>\nA ordenanza parece non prestar especial atenci\u00f3n no seu art. 4 \u00f3s principais motivos de queixa ac\u00fastica ata o momento, a pesares de adicarlle despois un cap\u00edtulo enteiro que coido incompleto nas s\u00faas referencias.<br \/>\nNo art. 5, menciona zonas de sensibilidade ac\u00fastica e ref\u00edreas posteriormente \u00e1 s\u00faa definici\u00f3n no PXOM&#8230; coido que sobran explicaci\u00f3ns, pero aqu\u00ed \u00e9 necesario aclarar que houbo unha chea de veci\u00f1os que presentaron no seu momento un escrito pedindo declaraci\u00f3ns de zonas ac\u00fasticamente contaminadas.<br \/>\nO art. 6 fai menci\u00f3n \u00e1 normativa anterior e \u00e1 vixencia dela mentras tanto, co que se esquecan os 6 meses que aparecen \u00f3 final (transitoria 1\u00aa) para adecuaci\u00f3n dos locais, pois en parte ti\u00f1a que estar feita agora.<br \/>\nNo art. 8.1 fai referencia \u00f3 proceso de avaliaci\u00f3n de incidencia ambiental, que non aparece despois sinalado e que ter\u00e1n que referirse a outras normas de rango superior, cando o que se trata con este regulamento \u00e9 de facer algo espec\u00edfico de Ribadeo (ou non? porque alquera sabe cal \u00e9 o obxectivo). O 8.4 implica que os locales que xeren un minimo de ru\u00eddo ter\u00e1n que ter un illamento de 50dB m\u00ednimo, e te\u00f1o visto xa m\u00e1is de un proxecto no que se contemplaba abondo menos (e non falo do que se fac\u00eda despois). Par\u00e9ceme ben, pero logo hai que cumprilo e facelo cumprir.<br \/>\nE referente a facelo cumprir, no 12.2 f\u00e1ise notar, en conxunto cos prazos do final, que o concello non ten prazo de adaptaci\u00f3n (coido que non o pode po\u00f1er). A\u00ed mesmo aparece unha frase contradictoria \u00f3 meu ver: &#8220;adoptado nun procedemento contradictivo&#8221; Cando o vexa de segundas mirarei un pouco m\u00e1is o sentido posible.<br \/>\nNo mesmo art. 12 libera \u00e1s terrazas de todo control, \u00f3 non estar sometidas a illamento ac\u00fastico. Pero son d\u00faas cousas diferentes: est\u00e1 claro que unha terraza non pode ter illamento ac\u00fastico, pero non se pode deixar sen limitar as s\u00faas emisi\u00f3ns, sen asociar terraza cunha tipolox\u00eda de local, etc.<br \/>\nO art. 13 permite \u00f3s locais pasar de 90dB interiores s\u00f3 con po\u00f1er un cartel dicindo que pode facer dano&#8230;<br \/>\nO 15 e o 19.2 fala dunhas placas identificativas que est\u00e1n por dese\u00f1ar, mentras en noutros lugares levan d\u00e9cadas fac\u00e9ndoas. Supo\u00f1o que eso non ser\u00e1 dificultade, pero visto que as cousas do Pazo van despacio, conv\u00e9n lembralo.<br \/>\nO art. 30 non contempla cousas como tirar vidro \u00f3s contenedores \u00e1s 6 ou 7 da ma\u00f1\u00e1, xa prohibido noutro lugar porque non son os contedores adecuados, pero&#8230;<br \/>\nAparece noutro lado que o concelo poder\u00e1 rebaixar os niveis permitidos \u00f3s locais cando por acumulaci\u00f3n se sobrepase o l\u00edmite en 3 dB no exterior. Eso, para quen co\u00f1eza as medidas ac\u00fasticas, significa s\u00f3 que cando hai dous locais semellantes pegados (xa que 30dB + 30db = 33dB) hai que rebaixar o ru\u00eddo permitido para cada un deles. Benvido!<br \/>\nNo art. 46 non se determina ning\u00fan programa municipal&#8230;<br \/>\n\u00c9 s\u00f3 unha primeira lectura, pero xa me deu abondo que considerar. Estar\u00eda peor feito e ser\u00eda menos restrictivo (por moito que diga o alcalde que se permitir\u00e1 \u00f3s locais), pero preferir\u00eda que se tivera cumprido o outro.<br \/>\nContinuar\u00e1.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Son 27 p\u00e1xinas e por fin puiden botarlles unha ollada. Non se me vai que foi feita copiando e sen fixarse moito, como o indican determinadas faltas de lingua e outras lagoas. Segundo o alcalde, fai meses o dixo, quer\u00edan facer algo pouco restrictivo, que se houbera posibilidade de que normas xerais foran menos esixentes, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[70],"class_list":["post-10691","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-ruido"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10691","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10691"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10691\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10691"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10691"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10691"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}