{"id":10687,"date":"2006-07-17T10:14:00","date_gmt":"2006-07-17T08:14:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T16:12:07","modified_gmt":"2024-11-12T15:12:07","slug":"ribadeo-musical","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2006\/07\/17\/ribadeo-musical\/","title":{"rendered":"Ribadeo musical"},"content":{"rendered":"<p>Onte finalizou o campamento musical de Amadores da M\u00fasica. Un concerto deu conta dos progresos entre os asistentes, que non foron poucos. Os primeiros sons foron do piano, Cando ti crees e os Simpson. A Sonata de primaveira e Manteli\u00f1o branco (W A Mozart confrontado \u00e1s tradici\u00f3ns chilenas) continuaron, deix\u00e1ndose ouvir coas guitarras. \u00c1 turca, tam\u00e9n de Mozart, e a co\u00f1ecida Ei, querida (Hello, Dolly!) de Jerry Herman foron interpretadas pola orquestra do campamento, para finalizar co grupo de percusi\u00f3n cunha tradicional Zul\u00fa, Thu, Thu, e Coraz\u00f3n de coco, de Ramiro Couce.<br \/>\nNon era tanto a asistencia a un concerto, sen\u00f3n o comprobar o resultado did\u00e1ctico dun campamento. Os asistentes, maior\u00eda de familiares dos m\u00fasicos, pode que non sexamos de fiar na avaliaci\u00f3n, pero a satisfacci\u00f3n, non polo avance de cada pequeno en particular, sen\u00f3n polo xeral, era evidente.<br \/>\nNestes casos hai que dicir que porfiar no avance de cada un individualmente ser\u00eda un desastre, pois implicar\u00eda que se oe de xeito diferente \u00f3 conxunto, ou sexa, que pode ser moi b\u00f3 pero que vai pola s\u00faa beira e polo tanto a m\u00fasica producida en conxunto non \u00e9 de calidade. Dende logo, a m\u00fasica de grupo, como neste caso no que todos tocaron en conxuntos de diversos tama\u00f1os, da unha idea do funcionamento do corpo social, unha explicaci\u00f3n de aquelo de &#8216;onde foras, fai como vexas&#8217; (entendendo de que en cada sitio hai que facer segundo os xeitos do lugar) inclu\u00edndo comentarios como os que le\u00edn unha vez en relaci\u00f3n \u00f3 s\u00e9culo de ouro espa\u00f1ol, que era unha sociedade ben bizarra para o que \u00e9 o patr\u00f3n de hoxe, que parece imposible que funcionara, pero que nembargantes tivo unha longa decadencia e non un corte abrupto (supo\u00f1o que o ouro americano foi \u00f3 tempo un cancro e un sost\u00e9n). E \u00e9 que as sociedades son dif\u00edciles de corrixir nos seus comportamentos, as revoluci\u00f3ns non son m\u00e1is que epis\u00f3dicas e inestables unha volta que se producen. Pero&#8230; necesitan correcci\u00f3n, entre outras cousas porque non son est\u00e1ticas, sen\u00f3n que cambian de xeito imperceptible, pouco a pouco, como o son nunha banda de m\u00fasica. E aqu\u00ed, en Ribadeo, temos experiencia de que o son da banda pode cambiar para ben e para mal, e que as medidas correctoras custa aplicalas (tanto pola desafecci\u00f3n social unhas veces como polo que custa convencer de xeito definitivo \u00f3 alcalde e compa\u00f1a as outras) Pois se custa nunha agrupaci\u00f3n por baixo dos cen membros, calculemos o seu custe a nivel cen voltas maior, o municipal. Pensando as\u00ed, certamente hai que ter un trato dolce cos alcaldes cando tratan de facer as cousas ben&#8230; : mer\u00e9cenno. Pero antes, hai que tentar de que as faigan.<br \/>\nUnha nota final: \u00f3 po\u00f1er os t\u00edtulos das obras interpretadas polas diversas agrupaci\u00f3ns, fixen unha traducci\u00f3n \u00f3 galego: non me parece oportuno o que se fai moitas veces, de deixar o t\u00edtulo dunhas obras no idioma orixinal, a\u00ednda que non sexa o do autor (caso de Alla Turca de Mozart, en italiano porque era o chic do momento, e non o seu alem\u00e1n), deixar outros en lingua orixinal e vern\u00e1cula dos autores (When you believe), coller un nome traducido dunha partitura cando non \u00e9 o orixinal, que se lle puxo noutra lingua, nin a traducci\u00f3n \u00f3 galego ou castel\u00e1n (Spring song), etc. E iso a\u00ednda en casos no que est\u00e1 tan afeito o ouvido a escoitalo dun determinado xeito que se di un mesmo: \u00e9 unha barbaridade (caso Hello, Dolly!). Evidentemente, non ten que ver coa calidade musical, pero a min g\u00fastame m\u00e1is as\u00ed e par\u00e9ceme m\u00e1is coherente.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Onte finalizou o campamento musical de Amadores da M\u00fasica. Un concerto deu conta dos progresos entre os asistentes, que non foron poucos. Os primeiros sons foron do piano, Cando ti crees e os Simpson. A Sonata de primaveira e Manteli\u00f1o branco (W A Mozart confrontado \u00e1s tradici\u00f3ns chilenas) continuaron, deix\u00e1ndose ouvir coas guitarras. \u00c1 turca, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-10687","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10687","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10687"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10687\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10687"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10687"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10687"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}